Descubrimento de América
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Tradicionalmente emprégase o termo descubrimento de América para referirse ás primeiras chegadas documentadas de europeos a América e as súas grandes consecuencias históricas. A poboación indíxena ocupou o norte do continente desde hai 15-30 mil anos e o sur desde hai 14,5 mil anos.[1]. A primeira chegada de europeos foi de viquingos. Construíron poboados e asentáronse entre o 960-1100 DC (século X) na Terra Nova do Canadá, no que foi unha continuación da saída deste pobo cara a Islandia e Groenlandia. Isto foi tralo aumento imporante das súas poboacións no norte europeo e o comezo no século VIII da súa expansión comercial polo Atlántico norte.[2][3]. Probablemente tamén chegaron aos actuais Estados Unidos a finais dese século. De feito, as tradicións orais atribúenlle a Erik o Roxo o descubrimento de Vinland, un 9 de outubro do ano 1000, polo que sería o primeiro europeo en pisar América. Con todo a ocupación dos viquingos non tivo unha importancia histórica posterior na poboación do continente.
No século XV un segundo descubrimento, e que habitualmente se denomina descubrimento de América, si foi importante e supuxo unha ocupación do territorio e cristianización da poboación indíxena[4]. Foi coa chegada a América dun grupo expedicionario castelán-aragonés representando ós Reis Católicos de Castela e Aragón. Partiron dende o Porto de Palos de la Frontera, comandados por Cristovo Colón, e chegaron o venres 12 de outubro de 1492 a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani. As viaxes dos portugueses á India seguindo a costa Africana significaron un estímulo para os que crían na ruta cara ó oeste como o camiño máis curto para chegar ata Asia. Cristovo Colón foi partidario desta hipótese. Apoiado polos Reis Católicos, organizou unha viaxe de exploración que o conduciu á costa americana en 1492. Cristovo Colón cría que chegara ó continente asiático, denominado polos europeos Indias e morreu sen saber que chegara a un continente descoñecido polos europeos. O "descubrimento de América" pode abranguer non só a descuberta senón tamén a tódalas viaxes realizadas por Colón a América, á conquista de América e ao encontro e conflitos dos europeos cos indíxenas americanos e as súas culturas. Trátase dun dos momentos álxidos da historia universal porque significou o encontro de dous mundos humanos que se desenvolveran independentemente, sen que ningún coñecese a existencia do outro.[5][Cómpre referencia]
As consecuencias do descubrimento foron dramáticas para os nativos americanos. Supuxo a morte de millóns de persoas por guerras, escravitude e, sobre todo, por enfermidades. Cando Hernán Cortés, en 1519 chegou a México estimase que a poboación era de 25 millóns de persoas. Porén, as epidemias, como a chamada en azteca "cocoliztli" e que é unha infección bacteriana estomacal por Salmonella, traídas posiblemente polos europeos reduciu a poboación mexicana en máis do 80%, quedando só en 1 millón de persoas[6] e facilitando a conquista. Implicou a desaparición de culturas e linguas.
As viaxes de Colón
editarCristovo Colón, en representación dos Reis Católicos, realizou catro famosas viaxes dende Europa a América en 1492, 1493, 1498 e 1502. Na primeira delas chegou a América o 12 de outubro de 1492, a unha illa das Bahamas chamada Guanahani, cuxa exacta localización aínda se discute. Na terceira viaxe chegou a territorio continental na actual Venezuela.
A partir da terceira viaxe de Colón, descubrimentos e conquista progresaron conxuntamente. Durante os vinte anos que separan 1499 de 1519, cando empeza a empresa magallánica, tiveron lugar as chamadas «as viaxes menores ou andaluzas», capituladas pola coroa con outros nautas crebando o discutido monopolio colombino. No primeiro destes participou Amerigo Vespucci a quen se atribuíu se-lo primeiro europeo en propor que as terras ás que Colón chegara non eran en realidade parte de Asia, senón dun continente descoñecido para os europeos.
Primeira viaxe
editarO 17 de abril de 1492, Cristovo Colón asina cos Reis Católicos as chamadas Capitulacións de Santa Fe, documentos polos cales se autoriza e financia a expedición de Cristovo Colón ás Indias polo mar cara a occidente. Ademais concédense a Colón unha serie de prebendas e títulos. Tamén se asinan varias provisións e cédulas para que axuden a Colón aquelas vilas e portos de mar ás que se dirixa Colón. Unha provisión é dirixida á vila de Palos por unha sanción imposta a algúns dos veciños desta vila.
