Ciencia
A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.[1]
Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.[2]
A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.
Introdución
editarA ciencia constitúe un método sistemático de obtención de coñecemento sobre a natureza en todos os seus aspectos. O método usado denomínase método científico.
Parte dos descubrimentos científicos poden resultar que están moi en contra da intuición, como a natureza atómica ou cuántica da materia. Pero moitas concepcións intuitivas da natureza transformáronse a partir de descubrimentos científicos, como a rotación da Terra ao redor do Sol ou a teoría da evolución.
A ciencia tamén pode entenderse como unha institución da que forman parte os científicos, e que funciona de acordo con regulamentos explícitos ou implícitos. As academias, as universidades, os institutos de investigación, as revistas científicas e os premios e recoñecementos académicos conformarían este aspecto sociolóxico da ciencia (o que se adoita chamar a comunidade científica).
Concepto de ciencia
editarO avance no coñecemento de todo o que nos rodea e do propio ser humano realízase grazas ao labor da investigación científica. Mediante ela búscanse respostas a problemas determinados e, no caso dunha investigación, déixanse abertos novos problemas que dean pé a novas investigacións. A ciencia, polo tanto, convértese nunha constante evolución do coñecemento de todo o que esperta o noso interese.
A ciencia tense definido de varias formas, e o termo emprégase a miúdo incorrectamente. Se cadra, a definición máis curta sexa esta: A ciencia é o coñecemento organizado. Pero nela atopámonos coa eiva que teñen todas as definicións curtas: é ambigua e di máis do que debería, xa que hai moitas formas de coñecemento organizado que non deben considerarse ciencias. Unha definición máis extensa, e que parece razoabelmente satisfactoria, podería ser: A ciencia é o coñecemento obtido e verificado mediante observación e experimentación exactas e organizado mediante o razoamento lóxico. Esta definición pon o acento nos dous puntos clave que diferencian a ciencia doutras formas do coñecemento organizado:
- 1) o coñecemento é factual, é dicir, observábel a través dos sentidos humanos;
- 2) o coñecemento non está soamente recompilado, como nun dicionario ou nunha enciclopedia, senón organizado para así reflectir as relacións entre os feitos ou datos observados.
A ciencia é, polo tanto, o esforzo para descubrir e aumentar o coñecemento humano de como funciona a realidade. Refírese tanto:
- 1) á investigación racional ou estudo da natureza, dirixido ao descubrimento da verdade. Tal investigación é normalmente metódica, é dicir, de acordo co método científico, un proceso de avaliar o coñecemento empírico;
- 2) ao corpo organizado de coñecementos adquiridos por estudos e investigacións.
Nestes termos, ciencia pode ser definida como o conxunto sistematizado de todas as teorías científicas (especialmente os paradigmas válidos), do método científico e dos recursos necesarios para a produción das mesmas.
A ciencia constrúena os científicos. O científico, como un ser humano dotado dun cerebro imaxinativo, que posúe sentimentos e emocións, e que certamente ten as súas crenzas (que van máis alá das verdades xerais), e pode incluso ser un teísta ou relixioso. Pero a ciencia exixe expresamente que o científico saiba manter as súas crenzas lonxe dos seus artigos científicos e das teorías científicas. Noutras palabras, a pesar de que a ciencia non exclúe os crentes, teístas e/ou relixiosos do seu elenco de científicos, a ciencia e, polo tanto, as teorías científicas, debido aos requisitos do método científico, exclúen delas as súas crenzas, sendo aquelas expresamente escépticas.
Etimoloxía
editarA palabra ciencia vén do latín scientia ("coñecemento"), ou mesmo do verbo scire ("saber"), que designa a orixe da facultade mental do coñecemento.[3] Esta acepción do termo encóntrase, por exemplo, na expresión de François Rabelais: "Ciencia sen consciencia arruína a alma". Referíase así a unha noción filosófica (o coñecemento puro, a acepción "de saber"), que de contado converteuse nunha noción relixiosa, baixo a influencia do cristianismo. "A ciencia instruída" referíase entón ao coñecemento dos relixiosos, da exexese e das escrituras, parafraseando a teoloxía. A raíz "ciencia" encóntrase noutros termos tales como a "consciencia" (etimoloxicamente, "co coñecemento"), "presciencia" ("o coñecemento do futuro"), "omnisciencia" ("o coñecemento de todo"), por exemplo.
Definicións
editarComo vimos, a ciencia pode definirse de varias formas. Abundando no tema, velaquí dúas definición habituais.
Definición longa
editarA palabra ciencia posúe varios sentidos, abranguendo principalmente tres acepcións:[4]
- Saber, coñecemento de certas cousas que serven para a condución da vida ou dos negocios.
- Conxunto dos coñecementos adquiridos polo estudo ou pola práctica.
- Xerarquización, organización e síntese dos coñecementos a través de principios xerais (teorías, leis etc.).
Definición restritiva
editarUnha definición no sentido máis restritivo pode ser, como tal, a ciencia "é o coñecemento claro e evidente de algo, fundado ben sobre principios evidentes e demostracións, ben sobre razoamentos experimentais, ou aínda sobre a análise das sociedades e dos feitos humanos". Esta definición permite distinguir os tres tipos de ciencia:
- As ciencias formais, comprendendo a matemática e as ciencias matemáticas como a física teórica.
- As ciencias físico-químicas e ciencias experimentais (ciencias da natureza e da materia, bioloxía, medicina etc.).
- As ciencias sociais, que se refiren ao home, á súa historia, ao seu comportamento, á lingua, ao social, ao psicolóxico, á política.
Porén, os seus límites son difusos; noutras palabras, non existe unha categorización sistemática dos tipos de ciencia, o que constitúe alén diso un cuestionamento epistemolóxico.
Pluralismo das definicións
editarEpistemoloxía
editarA palabra ciencia, no seu sentido estrito, oponse a opinión (δόξα dóxa, en grego), e ao dogma, afirmación que é, por natureza, arbitraria. Porén, a relación entre a opinión por un lado e a ciencia por outro, tampouco é sistemática; o historiador das ciencias Pierre Duhem pensa que a ciencia é a áncora do sentido común, que debe salvar as aparencias.
O discurso científico oponse á superstición e ao escurantismo. Con todo, a opinión pode transformarse nun obxecto de ciencia, ou mesmo nunha disciplina científica á parte. A socioloxía da ciencia analiza esta articulación entre ciencia e opinión; os seus relatorios son máis complexos e máis tenues; Gaston Bachelard explica que "a opinión pensa mal, non pensa".[5] Na linguaxe común, a ciencia oponse a crenza, e por iso frecuentemente se consideran as ciencias como contrarias ás relixións. Esta consideración é con todo usada máis frecuentemente por algúns científicos que por relixiosos (agás os fundamentalistas).[6][7][8]
A idea dunha produción de coñecemento é problemática; varios dos dominios recoñecidos como científicos non teñen por obxecto a produción de coñecementos, senón a de instrumentos, máquinas, dispositivos técnicos. Terry Shinn propón a noción de "investigación técnico-instrumental".[9] Os seus traballos con Bernard Joerges a propósito da instrumentación[10] permitiron aclarar que o criterio científico non se atribúe unicamente ás ciencias do coñecemento.
A palabra ciencia definida no século XX e XXI é a da institución da ciencia, ou sexa, o conxunto das comunidades científicas que traballan para mellorar o saber humano e a tecnoloxía, na súa dimensión internacional, metodolóxica, ética e política. Fálase entón da ciencia.
A noción, porén, non ten unha definición consensuada. Segundo o epistemólogo André Pichot, é "utópico querer dar unha definición a priori da ciencia".[11] O historiador das ciencias Robert Nadeau explica, polo seu lado, que é "imposíbel citar aquí o conxunto dos criterios de demarcación propostos desde hai cen anos polos epistemólogos, [e que] pode formularse, aparentemente, criterios que exclúan calquera cousa que se queira excluír, e conservar calquera cousa que se queira conservar."[12] A física e filósofa das ciencias Léna Soler, no seu manual de epistemoloxía, comeza igualmente por subliñar polos límites da operación de definición.[13] Os dicionarios propoñen certamente algunhas definicións. Pero, como recorda Léna Soler, estas definicións non son satisfactorias. As nocións de universalidade, de obxectividade ou de método científico (sobre todo cando este último é concibido como a única noción válida) é obxecto de numerosas controversias para que poidan constituír o pedestal dunha definición aceptábel. É necesario, por conseguinte, ter en conta estas dificultades para describir a ciencia. E esta descrición continúa a ser posíbel se toleramos certa vaporosidade epistemolóxica.
Empirismo
editarDe acordo co empirismo, as teorías científicas son obxectivas, empiricamente probábeis e preditivas: predín resultados empíricos que poden ser verificados e posibelmente contraditos.
Mesmo na tradición empírica, hai que ter o debido coidado para comprender que "predición" se refire ao xurdimento dun experimento ou estudo, e non do que literalmente puidera parecer de "predicir o futuro". Por exemplo, dicir "un paleontólogo pode facer predicións con respecto do achado dun determinado tipo de dinosauro" é consistente co uso empírico da predición. Por outro lado, as ciencias como a xeoloxía ou meteoroloxía non necesitan seren capaces de facer predicións precisas sobre terremotos ou sobre o clima para seren cualificadas como ciencia. O filósofo empírico, Karl Popper tamén argumentou que determinadas verificacións son imposíbeis, e que a hipótese científica pode ser falsificábel (falseamento).
O positivismo, unha forma de empirismo, defende a utilización da ciencia, tal como se define polo empirismo, co fin de gobernar as relacións humanas. Como consecuencia da súa filiación próxima, os termos "positivismo" e "empirismo" son xeralmente usados de forma intercambiábel. Ambos foron obxecto de críticas, como veremos máis adiante.
Realismo científico
editarEn contraste, o realismo científico define a ciencia en termos da ontoloxía: a ciencia esfórzase en identificar fenómenos no medio, os seus poderes causais e os mecanismos a través dos cales exercen eses poderes, e as fontes de tales poderes en termos da estrutura das cousas ou natureza interna.
- W. V. Quine demostrou a imposibilidade de que exista unha linguaxe de observación independente da teoría, o que torna o concepto de comprobar teorías con feitos.
- As observacións están sempre cargadas de teorías. Thomas Kuhn argumentou que a ciencia sempre implica paradigmas, grupos de regras, prácticas, premisas (xeralmente sen precedentes) e tales transicións, dun paradigma para outro, xeralmente non implican verificación ou falseabilidade de teorías científicas. Alén diso, argumentou que a ciencia non procedeu historicamente por acumulación constante de feitos, como o modelo empirista expresa.
Historia da ciencia
editar- Artigo principal: Historia da ciencia.
A pesar de ser relativamente recente o método científico (concibido na revolución científica do século XVII),[14] a historia da ciencia non se interesa unicamente polos feitos posteriores a dita ruptura. Polo contrario, intenta rastrexar os precursores da ciencia moderna até os tempos prehistóricos, xa que está intimamente ligada á historia das sociedades e das civilizacións.[15]
A historia da ciencia dá conta do desenvolvemento humano, marcado polos sucesivos cambios de paradigmas sobre a natureza, cambios que, á súa vez, están marcados polo continuo refinamento do coñecemento adquirido e polo desenvolvemento tecnolóxico, acelerado desde a aparición do método científico na chamada revolución científica.
A prehistoria
editar- Artigo principal: Orixe da ciencia.
A actividade científica comezou nun pasado moi remoto, moito antes da aparición dos primeiros documentos escritos, é dicir, na prehistoria. Moi probabelmente, a ciencia desenvolveuse a partir das primitivas prácticas de maxia tribal. Tamén, probabelmente, tiveron a mesma orixe tanto a relixión coma a arte, de tal xeito que ciencia, relixión e arte se nos presentan como irmás cun obxectivo común: entender e interpretar o universo no seu conxunto, aínda que por métodos totalmente diferentes. Durante moito tempo, a maxia foi o punto de unión da sociedade, a institución na que se depositaba a sabedoría e a experiencia acumulada até o momento. A práctica da actividade máxica estaba nas mans de homes especialmente adestrados: magos, meigos, bruxos, curandeiros e equivalentes. Eles foron os precursores dos científicos e dos sacerdotes actuais. A técnica precede á ciencia nos primeiros tempos da humanidade. Apoiándose en observacións empíricas, o home desenvolve as súas ferramentas (traballa os ósos, a pedra), e descobre o uso do lume no paleolítico inferior. A maior parte dos prehistoriadores concordan en pensar que o lume empezou a utilizarse desde hai 250 000 ou 300 000 anos.
Antigüidade
editarDurante moitos anos as ideas científicas conviviron con mitos, lendas e pseudociencias (falsas ciencias). Así, por exemplo, a astroloxía conviviu coa astronomía, e a alquimia coa química. Os primeiros trazos de actividades científicas datan das civilizacións humanas do neolítico, onde se desenvolven o comercio e a urbanización.[16] Así, para André Pichot, en La Naissance de la science,[17] a ciencia nace en Mesopotamia, contra o ano 3500 a.C. As primeiras interrogacións sobre a materia, coas experiencias da alquimia, están ligadas aos descubrimentos das técnicas metalúrxicas que caracterizan este período.
Os sumerios descobren as fraccións e o sistema decimal. Os babilonios constituíron as primeiras ciencias, tales como a metroloxía, a álxebra, a xeometría (cálculos de superficies, teoremas),[18] e a astronomía (cálculos de mecánica celeste, previsións dos equinoccios, constelacións,[19] denominación dos astros).
O Exipto faraónico
editarO antigo Exipto desenvolveu a herdanza precientífica mesopotámica. A escritura dos xeróglifos permite a representación máis precisa de conceptos. A numeración é decimal, pero non coñecían o cero. Principalmente a xeometría deu un gran salto adiante. Desde o 2600 a.C. calculaban correctamente as áreas do rectángulo e do triángulo, e aproximaron igualmente o valor do número pi (π). A astronomía progresa igualmente: o calendario exipcio é de 365 días. En medicina, a cirurxía fai a súa aparición. Establécese unha teoría médica, e isto desde 2300 a.C. (o papiro de Ebers é tamén un verdadeiro tratado de medicina).
A China da antigüidade
editarOs antigos chineses descubriron o teorema de Pitágoras. En astronomía, identificaron o cometa Halley e comprenderon a periodicidade das eclipses. Inventaron a metalurxia do ferro. Inventan o primeiro sismógrafo. A medicina progresou con Zhang Zhongjing e Hua Tuo, a quen se debe o primeiro sistema de anestesia xeral. De maneira xeral, a influencia das ciencias chinesas foi considerábel na India e nos árabes.
A civilización da antiga India
editarA civilización chamada do val do Indo (do 3300 a.C. ao 1500 a.C.) coñécese, sobre todo na historia da ciencia, debido á emerxencia das matemáticas complexas. A numeración decimal de posición e os símbolos numerais hindús, dos que derivaron as cifras árabes, influíron considerabelmente en Occidente a través dos árabes e os chineses. Os hindús inventaron o cero, os números negativos, as funcións trigonométricas así como o cálculo diferencial e integral, as series e os límites.
Época clásica
editarDentro do marco cultural no que nós nos desenvolvemos (a chamada cultura occidental), algúns filósofos e científicos buscan as raíces da ciencia moderna na época dos antigos gregos, na Grecia clásica. Eles foron os creadores da lóxica dedutiva. Porén a súa filosofía natural tiña un defecto moi importante: consideraba innecesaria a comprobación experimental das conclusións. Esta maneira de ver as cousas non variaría, substancialmente, até mediados do século XVII, data na que os fundamentos experimentais, que son a base da ciencia, chegan a ser filosoficamente respectábeis.
Os presocráticos
editar- Artigo principal: Presocráticos.
Os filósofos denominados presocráticos son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (physiologoi, "fisiólogos")[20] por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
Tales de Mileto e Pitágoras contribuíron principalmente ao nacemento dalgunhas das primeiras ciencias, como as matemáticas, a xeometría e a astronomía. As súas primeiras investigacións están marcadas pola vontade de imputar a constitución do mundo (ou κόσμος, cosmos) a un principio natural único. Os presocráticos inician tamén unha reflexión sobre a teoría do coñecemento. Constatan que a razón por unha parte, e os sentidos por outra, conducen a conclusións contraditorias. Estas concepcións favoreceron a reflexión matemática. Pola contra, foron un obstáculo para o desenvolvemento das outras ciencias, e singularmente das ciencias experimentais.
A estes filósofos oponse a corrente epicúrea. Iniciada por Demócrito, contemporáneo de Sócrates, desenvolveuna Epicuro e foi magnificamente exposta polo romano Lucrecio en De rerum natura. Para eles, os sentidos dannos o coñecemento da realidade.
Pitágoras afirmaba que a Terra era unha esfera, opinión que sustentaban tamén moitos outros pensadores gregos. E, ao redor de 235 a.C., Eratóstenes deu un paso adiante ao determinar o diámetro terrestre por primeira vez, para o que deseñou un enxeñoso experimento.
Platón e a dialéctica
editar- Artigo principal: Dialéctica.
Con Sócrates e Platón, en relación ás palabras e aos diálogos, a razón (do grego antigo λόγοσ, lógos), e o coñecemento chegan a estar intimamente ligados. Aparece o razoamento abstracto e construído. Para Platón, as teorías das formas son o modelo de todo o que é sensíbel, sendo o sensíbel un conxunto de combinacións xeométricas de elementos. Platón abre así a vía á matematización dos fenómenos. As ciencias sitúanse na vía da filosofía, no sentido do discurso sobre a sabedoría; pola súa parte, e á inversa, a filosofía busca nas ciencias un fundamento seguro. A utilización da dialéctica, que é a esencia mesma da ciencia, completa entón á filosofía, que ten a primacía do coñecemento discursivo (polo discurso), ou διάνοια, diánoia, en grego. Para Platón, a busca da verdade e da sabedoría (a filosofía) é indisociábel da dialéctica científica, é en efecto o sentido da inscrición que figura sobre o frontón da Academia, en Atenas: "Que ninguén entre aquí se non é xeómetra".
Aristóteles e a física
editar- Artigos principais: Aristóteles e Física.
É sobre todo con Aristóteles, que funda a física e a zooloxía, cando a ciencia adquire un método, baseado na dedución. A el débese a primeira formulación do siloxismo e da indución.[21] As nocións de "materia", "forma", "potencia" e "acto" foron os primeiros conceptos de elaboración abstracta [22]. Para Aristóteles, a ciencia está subordinada á filosofía ("é unha filosofía secundaria", dixo) e ten por obxecto a busca dos primeiros principios e das primeiras causas, o que o discurso científico chamará o causalismo e que a filosofía denomina aristotelismo. Porén, Aristóteles é a orixe dun retroceso do pensamento en relación a certos presocráticos en canto ao lugar da Terra no espazo. Seguindo a Eudoxo de Cnido, imaxina un sistema xeocéntrico e considera que o cosmos é finito. E será seguido nisto polos seus sucesores en materia de astronomía, até Copérnico, coa única excepción de Aristarco, que propuxera un sistema heliocéntrico. A influencia de Aristóteles na ciencia foi extraordinaria en toda a Idade Antiga e na Media, até o Renacemento e a aparición do método científico.
Período alexandrino. Alexandría na época romana
editar- Artigo principal: Período alexandrino.
O período chamado alexandrino (de 323 a.C. a 30 a.C.) é o prolongamento da cultura grega na época romana e está marcado por progresos significativos en astronomía e en matemáticas, así como por algúns avances na física. A cidade exipcia de Alexandría foi o centro intelectual dos sabios da época, que eran gregos. Os traballos de Arquímedes sobre o impulso hidrostático (principio de Arquímedes) conduciron á primeira lei física coñecida despois de Eratóstenes ou de Aristarco de Samos sobre as distancias Terra-Lúa e Terra-Sol que testemuñaran un grande enxeño. Apolonio de Pérgamo constrúe o modelo dos movementos dos planetas coa axuda de órbitas excéntricas. Hiparco de Nicea perfecciona os instrumentos de observación (como o astrolabio, entre outros).
En álxebra e xeometría, divídese o círculo en 360°, e créase incluso o primeiro globo celeste (ou esfera celeste). Hiparco redacta tamén un tratado en 12 libros sobre o cálculo das ordes (denominadas hoxe en día trigonometría). Euclides é o autor dos Elementos, que están considerados como un dos textos fundadores das matemáticas modernas. Os seus postulados están na base da xeometría sistematizada.
Claudio Tolomeo de Alexandría [23] prolonga e amplía os traballos de Hiparco e de Aristóteles sobre as órbitas planetarias e promove un sistema xeocéntrico do sistema solar, que foi aceptado no mundo occidental e árabe durante máis de mil trescentos anos, até o modelo de Nicolao Copérnico. A súa obra astronómica principal son os 13 libros que integran a Composición matemática ou Gran Sintaxe, máis coñecida por Almaxesto —nome que deriva do título árabe que recibiu durante a Idade Media— que até a época de Copérnico e Johannes Kepler foi a obra fundamental da astronomía.
Cómpre sinalar tamén, nos derradeiros anos deste período (xa cando Exipto era unha provincia romana, contra o 300 d.C.), a Hipatia de Alexandría,[24] filósofa, e mestra neoplatónica grega,[25] que destacou tamén nos campos das matemáticas e a astronomía,[26] membro e líder da Escola neoplatónica de Alexandría. Seguidora de Plotino, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas. Educou unha selecta escola de aristócratas cristiáns e pagáns que ocuparon posteriormente altos cargos, entre os que destacan o bispo Sinesio de Cirene —que mantivo unha importante correspondencia con ela—, Hesiquio de Alexandría e Orestes, prefecto de Exipto no momento da súa morte. O feito de ser unha filósofa pagá (nun medio predominantemente cristián) considérase como un dos factores que contribuíron para que fose asasinada.[27] Hoxe está considerada como a primeira gran científica, especialmente matemática, da historia da humanidade.
A Roma imperial
editarA civilización romana non proporcionou grandes avances na ciencia. A filosofía, a medicina e as matemáticas son de orixe grega, así como algunhas técnicas agrícolas. Aínda así, na época romana cabe citar os nomes de Dioscórides, grego, un dos primeiros botánicos; de Lucrecio e a súa obra De rerum naturae (Das cousas da natureza), e de Plinio o Vello (23 - 79 d.C.), autor dunha importante Historia natural na que se citan especies tanto reais coma inventadas. Porén, os sabios romanos foron pouco numerosos e o discurso científico abstracto progresou pouco durante a Roma antiga: "Os romanos, facendo prevalecer as humanidades, a reflexión sobre o home e a expresión escrita e oral, sen dúbida ocultaron para o futuro as realidades científicas e técnicas [28], deixando á parte algúns grandes pensadores, como Vitruvio ou Apolodoro de Damasco, frecuentemente de orixe estranxeira. Posteriormente destaca Galeno (129 - 201), famoso polas súas achegas no campo da medicina. Os romanos achegaron, sobre todo, o sistema de numeración romana, o que permitiu homoxeneizar o cómputo dos pesos e as distancias.
