Docente
Unha persoa docente é aquela que se adica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.
O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de Educación Infantil, Primaria ou Especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de Educación Secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de educación para persoas adultas.
O día 27 de novembro celébrase o Día do Mestre [1]. Celébrase nesta data en memoria de Xosé de Calasanz, que fundou unha escola en Roma para meniños pobres nese día de 1597. O papa Pío XII proclamouno patrón das escolas cristiáns.
Notas
editar- ↑ "Día del Maestro" (en castelán)..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Docente |