O 23 de maio de 1492, ás portas da igrexa de San Xurxo de Palos, en presenza de Cristovo Colón, frei Xoán Pérez e as autoridades locais, dáse lectura á Real Provisión, asinada polos Reis Católicos, na cal se ordenaba a certos veciños da vila palerma poñer á disposición de Colón dúas carabelas totalmente armadas e aparelladas.
Real Provisión dos Reis Católicos
DIRIXIDA A CERTOS VECIÑOS DE PALOS PARA QUE ENTREGUEN A CRISTOVO COLÓN DÚAS CARABELAS
Engraiada, 30 de Abril de 1492.
... Vien sabedes como por algunas cosas fechas e cometidas por vosotros en desserbicio nuestro, por los del nuestro Consejo fuistes condenados a que fuésedes obligados a nos serbir dos meses con dos carabelas armadas a vuestras propias costas e espensas cada e quando e doquier que por nos vos fuese mandado so ciertas penas, segund que todo más largamente en la dicha sentencia que contra vosotros fue dada se contiene. E agora, por quanto nos avemos mandado a Christoval Colón que vaya con tres carabelas de armada, como nuestro capitán de las dichas tres carabelas, para ciertas partes de la mar océana sobre algunas cosas que cunplen a nuestro servicio e nos queremos que llebe consigo las dichas dos carabelas con que asy nos aveis de servir...Arquivo Xeral de Indias. Signatura: PATRONATO, 295, N.3.[7]
Os veciños ós que é referida dita provisión contestarían:
...que estaban presto de la cunplir en todo y por todo segund sus Altezas lo mandan...Parte trasera de la Real Provisión.[7]
pero a marinería da zona, que non se vía obrigada pola real provisión, non estaba disposta a formar parte da expedición cun descoñecido, como o era Colón para aqueles homes. Independentemente da maior ou menor credibilidade das ideas colombinas, os homes de Palos nunca secundarían o xenovés a menos que o acompañase algún navegante respectado na vila. Coa oposición dos veciños e dos mariñeiros, Colón recorre a unha das provisións expedidas polos monarcas na cal se lle concede permiso para recrutar mariñeiros entre os encarcerados, aínda que finalmente isto non será necesario.
Así mesmo fixo uso doutra real provisión, dirixida ás vilas das costas andaluzas:
...las cibdades e villas e logares de la costa de la mar de Andalucía como de todos los nros. reynos e Señorios (...) Sabedes que nos habemos mandado a Christobal Colon que con tres carabelas vaya a ciertas partes de la mar oceana como nro. capitan (...) por ende nos vos mandamos a todos e a cada uno de vos en vros. logares e jurisdicciones que cada quel dicho Christobal Colon hobiere menester....Arquivo Xeral de Indias. Sinatura: PATRONATO, 295, N.4.
e embargou dous barcos en Moguer, en presenza do escribán moguereño Alonso Pardo e por medio dunha comisión dirixida á vila de Moguer para que cumprisen dita provisión,[8] embarcacións que máis tarde foron desbotadas. Pero seguía sen conseguir enrolar a tripulación necesaria para a empresa.
Nestas circunstancias, e grazas a axuda dos franciscanos do mosteiro de La Rábida e a Pero Vázquez da Fronteira, vello e respectado mariño da zona, Colón coñece a Martín Alonso Pinzón, rico armador e líder natural da zona grazas ás súas moitas navegacións tanto polo Atlántico como polo Mediterráneo, coas que amasara fortuna e fama. Ademais dos ánimos e a influencia destas amizades, ó máis vello dos irmáns Pinzón convenceríao tamén a proposta que, segundo o testemuño de Alonso Galego nos Preitos colombinos, Colón lle fixo a Martiño Alonso :
"Señor Martín Alonso Pinçón, vamos a este viage que, si salimos con él y Dios nos descubre tierras, yo os prometo por la Corona Real de partir con vos como un hermano".
Sexa como for, Martiño Alonso dende aquel momento comeza unha enérxica campaña en favor da empresa. Desbota as naves que confiscara Colón en Moguer, contrata outras novas e aporta da súa facenda persoal, medio millón de marabedís, a terceira parte dos gastos en metálico da empresa. Convence ós seus irmáns Francisco e Vicente, ademais de ós irmáns Neno, destacada familia mariñeira de Moguer, cos cales consegue animar e enrolar todos os mariñeiros necesarios para a empresa, homes de Palos, do veciño Moguer, de Huelva, do resto da comarca e incluso de fóra de Andalucía. Mariñeiros que agora se se arriscaban a aquela navegación, xa que o feito de que Martiño Alonso Pinzón, cos seus irmáns e cos Neno, estivesen á cabeza de dita armada era unha garantía para os homes da zona do Tinto-Odiel.