En cambio, a tecnoloxía romana é un dos aspectos máis importantes da civilización romana. Esta tecnoloxía, en parte ligada á técnica da bóveda, probabelmente préstamo dos etruscos, foi certamente a máis avanzada da Antigüidade. Permitiu a domesticación do contorno, especialmente mediante as vías e os acuedutos. Para J. Kolendo, o progreso técnico romano estaría ligado a unha crise da man de obra, debida á ruptura no abastecemento de escravos non cualificados, baixo o emperador Augusto. Para L. Cracco Ruggini, a tecnoloxía traduce a vontade de prestixio das capas dominantes.[29] O período durante o cal a tecnoloxía romana alcanza o seu apoxeo é entre os século II a.C. e I a.C., sobre todo na época de Augusto, co cemento, as conducións de chumbo, os guindastres, as máquinas, as cúpulas, os arcos etc. Para a agricultura desenvolven os muíños de auga.
A ciencia na Idade Media
editarConsidérase xeralmente, desde un punto de vista evidentemente eurocentrista, que, tras da caída do Imperio Romano de Occidente (476 d.C.),[30] gran parte de Europa (a Europa occidental) perdeu o contacto co coñecemento escrito, iniciándose a escura Idade Media, que se estende até 1492 (data do descubrimento de América).
Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental (civilización árabe-musulmá) e, en primeiro lugar, os do Imperio Bizantino que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo árabe-musulmán, e mesmo dos da China, foi decisivo na construción da ciencia moderna. Polo tanto, o período da Idade Media coñece un desenvolvemento sen precedentes das técnicas e das disciplinas científicas, a despeito da imaxe escurantista, propagada polos manuais escolares. Ademais, na actualidade, é común considerar o desenvolvemento da ciencia como un proceso continuo e gradual, cos seus antecedentes tamén medievais, e tamén na Europa occidental.
Europa
editarOs bizantinos dominan a arquitectura urbana e a captación de auga; perfeccionaron igualmente as clepsidras (reloxos de auga) e as grandes norias para a irrigación; tecnoloxías hidráulicas que a civilización árabe herdou e que transmitiu á súa vez. A hixiene e a medicina experimentaron igualmente progresos.[31] As universidades bizantinas así como as bibliotecas recompilaron numerosos tratados e obras de estudo sobre a filosfía e o saber científico da época.[32] A Europa occidental, despois dun período de repregamento durante a Alta Idade Media, recupera un espírito cultural e técnico que culmina no Renacemento do século XII. A filosofía natural proponse como obxectivo a descrición da natureza, percibida como un sistema coherente de fenómenos (ou pragmata), movidos por "leis". Na Baixa Idade Media fai a súa aparición a lóxica, que permite que se desenvolvan diversos métodos científicos, así como os esforzos para elaborar modelos matemáticos ou médicos, o que xogará "un papel maior na evolución das diferentes concepcións do status das ciencias".[33] Por outra parte, o mundo medieval occidental ve aparecer unha "laicización do saber", concomitante coa "autonomización das ciencias".
Mundo musulmán
editarO mundo árabe-musulmán tivo o seu apoxeo intelectual desde o século VIII até o século XIV, o que permitiu o desenvolvemento dunha cultura científica específica, iniciada en Damasco baixo os últimos Omeias, e despois en Bagdad baixo os primeiros Abásidas. A ciencia árabe-musulmá esta fundada na tradución e a lectura crítica das obras da Antigüidade.[34] A expansión do saber árabe-musulmán está estreitamente ligada ás guerras de conquista do islam que permitiu aos árabes entrar en contacto coas civilizacións hindú e chinesa. O papel, empréstito dos chineses, substitúe rapidamente ao pergameo no mundo musulmán. O Califa Harun al-Rashid, apaixonado da astronomía, crea en 829 en Bagdad o primeiro observatorio permanente, o que permitiu aos seus astrónomos realizar os seus propios estudos do movemento dos astros.
Al-Biruní, retomando os escritos de Eratóstenes de Alexandría, calcula o diámetro da Terra e afirma que xira sobre si mesma, moito antes que Galileo. En 832 fúndanse as Casas da sabedoría (Bayt al-Hikma), lugares onde se comparte e desde onde se difunde o saber. En medicina, Avicena redacta unha monumental enciclopedia, o Qanum. Ibn Nafís describe a circulación sanguínea pulmonar, e Al-Razí recomenda o uso do alcohol en medicina. No século XI, Abu-l-Qasim az-Zahrawi (coñecido como Abulcasís en Occidente) escribe unha obra de referencia para a época, sobre a cirurxía. En matemáticas a herdanza antiga salvagárdase e profúndase, permitindo o nacemento da álxebra. A utilización das cifras árabes e do cero fai posíbel os avances en análise combinatoria e en trigonometría.
A ciencia na China medieval
editarA China da antigüidade contribuíra, sobre todo á innovación técnica, con tres inventos principais [35] que son: o papel (que data do século II a.C.), a pólvora (o primeiro rexistro escrito testemuñado parece ser o Wujing Zongyao que dataría en derredor de 1044) e o compás, utilizado desde o século XI, na xeomancia. O científico chinés Shen Kuo, da Dinastía Song, describe o compás magnético como instrumento de navegación. Para o historiador Joseph Needham, en Science et civilisation en Chine,[36] vasto estudo de dezasete volumes, a sociedade chinesa produciu unha ciencia innovadora, desde os seus inicios. O mesmo Needham relativiza a concepción segundo a cal a ciencia debe todo a Occidente. Para el, China estaba incluso animada dunha ambición de recoller de maneira desinteresada o saber, antes incluso que as universidades occidentais.[37] Karine Chelma igualmente demostrou que a opinión estendida segundo a cal a demostración matemática sería de orixe grega é parcialmente falsa: os chineses arranxaban os mesmos problemas na súa época; di tamén: non pode quedar centrada en occidente, a historia das ciencias exixe unha posta en perspectiva internacional dos saberes [38].
A India dos matemáticos medievais
editarOs matemáticos hindús da Idade Media eran particularmente abstractos e non estaban orientados cara á práctica, en contraste cos exipcios, por exemplo. É con Brahmagupta e a súa obra, particularmente complexa e innovadora, cando as diferentes facetas do "cero", a "cifra" e o "número" son perfectamente comprendidas, e cando se perfecciona a construción do sistema de numeración decimal de posición. O período remata co matemático Bhaskara II, que escribiu varios tratados importantes. Á maneira de Nasir ad-Din at-Tusi (1201 - 1274) desenvolve a derivación. Encontra as ecuacións polinomiais, e fórmulas de trigonometría e, entre elas, as fórmulas de adición. Bhaskara é tamén un dos pais da análise, porque introduciu varios elementos relevantes do cálculo diferencial: a derivada, a diferenciación e a aplicación aos extremos, e incluso unha primeira forma do teorema de Rolle. Pero é sobre todo con Âryabhata, cuxo tratado de astronomía leva o seu nome, o Aryabatîya, escrito en verso contra 499 a.C., cando as matemáticas hindús se manifestan. Estes gromos retomáronse e amplificáronse polos matemáticos e astrónomos da escola de Kerala. Así, o Yuktibhasa ou Ganita Yuktibhasa é un tratado de matemáticas e de astronomía, escrito polo astrónomo hindú Jyesthadeva, membro da escola matemática de Kerala en 1530.[39] Jyesthadeva adiantouse tres séculos ao descubrimento do cálculo infinitesimal polos occidentais.
Os fundamentos da ciencia moderna en Europa: a ciencia institucionalizada
editarA Escola de tradutores de Toledo
editar- Artigo principal: Escola de tradutores de Toledo.
Contra o século XII e, especialmente, coa creación das primeiras universidades (Boloña, 1088; París, 1170; Salamanca, 1218; Oxford, 1220) é cando a ciencia en Europa se institucionaliza, separándose dunha identificación intelectual coa esfera relixiosa, a pesar desta.[40] A este respecto cabe destacar o labor da Escola de tradutores de Toledo. Con este nome coñécese na historiografía, desde o século XIII, aos distintos procesos de tradución e interpretación de textos clásicos grego-latinos alexandrinos, que foran vertidos do árabe ou do hebreo á lingua latina servíndose do romance castelán como lingua intermedia.
Pero a orixe desta Escola é anterior. A conquista en 1085 de Toledo e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron para cos musulmáns e xudeus (e que, naquela época, se respectaba) facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico primeiro de España e logo de todo o occidente cristián. Afonso X o Sabio alentou o centro tradutor que existía en Toledo desde aquela época. Por outra parte fundará en Sevilla uns Studii ou Escolas xerais de latín e de arábigo, que nacen xa cunha vinculación claramente cortesá. Igualmente, fundaría en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemático Al-Ricotí.
Roger Bacon, Grossenteste, Alberte o Magno, Tomé de Aquino, Occam
editarO redescubrimento e a tradución de textos antigos gregos, e en primeiro lugar dos Elementos de Euclides, así como os textos de Aristóteles, grazas á civilización árabe-musulmá, fixeron deste período un renacemento das disciplinas científicas, clasificadas no quadrivium (entre as Artes Liberais). Ao institucionalizarse, a ciencia faise máis aberta e máis fundamental, incluso estando suxeita aos dogmas relixiosos, e de que non era aínda máis que unha rama da filosofía e da astroloxía. O período está marcado por cinco personalidades que proxectarán, na Europa cristiá, os fundamentos da ciencia moderna:
- Roger Bacon (1214 - 1294), filósofo e monxe inglés, senta as bases do método experimental.[41] As obras de Bacon teñen por fin a intuición da verdade, é dicir, a certidume científica, e esta verdade a alcanzar é para el a salvación. A ciencia procedente da alma é, pois, indispensábel.
- Robert Grosseteste (ca. 1168 - 1253) estudou a Aristóteles e estableceu as premisas das ciencias experimentais, explicitando o esquema: observacións, deducións da causa e dos principios, formulación de hipóteses, e finalmente, novas observacións refutando ou verificando as hipóteses.[42]
- San Alberte o Magno (1193 - 1280), está considerado por moitos historiadores como alquimista e mago. Porén os seus estudos biolóxicos permitíronlle sentar as bases das disciplinas das ciencias da vida.[43] Europa saía así dun letargo intelectual, iniciado pola Igrexa, que prohibira até 1234 as obras de Aristóteles, acusado de paganismo. Os primeiros sabios cristiáns, estudando Aristóteles, fixeron, daquela, ao principio, un acto de herexía; e non foi até San Tomé de Aquino (discípulo de San Alberte) cando a doutrina aristotélica foi aceptada polos Papas.
- San Tomé de Aquino, teólogo, permitiu redescubrir, a través do mundo árabe, os textos de Aristóteles e doutros filósofos gregos. Porén, coñécese sobre todo polo seu principio chamado da autonomía respectiva da razón e a fe. Foi, en efecto, o primeiro teólogo que distinguiu, na súa Suma Teolóxica (1266 - 1273), a razón (facultade natural de pensar, propia do home) e a fe (adhesión ao dogma da Revelación).[44]
- Guillerme de Occam (ca. 1285 - ca. 1349) permitiu un avance no plan do método. Enunciando o seu principio da parsimonia, tamén chamado navalla de barbear de Occam, proporciona á ciencia un cadro epistemolóxico fundado na economía dos argumentos.
-
San Alberte o Magno, por Joos van Gent
-
San Tomé de Aquino, por Fra Bartolomeo
-
Guillerme de Occam nun vitral dun templo en Surrey
O Renacemento e a "ciencia clásica"
editarO Renacemento é un período que se sitúa en Europa no fin da Idade Media e no comezo da Idade Moderna. Chámase así polo redescubrimento dos traballos dos antigos pensadores gregos e romanos, que marcou a fin da Idade Media e creou alicerces sólidos para o desenvolvemento de novos coñecementos. Dos científicos desta época destacan Francis Bacon, Nicolao Copérnico e Galileo Galilei. Eles estableceron o denominado método científico. No curso dos séculos XV e XVI prodúcense en Europa, iniciadas polos reinos de Castela e Portugal, grandes expedicións marítimas de envergadura mundial, coñecidas co nome de grandes descubrimentos. Numerosas innovacións fixéronse populares, como o compás ou o sextante; a cartografía desenvólvese, así como a medicina, grazas sobre todo á corrente do humanismo. Segundo o historiador inglés John Hale, foi nesta época na que a palabra Europa entrou na linguaxe corrente, e se dotou dun cadro de referencia solidamente apoiado nas cartas xeográficas e nun conxunto de imaxes que afirmaron a súa identidade visual e cultural.
A ciencia como disciplina do coñecemento adquire así a súa autonomía e os seus primeiros grandes sistemas teóricos, até tal punto que Michel Blay fala da "canteira da ciencia clásica" [45] O renacemento tivo o seu berce en Italia (polo menos, en canto á invención do termo), e foi alí onde xurdiron os primeiros traballos científicos serios, como os de Leonardo da Vinci, que estendeu a súa curiosidade investigadora á anatomía humana e intuíu a longa duración das épocas pasadas, e os traballos de André Vesalio, que baseou os seus estudos anatómicos na disección de cadáveres. Nesta época, o aragonés Miguel Servet descubriu a circulación do sangue, completando este descubrimento o inglés William Harvey, que demostrou o mecanismo da circulación maior e menor.
No século XVII, Francis Bacon realizou os seus estudos baseándose na experimentación, introducindo as bases do método cualitativo-indutivo, que tanto serviu para a elaboración de teorías e hipóteses durante o século XIX (método científico). René Descartes, autor do Discurso do método (1631), desenvolveu na súa obra as catro regras da investigación científica:
- 1º) non afirmar agás o que é evidente;
- 2º) dividir ao máximo as dificultades;
- 3º) explicar primeiro o máis simple e despois o complicado, e
- 4º) enumerar cada unha das observacións evitando as xeneralizacións.
O método científico
editar- Artigo principal: Método científico.
Para formaren parte da ciencia, as conclusións ás que se chega coa investigación non poden seren interpretadas como verdades absolutas, senón que sempre han ser susceptíbeis de revisión. Caso de non facerse desta maneira, a ciencia quedaría estancada, como ocorría desde a antigüidade clásica até que, á fin, Galileo Galilei estableceu a necesidade da comprobación científica. Grazas a el, e ao seu contemporáneo o filósofo inglés Francis Bacon, que sentou as bases do método científico, produciuse unha auténtica revolución cultural con respecto ás épocas precedentes, fortemente influídas polo pensamento de Aristóteles. Desde o século XVII, coa instauración do método científico, a interpretación dos fenómenos naturais desvincúlase de calquera visión finalista (ou relixiosa) do mundo. O científico xa non se pregunta o por que dos fenómenos, senón o como se producen.
Polo tanto, desde aquela, todo o que é ciencia ten a súa base fundamental no método científico. Os poderes e as limitacións da ciencia son consecuencia directa dos poderes e limitacións do método científico, e alí onde este non pode ser aplicado, a ciencia non pode existir. O método científico baséase na acumulación de feitos ou datos, mediante observacións realizadas por moita xente. Os científicos cren que existe un mundo exterior real, e que os nosos sentidos nos proporcionan unha idea verdadeira de como é. E todo o que non pode observarse, non pode ser investigado cientificamente. O método científico dá, por iso, unha grande importancia á observación da realidade, e os científicos afirman que todo fenómeno debe ter unha ou varias causas susceptíbeis de seren descubertas e comprendidas. Realizan investigacións para formular leis xerais, efectúan experimentos repetíbeis e controlábeis por diversos investigadores, que poden intercambiar os resultados, confrontalos e discutilos. O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais. Son dous os piares básicos do método científico.
Nacemento do método científico
editarHai historiadores da ciencia que afirman que en realidade non houbo unha senón moitas revolucións científicas. Hai outros que sosteñen, pola contra, que non houbo ningunha revolución científica na historia da ciencia, é dicir, que a ciencia se foi desenvolvendo sen sobresaltos, de maneira uniforme. De calquera maneira, houbera ou non unha ou máis revolucións científicas, entre os moitísimos pensadores máis prominentes que deron forma ao método científico e á orixe da ciencia como sistema de adquisición de coñecemento, paga a pena destacar ao filósofo Francis Bacon, ao filósofo e matemático René Descartes en Francia e a Galileo Galilei en Italia.
Este último foi o primeiro científico que baseou as súas ideas na experimentación e que estableceu o método científico como a base do seu traballo. Por iso está considerado como o pai da ciencia moderna. Desde aquela até hoxe, a ciencia avanzou a pasos de xigante. Converteuse en parte da nosa cultura e está ligada ao constante avance tecnolóxico.
Francis Bacon
editarO político e filósofo inglés Francis Bacon (Londres, 1561 - 1626), contribuíu grandemente ao pensamento moderno, e impulsou e propagou os métodos da ciencia experimental en Inglaterra fronte á orientación contrarreformista (antiprotestante) do pensamento continental.
O punto de partida da súa reflexión foi a revisión do estado das ciencias. Mentres estas, con Copérnico e Galileo, estaban configurando un mundo novo, Bacon comprobou o anquilosamento da filosofía natural,[46] que non dera ningún paso decisivo desde a antigüidade clásica. De aí deduciu a necesidade de instaurar un novo método adecuado aos novos coñecementos científicos que substituíse ao vello sistema aristotélico. Bacon propuxo un método que permitía obter coñecementos: o método indutivo.
Bacon consideraba a observación e a experimentación como as únicas fontes de coñecemento. O seu método consistía en partir do coñecido para chegar ao descoñecido, do particular ao xeral, do individual ao universal. Realizou investigacións e recolleu datos co fin de chegar, a través de hipóteses e comprobacións, a algunha conclusión sobre o fenómeno que estudaba. Bacon, polo tanto, é o pai do empirismo. Sentou os primeiros fundamentos da ciencia e dos seus métodos.[47]
Para Bacon, "a verdadeira ciencia é a ciencia das causas". Oponse á lóxica aristotélica [48] que establece unha ligazón entre os principios xerais e os feitos particulares, abandona o pensamento dedutivo, que procede a partir dos principios admitidos pola autoridade dos antigos, en proveito da interpretación da natureza, onde a experiencia arrequece realmente o saber.[49]
En suma, Bacon preconiza un razoamento e un método fundados no razoamento experimental. Para Bacon, como máis tarde para os científicos, a ciencia mellora a condición humana.
Da imago mundis á astronomía. Copérnico. Galileo
editar- Artigos principais: Revolución copernicana e Historia da astronomía.
Facilitada polos avances das matemáticas do Renacemento, a astronomía emancípase da mecánica aristotélica, posta ao día por Hiparco e Tolomeo. A teoloxía medieval fundaméntase por unha parte no modelo de Aristóteles e, por outra, sobre o dogma da creación bíblica do mundo.
É sobre todo Nicolao Copérnico,[50] (Toruń, Polonia 1473 - Frombork, Polonia 1543) coa súa obra De revolutionibus Orbium Caelestium (Das revolucións dos corpos celestes) (1543), quen pon fin ao modelo aristotélico da inmobilidade da Terra. A súa doutrina permite a instauración do heliocentrismo: "con Copérnico, e só con el, ponse en marcha unha revolución da que xurdiron a astronomía e a física modernas" explica Jean-Pierre Verdet,[51] e por iso considerámolo o fundador da astronomía moderna. A súa principal dedicación foi a astronomía. Segundo o seu sistema heliocéntrico todos os planetas, incluída a Terra, xiran ao redor do Sol en órbitas circulares, tanto máis rápido canto máis preto están del. A Terra, ademais de xirar ao redor do Sol, xira sobre si mesma (o que explica o movemento aparente do Sol).
Copérnico demostrou que os movementos aparentes do Sol e das estrelas podían explicarse admitindo o duplo movemento da Terra, a súa rotación diaria e a súa translación anual ao redor do Sol.[52]
Esta tese heliocéntrica, que fora xa establecida na antigüidade por Aristarco de Samos, contradicía a tradicional teoría xeocéntrica de Tolomeo, que daquela formaba parte da ideoloxía oficial e, o que é aínda peor, desprazaba ao home do centro do Universo, poñendo en cuestión a teoloxía cristiá da época. Por este motivo, e aínda que Copérnico non ocultaba as súas hipóteses, resistiuse a publicar a súa obra principal, De Revolutionibus. Mesmo moitos reformadores (protestantes) opuxéronse a esta obra, como Lutero, que afirmaba que Xosué mandou deterse ao Sol, e non á Terra, ou Calvino, que se manifestou en termos parecidos.
A obra de Copérnico foi unha das primeiras teorías científicas, que tivo unha sinalada influencia nos filósofos e pensadores posteriores. Retomado e desenvolvido por Georg Joachim Rheticus, o heliocentrismo sería confirmado polas observacións, achando a súa máis brillante confirmación en 1610, ano en que Galileo observou as fases de Venus (que Copérnico vaticinara) e de Xúpiter, que pon a punto por entón unha das primeiras lentes astronómicas, que denomina "telescopio", iniciándose así a revolución astronómica que culmina en Newton.
Antes de que Galileo interviñera, a teoría de Copérnico permanecera confinada nalgúns especialistas, de maneira que non encontra máis que oposicións puntuais por parte dos teólogos, mentres que a maioría dos astrónomos permanecen máis favorábeis á tese xeocéntrica. Publicado o libro polo seu amigo Rheticus, en 1543, ao ano escaso da morte do seu autor, case setenta e cinco anos despois, en 1616, o Santo Oficio (inquisición) publica un decreto condenando o sistema de Copérnico (foi considerado herético) e metendo a súa obra no Índice de libros prohibidos, prohibíndose tamén a súa divulgación.
Porén, a pesar desta prohibición, "Galileo adoptará a cosmoloxía de Copérnico, construíndo unha nova física co éxito e as consecuencias sabidas",[53] é dicir, que permitirá a difusión das teses heliocéntricas. Galileo Galilei (Pisa, 1564 - Arcetri, preto de Florencia, 1642), desempeñou un papel fundamental na introdución das matemáticas para a explicación das leis físicas e pode considerarse, ante todo, como un dos fundadores da mecánica moderna. Descubriu o movemento isócrono do péndulo (que pensou que podería utilizarse para medir o tempo), estableceu un método para determinar o peso específico dos corpos, describiu a traxectoria parabólica dos proxectís de artillaría e formulou a lei da caída libre dos corpos, afirmando que a velocidade de caída era independente da masa do grave (o corpo que cae).
En 1609 construíu o anteollo ocular diverxente e iniciou o estudo dos astros. Descubriu 4 satélites de Xúpiter, o anel de Saturno, as manchas e a rotación do Sol, as fases de Venus e numerosas estrelas descoñecidas até entón. Todas estas novidades viñan corroborar as ideas de Copérnico, das que Galileo se declarou decidido partidario. Até aquel momento a teoría copernicana non suscitara demasiadas preocupacións na igrexa romana, como xa vimos. Pero a negación da inmobilidade da Terra non só contradicía as opinións aristotélicas e tolemaicas sobre o mundo, profundamente enraizadas na ensinanza oficial —que dependía naquel tempo case por enteiro da Igrexa—, senón que se opoñía tamén aos relatos bíblicos sobre a orixe do mundo interpretados de maneira literal. Aínda que Galileo demostrou mediante moitos escritos que dita interpretación literal debía descartarse, e que a Biblia non tiña por que substituír a ciencia, dado que o seu obxectivo era ante todo relixioso, foi denunciado á Inquisición.
Co libro de Copérnico posto no Índice, a Galileo prohibíuselle ensinar a doutrina copernicana, aínda que non se lle inquietou persoalmente até 1632, data de publicación do seu libro Dialogo sopra due massimi sistemi del mondo, tolemaico e copernicano (Diálogo sobre os dous máximos sistemas do mundo, o tolemaico e o copernicano). A obra foi sometida á Inquisición, perante o tribunal da cal compareceu Galileo en 1633. Foi obrigado a pronunciar de xeonllos a abxuración da súa doutrina[54] e condenado á excomuñón e a reclusión perpetua, incluíndose o seu libro no Índice. Foi autorizado a retirarse a Arcetri, preto de Florencia, onde permaneceu ata a súa morte.
Máis tarde Johannes Kepler desenvolvería as leis empíricas dos movementos dos corpos celestes, mentres que Huygens describía a forza centrífuga. Isaac Newton unificaría estas achegas descubrindo a gravitación universal.
Da alquimia á química
editar- Artigos principais: Alquimia e Historia da química.
Arte esotérica desde a Antigüidade, a alquimia é a antecesora da física no sentido de observación da materia. Segundo Serge Hutin, especialista na historia da alquimia, as "fantasías dos ocultistas" bloquearon, porén o progreso científico, sobre todo nos séculos XVI e XVII. Porén, opina que estes espellismos que nutriron a alegoría alquímica influíron considerablemente o pensamento científico.[55]
A experimentación debe tamén moito aos laboratorios dos alquimistas, onde se descubriron numerosos corpos que formaron máis tarde parte da química. Os instrumentos dos alquimistas foron tamén os dos químicos modernos, o alambique, por exemplo. Segundo Hutin, foi sobre todo sobre a medicina na que a alquimia tivo unha influencia máis notábel, pola achega de medicamentos minerais e polo desenvolvemento da farmacopea.[56] Para o químico Jean-Baptiste Dumas: "A química práctica neceu nos talleres dos ferreiros, dos oleiros, dos cristaleiros e nas tendas dos perfumistas".[57]
Para a conciencia popular, foron os primeiros químicos modernos —como Lavoisier sobre todo, no século XVIII, que pesa e mide os elementos químicos— os que consuman o divorcio entre química e alquimia. Numerosos filósofos e sabios foron na súa orixe alquimistas, como (Roger Bacon ou Paracelso); outros, interesáronse por eles, como Francis Bacon,[58] e incluso, máis tarde, Isaac Newton.
Aínda que as dúas disciplinas estiveron ligadas, pola historia e polos seus actores, a diferenza reside na representación da materia: combinacións químicas para a química, manifestacións do mundo inanimado como fenómenos biolóxicos para a alquimia. A química nace como disciplina científica con Andreas Libavius, que publica o primeiro compendio de química, ligándoa coa medicina e a farmacia, e máis tarde Nicolas Lémery publica o primeiro Tratado de química elevándoa xa definitivamente ao rango de ciencia e facendo autoridade co seu Cours de chimie, contenant la manière de faire les opérations qui sont en usage dans la médecine, par une méthode facile, avec des raisonnements sur chaque opération, pour l’instruction de ceux qui veulent s’appliquer à cette science en 1675. Johann Rudolf Glauber ou Robert Boyle, pola súa parte, achegan considerábeis experimentacións sobre os elementos químicos.[59]
O nacemento da fisioloxía moderna
editar- Artigos principais: André Vesalio, Miguel Servet e Ambroise Paré.
Os descubrimentos médicos e os progresos efectuados no coñecemento da anatomía, en particular despois da tradución de numerosas obras antigas de Hipócrates e Galeno nos séculos XV e XVI permitiron avances en materia de hixiene e da loita contra a mortalidade. André Vesalio senta así as bases da anatomía moderna, mentres Miguel Servet descobre o funcionamento da circulación sanguínea e Ambroise Paré fai as primeiras ligaduras de arterias. Fanse un certo número de comparacións entre os membros inferiores dos humanos e dos équidos (cabalos, principalmente). Otto Brunfels, Hieronymus Bock e Leonhart Fuchs foron tres grandes autores sobre plantas silvestres. Hoxe en día son recoñecidos como os pais da botánica alemá. Da mesma maneira, escribíronse obras sobre animais como as de Conrad Gesner ilustradas, entre outros, por Alberto Durero.
A difusión do saber: a imprenta
editar- Artigo principal: Johannes Gutenberg.
O campo das técnicas progresa considerabelmente grazas á invención da imprenta por Johannes Gutenberg no século XV, invento que revoluciona a transmisión do saber. O número de libros publicados aumenta exponencialmente, a escolarización en masa faise posíbel, e os científicos poden debater por medio das publicacións das súas experimentacións. A ciencia convértese así nunha comunidade de sabios. Aparecen as Academias de ciencias, en Londres, París, San Petersburgo e Berlín.
Pero os dominios do saber están aínda mesturados e non constitúen totalmente disciplinas separadas. A ciencia, ao tempo que se institucionaliza, forma nesta altura parte do campo da investigación filosófica. Michel Blay di: "é moi sorprendente e, en definitiva, moi anacrónico separar, no período clásico, a historia das ciencias da historia da filosofía, e tamén do que se chama a historia literaria".[60]
Finalmente, o Renacemento permite, para as disciplinas científicas da materia, a creación de disciplinas e de epistemoloxías distintas pero reunidas pola cientificidade, e o mesmo permite para as matemáticas, porque, segundo a expresión de Pascal Brioist: "a matematización dunha práctica conduce a darlle o título específico de ciencia.[61] Michel Blay ve tamén nos debates ao redor de conceptos claves, como o do absoluto ou o de movemento, de tempo e de espazo, os elementos dunha ciencia clásica.[62]
O século XVIII: o século das luces
editar- Artigo principal: Ilustración.
No século XVII, a "revolución científica" [63] foi posíbel pola matematización da ciencia. Pero isto non ocorre até no transcurso do século XVIII no que aparecen as grandes institucións científicas, especialmente as Academias das Ciencias, as Sociedades científicas e as universidades. Sobre todo, as ciencias naturais e a medicina desenvólvense durante este período.[64] No século XVIII a maioría dos científicos eran partidarios dun cambio: fronte ás ideas anteriores, consideraban a ciencia como a única vía obxectiva de coñecemento (de aí, o nome de Século das luces). Este espírito quedou reflectido na Enciclopedia das Artes e das Ciencias, recompilada por Diderot e D'Alembert, obra na que se resumía todo o coñecemento científico da época en todas as ramas do saber, e da que se trata máis abaixo.
En España, durante o século XVIII, no reinado de Carlos III, produciuse unha recuperación en todas as ordes tras a superación da crise económica do século XVII. Exemplos do rexurdimento das ciencias foron as fundacións do Real Xardín Botánico de Madrid e o Colexio de Cirurxía de Barcelona, así como as diversas expedicións científicas ao Novo Mundo, entre as que destaca a de José Celestino Mutis. Os séculos XVI e XVII estiveron moi influídos polo descubrimento de América. As novas especies de plantas e animais polarizaron o interese dos naturalistas, entre os que destacaron os sistemáticos John Ray e Tournefort.
Entre os científicos máis importantes do século XVII destacan o italiano Francesco Redi, que se declarou contrario á xeración espontánea; Zacharias Janssen que, segundo din algúns, inventou o microscopio a finais do século XVI; Malpighi, que descubriu os capilares sanguíneos (a existencia dos cales xa fora prevista por Harvey), os alvéolos pulmonares, a circulación renal (as pirámides de Malpighi levan o seu nome) etc., e Robert Hooke, que introduciu o termo célula ao ver o parecido entre un tecido suberoso (de cortiza), visto ao microscopio, e as celas dun favo.
-
O filósofo Denis Diderot, impulsor de Enciclopedia, por Louis-Michel van Loo
-
Jean Le Rond d'Alembert, impulsor da Enciclopedia, por Quentin de la Tour
-
José Celestino Mutis, botánico e matemático español
-
George-Louis Leclerc, conde de Buffon
E entre os do século XVIII cabe destacar a Anton van Leeuwenhoek, descubridor dos protozoos e primeiro observador de células como os glóbulos vermellos, os espermatozoides e as bacterias; John Needham, defensor da xeración espontánea, e Lazzaro Spallanzani, detractor da mesma.
O século XVIII é a época dos grandes exploradores e sistemáticos. Entre eles destaca o sueco Carl von Linné, fixista e aristotélico, que ideou a nomenclatura binomial actualmente en uso, e clasificou os animais e as plantas nas sucesivas edicións das súas famosas obras Systema Naturae (O sistema da natureza) (1735) e Species Plantarum (As especies de plantas) (1753), obras que serven de base á sistemática actual de animais e plantas, respectivamente. O seu contemporáneo Buffon, naturalista francés autor dunha Histoire naturelle (Historia natural) á que dedicou gran parte da súa vida, criticouno e adoptou unha concepción transformista do universo.
A Enciclopedia
editar- Artigo principal: Encyclopédie.
Un segundo cambio importante no Século das luces en relación co século precedente tivo a súa orixe en Francia, cos enciclopedistas. Este movemento intelectual defendía a idea de que existe unha arquitectura científica e moral do saber. O filósofo Diderot e o matemático d'Alembert publicaron en 1751 a Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers (coñecido como "A Enciclopedia") que permitiu acceder a todo o coñecemento científico da época. Esta Enciclopedia vén ser coma un himno ao progreso científico.[65]
Coa Enciclopedia nace igualmente a concepción clásica que a ciencia debe a súa aparición ao descubrimento do método experimental. Jean le Rond d'Alembert explica así, no Discours préliminaire de l'Encyclopédie (1759), que:
Non é mediante hipóteses vagas e arbitrarias polo que nós podemos esperar coñecer a natureza, é (...) pola arte de reducir tanto como sexa posíbel, un gran número de fenómenos a un só que poida considerarse como o principio (...). Esta redución constitúe o verdadeiro espírito sistemático, que é preciso non tomar polo espírito do sistema.[66]
Racionalismo e ciencia moderna
editar- Artigos principais: Racionalismo, René Descartes, David Hume, Gottfried Wilhelm Leibniz, Immanuel Kant e Isaac Newton.
O período chamado das luces iniciou o ascenso da corrente racionalista, que proviña de René Descartes e, despois, de filósofos ingleses como Thomas Hobbes e David Hume, que adoptaron unha vía empírica,[67] poñendo o acento nos sentidos e a experiencia na adquisición dos coñecementos, en detrimento da razón pura. Pensadores, igualmente científicos (como Leibniz, que desenvolveu as matemáticas e o cálculo infinitesimal, ou Kant, ou o barón de Holbach, no seu Sistema da natureza, no que sostén o ateísmo contra calquera concepción relixiosa ou deísta, o materialismo e o fatalismo, é dicir, o determinismo científico, ou mesmo Pierre Bayle cos seus Pensées diverses sur la comète[68] fixeron da Razón (con maiúscula) un culto ao progreso e ao desenvolvemento social. Os descubrimentos de Isaac Newton, a súa capacidade para confrontar e para ensamblar as probas axiomáticas e as observacións físicas nun sistema coherente, déronlle o ton a todo o que seguiría a súa exemplar Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural). Enunciando a teoría da gravitacion universal, Newton inaugurou a idea dunha ciencia como discurso tendente a explicar o mundo considerado como racional por estar ordenado por leis reproducíbeis.
-
Gottfried W. von Leibniz
-
Sir Isaac Newton
O nacemento das grandes disciplinas científicas
editarA maioría das disciplinas maiores da ciencia consolídanse, coas súas epistemoloxías e os seus métodos, no século XVIII. A botánica aparece con Carl von Linné, que publica en 1735 Systema Naturae e en 1753 Species plantarum, punto de partida do sistema binomial e da nomenclatura botánica para animais e vexetais, respectivamente.[69] A química nace por aquel tempo con Lavoisier que enuncia en 1778 a lei da conservación da materia, e identifica e bautiza o oxíxeno. As ciencias da Terra fan tamén a súa aparición. Como disciplina, a medicina progresou igualmente coa constitución dos exames clínicos e as primeiras clasificacións das enfermidades.
O século XIX
editar- Artigos principais: Fixismo, Evolución, Jean-Baptiste Lamarck, Charles Darwin, Bacterias e Inmunoloxía.
Tras dun século coma o XVIII, no que a maior actividade dos biólogos se desenvolveu no campo da sistemática, nun intento de clasificar as especies procedentes do Novo Mundo, suscitouse no século XIX unha interpretación, baseada na razón, tanto da aparición das diferentes especies coma da súa distribución e parentesco. Así xurdiu a teoría evolucionista. Un dos primeiros en defendela foi Jean-Baptiste de Monet, coñecido como Lamarck, que explicaba a súa hipótese baseándose en dous principios: "a necesidade crea o órgano e a súa función desenvólveo", e "os caracteres adquiridos transmítense hereditariamente".
Esta teoría (lamarckismo) batía, por un lado, coa crítica daqueles que pedían datos, experiencias etc., que a confirmaran e, por outro, coa opinión do francés Georges Cuvier, considerado como o pai da paleontoloxía e da anatomía comparada, e os seus seguidores. Cuvier era fixista, é dicir, cría na inmutabilidade das especies. Para explicar a desaparición de especies que só existiron no pasado, e das que só nos chegaron restos fosilizados, supoñía que houbera unha serie de catástrofes sucesivas que producirían a súa extinción (catastrofismo). Posteriormente, despois de cada catástrofe, desenvolvíase unha nova e distinta creación.
A oposición entre ciencia e relixión refórzase coa aparición, en 1859 de A orixe das especies segundo a selección natural do naturalista inglés Charles Darwin. Neste libro Darwin recolleu as conclusións ás que chegara durante a viaxe científica que moitos anos antes (1831 - 1836) realizara por todo o Novo Mundo e o Pacífico a bordo do Beagle.[70]
A teoría de Darwin (darwinismo) apóiase en dous puntos: a variabilidade da descendencia e a selección natural ou, dito doutro xeito, a supervivencia do máis apto. Pronto se desencadeou unha controversia entre os seguidores do francés Lamarck e os do inglés Darwin (e, algo máis tarde, e máis intensamente, entre estes últimos e os sectores relixiosos).
O filósofo Herbert Spencer utilizou o impacto do darwinismo na sociedade do século XIX para, dándolle unha carga relixiosa da cal esta teoría en principio carece (Darwin era agnóstico), realizar un ataque contra a opinión doutros científicos. Así, produciuse unha primeira reacción de rexeitamento do darwinismo en moitos ambientes relixiosos e científicos.
Darwin morreu en 1882 sen poder achegar datos que explicaran a orixe da variabilidade entre os descendentes dunha mesma parella,[71] fenómeno que constitúe a base fundamental da súa teoría evolucionista.
No primeiro terzo deste século XIX cómpre recordar tamén o labor de Edward Jenner, descubridor da primeira vacina, a da varíola, que abriu o camiño da inmunoloxía. Posteriormente Schleiden e Schwann destacaron en citoloxía e histoloxía por enunciar a teoría celular. Máis tarde, en microbioloxía, Louis Pasteur levou a cabo experimentos definitivos sobre a falsidade da xeración espontánea, descubriu que algúns microorganismos tiñan carácter patóxeno, deduciu o concepto de inmunidade e descubriu a vacina antirrábica; está considerado como o pai da microbioloxía.
Posteriormente, Robert Koch illou o microbio que producía o carbúnculo, o bacilo da tuberculose e o vibrio do cólera. En 1865, o médico escocés Joseph Lister (1827 - 1912) descubriu que as infeccións das feridas se deben ás bacterias, e en 1867 utilizou fenol para crear un ambiente bactericida nas salas de operacións (antisepsia). En 1884, o médico e bacteriólogo español Jaime Ferrán descubriu a vacina contra o cólera.
A bioloxía coñece no século XIX profundos cambios co nacemento da xenética, cos traballos de Gregor Mendel. En 1865, o freire agostiño Gregor Mendel publicou os seus traballos sobre as leis que rexen a herdanza biolóxica.[72]
O abandono definitivo do vitalismo, despois da (accidental) síntese da urea, en 1828, a partir de amoníaco e dióxido de carbono, polo alemán Friedrich Wöhler, que demostrou que os compostos orgánicos obedecen ás mesmas leis fisicoquímicas que os compostos inorgánicos, favoreceu o desenvolvemento da fisioloxía. Nesta disciplina destacou o francés Claude Bernard, que pode ser considerado o pai desta ciencia.
A mediados do século XIX apareceu por primeira vez o termo ecoloxía para designar unha nova rama das ciencias biolóxicas. O alemán Ernst Haeckel foi o introdutor desta palabra e talvez o primeiro que definiu a nova ciencia. Nun traballo publicado en 1870 dicía: "Entendemos por ecoloxía o conxunto dos coñecementos referentes á economía da natureza, a investigación de todas as relacións do animal tanto co seu medio orgánico coma inorgánico". Tamén a mediados deste século o zoólogo francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire propuxo a denominación de etoloxía para o estudo das relacións dos organismos dentro da familia, da sociedade no seu conxunto e da comunidade.
A Revolución industrial
editar- Artigo principal: Revolución industrial.
A Primeira e a Segunda Revolucións Industriais estiveron marcadas por profundos cambios económicos e sociais, derivados das innovacións e descubrimentos científicos e técnicos. O vapor e, despois, a electricidade contan entre os progresos notábeis que permitiron a mellora dos transportes e da produción. Os instrumentos científicos son máis numerosos e máis seguros, tales como o microscopio ou o telescopio, que se perfeccionan.
A física adquire as súas principais leis, especialmente con Maxwell, que enuncia os principios da teoría cinética dos gases, así como a ecuación de onda electromagnética, fundando o electromagnetismo. Estes dous descubrimentos permiten importantes traballos ulteriores especialmente en relatividade restrinxida e en mecánica cuántica.
Estabelécense así os fundamentos das ciencias do século XX, sobre todo os principios da física de partículas, a propósito da natureza da luz.
O século XX
editarUnha ciencia postindustrial
editar- Artigo principal: Revolución científica.
A historia recente da ciencia está marcada polo continuo refinamento do coñecemento adquirido e o desenvolvemento tecnolóxico, acelerado xa desde a aparición do método científico. Se ben as revolucións científicas de principios do século XX déronse sobre todo no campo da física a través do desenvolvemento da mecánica cuántica e a relatividade xeral, no século XXI a ciencia enfróntase á revolución biotecnolóxica.
No século XX produciuse unha aceleración sen precedentes do progreso científico. Esta revolución científica débese tanto á aparición de novos instrumentos, como o microscopio electrónico, que permitiu, xunto co progreso que experimentaron outras ciencias, como a química orgánica, grandes avances en citoloxía e histoloxía, como á gran cantidade de persoas e grupos de investigación que se dedican á ciencia en todo o mundo. Prodúcese unha importate mellora da precisión dos instrumentos que, eles mesmos, resultan dos avances máis recentes da ciencia.
A informática, que se desenvolve a partir dos anos 1950, e que permite un mellor tratamento dun volume de informacións cada vez máis importante, e que chegou a revolucionar a práctica da investigación, é un destes instrumentos.
Os intercambios internacionais dos coñecementos científicos son cada vez máis rápidos e fáciles. Cada vez máis os descubrimentos máis coñecidos do século XX preceden a verdadeira mundialización e á uniformación lingüística das publicacións científicas.
Ética e ciencia: o porvir da ciencia no século XXI
editar- Artigo principal: Bioética.
O século XXI caracterízase por unha aceleración dos descubrimentos "punta", como a nanotecnoloxía. Ademais, no seo das ciencias naturais, a xenética promete cambios sociais ou biolóxicos sen precedentes. A informática é á vez unha ciencia e un instrumento de investigación xa que a simulación informática permite experimentar modelos cada vez máis complexos e gorentosos en termos de potencia de cálculo.
A ciencia democratízase. Por unha parte, importantes proxectos internacionais ven a luz (loita contra a SIDA e o cancro, programa SETI, astronomía, detectores de partículas etc.). E por outra, a vulgarización científica permite acceder a cada vez máis persoas ao razoamento e á curiosidade científica.
A ética, nestes tempos, representa unha noción concomitante á da ciencia. As nanotecnoloxías e a xenética sobre todo presentan os problemas da sociedade futura, a saber, respectivamente, os perigos das innovacións para a saúde e a manipulación do patrimonio hereditario do home. Os países avanzados tecnoloxicamente crean así órganos institucionais encargados de examinar o bo uso das aplicacións científicas. Por exemplo, leis bioéticas estabelécense a través do mundo, aínda que non en todos os lugares da mesma maneira, porque están moi ligadas aos dereitos locais.[73]
Filosofía da ciencia
editar- Artigo principal: Filosofía da ciencia.
A efectividade da ciencia como método para obter coñecemento constituíu un notable campo de estudo para a filosofía. A filosofía da ciencia intenta comprender a natureza do coñecemento científico e as súas implicacións éticas.
Foi difícil establecer unha explicación do método científico definitiva que poida servir para distinguir a ciencia da non-ciencia. Aínda que hai argumentos lexítimos sobre onde están exactamente os límites da ciencia, o que se coñece como o problema da demarcación.
Non obstante, hai un conxunto de preceptos principais que posúen un consenso entre os filósofos da ciencia e dentro da comunidade científica. Por exemplo, é universalmente aceptado que debe ser posíbel verificar independentemente as hipóteses e as teses científicas doutros científicos para que sexan aceptadas pola comunidade científica.
Hai diferentes escolas de pensamento na filosofía do método científico. O naturalismo metodolóxico mantén que a investigación científica debe incluír os estudos empíricos e a verificación independente como proceso para desenvolver e avaliar apropiadamente as explicacións naturais de fenómenos observábeis.[74] Deste modo o naturalismo metodolóxico rexeita explicacións sobrenaturais, argumentos de autoridades e estudos observacionais tendenciosos. O racionalismo crítico, por outro lado, afirma que a observación non tendenciosa non é posíbel, e que a demarcación entre explicacións naturais e sobrenaturais é arbitraria; no lugar deste criterio propón a falseabilidade como o límite das teorías empíricas e a falsificación como o método empírico universal. O racionalismo crítico argumenta que a habilidade da ciencia en aumentar o espectro dos valores que poden ser asumidos no coñecemento verificábel, mais ao mesmo tempo propón que a ciencia debería contentarse coa eliminación racional dos erros nas súas teorías, non en buscar a súa verificación (como afirmar certeza ou proba e contra-proba probábel; tanto a proposta como a falsificación dunha teoría son apenas un carácter metodolóxico, conxectural e tentador no racionalismo crítico).[75] O instrumentalismo rexeita o concepto de verdade e enfatiza só a utilización das teorías como instrumentos para explicar e predicir fenómenos.[76]
Que é e que non é a ciencia
editarA ciencia non se considera dona da verdade absoluta e incuestionábel. A partir do racionalismo crítico, todas as súas verdades poden ser quebradas, bastando apenas unha pinga de evidencia. A ciencia tira conclusións da realidade a través de observacións dos feitos e da natureza.