Ultimados os preparativos a expedición parte do porto de Palos da Fronteira, o 3 de agosto de 1492. A escuadra colombina estaba formada polas carabelas a Pinta, a Niña e a nao Santa María. A Pinta e a Niña foron elixidas polos irmáns Pinzón e custeadas polo concello de Palos, en cumprimento da anteriormente citada real provisión. A tripulación estaba formada por uns 90 homes aproximadamente.
A expedición dirixiuse para as Canarias, onde Colón visitou a Beatriz de Bobadilla, gobernadora da illa de La Gomera, e ademais en Gran Canaria fixéronse reparacións á Pinta no temón e nas velas. Finalizadas as reparacións, dende a illa de La Gomera lanzáronse á travesía do Atlántico o 6 de setembro.
A chegada a América
editarA viaxe non resultou fácil para ninguén, de feito houbo tentativas de insurrección, pero grazas á presenza e a lideranza de Martiño Alonso Pinzón conseguíronse resolver estas situacións. Cando xa se esgotaran tódolos cálculos e previsións realizadas por Colón, oíuse dende a Pinta o famoso berro de Rodrigo de Triana: Terra á vista.
O resumo do Diario de Colón conta do seguinte modo o momento da chegada a Guanahani:
Jueves 11 de octubre:... A las dos horas después de media noche pareció la tierra de la cual estarían dos leguas amainaron todas las velas, y quedaron con el treo, que es la vela grande sin bonetas, y pusiéronse a la corda, temporizando hasta el día viernes, que llegaron a una islita de los Lucayos, que se llamaba en lengua de indios Guanahaní. Luego vinieron gente desnuda, y el Almirante salió a tierra en la barca armada, y Martín Alonso Pinzón y Vicente Yáñez, su hermano, que era capitán da Niña. Sacó el Almirante la bandera real y los capitanes con dos banderas de la Cruz Verde, que llevaba el Almirante en todos los navíos por seña, con una F y una Y: encima de cada letra su corona, una de un cabo de la cruz y otra de otro. Puestos en tierra vieron árboles muy verdes y aguas muchas y frutas de diversas maneras. El Almirante llamó a los dos capitanes y a los demás que saltaron en tierra, y a Rodrigo de Escobedo, escribano de toda el armada, y a Rodrigo Sánchez de Segovia, y dijo que le diesen por fe y testimonio cómo él por ante todos tomaba, como de hecho tomó, posesión de la dicha isla por el Rey y por la Reina sus señores, haciendo las protestaciones que se requerían, como más largo se contiene en los testimonios que allí se hicieron por escrito. Luego se ajuntó allí mucha gente de la isla.
A illa estaba habitada polo pobo taino. O texto arriba citado, sinala a primeira oportunidade en que os europeos utilizaron o termo "indios" para denominar xeneralizadamente os poboadores de América, palabra que deriva do erro que cometeron ó pensar que a illa Guanahani se encontraba na zona oriental do continente asiático, que os europeos de entón confundían coa India. No diario de a bordo, Colón deixa escrita a súa primeira impresión sobre os nativos que acharon:
Jueves 11 de octubre:... Esto que se sigue son palabras formales del Almirante, en su libro de su primera navegación y descubrimiento de estas Indias. «Yo -dice él-, porque nos tuviesen mucha amistad, porque conocí que era gente que mejor se libraría y convertiría a nuestra Santa Fe con amor que no por fuerza, les di a algunos de ellos unos bonetes colorados y unas cuentas de vidrio que se ponían al pescuezo, y otras cosas muchas de poco valor, con que hubieron mucho placer y quedaron tanto nuestros que era maravilla. Los cuales después venían a las barcas de los navíos adonde nos estábamos, nadando, y nos traían papagayos e hilo de algodón en ovillos y azagayas y otras cosas muchas, y nos las trocaban por otras cosas que nos les dábamos, como cuentecillas de vidrio y cascabeles. En fin, todo tomaban y daban de aquello que tenían de buena voluntad. Mas me pareció que era gente muy pobre de todo. Ellos andan todos desnudos como su madre los parió, y también las mujeres, aunque no vi más de una harto moza. Y todos los que yo vi eran todos mancebos, que ninguno vi de edad de más de treinta años: muy bien hechos, de muy hermosos cuerpos y muy buenas caras: los cabellos gruesos casi como sedas de cola de caballo, y cortos: los cabellos traen por encima de las cejas, salvo unos pocos detrás que traen largos, que jamás cortan. De ellos se pintan de prieto, y ellos son de la color de los canarios ni negros ni blancos, y de ellos se pintan de blanco, y de ellos de colorado, y de ellos de lo que hallan, y de ellos se pintan las caras, y de ellos todo el cuerpo, y de ellos solos los ojos, y de ellos sólo el nariz. Ellos no traen armas ni las conocen, porque les mostré espadas y las tomaban por el filo y se cortaban con ignorancia. No tienen algún hierro: sus azagayas son unas varas sin hierro, y algunas de ellas tienen al cabo un diente de pez, y otras de otras cosas.