A ciencia non é unha fonte de xuízos de valores subxectivos, a pesar de poder certamente tratar de casos de ética e política pública ao denunciar as probábeis consecuencias das accións. O que alguén proxecta a partir de hipóteses científicas actuais máis racionais, adentrándose noutros reinos de interese, non é un tópico científico e o método científico non ofrece ningunha axuda para quen desexa facelo desa maneira. A xustificación científica (ou a refutación) para moitas cousas é, polo contrario, exixida frecuentemente. Claro que o valor dos xuízos son intrínsecos á ciencia. Por exemplo, os valores verdadeiros e o coñecemento da ciencia.
O obxectivo subxacente ou propósito da ciencia para a sociedade e os individuos é o de producir modelos útiles da realidade. Tense dito que é virtualmente imposíbel facer inferencias dos sentidos humanos que realmente describan o que "é". Por outro lado, como quedou dito, a ciencia pode facer predicións baseadas en observacións. Estas predicións xeralmente benefician á sociedade ou aos individuos que fan uso delas, por exemplo, a física newtoniana, e en casos máis extremos a relatividade, permítenos predicir calquera causa do efecto dun movemento que unha bóla de billar terá noutras, até cousas como traxectorias de sondas espaciais e satélites. A química e a bioloxía xuntas transformaron a nosa habilidade para usar e predicir reaccións e escenarios químicos e biolóxicos. Nos tempos modernos, estas disciplinas científicas segregadas están sendo máis utilizadas conxuntamente co fin de producir modelos e ferramentas máis complexos.
En resumo, a ciencia produce modelos útiles que nos permiten facer predicións máis útiles. A ciencia intenta describir o que é, mais evita tentar determinar o que é (o que é imposíbel por razóns prácticas). A ciencia é unha ferramenta útil, é un corpo crecente de entendemento que nos permite identificármonos máis eficazmente co medio ao noso redor e a mellor forma de adaptármonos e evolucionarmos como un todo social así como independentemente.
O individualismo é unha suposición tácita subxacente en moitas bases empíricas da ciencia que trata a ciencia coma se fose puramente unha forma na que un único individuo confronte a natureza, verificando e predicindo hipóteses. Pero, de feito, a ciencia é sempre unha actividade colectiva conducida por unha comunidade científica. Iso pode demostrarse de varias maneiras, talvez o resultado máis fundamental e trivial proveniente da ciencia sexa comunicada coa linguaxe. Entón, os valores das comunidades científicas permean a ciencia que elas producen.
Limitacións da ciencia
editarO home hai xa máis de medio século que chegou á Lúa, acadou desenvolvementos espectaculares en todos os campos e logrou a comprensión de fenómenos que, até hai moi pouco, estábannos vedados. Porén, pese ao enorme impacto que exerce sobre a sociedade moderna, a ciencia non é algo ilimitado na súa capacidade para resolver problemas ou comprender o descoñecido. De feito, existen unha serie de limitacións que son consecuencia das propias limitacións do método científico. Poderiamos resumilas nestes catro puntos:
- 1º. A ciencia non pode responder a todo tipo de preguntas. Polo tanto, será unha ferramenta inútil para calquera hipótese que non poida ser comprobada experimentalmente. Por exemplo, a existencia de Deus.
- 2º. A ciencia é incapaz de avaliar calquera verdade que non poida probarse experimentalmente. Isto é así en virtude da súa propia definición. Por exemplo, que había cinco minutos antes de que se producira o big-bang?
- 3º A ciencia non pode garantir a solución de todos os problemas. Por exemplo, o problema da fame no mundo ten, nestes momentos, solucións desde o punto de vista científico, pero que non se traducen en realidades concretas pola mesma natureza do home e por intereses económicos e hexemónicos inconfesábeis, que non permiten a solución do problema.
- 4º. A ciencia está incapacitada para facer xuízos morais ou de valor. Actualmente, ao científico estáselle exixindo unha alta responsabilidade, sobre todo en temas que afectan claramente aos coñecementos biolóxicos e médicos: medio ambiente (especialmente sobre o cambio climático), enxeñería xenética (por exemplo, alimentos transxénicos, clonación etc.), reprodución asistida, selección de sexo para evitar enfermidades hereditarias etc., investigacións con células nai, dereito a unha morte digna etc. Non obstante, é a sociedade a que debe establecer a utilización ou non dos coñecementos científicos adquiridos. O desenvolvemento dun oocito humano in vitro non é malo nin bo en si mesmo, e é a sociedade a que deberá pronuciarse sobre os aspectos éticos e a súa utilización. As actuais investigacións sonbre o xenoma humano será un bo banco de probas sobre este punto.
Por outra parte, as verdades científicas non son absolutas e teñen vixencia só durante un certo período de tempo. O coñecemento da verdade científica acádase por sucesivas aproximacións. E cómpre sinalar tamén que os científicos non poden predicir os efectos que se poidan derivar dos resultados experimentais (e dos que os científicos puros, é dicir, os que se dedican á investigación das ciencias puras, non son responsábeis). Á vista están os efectos sobre o medio ambiente causados pola maioría dos inventos que constiuíron o orgullo da época industrial: contaminación, chuvia ácida... coas súas consecuencias de extinción de especies etc.
E, dado o gran custo económico que supón a investigación científica, existe o perigo de que, por parte do contribuínte, se pida que só se invista en ciencia aplicada: que se cure o cancro, que se acabe coa fame no mundo. A historia, porén, amosa que non hai ciencia aplicada sen investigación básica; aínda que tamén é certo que hoxe a investigación básica adoita requirir uns medios que só a ciencia aplicada lle pode subministrar.
Tamén hai que ter en conta que, debido á ciencia, moitos gobernos son hoxe máis opresores, as novas tecnoloxías aplicadas á guerra exhiben unha impensada capacidade destrutiva, e os medios de comunicación, cos avances tecnolóxicos, poden manipular á opinión pública cunha terríbel eficacia.
Pero cada día estase a ver que, grazas á ciencia, podemos curar cada vez máis enfermidades, axudar a vencer as barreiras da soidade, mellorar o nivel de vida, e promover a cultura. Se non fose pola revolución científica, a maioría de nós nin sequera estariamos vivos ou nin sequera teriamos nacido.
Hoxe, con todo, segue a ser certo que é máis o que ignoramos que o que coñecemos. E isto é un reto para atrevernos a saber, para sermos ousados nos nosos intentos de coñecemento científico.
Clasificación das ciencias
editarAs ciencias poden organizarse en grandes disciplinas científicas, especialmente en matemáticas, química, bioloxía, física, mecánica, óptica, farmacia, medicina, astronomía, arqueoloxía, economía, socioloxía, e outras. Estas disciplinas non se distinguen só polos obxectos de estudo e polos métodos empregados, senón tamén polas súas institucións: revistas, sociedades de membros, cátedras ou mesmo polos seus diplomas.
En primeiro lugar podemos distinguir entre as ciencias da natureza e as ciencias sociais ou humanas. As primeiras, como a física, centran o seu estudo nos fenómenos naturais, mentres que as segundas, como a socioloxía, estudan os fenómenos ligados á acción humana.
Un esquema algo máis detallado de clasificación propúxoo o epistemólogo alemán Rudolf Carnap, o primeiro en dividir a ciencia en ciencias puras, ciencias aplicadas e ciencias sociais ou humanas.
- Ciencias puras ou lóxico-formais: son as que non teñen en conta a súa aplicación práctica. Utilizan a dedución como método de procura da verdade.
- Ciencias aplicadas ou fácticas: encadran as Ciencias naturais que teñen por obxecto o estudo da natureza. Seguen o método científico.
- Ciencias sociais ou humanas: son todas as ciencias, na súa acepción máis ampla, que se ocupan dos aspectos do home —cultura e sociedade— non estudados nas Ciencias naturais. O método depende de cada disciplina particular.
Máis recentemente algúns autores, como Herbert Simon[77], mencionan a aparición doutra categoría, a das ciencias do artificial, que centran o seu estudo nos sistemas creados polo ser humano —artificiais— pero que presentan un comportamento independente ou relativamente independente da acción humana. Trátase, por exemplo das ciencias do enxeñeiro.
O sentido común asocia unha disciplina a un obxecto de estudo. Por exemplo a socioloxía ocúpase da sociedade; a psicoloxía, do pensamento; a física, dos fenómenos mecánicos, térmicos, ópticos etc.; a química, das características dos elementos, das reaccións da materia etc. Para Robert Nadeau, "recoñécese xeralmente que se poden clasificar [as ciencias] segundo o seu obxecto (...), segundo o seu método (...), e segundo a súa finalidade".[78]
Pero as investigacións modernas mostran unha ausencia de fronteiras e a necesidade de desenvolver transversalidades. Por exemplo, en certas disciplinas fálase de "físico-química" ou de "quimio-bioloxía", expresións que permiten amosar as fortes ligazóns das especialidades entre elas. Unha disciplina defínese, ó final, polo conxunto de referenciais que utiliza para estudar un conxunto de obxectos, o que forma a súa cientificidade. Porén, este criterio non é absoluto.
Para o sociólogo Raymond Boudon, non existe unha cientificidade única e transdisciplinar. Apóiase na noción de aires de familia, noción que xa teorizara o filósofo Ludwig Wittgenstein, segundo a cal non existen máis que parecidos formais entre as ciencias, sen polo tanto poder deducir unha regra xeral que permita dicir o que é "a ciencia". Raymond Boudon, en L'art de se persuader des idées douteuses, fragiles ou fausses [79] explica así que só o relativismo permite unha aproximación realista e obxectiva ao fenómeno científico.
Outra maneira de categorizar as ciencias consiste en distinguir as ciencias fundamentais, nas que a finalidade primeira é a de producir coñecementos, das ciencias aplicadas, que tratan sobre todo de aplicar estes coñecementos á resolución de problemas concretos.
De maneira xeral, ningunha categorización é completamente exacta nin enteiramente xustificábel, e as áreas epistemolóxicas entre elas son difusas.[80]
Ciencias fundamentais e aplicadas
editar- Artigos principais: Ciencia fundamental e Ciencias aplicadas.
Esta clasificación primeira responde á noción de utilidade: certas ciencias producen coñecementos que poden actuar sobre o mundo (as ciencias aplicadas, que non hai que confundir coa técnica en tanto que aplicación de coñecementos empíricos), é dicir, na perspectiva dun obxectivo práctico, económico ou industrial, mentres que outras (as ciencias fundamentais) tratan prioritariamente da adquisición de coñecementos novos abstractos.
Porén, este límite é difuso. As matemáticas, a física ou a bioloxía poden ser fundamentais e aplicadas, segundo o contexto. Certas disciplinas permanecen, porén, máis ancoradas nun dominio do que noutro. A cosmoloxía é, por exemplo, unha ciencia exclusivamente fundamental. A astronomía é, igualmente unha disciplina que permanece en gran medida como ciencia fundamental. A medicina ou a enxeñaría son, pola contra, ciencias esencialemente aplicadas (pero non exclusivamente). As ciencias aplicadas e as ciencias fundamentais non están tabicadas.
Os descubrimentos tirados da ciencia fundamental encontran finalidades útiles (por exemplo, o láser e a súa aplicación ao son numérico en CD-ROM). Do mesmo xeito, certos problemas técnicos necesitan ás veces novos descubrimentos da ciencia fundamental. Así, os laboratorios de investigación e os investigadores poden facer paralelamente investigación aplicada e investigación fundamental. Por outra parte, a investigación en ciencias fundamentais utiliza as tecnoloxías tiradas das ciencias aplicadas, como a microscopía, as posibilidades do cálculo dos ordenadores para a simulación numérica, por exemplo.
Por outra parte, as matemáticas considéranse frecuentemente como unha cousa distinta que unha ciencia. En parte, porque a verdade matemática non ten nada que ver coa verdade das outras ciencias. O obxecto das matemáticas é, en efecto, interno a esta disciplina. Tamén, nesta base, as matemáticas aplicadas percíbense nun principio como unha rama matemática ao servizo doutras ciencias (como o demostran os traballos do matemático Jacques-Louis Lions, que explica: o que me gusta das matemáticas aplicadas é que ambicionan dar ao mundo dos sistemas unha representación que permite comprender e actuar) non terían, en principio, finalidade práctica. A contrario, as matemáticas posúen un importante número de ramas, en principio abstractas, que se desenvolveron en contacto con outras disciplinas como a estatística, a teoría dos xogos, a lóxica combinatoria, a teoría da información, a teoría dos grafos entre outros exemplos, mentres que ten ramas que non están catalogadas como matemáticas aplicadas pero que, porén, nutren a outras ramas científicas.
Ciencias nomotéticas e idiográficas
editarUnha clasificación das ciencias pode apoiarse nos métodos empregados. Unha primeira distinción desta orde pode facerse entre as ciencias nomotéticas e as ciencias idiográficas:
- as ciencias nomotéticas buscan establecer leis xerais para fenómenos susceptíbeis de reproducirse. Entre elas, a física e a bioloxía (e igualmente ciencias humanas ou sociais como a economía, a psicoloxía ou mesmo a socioloxía).
- as ciencias idiográficas ocúpanse polo contrario do singular, do único, do non recorrente. O exemplo (dentro das ciencias sociais) da historia amosa que non é absurdo considerar que o singular pode xustificar unha aproximación científica.
É con Wilhelm Windelband, filósofo alemán do século XIX, cando se fai o primeiro esbozo desta distinción. A reflexión de Windelband prodúcese sobre a natureza das ciencias sociais. Na súa Historia e ciencia da natureza (1894), afirma que a oposición entre ciencias da natureza e do espírito baséase nunha distinción de método e de "formas de obxectivación".[81]
Ciencias empíricas e lóxico-formais
editar- Artigos principais: Ciencia empírica e Ciencia formal.
Propúxose unha categorización pola epistemoloxía distinguindo as ciencias empíricas e as ciencias lóxico-formais. O seu punto común reside nas matemáticas e no seu uso nas disciplinas ligadas. Porén, segundo Gilles-Gaston Granger, "a realidade non é tan simple. Porque, por unha parte, é frecuente, en relación a cuestións baseadas na observación empírica, que se liberen de conceptos matemáticos; e por outra parte, se a matemática non é unha ciencia da natureza, non ten por iso menos verdadeiros obxectos".[82] Segundo Léna Soler, na súa Introduction à l’épistémologie, distingue por unha parte as ciencias formais das ciencias empíricas, e por outra parte entre as ciencias da natureza das ciencias humanas e sociais.[83]
- as chamadas ciencias empíricas tratan sobre o mundo empiricamente accesíbel, sensíbel (percibido polos sentidos). Inclúen as ciencias da natureza, que teñen por obxecto o estudo dos fenómenos naturais; as ciencias humanas, que teñen por obxecto de estudo o home e os seus comportamentos individuais e colectivos, pasados e presentes;
- ao seu lado, as ciencias lóxico-formais (ou ciencias formais) exploran pola dedución, segundo as regras de formación e de demostración, dos sistemas axiomáticos. Trátase, por exemplo, das matemáticas ou da lóxica.[84]
Ciencias da natureza e ciencias humanas e sociais
editar- Artigos principais: Ciencias da natureza e Ciencias humanas e sociais.
Segundo Gilles-Gaston Granger, existe outra maneira de oposición epistemolóxica, distinguindo por unha parte as ciencias da natureza, que teñen como obxectivo o estudo dos obxectos que emanan do mundo sensíbel, mensurábeis e clasificábeis, e, por outra parte as ciencias do home tamén chamadas ciencias humanas, para as cales o seu obxecto é abstracto. Gilles-Gaston Granger rexeita por outra parte facer do estudo do fenómeno humano unha ciencia propiamente dita. El di: "Aplicar o cualificativo de ciencias ao coñecemento dos feitos humanos está considerado por algúns como un abuso da linguaxe. Está bastante claro, en efecto, que nin os saberes sociolóxicos ou psicolóxicos, económicos ou lingüísticos poden pretender, no seu estado presente e pasado, ter a solidez e a fecundidade dos saberes físico-químicos, ou incluso biolóxicos".[85][86]
- as ciencias humanas e sociais son as que teñen por obxecto de estudo os homes, as sociedades, a súa historia, as súas culturas, as súas realizacións e os seus comportamentos;
- as ciencias da natureza', ou ciencias naturais (Natural science en inglés) teñen por obxecto o mundo natural, a Terra e o Universo.
A oposición tradicional entre ciencias humanas e ciencias naturais repousa sobre a diferenza entre natureza e cultura.[87]
Razoamento científico
editarTipo formal puro
editar- Artigo principal: Lóxica.
Segundo Immanuel Kant a lóxica formal é a "ciencia que expón con detalle e proba de maneira estrita unicamente as regras formais de todo pensamento". As matemáticas e a lóxica formalizadas compoñen este tipo de razoamento.
Esta clase fúndase sobre os dous principios constitutivos dos sistemas formais: o axioma e as regras de dedución e tamén na noción de siloxismo, expresada por primeira vez por Aristóteles[88] e ligada ao "razoamento dedutivo" (fálase tamén de razoamento "hipotético-dedutivo"), que expón nos seus Tópicos[89] e no seu tratado sobre a lóxica: Órganon.
Trátase igualmente do tipo que é o máis adecuado á realidade, para a técnica especialmente. A palabra clave do tipo formal puro é a demostración lóxica e non contraditoria (entendida como a demostración que non poderá desviarse no sistema estudado sexa cal for a proposición) [90]. Noutras palabras, non se trata propiamente de falar dun razoamento sobre o obxecto, senón máis ben dun método para tratar os feitos no seo de demostracións científicas e, polo tanto, sobre as proposicións e os postulados.
Distínguense así neste tipo dúas disciplinas fundamentais:
- 1) a lóxica da dedución natural;
- 2) a lóxica combinatoria.
O tipo formal desenvolveuse particularmente no século XX, co loxicismo e a filosofía analítica. Bertrand Russell desenvolve en efecto un "método atómico" (ou atomismo lóxico) que se esforza en dividir a linguaxe nas súas partes elementais, nas súas estruturas mínimas, a frase simple en suma.
Wittgenstein proxectou elaborar unha linguaxe formal común para todas as ciencias que permitise evitar o recurso á linguaxe natural, e na que o cálculo proposicional representa o seu termo.
Con todo, e a despeito dunha estabilidade epistemolóxica propia, a contrario dos outros tipos, o tipo formal puro é igualmente tributario da historicidade das ciencias.[91]
Tipo empírico-formal
editar- Artigos principais: Empirismo, Modelo científico, Teoría e Experimentación.
O modelo deste tipo, fundado no empirismo, é a física. O obxecto é aquí concreto e exterior, non construído pola disciplina (como no caso do tipo formal puro). Este tipo é de feito a unión de dúas compoñentes:
- por unha parte fúndase na teórica formal, as matemáticas (a física fundamental, por exemplo);
- por outra parte, a dimensión experimental é complementaria (o método científico).
O tipo empírico-formal progresa deste xeito da teoría —dada como a priori— á experiencia, pois volve á primeira vía nun razoamento circular destinado a confirmar ou refutar os axiomas. O "modelo" é entón o intermediario entre a teoría e a práctica. Trátase dunha esquematización que permite probar puntualmente a teoría. A noción de "teoría" é desde hai moito tempo central na filosofía das ciencias, pero substitúese, baixo o impulso empirista, pola de modelo, desde mediados do século XX [92].
A experiencia (no sentido da posta en práctica) é aquí central, segundo a expresión de Karl Popper: "Un sistema que forme parte da ciencia empírica debe poder ser refutado pola experiencia".[93]
Entre as ciencias empíricas, distínguense dúas grandes familias de ciencias: as ciencias da natureza e as ciencias humanas. Porén, o empirismo só non permite, separado da imaxinación, elaborar teorías innovadoras, fundadas sobre a intuición do científico, que permitan superar as contradicións que a simple observación dos feitos non podería resolver.[94]
Existen, porén, debates sobre na natureza empírica de certas ciencias humanas, como a economía[95] ou a historia, que non se sustentan nun método totalmente empírico, sendo o obxecto virtual nas dúas disciplinas.
Tipo hermenéutico
editar- Artigos principais: Hermenéutica e Fenomenoloxía.
As ciencias hermenéuticas (do grego antigo ἑρμηνευτική [τέχνη], hermeneutiké [téchne], "arte de interpretar", de ἑρμηνεύειν, "interpretar", e do nome do deus da mitoloxía grega Ἑρμῆς, Hermes, mensaxeiro dos deuses e intérprete das súas ordes), descodifican os signos naturais e establecen interpretacións. Este tipo de discurso científico é característico das ciencias humanas, onde o obxecto é o home. No método hermenéutico, os efectos visíbeis considéranse como un texto para descodificar, coa significación agochada. A fenomenoloxía é así a explicación filosófica máis próxima deste tipo,[96] que comprende, entre outras, a socioloxía, a lingüística, a economía, a etnoloxía, a teoría dos xogos etc.
Poden tratarse daquela de dúas categorías de discurso:
- a intención primeira é entón o obxecto da investigación hermenéutica, por exemplo: na psicoloxía;
- a interpretación é tamén posíbel: a teoría prevé os fenómenos, simula as relacións e os efectos, pero o obxecto permanece invisíbel (caso da psicanálise).
Con relación aos dous outros tipos formais, o estatuto científico do tipo hermenéutico é contestado polos partidarios dunha ciencia matemática chamada "dura". Á concepción da unidade da ciencia postulada polo positivismo toda unha corrente de pensamento, seguindo a Wilhelm Dilthey (1833 - 1911), afirma a existencia dunha separación radical entre as ciencias da natureza e as ciencias do espírito. As ciencias da natureza non buscan máis que explicar o seu obxecto, mentres que as ciencias do home, e a historia en particular, piden igualmente comprender o interior e, polo tanto, tomar en consideración o vivido.
Estas últimas non deben adoptar o método que se usa nas ciencias da natureza porque elas teñen un obxecto totalmente diferente. As ciencias sociais deben ser obxecto dunha introspección, o que Wilhelm Dilthey chama unha "marcha hermenéutica", é dicir, un camiño de interpretación das manifestacións concretas do espírito humano.
O tipo hermenéutico marca o século XX, con autores como Hans-Georg Gadamer que publicou, en 1960, Verdade e método obra na que, opoñéndose ao todopoderoso empirismo, afirma que "o método non é suficiente".[97]
Cientificidade
editarA cientificidade é a calidade das prácticas e as teorías que buscan establecer regularidades reproducíbeis, mensurábeis e refutábeis nos fenómenos por medio do medidas experimentais, e así producir unha representación explícita.
Máis xeralmente, é o "carácter do que responde aos criterios da ciencia".[98]. De maneira xeral a todas as ciencias, o método científico baséase en catro criterios:
- é sistemático (o protocolo debe poder aplicarse a todos os casos, e da mesma maneira);
- é unha proba de obxectividade (é o principio do "duplo-cego": os datos deben poder ser contrastados por colegas investigadores; este é o papel da publicación);
- é rigoroso, avaliable (pola experimentación e os modelos científicos);
- e, finalmente, debe ser coherente (as teorías non deben contradicirse, nunha mesma disciplina).
porén, cada un destes puntos é problemático, e os cuestionamentos da epistemoloxía tratan principalmente dos criterios de cientificidade. Así, con respecto á coherencia interna das disciplinas, o epistemólogo Thomas Kuhn ataca este criterio de cientificidade, establecendo que os paradigmas cambian nas "revolucións científicas". O principio de obxectividade, que frecuentemente se presenta como un atributo da ciencia, é, por si mesmo, fonte de interrogantes, sobre todo no seo das ciencias humanas. A psicanálise por exemplo non se acepta como ciencia polos partidarios da cientificidade. Karl Popper, como Ludwig Wittgenstein, rexeitan este estatuto en razón do seu carácter non refutábel pola experiencia. Popper engade, en A lóxica do descubrimento científico (1934) que "a actitude científica [é] a actitude crítica", o que constitúe o núcleo da cientificidade.
Para o sociólogo da ciencia Roberto Miguélez "semella que a idea da ciencia supón, primeiramente, a dunha lóxica da actividade científica; e en segundo lugar, a dunha sintaxe do discurso científico. Noutros termos, parece que, para poder falar da ciencia, cómpre postular a existencia dun conxunto de regras —e só dun— para o tratamento dos problemas científicos —o que se chamará entón "o método científico"—, e dun conxunto de regras —e só se un— para a construción dun discurso científico".[99] A socioloxía das ciencias estuda en efecto cada vez máis os criterios de cientificidade, no seo do espazo social científico, pasando dunha visión interna, a da epistemoloxía, a unha visión máis global.
O método científico
editar- Artigo principal: Método científico.
O "método científico" (do grego antigo μέθοδος, méthodos, que significa a persecución ou a busca dunha vía para realizar calquera cousa,[100] é "o conxunto dos procedementos razoados para alcanzar un fin; o que pode conducir a un razoamento segundo as regras da rectitude lóxica, de resolver un problema de matemáticas, de conducir a unha experimentación para verificar unha hipótese científica".[101] Está estreitamente ligado á historia da ciencia.[102] O método científico comprende catro operacións distintas:
Experimentación
editar- Artigo principal: Experimentación.
A "experimentación" é un procedemento científico que consiste en verificar por experiencias repetidas a validez dunha hipótese e en obter datos cuantitativos que permitan afinala. Baséase nos protocolos experimentais que permiten normalizar os pasos.
A física ou a bioloxía constrúense sobre un camiño activo do científico que constrúe e controla un dispositivo experimental reproducindo certos aspectos dos fenómenos naturais estudados. A maior parte das ciencias empregan tamén o método experimental, no que o protocolo se adapta ao seu obxecto e á súa cientificidade. De maneira xeral, unha experiencia debe subministrar precisións cuantificadas (ou estatísticas) que permitan refutar ou sustentar o modelo. Os resultados das experiencias non son sempre cuantificábeis, como nas ciencias humanas. A experiencia dobe tamén poder refutar os modelos teóricos.
A experimentación foi impulsada pola corrente do empirismo. Con todo, o epistemólogo Karl Popper oponlle a abdución (ou método para a conxectura e refutación). A abdución (ou conxectura) é un procedemento consistente en introducir unha regra a título de hipótese a fin de considerar ese resultado como un caso particular que cae baixo esta regra. Consiste na invención a priori dunha conxectura que precede á experiencia. En suma, isto significa que a indución subministra directamente a teoría, mentres que no proceso abdutivo a teoría invéntase antes da experiencia e esta última non fai máis que responder pola afirmación ou pola negación á hipótese.
Observación
editar- Artigo principal: Observación.
A "observación" é a acción de seguir atentamente os fenómenos, sen vontade de modificalos, sexa a simple vista o coa axuda de medios de estudo apropiados. Os científicos recorren a ela principalmente cando seguen un método empírico. É, por exemplo, o caso da astronomía ou da física. Trátase de observar o fenómeno ou o obxecto sen desnaturalizalo, ou incluso interferir na súa realidade. Algunhas ciencias, como a física cuántica ou a psicoloxía, teñen en conta a observación como un paradigma explicativo que inflúe no comportamento do obxecto observado. A filósofa Catherine Chevalley resume así este novo estatuto da observación: "O propio da teoría cuántica é de facer caduca a situación clásica dun "obxecto" existente indrpendentemente da observación que se faga".
A ciencia definiu a noción de observación no cadro da aproximación obxectiva do coñecemento, observación permitida por unha medida e seguindo un protocolo fixado de avance.
Teoría e modelo
editarUnha "teoría" (do grego antigo θεωρία, theoría, "visión do mundo", de θεωρείν, theoreín, "mirar", "observar") é un modelo ou un cadro de traballo para a comprensión da natureza e do humano. En física, o termo teoría designa xeralmente o soporte matemático, derivado dun pequeno conxunto de principios de base e de ecuacións, que permite producir previsións experimentais para unha categoría dada de sistemas físicos. Un exemplo é a "teoría electromagnética", habitualmente confundida co electromagnetismo clásico, e na que os resultados específicos obtéñense a partir das ecuacións de Maxwell. O adxectivo "teórico" adxunto á descrición dun fenómeno indica frecuentemente que un resultado particular foi predito por unha teoría, pero que non foi aínda observado. A teoría non é así a miúdo máis que un modelo entre a experimentación e a observación que aínda non está confirmada.
A concepción científica da teoría vén ser así unha fase provisoria do método experimental. Claude Bernard, na súa Introduction à la médecine expérimentale insiste no papel clave das preguntas e sobre a importancia da imaxinación na construción das hipóteses, unha especie de teoría en vías de desenvolvemento. O neurobiólogo Jean-Pierre Changeux di:
O científico constrúe "modelos" que confronta coa realidade. Acéptaos ou rexéitaos en función da súa adecuación co que pretende sen nunca pretender esgotalos. O avance do científico é un debate crítico, "improvisación desconcertante", vacilación, sempre consciente dos seus límites".[103]
En efecto, se a experimentación é preponderante, non é porén suficiente, conforme á máxima de Claude Bernard: "O método experimental non dará ideas novas aos que non as teñan", a teoría e o modelo permiten probar a realidade a priori.
Simulación
editar- Artigos principais: Simulación e Modelización.
A "simulación" é a "reprodución artificial" do funcionamento dun aparello, dunha máquina, dun sistema, dun fenómeno, coa axuda dunha maqueta ou dun programa informático, con fins de estudo, de demostración ou de explicación".[104]. Está directamente ligada á utilización da informática desde mediados do século XX. Existen dous tipos de simulacións:
- A modelización física consiste especificamente en utilizar outro fenómeno físico distinto do observado, pero aplicando leis que teñan as mesmas propiedades e as mesmas ecuacións. Un modelo matemático é así unha tradución da realidade para poder aplicala aos útiles, ás técnicas e as teorías matemáticas. Neste caso hai dous tipos de modelizaciósn: os modelos preditivos (que anticipan os acontecementos ou as situacións, como os que serven para prever o tempo coa meteoroloxía), e os modelos descritivos (que representan os datos históricos).
- A simulación numérica utiliza un programa específico ou eventualmente un package,[105] máis xeral, que presenta a vantaxe de maior flexibilicade e potencia de cálculo. Os simuladores de voo de avións, por exemplo, permiten adestrar aos pilotos. En investigación fundamental as simulacións, que se chaman tamén "modelizacións numéricas", permiten reproducir fenómenos complexos, moitas veces invisíbeis ou demasiado tenues, como a colisión de partículas.
Publicación. Literatura científica
editar- Artigos principais: Publicación científica e Cienciometría.
O termo "publicación científica" agrupa varios tipos de comunicacións que os investigadores fan dos seus traballos dirixidas a un público de especialistas, e que sufriron unha forma de exame do rigor do método científico empregada para estes traballos como, por exemplo, o exame independente ou revisión por pares.
A publicación científica é, pois, a validación de traballos pola comunidade científica. É tamén o lugar de debates contraditorios a propósito de asuntos polémicos ou de discusións de métodos.
Existen varios tipos de publicacións:
- as revistas científicas con revisión por pares;
- os relatorios de congresos científicos con revisión por pares;
- obras colectivas que reúnen artigos de revistas ou de investigacións sobre un tema determinado, coordinadas por un ou varios investigadores denomiados editores;
- monografías sobre un tema de investigación.
As publicacións destacadas enriba son xeralmente as únicas que se consideran para a avaliación dos investigadores e os estudos bibliométricos, até tal punto que o adaxio publish or perish (publicar ou perecer) está totalmente fundado.
A cienciometría é, en efecto, un método estatístico que se aplica ás publicacións científicas. Utilízano os organismos e entidades que financian a investigación como intrumento para a avaliación. As políticas orzamentarias desenvolvidas nos laboratorios e nas unidades de investigación dependen tamén frecuentemente destes indicadores cientométricos.
Epistemoloxía: o discurso sobre a ciencia
editarEpistemoloxía, ou filosofía das ciencias?
editar- Artigo principal: Epistemoloxía.
O termo "epistemoloxía" substitúe ao de filosofía das ciencias ao principio do século XX.[106] Trátase dun neoloxismo construído por James Frederick Ferrier, na súa obra Institutes of metaphysics (1854). A palabra está composta coa raíz epistemo- do termo grego επιστήμη, epistéme, que significa "ciencia, no sentido de saber e de coñecemento" e o sufixo loxía, do grego λόγος, lógos, que significa "discurso". Ferrier opono ao concepto antagonista da "agnoioloxía", ou teoría da ignorancia. O filósofo analítico Bertrand Russell empregouno de contado, no seu Ensaio sobre os fundementos da xeometria en 1901, baixo a definición de análise rigorosa dos discursos científicos, para examinar os modos de razoamento no que actúan e describir a estrutura formal das súas teorías.[107] Noutras palabras, os epistemólogos céntranse na marcha do coñecemento, dos modelos e as teorías científicas, que presentan como autónomas con relación á filosofía.[108]
Jean Piaget [109] propoñía definir a epistemoloxía como a "primeira aproximación como o estudo da constitución dos coñecementos válidos", denominación que, segundo Jean-Louis Le Moigne, permite formular as tres grandes cuestións da disciplina:
- Que é o coñecemento e cal é o seu modo de investigación? (é a cuestión gnoseolóxica).
- Como se constitúe ou enxendra o coñecemento? (é a cuestión metodolóxica).
- Como apreciar o seu valor ou a súa validez? (cuestión da súa cientificidade).
Antes destas investigacións, a ciencia concibíase como un corpus de coñecementos e de métodos, obxecto de estudo da filosofía das ciencias, que estudaba o discurso científico en relación aos postulados ontolóxicos ou filosóficos, é dicir, non autónomos en si. A epistemoloxía permitirá o recoñecemento da ciencia e das ciencias como disciplinas autónomas en realción coa filosofía. As análises da ciencia (a expresión "metaciencia" emprégase ás veces) levaron inicialmente a ciencia como corpus de coñecemento, e hai moito tempo situárona na filosofía. É o caso de Aristóteles, de Francis Bacon, de René Descartes, de Gaston Bachelard, do círculo de Viena, e despois de Popper, Quine, Lakatos, en fin, entre os máis importantes. A epistemoloxía, pola contra, apóiase na análise de cada disciplina particular que poñen de relevo as epistemoloxías chamadas rexionais. Aurel David explica así que "a ciencia conseguiu pecharse nela mesma. Aborda as súas novas dificultades polos seus propios medios e non se axuda en ningunha das producións máis elevadas e máis recentes do pensamento metacientífico".[110]
Para o premio Nobel de física Steven Weinberg, autor de Le Rêve d'une théorie ultime (1997)[111] a filosofía das ciencias é inútil porque non axudou nunca a avanzar o coñecemento científico.
Interrogantes da epistemoloxía
editarLigada á teoría do coñecemento, a epistemoloxía trata de explicar e de racionalizar un conxunto de cuestións filosóficas. A ciencia progresa de maneira fundamentalmente descontinua, e os cambios das presentacións dos sabios, tamén chamados "paradigmas científicos", segundo a expresión de Thomas Kuhn, están igualmente no núcleo dos interrogantes epistemolóxicos.
Entre estas cuestións centrais da epistemoloxía distínguense:
- a natureza da produción de coñecementos científicos (por exemplo, os tipos de razoamento nos que se fundan);
- a natureza dos coñecementos en si mesmos (a obxectividade é sempre posíbel, por exemplo). Este problema de epistemoloxía concirne máis directamente a cuestión de saber como identificar ou separar as teorías científicas das teorías metafísicas;
- a organización dos coñecementos científicos (nocións de teorías, de modelos, de hipóteses, de leis);
- a evolución dos coñecementos científicos (que mecanismo move a ciencia e as disciplinas científicas).
Moitos filósofos ou epistemólogos interrogaron así a natureza da ciencia e en primeiro lugar a tese da súa unicidade. O epistemólogo Paul Feyerabend, en Contre la méthode, foi un dos primeiros, nos anos 1960, en rebelarse contra as ideas recibidas con respecto á ciencia e a relativizar a idea demasiado simple de "método científico". Expuxo unha teoría anarquista do coñecemento avogando pola diversidade das razóns e das opinións, e explica en efecto que "a ciencia está moito máis próxima ao mito do que unha filosofía científica está disposta a admitir".[112] O filósofo Louis Althusser, que seguiu unha traxectoria sobre esta cuestión desde unha perspectiva marxista, di que: "todo científico está afectado por unha ideoloxía ou por unha filosofía científica" [113] que el chama "filosofía espontánea dos sabios" (P.S.S) [114]). Dominique Pestre dedícase a mostrar a inutilidade dunha distinción entre "racionalistas" e "relativistas", en Introduction aux Sciences Studies.
Grandes modelos epistemolóxicos
editarA historia das ciencias e da filosofía produciu numerosas teorías sobre a natureza e o alcance do fenómeno científico. Existe tamén un conxunto de grandes modelos epistemolóxicos que pretenden explicar a especificidade da ciencia.
O século XX marcou un xiro radical. Moi esquematicamente, ás primeiras reflexións puramente filosóficas e frecuentemente normativas xuntáronse reflexións máis sociolóxicas e psicolóxicas, despois aproximacións sociolóxicas e antropolóxicas nos anos 1980, e despois en fin aproximacións fundamentalmente heteroxéneas a partir dos anos 1990 cos Science studies. O discurso será igualmente interrogado pola psicoloxía coa corrente do construtivismo. Finalmente, a epistemoloxía interésase pola "ciencia en acción" (expresión de Bruno Latour), é dicir, en traballar o cotián e non só a natureza das cuestións teóricas que produce.
Cartesianismo e racionalismo
editar- Artigo principal: Racionalismo.
O racionalismo é unha corrente epistemolóxica nacida no século XVII e para a cal "todo coñecemento válido provén, sexa exclusivamente, sexa esencialmente, do uso da razón".[115] Autores como René Descartes (fálase entón de cartesianismo), ou Leibniz, fundan as bases conceptuais deste movemento que pon diante o razoamento en xeral e máis particularmente o razoamento dedutivo tamén chamado analítico. Trátase pois dunha teoría do coñecemento que postula a primacía do intelecto. A experimentación ten un estatuto particular: non serve máis que para validar ou refutar as hipóteses. Dito doutro xeito, a razón é suficiente para discernir o verdadeiro do falso no razoamento racionalista. Os racionalistas toman así como exemplo o célebre episodio do diálogo de Platón, onde Sócrates proba que un mozo escravo iletrado, etapa por etapa e sen a súa axuda, pode refacer e redemostrar o teorema de Pitágoras.
O racionalismo, sobre todo o moderno, pondera o poder das matemáticas sobre as outras ciencias. As matemáticas representan en efecto o medio intelectual, demostrando que o intelecto e a razón poden pasar da observación e da experiencia. Xa Galileo explicaba en 1623 na súa obra O ensaiador (Il Saggiatore, en italiano) —que é igualmente unha demostración de lóxica—, que
O gran libro do Universo está escrito na linguaxe das matemáticas. Non se pode comprender este libro máis que se se aprende antes esta linguaxe, e o alfabeto co cal está redactado. Os caracteres son os triángulos e os círculos, e tamén as outras figuras xeométricas sen as cales é humanamente imposíbel descifrar a menor palabra.
Empirismo
editar- Artigo principal: Empirismo.
O empirismo postula que todo coñecemento provén esencialmente da experiencia. Representado polos filósofos ingleses Roger Bacon, John Locke e George Berkeley, esta corrente postula que o coñecemento se funda na acumulación de observacións e de feitos mensurábeis, das que se poden extraer leis por un razoamento indutivo (tamén chamado sintético), indo en consecuencia do concreto ao abstracto.
A indución consiste, segundo Hume na xeneralización de datos da experiencia pura.[116] Porén, Bertrand Russell menciona na súa obra Ciencia e relixión o que denomina "o escándalo da indución", este método de razoamento non ten nada de universal; en efecto, segundo el as leis admitidas como xerais pola indución non foron, porén, verificadas máis que por un certo número de casos experimentais.
No empirismo, o razoamento é secundario mentres que a observación é primaria. Os traballos de Isaac Newton testemuñan un método empírico na formalización da lei da gravidade.
O positivismo de Auguste Comte
editar- Artigo principal: Positivismo.
Auguste Comte distingue tres etapas históricas: na etapa teolóxica, o espírito do home trataba de explicar os fenómenos naturais por axentes sobrenaturais. Na etapa metafísica, a explicación fúndase nas forzas naturais pero aínda personificadas (a teoría do éter, por exemplo). Coa etapa positiva, o espírito non busca explicar os fenómenos polas súas causas, senón que se edifica polos feitos constatábeis e mensurábeis. O personaxe de Newton é, para Comte, revelador desta "marcha progresiva do espírito humano.[117]
Crítica da indución de Mach
editarInventor da medida da velocidade de propagación do son, Ernst Mach desenvolve un pensamento epistemolóxico que influiría notabelmente en Albert Einstein. En La Mécanique, exposé historique et critique de son développement [118] Mach desvela a concepción mitolóxica que alimenta as representacións mecanicistas da súa época, que acabarán no conflito entre os espiritualistas e os materialistas. Pero a crítica de Mach descansa sobre todo no método da indución, pendente da dedución. En La Connaissance et l'erreur (1905), Mach explica que o traballo do sabio implica sobre todo as relacións dos obxectos estudados entre eles, e non na súa clasificación. A marcha da investigación é ante todo mental, conclúe Mach: "Antes de comprender a natureza, cómpre aprender na imaxinación, para dar aos conceptos un contido intuitivo vivente".[119] Ademais, Mach defende a idea de que a ciencia é simbólica, tese que retoma Karl Pearson na Grammaire de la science (1892)[120] e que explica que a ciencia é "unha escenografía conceptual". Mach anuncia que só o método empírico é científico:
Debemos limitar a nosa ciencia física á expresión de feitos observábeis, sen construír hipóteses detrás dos feitos, onde non existe nada que poida concibirse ou probarse.[121]
-
Ernst Mach en 1900.
-
Karl Popper en 1980.
-
Imre Lakatos, contra 1960.
Refutabilidade de Karl Popper e os "programas de investigación científica" de Imre Lakatos
editarO filósofo austríaco Karl Popper (1902 - 1994) revoluciona a epistemoloxía clásica propoñendo unha nova teoría do coñecemento, en 1959, coa Lóxica do descubrimento científico.
Dá á epistemoloxía novos conceptos e ferramentas de exame, como a falsifiabilidade (capacidade dunha teoría científica de someterse a un método crítico severo) ou a infalibilidade (que define a contrario as teorías metafísicas, psicanalíticas, marxistas, astrolóxicas). Propón tamén ver na refutabilidade o criterio que permite distinguir a ciencia da non-ciencia. Un enunciado é así "empiricamente informativo, só se é verificábel ou falsifiábel, é dicir, se é posíbel, polo menos en principio, que certos feitos poidan contradicilo" [122]. Porén, Popper admite que os enunciados non refutábeis poden ser heurísticos e ter un sentido (é o caso das ciencias humanas).
O pensamento de Imre Lakatos (1922 - 1974) está na mesma liña que o de Popper. É o creador da noción de "programas de investigación científica" (P.I.C.), que é un corpus de hipóteses teóricas ligado a un plan de investigación no seo dun dominio particular (un "paradigma") como a metafísica cartesiana, por exemplo. Lakatos, aínda que foi alumno de Karl Popper, opónselle no punto da refutabilidade. Un programa de investigación está, segundo el, caracterizado á vez por unha heurística positiva (o que hai que buscar e coa axuda de que método) e unha heurística negativa (as hipóteses son inviolábeis).
"Ciencia normal" de Thomas Kuhn
editarOs traballos de Thomas Kuhn marcan unha ruptura fundamental na filosofía, na historia e na socioloxía das ciencias.[123] Repasa a historia da ciencia, e rexeita unha concepción fixista nela. Na súa principal obra sobre esta materia, La Structure des Révolutions Scientifiques (publicada en inglés en 1962) di que "é difícil considerar o desenvolvemento cientifíco como un proceso de acumulación, porque é difícil illar os descubrimentos e os inventos individuais".[124]
Cando os científicos non poden ignorar máis tempo as anomalías que derruban a situación estábel na práctica científica, entón comezan as investigacións extraordinarias que os conducen finalmente a un novo conxunto de conviccións, nunha nova base para a práctica da ciencia
engade, cualificando estas bases prácticas de paradigmas científicos (como por exemplo a luz considerada como un corpúsculo, despois como unha onda, e despois en fin como unha partícula). Estes "episodios extraordinarios" son como "revolucións científicas" (como as achegadas por Isaac Newton, Nicolás Copérnico, Lavoisier, ou Einstein): todos eles cambian un paradigma dominante. O estado dunha ciencia, dos coñecementos, dos paradigmas, nun período dado constitúe a "ciencia normal" que é segundo Kuhn
Unha investigación firmemente acreditada por varios descubrimentos científicos pasados, descubrimentos que tal ou cal grupo científico [considerou] como suficientes para chegaren a ser o punto de partida doutros traballos.
Construtivismo
editar- Artigo principal: Construtivismo (epistemoloxía).
O termo construtivismo xurdiu a principios do século XX co matemático holandés Brouwer, que o utilizou para caracterizar a súa posición sobre a cuestión dos fundamentos das matemáticas como disciplina mestra.
Pero é sobre todo Jean Piaget quen fai ao construtivismo a súa principal achega coa publicación en 1967 da enciclopedia da Pléiade e sobre todo do artigo Logique et connaissance scientifique, que opera, segundo Jean-Louis Le Moigne, un "renacemento do construtivismo epistemolóxico, notabelmente a partir dos traballos de Bachelard".[125] Porén, segundo Ian Hacking, Kant foi o "gran pioneiro da construción".[126]
A escola construtivista non acepta como verdade o que o científico pode construír, a partir de ideas e de hipóteses, que a intuición (como fundamento das matemáticas) acepta como verdades, e que son representábeis. O psicólogo e epistemólogo Jean Piaget explicou así que a "o feito é (...) sempre o produto da composición, entre unha parte subministrada polos obxectos, e outra construída polo suxeito".[127] A experimentación non serve entón máis que para verificar a coherencia interna da construción (é a noción de modelo epistemolóxico). Piaget estenderá o cadro construtivista ao que el denomina "epistemoloxía xenética", que estuda as condicións do coñecemento e as leis do seu crecemento, en relación co densenvolvemento neurolóxico da intelixencia. Para el, a epistemoloxía engloba a teoría do coñecemento e a filosofía das ciencias (o que el denomina "círculo das ciencias": cada ciencia reforza o edificio das outras ciencias). Tamén dixo que "a sucesión das ciencias na historia obedece á mesma lóxica que a ontoxénese dos coñecementos".[128] Sen falar de semellanza total, os mecanismos, do individuo ou grupo de investigadores e, polo tanto, das disciplinas científicas, son comúns.