Os tainos organizaran unha sociedade agraria, relativamente avanzada, baseada no cultivo do millo, a mandioca e o algodón, incluíndo outros importantes cultivos como o maní (cacahuete), a pementa, o ananás, a batata e o tabaco. O propio Colón relata no seu diario que cultivaban cabazas e algodón e que posuían casas e "hortas de árbores".[9] Tainos e europeos intercambiaron produtos pacificamente, pero os primeiros non tiñan posesións de ouro, principal produto que buscaban os segundos. Ó día seguinte o Diario comentaba:
Sábado 13 de octubre:... Yo estaba atento y trabajava de saber si avía oro y vide que algunos de ellos traían un pedaçuelo colgado en un agujero que tienen en la nariz. Y por señas pude entender que yendo al Sur o Bolviendo la isla por el Sur, que estaba allí un rey que tenía grandes vasos de ello, y tenía muy mucho.
Así a todo, a pesar da boa relación entre tainos e europeos, Colón xa pensaba en Guanahani, na posibilidade de escravizalos:
Domingo 14 de octubre:... puédenlos todos llevar a Castilla o tenellos en la misma isla captivos, porque con cincuenta hombres los ternán a todos sojuzgados y los harán hazer lo que quisieren.
Arribaron despois á illa de Cuba, bautizada co nome de Juana, e posteriormente á Española. O 25 de decembro embarrancou a carabela Santa María e cos seus restos mandou construír un forte chamado de La Navidad, no cal deixou unha pequena gornición.
Na súa primeira viaxe Colón capturou varios indíxenas que foron levados cativos a Castela, onde os reis católicos ordenarían primeiro vendelos como escravos para logo liberalos.[10] Aqueles constituíron os primeiros americanos en descubrir Europa. O 16 de xaneiro de 1493, coas dúas naves restantes, A Pinta e a Niña, emprenderon a viaxe de retorno. Durante a travesía as dúas naves separáronse por culpa dunha forte treboada, na cal os tripulantes da Niña, ó se ver a punto de naufragar, realizaron o denominado voto colombino. Finalmente Colón, coa Niña, consegue arribar con dificultade en Lisboa, Martiño Alonso Pinzón fai o propio no porto de Baiona. As naves, por fin, chegaron a Palos o 15 de marzo con poucas horas de diferenza, e Colón marchou a Barcelona para informar os reis da súa descuberta.
Segunda viaxe
editarA segunda expedición saíu de Cádiz o 25 de setembro de 1493. Esta viaxe tiña como finalidade asenta-la presenza castelá nos territorios descubertos e encontrar o camiño para a India e Catay. A primeira illa á que arribou foi A Desexada (3 de novembro); despois descubriu Porto Rico e chegou á Española, onde encontrou destruído o Forte de La Navidad por unha ofensiva de Caonabo. Na mesma illa fundou a cidade da Isabela (6 de xaneiro de 1494). Continuou a súa viaxe de exploración e percorrido nas costas de Juana (Cuba) e Santiago (Xamaica). No final de 1494 ou principios de 1495 dirixiuse cara ó sur.
Os escritos desta viaxe rexistran algunhas situacións de violencia sexual contra mulleres indíxenas, como a que relata un dos homes da súa tripulación.[11]
Tras esta viaxe dedicouse a consolida-lo dominio sobre A Española. En 1496 regresou a Castela, chegando a Cádiz o 11 de xuño.
Terceira viaxe
editarA terceira viaxe comezou o 30 de maio de 1498. Colón partiu de Sanlúcar de Barrameda e chegou á illa Trindade a finais do mes de xullo. Do 4 ó 12 de agosto visitou o golfo de Paria, na desembocadura do río Orinoco.