Rexeitando o empirismo, a epistemoloxía construtivista postula que o coñecemento faise no medio dunha dialéctica do suxeito ao obxecto e do obxecto ao suxeito, nun ir e vir experimental.
Ciencia e sociedade
editarInfluencia da ciencia na sociedade
editarO desenvovemento moderno da ciencia avanza en paralelo co desenvolvemento tecnolóxico, e ambos os campos impúlsanse mutuamente. Dado o carácter universal da ciencia, a súa influencia esténdese a todos os campos da sociedade, desde o desenvolvemento tecnolóxico, aos modernos problemas de tipo xurídico relacionados con asuntos da medicina ou a xenética, e temas con implicacións morais, como o desenvolvemento das armas nucleares e a clonación, por citar só algúns casos.
Porén, desde o mundo académico percíbese un afastamento entre ciencia e sociedade. En ocasións, a investigación científica permite abordar temas de gran sona social como o Proxecto Xenoma Humano. É importante, polo tanto, que a divulgación científica chegue a toda a sociedade. Para iso, ademais dos científicos, os medios de comunicación e os museos teñen un papel de vital importancia.
A ciencia practícase en universidades e outros institutos científicos, así como no campo, pero tamén se practica por afeccioados, que tipicamente se encadran na parte de observación da ciencia. Os traballadores de laboratorios de investigación de corporacións ou empresas tamén practican ciencia, a pesar de que os seus resultados son xeralmente considerados segredo de mercado e non son publicados en revistas públicas. Os científicos de corporacións e os universitarios xeralmente cooperan, os últimos centrándose en investigacións básicas e os primeiros aplicando os achados daqueles nunha tecnoloxía específica que sexa de interese para a súa compañía. Persoas implicadas no campo da educación da ciencia argumentan que o proceso da ciencia se realiza por todos os individuos cando aprenden sobre o seu mundo.
Aínda así, a investigación científica moderna require, ás veces, de grandes investimentos en instalacións como, por exemplo, o acelerador de partículas (CERN), a exploración do Sistema Solar ou a investigación da fusión nuclear en proxectos como ITER. En todos estes casos é desexábel que os avances científicos alcanzados sexan trasladados á sociedade. En realidade, en todos os casos é desexábel que os avances científicos cheguen á sociedade.
Os métodos da ciencia practícanse en moitos lugares para acadar metas específicas. Por exemplo:
- Control de calidade en fábricas de manufacturas (por exemplo, análises microbiolóxicas nas fábricas de queixo aseguran que os cultivos conteñan especies apropiadas de bacterias).
- Obtención e procesamento de evidencias na escena do crime (ciencia forense).
- Seguimento de actuacións que sexan conformes ás leis ambientais.
- Realización de exames médicos para axudar aos médicos a avaliar a saúde dos pacientes.
- Investigación das causas dun desastre (tales como un colapso nunha ponte ou un accidente aéreo).
A ciencia ao servizo da humanidade: o progreso
editar- Artigos principais: Progreso científico e Progreso técnico.
O termo de progreso vén do latín progressus, que significa "acción de avanzar". Segundo esta etimoloxía o progreso designa un paso a un grao superior, é dicir, a un estado mellor, que participa na melloría económica da sociedade.[129] A civilización fúndase así, no seu desenvolvemento, nunha serie de progresos, entre eles o progreso científico. A ciencia sería, ante todo, un medio para procurar a felicidade da humanidade, sendo o motor do progreso material e moral.
Esta identificación da ciencia co progreso é moi antiga, remontándose aos fundamentos filosóficos da ciencia.[130]. Esta tese é distinta da ciencia chamada pura (en si mesma), e establece o problema da autonomía da ciencia, en particular na súa relación co poder político.[131] As cuestións éticas tamén limitan esta definición da ciencia como un progreso [132] Algúns descubrimentos científicos teñen aplicacións militares ou incluso poden ser letais, a pesar de ter un uso en principio benéfico [133]
Segundo os usuarios da ciencia como medio de melloría da sociedade (entre eles, Ernest Renan ou Auguste Comte están entre os máis representativos), o progreso ofrece:
- unha explicación do funcionamento do mundo: vese pois como un poder explicativo real e ilimitado;
- as aplicacións tecnolóxicas, cada vez máis útiles, permiten transformar o contorno co fin de facer a vida máis fácil.
A tese da ciencia pura postula, pola súa parte, que a ciencia é ante todo, o propio do humano, o que fai do home un animal diferente dos outros. Nunha carta do 2 de xullo de 1830 dirixida a Legendre, o matemático Charles Gustave Jacob Jacobi escribe así, a propósito do físico Joseph Fourier:
"Mr. Fourier tiña a opinión que o fin principal das matemáticas era a utilidade pública e a explicación dos fenómenos naturais; pero un filósofo como el debería saber que o fin único da ciencia, é o honor do espírito humano, e que baixo este título, unha cuestión de números vale tanto como unha cuestión do sistema do mundo.[134]
Outras correntes de pensamento como o cientifismo contemplan o progreso baixo un ángulo aínda máis utilitarista.
Finalmente, correntes aínda máis radicais afirman que a ciencia e a técnica permitirán superar a condición ontolóxica e biolóxica do home. O transhumanismo ou o extropismo son, por exemplo, correntes de pensamento que consideran que o fin da humanidade é deixar atrás as inxustizas biolóxicas (como as enfermidades xenéticas, grazas ao xenio [talento] xenético) e sociais (polo racionalismo), e que a ciencia é o único medio que o pode conseguir. En oposición, as correntes tecnófobas rexeitan a idea dunha ciencia salvadora e sinalan, pola contra, as desigualdades sociais e ecolóxicas, entre outras, que xera a ciencia.
Ciencia e pseudociencias
editar- Artigo principal: Pseudociencia.
Unha pseudociencia (do grego ψευδής, pseudḗs, 'falso', 'farsante', 'mentireiro') é unha maneira de pesar, ou de razoar, pretendidamente científica pero que non respecta os canons do método científico, entre eles o da refutabilidade.
Este termo, de connotación normativa, utilízase co fin de denunciar certas disciplinas para desmarcalas dos razoamentos de carácter científico recoñecido.
Foi no século XIX, (baixo a influencia do positivismo de Auguste Comte, do cientifismo e do materialismo) cando se excluíu do ámbito da ciencia todo o que non é verficábel polo método experimental. Un conxunto de criterios explica por que unha teoría pode clasificarse como pseudociencia. Karl Popper relega tamén a psicanálise ao rango de pseudociencia, ao mesmo nivel que, por exemplo, a astroloxía, a frenoloxía ou a adiviñación.[135]
O criterio de Popper é, porén, contestado por certas disciplinas; pola psicanálise, por exemplo, porque que a psicanálise non pretende ser unha ciencia exacta. Por outra parte, Popper foi, no seu sistema, bastante ambiguo sobre o estatuto da teoría da evolución.
Os escépticos, como Richard Dawkins, Mario Bunge, Carl Sagan, Richard Feynman ou aínda James Randi consideran toda pseudociencia como perigosa.
Na definición de ciencia, ao principio deste artigo, resáltase explicitamente que non se admiten, por principio, entidades e causas sobrenaturais como elementos responsábeis de fenómenos naturais ou sociais, pois, neste caso, habería un lapso na causalidade inherente ao método científico (e ao mundo natural), estando entón as relacións causa-efecto suxeitas ás vontades imprevisíbeis das entidades e forzas sobrenaturais, non sendo as mesmas, polo tanto, verificábeis ou falseábeis polo propio método científico, espiña dorsal do que se chama por principio ciencia.
Ciencia e protociencia
editar- Artigo principal: Protociencia.
Se o termo normativo pseudociencia separa as verdadeiras ciencias das falsas ciencias, o termo protociencia (do grego πρῶτος, protos, 'primeiro', 'inicial') inscribe os campos de investigación nun continuum temporal: é protocientífico o que podería, no porvir, integrarse na ciencia, ou non integrarse.
Ciencia ou técnica?
editar- Artigo principal: Técnica.
A técnica (do grego τέχνη, téchnē, que significa arte, ofício) "refírese ás aplicacións da ciencia, do coñecemento científico ou teórico, nas realizacións prácticas e nas producións industriais e económicas".[136] A técnica cobre así o conxunto dos métodos de fabricación, de mantemento, de xestión, de reciclaxe, e de eliminación dos refugallos, que utilizan métodos procedentes de coñecementos científicos ou simplemente métodos ditados pola práctica de certos oficios e innovacións empíricas. Pódese entón falar de arte, no seu sentido primeiro, ou de ciencia aplicada. A ciencia é, por outro lado, un estudo máis abstracto. Así a epistemoloxía examina especialmente as relacións entre a ciencia e a técnica, como a articulación entre o abstracto e o oficio. Non obstante, historicamente, a técnica veu primeiro. "O home foi homo faber, antes de ser homo sapiens", explica o filósofo Bergson. Contrariamente á ciencia, a técnica non ten por vocación interpretar o mundo, simplemente está para transformalo, a súa vocación é práctica, e non teórica.
A técnica frecuentemente considérase como se formase parte integrante da historia das ideas ou da historia das ciencias. Porén, é efectivamente necesario admitir a posibilidade dunha técnica non-científica, isto é, evolucionando fóra de calquera corpo científico o que se resume nas palabras de Bertrand Gille: "o progreso técnico só se fai por unha suma de erros que acabaron nalgúns espectaculares éxitos". A técnica, na acepción de coñecemento intuitivo e empírico da materia e as leis naturais, é así a única forma de coñecemento práctico.
Artes e ciencia
editar- Artigo principal: Arte científica.
Hervé Fischer fala, no libro A sociedade no diván (2007), dunha nova corrente artística que usa a ciencia e os seus descubrimentos como inspiración, como as biotecnoloxías, as manipulacións xenéticas, a intelixencia artificial, a robótica.
Alén diso, o tema da ciencia foi frecuentemente a orixe de cadros ou de esculturas. O movemento futurista, por exemplo, considera que o campo social e cultural deben racionalizarse.
Por último, os descubrimentos científicos axudan aos peritos en arte:
- O coñecemento do período de semidesintegración do carbono14, por exemplo, permite datar as obras.
- O láser permite restaurar, sen danar as superficies, os monumentos.
- O principio da síntese aditiva das cores restaura autocromos.
- As técnicas de análise físico-químicas permiten explicar a composición dos cadros, ou mesmo descubrir palimpsestos.
- A radiografía permite sondar o interior de obxectos ou de pezas sen contaminalos.
- O espectrógrafo utilízase, por último, para datar e restaurar os vitrais.[138]
Divulgación ou vulgarización científica
editar- Artigo principal: Divulgación científica.
A divulgación científica pretende facer doado o coñecemento científico á sociedade máis aló do mundo puramente académico. A divulgación pode referirse aos descubrimentos científicos do momento, como a determinación da masa do neutrino, a teorías xa ben establecidas como a teoría da evolución, ou a campos enteiros do coñecemento científico. Todo iso utilizando unha linguaxe comprensíbel aos non iniciados na ciencia.
A divulgación científica é unha importante tarefa que levan a cabo escritores, científicos, museos e, tamén, de xeito ocasional, pero cada día con máis frecuencia, os medios de comunicación.
Algúns científicos notábeis teñen contribuído especialmente á divulgación do coñecemento científico. Entre os máis coñecidos están Stephen Hawking, Carl Sagan, Richard Dawkins, Stephen Jay Gould, Martin Gardner, e autores de ciencia ficción como Isaac Asimov. Outros científicos realizan tarefas de vulgarización tanto en libros divulgativos coma en novelas de ciencia ficción, como Fred Hoyle. A maioría das axencias ou institutos científicos importantes dos Estados Unidos teñen un departamento de divulgación (chamado Education and Outreach), pero isto non é unha práctica común noutros lugares.
A comprensión da ciencia polo gran público é obxecto de estudos; os autores falan de Public Understanding of Science, expresión consagrada na Gran Bretaña; Science literacy, nos Estados Unidos) ou culture scientifique en Francia. Nós non posuímos un termo específico, pero basta cos xenéricos e internacionalmente aceptados divulgación científica ou vulgarización científica.
Segundo os senadores franceses Marie-Christine Blandin e Ivan Renard a divulgación científica é un dos principais vectores da democratización e da xeneralización do saber.[139]
En varias democracias, a vulgarización da ciencia dáse mediante variados proxectos que mesturan diferentes actores económicos, institucionais e políticos. En Francia, a Educación Nacional ten a misión de sensibilizar aos alumnos cara á curiosidade científica, a través de conferencias, de visitas regulares ou de talleres de experimentación. A Cité des sciences et de l'industrie é un establecemento público que pon á disposición de todos exposicións sobre os descubrimentos científicos, mentres que o Centre de culture scientifique, technique et industrielle ten por misión "favorecer os intercambios entre a comunidade científica e o público".[140] Futuroscope, Vulcania e o Palais de la découverte son outros exemplos de dispoñibilidade de coñecementos científicos.
Os Estados Unidos tamén posúen institucións que posibilitan unha experiencia máis accesíbel a través dos sentidos e nas que os nenos poden experimentar, como o Exploratorium[141] de San Francisco.
Nos últimos anos en España iniciáronse iniciativas como as citadas máis arriba, sendo pioneira neste aspecto a cidade galega da Coruña, coa inauguración, no ano 1985, da Casa das Ciencias, un museo cultural de carácter científico, localizado no Parque de Santa Margarida.[142]
Baixo o lema "prohibido non tocar", e cualificado por Umberto Eco como "o museo máis formidábel do mundo", contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se ven nacer pitos de galiña, exposicións, e un planetario (o segundo instalado en España) que ofrece programas en directo e pregravados.
A continuación naceron a Casa do Home, ou Domus, e a Casa dos Peixes, ou Aquarium Finisterrae, museos científicos divulgativos onde, como na Casa das Ciencias, esta prohibido "non tocar" para facilitar a interrelación cos visitantes.
O primeiro presidente dos "Amigos de los Museos Científicos Coruñeses (=mc2)", Manuel Toharia, inspirouse neles para crear e dotar de contido os "Museos de la Ciudad de las Ciencias de Valencia", coa que se intercambian periodicamente módulos de exposicións.
Estes museos coruñeses teñen cada ano un importante número de visitas de escolares de toda España.[143]
A vulgarización concretízase, en consecuencia, a través das institucións e dos museos, pero tamén, de acordo con Bernard Schiele no libro Les territoires de la culture scientifique,[144] a través das animacións públicas, como a Nuit des étoiles (Noite das estrelas), de revistas e de personalidades científicas destacadas.
Ciencia e ideoloxía
editarCientifismo ou relixión da ciencia
editar- Artigo principal: Cientifismo.
O cientifismo, tamén chamado cientificismo, e unha ideoloxía que xurdiu no século XVIII, segundo a cal o coñecemento científico permitiría escapar da ignorancia e, por conseguinte, de acordo coa fórmula de Ernest Renan no libro L'avenir de la science (O futuro da ciencia), de "organizar cientificamente a humanidade".[145]
Trátase, pois dunha fe na aplicación dos principios da ciencia en todos os dominios. Para varios detractores,[146] hai unha verdadeira relixión da ciencia, particularmente no Occidente. Baixo acepcións menos técnicas, o cientifismo pode ser asociado á idea de que só os coñecementos cientificamente establecidos son verdadeiros. Pode tamén causar un certo exceso de confianza na ciencia que a transformaría en dogma. A corrente do escepticismo científico, que se inspira no escepticismo filosófico, tenta aprehender eficazmente a realidade mediante enquisas e experiencias que se apoian no método científico, e que ten como obxectivo contribuír á formación e cada individuo dunha capacidade de apropiación crítica do saber humano, sendo, neste sentido, unha forma de cientifismo.
Para certos epistemólogos, o cientifismo aparece de moitas formas. Robert Nadeau, apoiándose nun estudo realizado en 1984,[147] considera que a cultura escolar está constituída por clichés epistemolóxicos que formarían unha especie de mitoloxía dos tempos modernos que non sería máis que unha modalidade de cientifismo.[148] Estes clichés inclúen a historia da ciencia, resumida e reducida aos descubrimentos que marcan o desenvolvemento da sociedade, e as ideas que consideran que as leis, e máis xeralmente os coñecementos científicos, son verdades absolutas e últimas, e que as probas científicas son non menos absolutas e definitivas, pero que, de acordo con Thomas Kuhn, non cesan de sufrir revolucións e inversións.
Por último, foi sobre todo a socioloxía do coñecemento, entre os anos 1940 a 1970, quen puxo termo á hexemonía do cientifismo. Os traballos de Ludwig Wittgenstein, Alexandre Koyré e Thomas Kuhn, sobre todo, demostraron a incoherencia do positivismo. As experiencias non constitúen, en efecto, probas absolutas das teorías, e os paradigmas están destinados a desapareceren.
Ciencias ao servizo da ideoloxía e da guerra
editarDurante a primeira guerra mundial, as ciencias foron utilizadas polos Estados co fin de desenvolver novas armas químicas, e promoveron novos estudos balísticos. Tivo lugar o nacemento da chamada economía de guerra, que se apoia sobre métodos científicos. O OST, ou Organización Científica do Traballo, de Frederick Winslow Taylor, é un esforzo para mellorar a produtividade industrial grazas á ordenación das tarefas facilitada especialmente pola cronometraxe.
Porén, foi durante a segunda guerra mundial cando a ciencia pasou a utilizarse para fins militares. As armas secretas da Alemaña nazi, como o V2 ou o radar están no centro dos descubrimentos desta época.
Todas as disciplinas científicas son así dignas de interese para os gobernos. O secuestro de científicos alemáns á fin da guerra, quer polos soviéticos, quer polos americanos, fixo nacer a noción de guerra dos cerebros, que culminaría na carreira armamentista da guerra fría. Este período é, en efecto, o que conta co maior número de descubrimentos científicos, especialmente a bomba atómica e, en seguida, a bomba de hidróxeno.
Numerosas disciplinas nacen en principio no campo militar, como a criptografía informática ou o desenvolvemento da bacterioloxía para a súa aplicación á guerra biolóxica. Amy Dahan e Dominique Pestre[149] explican así, a propósito deste período de investigacións desenfreadas, que se trata dun réxime epistemolóxico específico. Comentando o seu libro, Loïc Petitgirard explica: "Este novo réxime de ciencia está caracterizado pola multiplicación de novas prácticas e relacións sempre máis estreitas entre ciencia, Estado e sociedade."[150] A concepción deste chamado entón complexo militar-industrial aparece en relación moi íntima coa política.[151]
A partir de 1945, coa constatación do aumento das tensións debido á oposición dos bloques capitalista e comunista, a guerra vólvese en si mesma o obxecto da ciencia: a polemoloxía.
Por último, se ben a ciencia é por definición neutra, permanece a mercede dos homes, e das ideoloxías dominantes. Así, de acordo cos sociólogos relativistas Barry Barnes e David Bloor da Universidade de Edimburgo, as teorías son en primeiro lugar aceptadas polo poder político.[152] Unha teoría imporíase entón non porque sexa verdadeira, senón porque é defendida polo máis forte. Noutros termos, a ciencia sería, se non unha expresión elitista, unha opinión maioritaria recoñecida como unha verdade científica.
A socioloxía das ciencias interésase así, a partir dos anos 1970, pola influencia do contexto macro-social sobre o espazo científico. Robert King Merton mostrou, en Elementos da teoría e do método sociolóxico (1965) as relacións estreitas entre o desenvolvemento da Royal Society, fundada en 1660, e a ética puritana dos seus autores. Para el, a visión do mundo protestante da época permitiu o crecemento do campo científico.
Ciencia e relixión
editar- Artigo principal: Relación entre ciencia e relixión.
O pensamento relixioso e o pensamento científico perseguen obxectivos diferentes, mais non opostos. A ciencia procura saber como o universo existe e funciona desta maneira. A relixión procura saber por que o universo existe e funciona desta maneira. Os conflitos entre a ciencia e a relixión prodúcense cando un dos dous pretende responder as cuestións atribuídas ao outro.
Porén, para os sociólogos e os etnólogos, como Emile Durkheim, a fronteira que separa a ciencia do pensamento relixioso non é impermeábel. No libro Nas formas elementais da vida relixiosa (1912), Durkheim mostra que os cadros de pensamento científico como a lóxica ou as nocións de tempo e de espazo teñen a súa orixe nos pensamentos relixiosos e mitolóxicos.
Con todo, a pesar deste parentesco, os discursos científico e teolóxico frecuentemente chocaron na historia. No cristianismo, o proceso de Galileo Galilei, en 1633, marca o divorcio do pensamento científico e o pensamento relixioso,[153] iniciado pola execución de Giordano Bruno en 1600.[154] O Concilio de Nicea de 325 instaurara na Igrexa o argumento dogmático segundo o cal Deus creara o ceo e a terra en sete días. Porén, as explicacións científicas foran posíbeis a partir deste credo, que non se pronunciaba sobre a creación do mundo.
Esta lagoa teolóxica permitiu certa actividade científica até a Idade Media, entre as cales a principal foi a da astronomía. O Concilio de Trento (1545-1563) autorizou ás comunidades relixiosas a efectuar investigacións científicas.
Se o primeiro paso a prol do heliocentrismo (que sitúa a Terra en rotación ao redor do Sol) deuno Nicolás Copérnico, Galileo enfróntase coa posición da Igrexa a favor de Aristóteles, e por conseguinte, do xeocentrismo. Foi necesario esperar a que Johannes Kepler prolongara os traballos de Galileo e de Tycho Brahe para facer aceptar o movemento da Terra. A separación definitiva entre ciencia e relixión consúmase no século XVIII, durante a Ilustración.
Na maioría das outras relixións, a ciencia tampouco se opón á relixión. No Islamismo, a ciencia resulta favorecida porque nel non existe clero instituído; alén diso, o mundo vese como un código a descifrar para comprender as mensaxes divinas. Así, na Idade Media, a ciencia árabe-musulmán prosperou e desenvolveu a medicina, a matemática e principalmente a astronomía.
No século XIX os científicos afirman que a ciencia é a única que pode explicar o universo e que a relixión, din algúns, é o opio do pobo, como diría máis tarde Karl Marx, que fundou a visión materialista. Os éxitos científicos e técnicos, que melloran a civilización e a calidade de vida, súmanse ao progreso científico e baten de fronte cos dogmas relixiosos na súa totalidade.
As teorías da física (principalmente a teoría cuántica) e da bioloxía (coa teoría da evolución de Charles Darwin), os descubrimentos da psicoloxía (para a cal o sentimento relixioso é un fenómeno interno ou mesmo neurolóxico), superan as explicacións místicas e espirituais.
Con todo, moitos relixiosos, como Pierre Teilhard de Chardin e Georges Lemaître, intentan combinar as explicacións científicas e a ontoloxía relixiosa. A encíclica Fides et ratio (1993), do papa Xoán Paulo II,[6] recoñece que a relixión cristiá e a ciencia son dous modos de explicar o mundo.
No século XX, a confrontación dos partidarios da teoría da evolución cos creacionistas, frecuentemente procedentes das correntes relixiosas máis radicais, cristalizan o difícil diálogo da fe e da razón. "O proceso do mono" (a propósito da "ascendencia" do home) ilustra así un debate permanente na sociedade.[155]
Por último, algúns filósofos e epistemólogos interróganse sobre a natureza da relación entre as dúas institucións. O paleontólogo Stephen Jay Gould, en Que Darwin sexa! fala de dous maxisterios, cada un permanecendo mestre do seu territorio mais sen entremeterse nos asuntos do outro, mentres que Bertrand Russell menciona na súa obra Ciencia e relixión os conflitos entre os opoñentes.
A comunidade científica internacional
editar- Artigo principal: Comunidade científica.
A comunidade científica está formada polo corpo total de científicos, as súas relacións e as súas interaccións. Adoita dividirse normalmente en subcomunidades, cada unha traballando nun campo particular da ciencia (por exemplo, existe unha comunidade de entomólogos dentro do campo da zooloxía).
Os membros da mesma comunidade non necesitan traballar en conxunto. A comunicación entre os membros establécese pola diseminación de traballos de investigación e hipóteses a través de artigos en revistas científicas, que son revisadas por pares, ou asistindo a congresos e outros tipos de reunións onde se presentan as novas investigacións, se intercambian ideas e son debatidas.
Existen tamén moitos métodos informais de comunicación de traballos científicos, así como de resultados, aínda que a verdadeira validez e importancia de cada un dependerá de cada subcomunidade.
Organizacións científicas internacionais, como o International Council for Science, instituíronse para promover a cooperación entre as comunidades científicas de diferentes países. Máis recentemente, axencias gobernamentais influentes creáronse para dar soporte á investigación científica, incluíndo a National Science Foundation nos Estados Unidos.
Outras organizacións inclúen as academias de ciencias de varios países e institucións como a Deutsche Forschungsgemeinschaft en Alemaña, o Centre national de la recherche scientifique en Francia, o CSIC en España, a Academia de Ciencias de Rusia, o CSIRO en Australia e a CONICET na Arxentina,
Sociedades científicas para a comunicación e promoción de ideas e experimentacións científicas existiron xa desde o período do Renacemento.[156] A máis antiga institución que aínda existe actualmente é a Accademia dei Lincei en Italia.[157] As academias de ciencias nacionais son institucións especiais que existen en varios países, comezando pola inglesa Royal Society instituída en 1660 [158] e a francesa Académie des Sciences, desde 1666.[159]
Do sabio ao investigador
editarSe a ciencia é ante todo un asunto de método, depende tamén moito do estatuto dos que a fan. O devanceiro do investigador é, na Antigüidade, o escriba.
O termo "sabio" non aparece até o século XVII, distinguíndose do clérigo e do humanista.
No século XIX esta figura difumínase e deixa o lugar á do "científico universitario" e á do "investigador especializado", ao lado das cales evolucionan o "investigador industrial" e o "investigador funcionario". Hoxe existe a figura do "investigador empresario", que domina, segundo os autores Yves Gingras, Peter Keating e Camille Limoges, como podemos ver no seu Du scribe au savant. Les porteurs du savoir, de l'Antiquité à la Révolution industrielle.[160].
Foi a creación de institucións como o Jardin royal des plantes médicinales ou a Académie royale des sciences de París o que marcou a chegada do estatuto de investigador especializado no século XIX. E foi en Alemaña, con Wilhelm von Humboldt, en 1809, cando a investigación se incorpora ás Universidades.
Desde aquela comeza a industrialización da produción de investigadores, que aceleraría a especialización do saber. Despois da segunda guerra mundial, son os institutos de investigación e os organismos gobernamentais os que dominan, a través da figura do investigador funcionario.
Os sociólogos e antropólogos Bruno Latour [161], Steve Woolgar, Karin Knorr-Cetina ou aínda Michael Lynch estudaron o espazo científico, os laboratorios e os investigadores. Latour está en particular interesado na produción do discurso científico, que semella seguir un proceso de estabilizacións progresivas, o que permite aos enunciados adquirir credibilidade, mentres que Jean-François Sabouret e Paul Caro, en Chercher. Jours après jours, les aventuriers du savoir presentan retratos de investigadores de todos os dominios que traballan día a día.[162][163]
Investigación
editar- Artigo principal: Investigación científica.
O termo investigación científica designa en primeiro lugar o conxunto das accións emprendidas con vistas a producir e desenvolver os coñecementos científicos. Por extensión metonímica, a investigación científica designa igualmente o cadro social, económico, institucional e xurídico destas accións.
Na maioría dos países que financian a investigación, esta é unha institución independente, ou unha instancia ministerial (como en España ou en Francia, onde forma parte dun Ministerio —de Investigación ou de Educación, segundo os casos— porque constitúe unha vantaxe xeopolítica e social importante para un país.
O premio Nobel (existe un para cada disciplina científica —á parte dos de Literatura e da Paz—) recompensa tamén á personalidade científica que contribuíu máis, polas súas investigacións e as do seu equipo, ao desenvolvemento dos coñecementos.
Os "Science studies" son unha corrente recente que agrupa os estudos interdisciplinares das ciencias.
Críticas e polémicas
editarAuxe moderno da pseudociencia
editar- Artigo principal: Pseudociencia.
En contra da ciencia formal e o método científico, as sociedades humanas desenvolveron dende antigo un sistema de crenzas máxicas ou míticas. En ocasións chámaselles Ciencias ocultas ou alternativas: coñecementos e prácticas misteriosas que dende a antigüidade pretenden dominar os segredos da natureza. Non seguen o método científico polo que non son recoñecidas como disciplinas científicas e son consideradas en xeral como pseudociencias. Entre as máis populares en Occidente está a astroloxía.
Unha área de estudos, ou de especulación, enmascarada como ciencia como unha tentativa de alegar unha lexitimidade, que doutro modo non sería posíbel conseguir, é ás veces chamada pseudociencia, ciencia das fronteiras, ou ciencia alternativa. Outro termo, ciencia lixo, úsase ás veces para describir hipóteses ou conclusións científicas que, aínda que poidan ser lexítimas por si só, pénsase que se usan para dar soporte a unha posición que non se ve como lexítima pola totalidade das evidencias. Unha gran variedade de propagandas comerciais, que van desde unha simple campaña publicitaria até simplemente unha fraude, poden entrar nesta categoría.
Ás veces unha investigación pode caracterizarse como "ciencia ruín", unha investigación que é ben intencionada, pero que é vista como incorrecta, obsoleta, incompleta, ou cunha exposición moi simplificada de ideas científicas.
O termo fraude científica refírese a situacións en que os investigadores intencionadamente presentan incorrectamente as súas informacións. Os científicos son homes como os demais, e algúns enganan por varias razóns: para salvar dificultades na súa investigación, por diñeiro (para poder financiar investigacións, proxectos, institucións, ou por mero afán de lucro, grazas ao cobro de patentes), ou para acadar fama e prestixio. A fraude científica nos últimos tempos pasou a ser un feito bastante habitual, o que fixo necesario establecer, para combatelo, comisións investigadoras especializadas.[165]
Os medios de comunicación e o debate científico
editarOs medios de comunicación enfrontan algúns problemas á hora de escoller o máis correctamente posíbel cal das alegacións científicas posúe maior credibilidade dentro da comunidade científica. Determinar o forte que é cada un dos bandos do debate científico require un coñecemento considerábel sobre o asunto.[166]
Poucos xornalistas posúen un coñecemento científico real, e mesmo reporteiros especializados no asunto, que saben moito sobre determinada cuestión científica, poden saber pouco sobre outras cuestións que, de súpeto, precisan cubrir.[167][168]
Política
editarMoitas cuestións danan a relación da ciencia cos medios e o uso da ciencia e de argumentos científicos por políticos. Xeneralizando, moitos políticos buscan certezas e feitos mentres que os científicos normalmente ofrecen probabilidades e advertencias. Porén, a habilidade dos políticos para seren escoitados polos medios de comunicación moitas veces distorsiona o entendemento científico para o público. Exemplos en Inglaterra inclúen a controversia sobre a inoculación MMR e a dimisión forzada en 1988 da ministra de saúde Edwina Currie por revelar a alta probabilidade de que os ovos batidos contiveran Salmonella.[169]
Críticas filosóficas
editarO historiador Jacques Barzun designou a ciencia como "unha fe tan fanática como calquera outra na historia", e alertou contra o uso do pensamento científico para invalidar consideracións sobre o significado da existencia humana.[170]
Algúns pensadores recentes, como Carolyn Merchant, Theodor Adorno e E. F. Schumacher, consideran que a revolución científica no século XVII cambiou o centro de atención da ciencia, de estudar e entender a natureza ou sabedoría, pasou a estudar cuestións sobre a manipulación da natureza, e que este novo enfoque da ciencia leva inevitabelmente á manipulación das persoas.[171]
O psicólogo Carl Jung cría que a pesar de que a ciencia intentaba entender toda a natureza, o método experimental usado imporía cuestións artificiais e condicionais que proporcionarían só respostas parciais.[172] David Parkin chegou a comparar a presenza epistemolóxica da ciencia coa adiviñación.[173] Suxeriu que, así como a adiviñación é un medio epistemolóxico específico para conseguir introspección nunha cuestión dada, a propia ciencia pode ser considerada unha forma de adiviñación.
Varios académicos fixeron críticas en relación coa ética na ciencia. No libro Science and Ethics, por exemplo, o filósofo Bernard Rollin examinou a relevancia da ética para a ciencia, e argumenta a favor de facer da educación en ética parte do adestramento científico.[174]
Notas
editar- ↑ MISH, Frederick C. Merriam-Webster Online Dictionary, ed. "science - Definition from the Merriam-Webster Online Dictionary". 2009 (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2009.
- ↑ Agás, en comparación coas ciencias da natureza, nas seccións nas que se considera a epistemoloxía.
- ↑ BLOCH, Oscar; WARTBURG, Walther von (2004). Dictionnaire étymologique de la langue française (en francês) (2 ed.). Paris: Presses Universitaires de France. p. 682. ISBN 2-13-054426-6.
- ↑ Segundo o Trésor Informatisé de la Langue Française (Tesouro informatizado da lingua francesa); véxase tamén o esquema proxémique no Centre National de Ressources Textuel et Lexical.
- ↑ "consultábel en liña". (en francés)
- ↑ 6,0 6,1 Encíclica do papa Xoán Paulo II, Fides et Ratio (1998), na que redefine a relación ciencia-relixión deste xeito: "A fe e a razón son como dúas ás que permiten ao espírito humano crearse para a contemplación da verdade"
- ↑ Albert Einstein: "A ciencia sen relixión está coxa, a relixión sen ciencia está cega."
- ↑ Para coñecer a opinión dos fundamentalistas cristiáns sobre a ciencia, véxase, por exemplo, o artigo Deseño intelixente.
- ↑ Terry Shinn, "Formas de división do traballo científico e converxencia intelectual. A investigación técnico-instrumental", Revue française de sociologie, n° 41 (3), páxinas 447-73, 2000.
- ↑ Bernward Joerges et Terry Shinn, Instrumentation between Science, State and Industry, Kluwer Academic Press, Dordrecht, 2001.
- ↑ Pichot, André (1991): Le Naissance de la science. Tome 1. Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard.
- ↑ Nadeau, Robert (1999): Vocabulaire techinque et analytique de l'épistemologie, PUF.
- ↑ Soler, Léna (2000): Introduction à l'épistemologie, Ellipses.
- ↑ "The Scientific Revolution". Washington State University".
- ↑ Taton, René (dir.) (1957):, Histoire générale des Sciences (t. 1 : La Science antique et médiévale; t. II : La Science moderne), PUF.
- ↑ Russell M. Lawson, (director), Science in the ancient world - An Encyclopedia, ABC-CLIO, 2004, páx. 149. (en inglés)
- ↑ André Pichot (1991): La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard.
- ↑ André Pichot, Op. cit. páx. 110-111, menciona táboas nas que os sumerios anticiparon os teoremas fundamentais de Tales e Pitágoras, na xeometría do triángulo.
- ↑ Foron os que describiron as constelacións que forman o Zodíaco.
- ↑ Do grego clásico φύσισ (phýsis, "natureza"), e λόγος (lógos, "palabra", "expresión", "razoamento").
- ↑ Raymond Chevallier (1993): Sciences et techniques à Rome. PUF, col. "Que sais-je?": Paris, páx. 75
- ↑ Véxase L. Couloubaritsis (2000): La Physique d'Aristote: l'avènement de la science physique. París: Vrin, 2ª ed.
- ↑ Non se posúen apenas datos sobre a vida do famoso astrónomo, matemático e xeógrafo grego Claudio Tolomeo, nin se coñecen con exactitude as datas do seu nacemento e da súa morte, aínda que a tradición sinala a localidade de Ptolemaida Tebaida, en Exipto, como a súa vila natal, onde viría ao mundo máis ou menos polo ano 100, e a de Cánope como o lugar da súa morte, acaecida contra o 170. A época da súa vida pode fixarse polo feito de que a primeira observación mencionada na súa obra data de 127, mentres que a súa última observación coñecida foi efectuada en 150.
- ↑ Segundo Sócrates Escolástico (Historia ecclesiastica, VII, 15) a morte de Hipatia "sucedeu no cuarto ano do episcopado de Cirilo, sendo cónsules Honorio por décima vez e Teodosio por sexta, durante o mes de marzo, no tempo dos xexúns". O ano dos consulados é 415, pero o cuarto ano do episcopado de Cirilo foi 416, tendo en conta que, segundo o propio Sócrates Escolástico, o seu predecesor Teófilo faleceu o 17 de outubro de 412. Os historiadores non se poñen de acordo en cal das datas é a correcta.
- ↑ Columbia Encyclopedia, Hypatia Arquivado 19 de abril de 2009 en Wayback Machine.: Alexandrian Neoplatonic philosopher and mathematician... (en inglés)
- ↑ Toohey, Sue (2003): The Important Life & Tragic Death of Hypatia (en inglés)
- ↑ Clifford A. Pickover. The Math Book: From Pythagoras to the 57th Dimension, 250 Milestones in the history of mathematics. (en inglés)
- ↑ Raymond Chevallier, Sciences et techniques à Rome, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 1993, páx. 128
- ↑ Raymond Chevallier, Sciences et techniques à Rome, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 1993, páxs. 108-110.
- ↑ A convención histórica determinou que o Imperio Romano de Occidente acabou o 4 de setembro de 476, cando Odoacro depuxo a Rómulo Augústulo. Pero na práctica este asunto aínda é unha cuestión en debate. Porque Xulio Nepote reivindicou para si o titulo de Emperador Romano de Occidente, gobernando a provincia de Dalmacia, e foi recoñecido como tal polo emperador Bizantino Zenón e por Siagrio, que conseguira manter un enclave romano no norte da Galia (coñecido como Reino de Siagrio). Odoacro autoproclamouse gobernador de Italia e comezou a negociar con Zenón. Este concedeulle a Odoacro o status de patricio como unha forma de recoñecemento da súa autoridade, e aceptouno como o seu vicerrei en Italia. Pero ao tempo insistiu en que Odoacro prestase honras a Xulio Nepote como emperador occidental. Odoacro aceptou as condicións e até emitiu moedas co nome de Nepote en Italia. Pero iso foi, porén, só un xesto político baleiro, xa que Odoacro nunca devolveu a Nepote ningún poder político ou calquera territorio. Nepote morreu en 480, e Odoacro rapidamente invadiu e conquistou Dalmacia.
- ↑ Jean Théodoridès, Les Sciences biologiques et médicales à Byzance, Centre national de la recherche scientifique, Centre de documentation Sciences humaines, 1977, Paris.
- ↑ Véxase: Philosophie et sciences à Byzance de 1204 à 1453 par Michel Cacouros et Marie-Hélène Congourdeau [1] Consultábel en liña. (en francés)
- ↑ Christophe Grellard (editor), Méthode et statut des sciences à la fin du Moyen Âge, Presses Universitaires du Septentrion, 2004, páxs. 8-9.
- ↑ Certas obras dos mecánicos de Alexandría, como o libro dos aparellos pneumáticos de Filón de Bizancio, non se coñecen hoxe máis que por medio da civilización islámica.
- ↑ Francis Bacon consideraba que tres grandes inventos cambiaran o mundo: a pólvora para os canóns, o compás magnético para a navegación e a imprenta.
- ↑ Joseph Needham, Science et civilisation en Chine, Picquier Philippe, 1998, (versión resumida dos dous primeiros tomos).
- ↑ Para unha análise da obra de Needham, véxase o artigo: Joseph Needham: The grand Filtration. Science and Society in East and in West por P. Huard, Bulletin de l’École française d’Extrême-Orient, 1971, n° 58, páxs. 367-371, consultábel en liña. (en francés)
- ↑ Véxase a presentación, no sitio do CNRS, de Karine Chelma Arquivado 19 de outubro de 2011 en Wayback Machine. pdf (en francés).
- ↑ K. V. Sharma et S. Hariharan, Yuktibhasa of Jyesthadeva Arquivado 28 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Aínda que cómpre dicir que practicamente todos os profesores das primeiras universidades, e case todos os alumnos, eran relixiosos.
- ↑ Roger Bacon, Opus majus, tomo II, páxs. 177.
- ↑ Sobre este asunto véxase: Crombie, A. C.: Robert Grosseteste and the origins of experimental science, 1100-1700, Oxford: Clarendon Press, 1971.
- ↑ San Alberte Magno, ademais de ser un Doutor da Igrexa, é o patrón das ciencias naturais, da química e das matemáticas.
- ↑ Noëlla Baraquin et Jacqueline Laffitte: Dictionnaire des philosophes, Armand Colin, Paris, 2008 páx. 383.
- ↑ Michel Blay: Dictionnaire critique de la science classique, Flammarion, 1988.
- ↑ Filosofía natural era a denominación na antigüidade clásica do que hoxe coñecemos como ciencias naturais.
- ↑ Para máis datos, véxase Francis Bacon, science et méthode por Michel Malherbe & Jean-Marie Pousseur Consultábel en liña. (en francés)
- ↑ Francis Bacon fustrígaa a través desta célebre declaración, tirada de Novum Organum: «A ciencia debe tirarse da luz da natureza, non debe sacarse da escuridade da antigüidade».
- ↑ «Non son as ás as que fan o noso espírito, que parecen de chumbo», explica, a fin de mostrar a preponderancia da experiencia sobre a abstracción.
- ↑ Niklas Koppernigk en polaco; Nicolaus Copernicus en latín.
- ↑ Jean-Pierre Verdet: Une Histoire de l'astronomie, Seuil, col. "Points", Paris, 1990, páx. 86.
- ↑ "O movemento da Terra ao redor do Sol abre unha estratexia nova na práctica astronómica", véxase en Jean-Pierre Verdet: Une Histoire de l'astronomie, Seuil, col. "Points", Paris, 1990, páx. 98.
- ↑ Jean-Pierre Verdet, Une Histoire de l'astronomie, Seuil, col. "Points", Paris, 1990, páx. 99.
- ↑ A tradición conta que, ao se levantar, golpeou o chan co pé dicindo: Eppur, si muove (e porén, móvese).
- ↑ Serge Hutin: L'alchimie, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 109.
- ↑ Serge Hutin: L'alchimie, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 110.
- ↑ Citado por Serge Hutin, L'alchimie, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 120.
- ↑ Véxase: Francis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècle Arquivado 24 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en CAT.INIST. (en francés)
- ↑ Para máis datos sobre os autores de descubrimentos nos primeiros tempos da alquimia, pódese consultar a obra de Bernard Vidal: Histoire de la chimie, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 1985, e o sitio La Ligne du Temps de la Chimie Arquivado 26 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. (en francés)
- ↑ Michel Blay: Dictionnaire des concepts philosophiques, Larousse, col. "CNRS éditions", Paris, 2005, entrada science classique, citado en La science classiqe en chantier, na revista Sciences Humaines, hors-série, Histoire et philosophie des sciences, n° 31, decembro-xaneiro 2000-2001, páx. 14.
- ↑ Evelyne Barbin (dir.): Arts et sciences à la Renaissance, Ellipses, 2007.
- ↑ Michel Blay: Dictionnaire des concepts philosophiques, Larousse, col. "CNRS éditions", Paris, 2005.
- ↑ "Esta noción aparece coa mesma historia das ciencias, no século XVIII. (...) O termo esténdese rapidamente para falar da obra de Newton, e banalízase na Enciclopedia". Dominique Lecourt: La philosophie des sciences, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2001.
- ↑ Sciences naturelles et Médecine au siècle des Lumières Arquivado 28 de decembro de 2010 en Wayback Machine., recursos científicos en liña para a ensinanza das ciencias (en francés).
- ↑ Véxase sobre este punto: Pierre Astruc [et al.]: L'Encyclopédie et le progrès des sciences et des techniques, Centre International de synthèse. Section d'Histoire des Sciences, 1952, (Artigos que apareceron antes na Revue d'histoire des Sciences et de leurs applications e reunidos coa ocasión do bicentenario da Enciclopedia).
- ↑ Jean le Rond d'Alembert, Discours préliminaire de l'Encyclopédie, Vrin, Paris, 1984, páx.30.
- ↑ Sobre o empirismo en filosofía, especialmente sobre Hume, véxase sitio de Yann Ollivier.
- ↑ Pierre Bayle, Pensées diverses sur la comète, GF-Flammarion, édition de Joyce et Hubert Bost.
- ↑ Sobre as achegas de Linneo á botánica véxase o sitio da Universidade de Namur (en francés).
- ↑ O HMS Beagle era un bergantín da Mariña Real Británica, de 27,5 metros de eslora, 7,5 metros de manga, 3,8 metros de calado, dez canóns, 235 toneladas de carga e unha tripulación de cento vinte homes. Despois de servir como buque de guerra adaptouse como bricbarca e participou en tres expedicións. Na segunda, baixo o mando do comandante Robert FitzRoy, viaxou a bordo o mozo naturalista Charles Darwin, cuxo traballo fixo do Beagle un dos máis famosos buques da historia.
- ↑ Porque, nesa data, aínda non eran coñecidos os traballos de Mendel, publicados en 1865.
- ↑ Aínda que estes traballos non foron coñecidos plenamente até 1901, grazas ao seu redescubrimento por de Vires.
- ↑ Para ampliar estas cuestións pódense consultar:
- Alonso Bedate, Carlos y Mayor Zaragoza, Federico (coord.) (2004): Gen-ética. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-1241-1
- Andorno, Roberto (1988): Bioética y dignidad de la persona. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-3236-4
- Cabré Pericàs, Lluís (coord.) (2003): Decisiones terapéuticas al final de la vida. Barcelona: Editorial Edikamed S.L. ISBN 84-7877-344-4
- Gómez-Heras, Jose M. G. (2005): Bioética. Perspectivas emergentes y nuevos problemas. Tecnos. ISBN 84-309-4282-3
- Gracia, Diego (1991): Procedimientos de decisión en ética clínica. Madrid: Eudema. ISBN 84-7754-083-7
- Hottois, Gilbert (1991): El paradigma bioético. Una ética para la tecnociencia. Barcelona: Anthropos. ISBN 84-7658-308-7
- Nombela, César (2007): Células madre. EDAF. ISBN 978-84-414-1823-3.
- Sádaba, Javier (2004): Principios de bioética laica. Barcelona: Gedisa, Barcelona. ISBN 84-7432-996-5
- Thomasma, David y Kushner, Thomasine (1999): De la vida a la muerte: ciencia y bioética. Tradución española da primeira edición, feita por Rafael Herrera Bonet. Madird: Cambridge University Press. ISBN 84-8323-073-9
- Tomás y Garrido, Gloria Mª. (2006): Cuestiones actuales de bioética. EUNSA. ISBN 84-313-2392-2
- Vázquez, Rodolfo (2004): Del aborto a la clonación. Principios de una bioética liberal. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-7108-2
- Velayos, Carmen (1996): La dimensión moral del ambiente natural: ¿Necesitamos una nueva ética?. Granada: Comares. ISBN 84-8151-366-0
- ↑ Brugger, E. Christian (2004). "Casebeer, William D. Natural Ethical Facts: Evolution, Connectionism, and Moral Cognition". The Review of Metaphysics 58 (2).
- ↑ Popper, Karl (2002). Conjectures and Refutations: The Growth of Scientific Knowledge. Routledge.
- ↑ Newton-Smith, W. H. (1994). The Rationality of Science. London: Routledge. p. 30.
- ↑ Véxase The science of the artificial, (1969), MIT Press. Véxase tamén Jean-Louis Le Moigne (dir), Les nouvelles sciences: comprendre les sciences de l’artificiel, avec le Pr. H. A. Simon
- ↑ Robert Nadeau (1999): Vocabulaire technique et analytique de l'épistémologie, PUF, col. "Premier cycle", páx. 636.
- ↑ Raymond Boudon, L'art de se persuader des idées douteuses, fragiles ou fausses, Fayard, col. "Points Essais", Paris, 1990, páx. 390.
- ↑ Goblot, Edmond (1858-1935) Auteur du texte (1898). Essai sur la classification des sciences / par Edmond Goblot,... (en francés).
- ↑ Sylvie Mesure et Patrick Savidan: Le dictionnaire des sciences humaines, entrada "Wilhelm Windelband".
- ↑ Gilles-Gaston Granger (1993): La science et les sciences. Paris: PUF. Col. "Que sais-je?", páx. 59.
- ↑ Léna Soler (2000): Introduction à l’épistémologie. Paris: Ellipses. ISBN 978-2-7298-4260-4, páxs. 21-22.
- ↑ Algunhas aproximacións da economía pertencen igualmente a esta categoría (véxase Escola austríaca de economía).
- ↑ Gilles-Gaston Granger (1993): La science et les sciences. París: PUF col. "Que sais-je?", páx. 85.
- ↑ O mesmo opinan a case totalidade dos científicos que estudan a natureza, os que forman a comunidade científica. E por iso no inicio deste artigo sinalouse que se trataría nel das ciencias naturais.
- ↑ Aínda que iso non implique, obviamente, que a cultura científica non forme parte da cultura da humanidade.
- ↑ Véxase, sobre este punto, a obra de Robert Blanché e Jacques Dubucs: La logique et son histoire: d'Aristote à Bertrand Russell, Paris, Armand Colin, 1996.
- ↑ Aristoteles: Topiques, Tomo 1, Libros I-IV, texto traducido ao francés por J. Brunschwig, Les Belles Lettres, Paris, 1967.
- ↑ Michel Blay: Dictionnaire des concepts philosophiques, Paris, Larousse, col. "CNRS éditions", 2005, entrada "Science formelle"".
- ↑ Jean Ladrière di: "Non hai un criterio absoluto de validez, establecida dunha vez por todas, senón unha sorte de depuración progresiva dos criterios, que vai ao par coa extensión do campo matemático e co descubrimento de dominios novos", en Encyclopædia Universalis, Tomo 21, Entrada Sciences - Sciences et discours rationnel}}, páx.775.
- ↑ Jean-Marie Legay e Anne-Françoise Schmidt, en Question d’épistémologie. Modélisation des objets complexes et interdisciplinarité, une collaboration entre un biologiste et une philosophe estudan o paso da teoría ao modelo.
- ↑ Noëlla Baraquin e Jacqueline Laffitte: Dictionnaire des philosophes, París, Armand Colin, 2008, Deuxième édition, entrada "Karl Popper".
- ↑ Véxase sobre este asunto a crítica de no sitio de Gilles Guérin, philosophe Arquivado 16 de abril de 2011 en Wayback Machine.. (en francés)
- ↑ Véxase sobre isto: [2] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. L’économique est-elle une science empirique ? de Robert Nadeau, Departamento de filosofía, Universidade do Quebec en Montreal. (en francés)
- ↑ En Encyclopedia Universalis, Tomo 21, entrada "Science - Sciences et discours rationnel", páx. 775.
- ↑ Para un estudo das achegas de Gadamer á hermenéutica, especialmente en reacción contra o positivismo, véxase o ensaio de Christian Ruby, Hans-Georg Gadamer. L'herméneutique: description, fondation et éthique, en EspacesTemps.net Arquivado 15 de novembro de 2008 en Wayback Machine.. (en francés)
- ↑ Entrada "scientificité", no Trésor de la Langue Française Informatisée.
- ↑ Science, valeur et rationalité, Éditions de l’Université d’Ottawa, Col. Sciences Sociales, 1984, páx. 15.
- ↑ O termo está formado do prefixo μέτ-, de μετά, metα, "despois", "o que segue", e ὁδός, hodós, "camiño", "vía", "medio". [O θ, th, resulta do espírito áspero do o inicial de ὁδός, que en latín se transcribe por h].
- ↑ Blay, M. (2005): Dictionnaire des concepts philosophiques. París: Larousse, col. "CNRS éditions", páx. 518.
- ↑ Véxase: Nicolle, Jean-Marie: Histoire des méthodes scientifiques: du théorème de Thalès au clonage.
- ↑ Jean-Pierre Changeux, Raison et plaisir, Odile Jacob, 1994.
- ↑ Definición de simulacion no Trésor de la Langue Française Informatisée.
- ↑ Programa ou conxunto de programas informáticos, coherente, independente e documentado, concibido para subministrar a varios usuarios con vistas a unha mesma aplicación ou dunha mesma función que un usuario pode utilizar de forma autónoma.
- ↑ Dominique Lecourt (dir.): Dictionnaire d'histoire et de philosophie des sciences, Paris, PUF, col. "Quadrige", 1999, páx. 15.
- ↑ Dominique Lecourt (dir.): Dictionnaire d'histoire et de philosophie des sciences, Paris, PUF, col. "Quadrige", 1999, páx. 16.
- ↑ Para unha definición de epistemoloxía, e as cuestións claves con ela relacionadas, véxase: L'épistémologie, por Jean-Claude Simard, do Cégep de Rimouski Arquivado 02 de xuño de 2010 en Wayback Machine.. (en francés)
- ↑ Citado polo profesor Jean-Louis Le Moigne en Les Épistémologies Constructivistes, París, PUF, Que sais-je?, 1995, páx. 3. Piaget utiliza esta expresión na introdución de Logique et connaissance scientifique, 1967.
- ↑ Aurel David, La cybernétique et l'humain, Gallimard, col. "Idées", 1965, páx. 22.
- ↑ Steven Weinberg, Le Rêve d'une théorie ultime, 1997, Odile Jacob.
- ↑ Paul Feyerabend, Contre la méthode, esquisse d’une théorie anarchiste de la connaissance, Seuil, col. "Points Sciences", 1988, páx. 33.
- ↑ Louis Althusser, Philosophie et philosophie spontanée des savants, François Maspero, 1967, páx. 76.
- ↑ Véxase para máis detalles o artigo Althusser et le concept de Philosophie Spontanée des Savants, en Groupe d'études La philosophie au sens large, animado por Pierre Macherey, [3] Arquivado 25 de maio de 2011 en Wayback Machine. Consultábel en liña (en francés).
- ↑ Renald Legendre, Dictionnaire actuel de l'éducation, Canadá, Guérin, col. "Le defi éducatif", 2006, páx. 1003.
- ↑ Enquisa sobre o entendemento humano, seccións IV e V.
- ↑ Cours de philosophie positive, 1ª lección, páx. 22.
- ↑ Ernst Mach, La Mécanique, exposé historique et critique de son développement, Paris, Hermann, 1904.
- ↑ Mach, Op cit. páx. 113.
- ↑ Karl Pearson, Grammaire de la science, traduction française, March, Paris, Alcan, 1912.
- ↑ Mach: La Mécanique, Op. cit., introdución.
- ↑ Blay, M. (2005): Dictionnaire des concepts philosophiques. París: Larousse, col. "CNRS éditions", páx. 705.
- ↑ Véxase para unha análise da teoría epistemolóxica de Thomas Kuhn a ficha de lectura de Delphine Montazeaud Arquivado 19 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. En liña. (en francés)
- ↑ Thomas Kuhn (1972): La Structure des Révolutions Scientifiques Paris: Flammarion. Collection Champs. ISBN 978-2-08-081115-8.
- ↑ Jean-Louis Le Moigne, Le Constructivisme, tomo 1.
- ↑ Ian Hacking citado en Léna Soler (2000): Introduction à l’épistémologie. Paris: Ellipses, páx. 65.
- ↑ Jean Piaget e Rolando García (1983): Psychogenèse et histoire des sciences. Paris: Flammarion. Véxase en Les notions de fait et d’observable. (en francés)
- ↑ Baraquin, N. & Laffitte, J. (2008): Dictionnaire des philosophes. Paris: Armand Colin. (2ª ed.) páx. 292.
- ↑ Véxase: Nicolas Rescher: Le progrès scientifique: un essai philosophique sur l'économie de la recherche dans les sciences de la nature.
- ↑ Véxase: Pierre-André Taguieff: Du progrès. Biographie d'une utopie moderne, Librio, 2001, e Le Sens du progrès. Une approche historique et philosophique, Flammarion, 2004
- ↑ Véxase, por exemplo, Éthique, science et droits de l’homme, entrevista con Nicole Questiaux Arquivado 23 de novembro de 2006 en Wayback Machine.. (en francés)
- ↑ Véxanse os informes do humanismo e das biotecnoloxías no sitio do INRA: Humanisme, biotechnologie et éthique de la science, contribución inicial de Pietro Rotili Arquivado 01 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. (en francés)
- ↑ O dobre uso da fisión nuclear —as armas atómicas por unha parte, a industria nuclear civil por outra— ilustra a ambivalencia dos descubrimentos científicos.
- ↑ C. G. J. Jacobi, letter to Legendre, July 2, 1830, en Gesammelte Werke, Vol. I, Berlín (1881), páx. 454.
- ↑ Véxase para un estudo completo da súa diferenza o artigo "Science and Pseudo-Science" no sitio Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés).
- ↑ Definición tirada da entrada "Técnica", no Trésor da Langue Française Informatisée(TLF).
- ↑ Cadro pintado en 1425 (concluído en 1428), alterado en 1680, e restaurado en 1980.
- ↑ O CNRS propón unha exposición sobre o tema arte e ciencia, presentando as diferentes técnicas ao servizo da conservación das obras de arte. [4]. (en francés)
- ↑ Relatorio de información n° 392, ao Senado (2002-2003) titulado A divulgación da cultura científica (en francés)
- ↑ Carta nacional dos Centres de Culture Scientifique, Technique et Industrielle.
- ↑ "Sitio do Exploratorium".. (en inglés)
- ↑ A Casa das Ciencias creouse en 1983 por acordo plenario do concello da Coruña a proposta do alcalde Francisco Vázquez Vázquez, pero a idea foi do divulgador científico Ramón Núñez Centella, que deseñou o plano museolóxico e os contidos, e foi o seu director até 2008. Inaugurada polos reis de España o 1 de xuño de 1985, converteuse no primeiro centro interactivo de titularidade pública creado en España (está financiado exclusivamente polo concello da Coruña). O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades. Organiza exposicións, relatorios, premios, cursiños, proxeccións e edicións, e colabora cos medios de comunicación en tarefas de difusión científica. A Casa das Ciencias foi o primeiro dos tres "Museos Científicos Coruñeses" (=mc2), institución dirixida actualmente por Xosé Antonio Fraga Vázquez. Na actualidade, Ramón Nuñez Centella é o director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (MUNCYT), que se trasladou de Madrid á Coruña, e cuxa sede se inaugurou o ano 2012, na zona de Riazor, no barrio de Labañou.
- ↑ Véxase o sitio dos "Museos científicos Coruñeses": (=mc2) (en galego), (en castelán) Arquivado 11 de maio de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Bernard Schiele, Presses Universitaires de Montréal, 2003.
- ↑ Ernest Renan (1980): L'avenir de la science. (Obra escrita entre 1848-1849 e non publicada até 1890). Lewr en formato Word 2008ligazón=https://view.officeapps.live.com/op/embed.aspx?src=http%3A%2F%2Fclassiques.uqac.ca%2Fclassiques%2Frenan_ernest%2Favenir_de_la_science%2Frenan_avenir_de_la_science.doc&wdStartOn=1.
- ↑ Véxase: Scientisme et occident. Essais d'épistémologie critique de Jean-Paul Charrier.
- ↑ Robert Nadeau e Jacques Désautels, en Épistémologie et Didactique des sciences, dan a síntese; trátase dun estudo estatístico e cualitativo efectuado no Canadá.
- ↑ Robert Nadeau, Contra o cientifismo. Para a apertura dunha nova fronte, revista Philosophiques, XIII (2), 1986. (en francés)
- ↑ Amy Dahan e Dominique Pestre, Les sciences pour la guerre. 1940 - 1960, París, Éditions de l'École des hautes études en sciences sociales, col. "Civilisations et Sociétés, número 120", 2004.
- ↑ Amy Dahan e Dominique Pestre, Les sciences pour la guerre. 1940 - 1960, París, Éditions de l'École des hautes études en sciences sociales, col. "Civilisations et Sociétés, número 120", 2004, páx. 16.
- ↑ Véxase: François d'Aubert: Le savant et le politique aujourd'hui (colloque de La Villette), 1996.
- ↑ Barry Barnes e David Bloor son os fundadores do "programa forte", unha variedade da socioloxía do coñecemento científico, que procura explicar as orixes do coñecemento científico por factores exclusivamente sociais e culturais.
- ↑ Para máis información, véxase: O proceso de Galileo no sitio Astrosurf. (en francés)
- ↑ G. L. Bruno tiña postulado e tiña probado o pluralismo dos mundos posíbeis, como a existencia doutros planetas no universo, na súa obra De l’infinito universo et Mondi (Do infinito universo e os mundos).
- ↑ Véxase sobre este punto Golding, Gordon: O proceso do mono: a Biblia contra Darwin', edicións Complexas, Col. Historiques, 2006, ISBN|2-8048-0085-7 (en francés).
- ↑ Parrott, Jim (9 de agosto de 2007). "Chronicle for Societies Founded from 1323 to 1599". Scholarly Societies Project. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2007.. (en inglés)
- ↑ "Benvenuto nel sito dell'Accademia Nazionale dei Lincei". Accademia Nazionale dei Lincei (en italiano). 2006. Consultado o 11 de setembro de 2007.. (en italiano)
- ↑ "Brief history of the Society". The Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 11 de setembro de 2007.. (en inglés)
- ↑ Meynell, G. G. "The French Academy of Sciences, 1666-91: A reassessment of the French Académie royale des sciences under Colbert (1666-83) and Louvois (1683-91)". Topics in Scientific & Medical History. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 11 de setembro de 2007.. (en inglés)
- ↑ Yves Gingras, Peter Keating e Camille Limoges, Du scribe au savant. Les porteurs du savoir, de l'Antiquité à la Révolution industrielle, PUF, Col. Science, savoir et société, 2000.
- ↑ Bruno Latour, La science en action. Introduction à la sociologie des sciences, La Découverte, 2005.
- ↑ Jean-François Sabour et Paul Caro, Chercher. Jours après jours, les aventuriers du savoir, Autrement, 2000.
- ↑ Véxase tamén Georges Chapouthier, Qu’est-ce qu’un biologiste aujourd’hui?, Pour la Science, 2008, páxs. 30-33.
- ↑ Ou Laboratorio de Fermi, así chamado en honra do afamado físico italo-americano Enrico Fermi.
- ↑ Federico Di Trocchio, Las mentiras de la ciencia. ¿Por qué y cómo engañan los científicos?, Madrid, Alianza Editorial, 1995, ISBN 84-206-0769-X.
- ↑ Dickson, David (11 de outubro de 2004). "Science journalism must keep a critical edge". Science and Development Network. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2007. Consultado o 20 de febreiro de 2008. (en inglés)
- ↑ Mooney, Chris (2007). "Blinded By Science, How 'Balanced' Coverage Lets the Scientific Fringe Hijack Reality". Columbia Journalism Review. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 2 de febreiro de 2008. (en inglés)
- ↑ McIlwaine, S.; Nguyen, D. A. (2005). "Are Journalism Students Equipped to Write About Science?". Australian Studies in Journalism 14: 41–60. Consultado o 2 de febreiro de 2008. (en inglés)
- ↑ "1988: Egg industry fury over salmonella claim", "On This Day,"". BBC News. 3 de decembro de 1988. (en inglés)
- ↑ Jacques Barzun, Science: The Glorious Entertainment, Harper and Row: 1964. páx. 15.
- ↑ Fritjof Capra, Uncommon Wisdom, páx. 213.
- ↑ Jung, Carl (1973). Synchronicity: An Acausal Connecting Principle. Princeton University Press. p. 35. ISBN 0691017948.
- ↑ David Parkin, 1991 Simultaneity and Sequencing in the Oracular Speech of Kenyan Diviners, páx. 185.
- ↑ Rollin, Bernard E. (2006). Science and Ethics. Cambridge University Press. ISBN 0521857546.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciencia |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de ciencia |
Bibliografía
editar- Althusser, L. (1967): Philosophie et philosophie spontanée des savants. François Maspero.
- Baraquin, N. & Laffitte, J. (2008): Dictionnaire des philosophes. París: Armand Colin. ISBN 978-2-200-34647-8 (2ª ed.)
- Blay, M. (2005): Dictionnaire des concepts philosophiques. París: Larousse, col. "CNRS éditions". ISBN 2-03-582657-9
- Bunge, M. (1960): La ciencia. Su método y su filosofía. Buenos Aires: Siglo XXI.
- Bunge, M. (1983): La investigación científica. Barcelona: Ariel.
- Butterfield, H. (1958): Los orígenes de la ciencia moderna. Madrid: Taurus.
- Chemla, K. & Guo Shuchun (2004): Les neuf chapitres. Le classique mathématique de la Chine ancienne et ses commentaires. París: Dunod. ISBN 2-10-049589-5.
- Chevallier, R. (1993): Sciences et techniques à Rome. París: PUF, col. "Que sais-je?". ISBN 2-13-045538-7
- Couloubaritsis, L. (2000): La Physique d'Aristote: l'avènement de la science physique. París: Vrin, 2ª ed.
- David, A. (1965): La cybernétique et l'humain. París: Gallimard, col. "Idées". ISBN 978-2-07-035067-4
- Feyerabend, P. (1988): Contre la méthode, esquisse d’une théorie anarchiste de la connaissance. París: Seuil, col. "Points Sciences". ISBN 978-2-02-009995-0
- Gingras, Y., Keating, P. e Limoges, C. (2000): Du scribe au savant. Les porteurs du savoir, de l'Antiquité à la Révolution industrielle. París: PUF, Col. Science, savoir et société. ISBN 978-2-13-050319-4
- González Palencia, A. (1942): Don Raimundo y los traductores de Toledo. Madrid.
- Granger, G. G. (1993): La science et les sciences. París: PUF, col. "Que sais-je?". ISBN 2-13-045077-6
- Grellard, C. (editor) (2004): Méthode et statut des sciences à la fin du Moyen Âge, Presses Universitaires du Septentrion. ISBN 2-85939-839-2
- Heisengberg, W. (1962): Los fundamentos de la ciencia. Madrid: Norte y Sur.
- Larroque, E. (1964): El hombre y la revolución científica. Madrid: Espasa-Calpe.
- Latour, B. (2005): La science en action. Introduction à la sociologie des sciences La Découverte. ISBN 978-2-7071-4546-8
- Lecourt (dir.) (1999): Dictionnaire d'histoire et de philosophie des sciences. París: PUF, col. "Quadrige". ISBN 2-13-052866-X
- Legendre, R. (2006): Dictionnaire actuel de l'éducation. Canadá, Guérin, col. "Le defi éducatif". ISBN 978-2-7601-6851-0
- Nadeau, R. (1999): Vocabulaire technique et analytique de l'épistémologie. PUF, col. "Premier cycle". ISBN 978-2-13-049109-5
- Needham, J. (1998): Science et civilisation en Chine. Picquier Philippe. (Versión resumida dos dous primeiros tomos). ISBN 978-2-87730-247-0
- Piaget, J. e García, R. (1983): Psychogenèse et histoire des sciences. París: Flammarion. ISBN 2-08-211137-7
- Pichot, A. (1991): La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard. ISBN 2-07-032603-9.
- Soler, L.(2000): Introduction à l’épistémologie. Ellipses. ISBN 978-2-7298-4260-4
- Théodoridès, J. (1977): Les Sciences biologiques et médicales à Byzance, París: Centre national de la recherche scientifique, Centre de documentation Sciences humaines.
- Trebeschi, A. (1977): Manual de historia del pensamiento científico. Barcelona: Avance.
- Vericat, J. (1976): Ciencia, historia y sociedad. Madrid: Itsmo.
- Verdet, J.-P. (1990): Une Histoire de l'astronomie París: Seuil, col. "Points".
- Zimar, J. (1981): La credibilidad de la ciencia. Madrid: Alianza.
Outros artigos
editar- A ciencia ten nome de muller en Wikibooks
- Alberte o Magno, patrón da ciencia e dos científicos
- Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade
- Patente
Ligazóns externas
editar- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/query.fcgi?CMD=search&DB=books (en inglés)
- http://www.techbooksforfree.com/science.shtml Libros de enxeñaría e ciencia gratis para baixar (en inglés)
- http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/sites/ciencia/menu.htm La ciencia para todos. Libros para lectura online (en castelán)
- http://www.cienciapt.net Información de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (en portugués)
- http://science-advisor.net Revisión online de artigos científicos. Comentarios curtos, revisións e cartas sobre artigos científicos, con ferramenta de busca de literatura científica (en inglés)
- http://www.newscientist.com (en inglés)
- http://www.science.gov (en inglés)
- Álbum da ciencia Biografías de científicos galegos (inclúe tamén os de ciencias humanas) do Consello da Cultura Galega.