Denominou toda esta rexión Terra de Grazas, pola amabilidade dos indíxenas. Supuxo que chegara a un continente pola gran cantidade de auga doce.
Posteriormente explora as tres illas do actual estado de Nova Esparta, á illa principal chamoulle Asunción, as outras son as actuais Cubagua e Coche. Posteriormente Cristovo da Guerra, cambiou o nome á Asunción polo de Margarita pola gran cantidade de perlas que había.
Finalmente arribou n'A Española. Nesta illa os hispánicos sublévanse pola falta de riquezas, riquezas que supostamente encontrarían. Nunha das negociacións, Colón propuxo o regreso dun grupo dos seus a Cubagua para o tráfico de perlas. Fundouse un asentamento perlífero e máis tarde, en 1528, deste asentamento naceu a primeira cidade fundada por europeos en continente americano, Nova Cádiz.[12]
Á chegada do administrador real, Francisco de Bobadilla, Colón foi arrestado. Ó chegar a Castela en 25 de novembro de 1500, foi posto en liberdade, pero perdeu o seu prestixio e os seus poderes.
Cuarta viaxe
editarPese ós problemas pola perda dos seus poderes, iniciou a viaxe, pero cunha serie de prohibicións, como a de tocar terra n'A Española. O obxectivo desta viaxe foi encontrar un estreito (o estreito de Malaca) que lle permitise chegar ás Indias, ó oeste das Antillas, xa que se vía que estas non o eran aínda que non podían quedar moi lonxe das terras por el descubertas. Saíu do porto de Cádiz con dúas carabelas e dous navíos (A Capitana, A Galega, A Biscaína e o Santiago de Palos) o día 11 de maio. Pasando por Canarias, chegou ás Indias en 30 días.[13]
Polos problemas xurdidos en A Española, Nicolás de Ovando, novo gobernador da colonia, non permitiu que Colón desembarcase a pesar dunha inminente treboada e que cambiase un dos seus buques por outro de mellores condicións. Colón capeou como puido o trebón e pasou a Xamaica, aínda que a tormenta non o deixou ata o 12 de setembro, 88 días despois. Seguiu cara ó oeste, descubrindo a illa de Guanaja, na costa de Honduras, achou unha embarcación con mercadores maias que lle ofreceron cacao. Na Punta Cajina (hoxe Punta Trujillo) os tripulantes desembarcaron para asistir á primeira misa católica celebrada na terra firme de América; seguindo ó leste sorprendeunos un furacán, durante varias semanas as 4 naves foron sacudidas pola treboada e o 12 de setembro dobraron un cabo. Alí calmouse a tormenta e Colón bautizouno como Cabo Gracias a Dios (na costa de Nicaragua) por dicir "Grazas a Deus que á fin saímos desas fonduras" e de alí navegou cara ó sur.[14]
Varias viaxes seguiron estas expedicións. Hoxe coñécense como as Viaxes Menores, as cales permitiron recoñece-la existencia do continente Americano e explorar toda a costa de Venezuela.
Consecuencias
editarA chegada de Cristovo Colón a América está considerado como un dos feitos máis importantes da historia universal[Cómpre referencia] polas consecuencias que tivo e debe relacionarse coa primeira viaxe ó redor do mundo realizada pola tripulación de Fernão de Magalhães poucos anos despois, que abriu paso á conquista do mundo por parte de Europa.
Consecuencias a curto prazo
editarO contaxio das enfermidades que os europeos levaron consigo varíola, tifo, febre amarela, entre outras, producindo un colapso na poboación americana. As epidemias, como a chamada en azteca "cocoliztli" e que é unha infección bacteriana estomacal por Salmonella, traídas posiblemente polos europeos reduciron a poboación mexicana en máis do 80%. Namentres que en 1519, cando Hernán Cortés chegou a México, a poboación alí estímase que era de 25 millóns de persoas, nas seguintes décadas quedou en só en 1 millón de persoas.[6]
Consecuencias a longo prazo
editar- Artigos principais: Colonización europea de América e Colonización europea.
A chegada de Cristovo Colón supuxo o comezo da conquista de América, cuxa primeira campaña foi a de Cuba por Velázquez, á que seguiu a do Imperio Mexica por Cortés, a do Inca por Pizarro etcétera, ata a súa finalización definitiva tralos decretos de Filipe II de abolición da conquista. A partir de aquí comezará a chamada colonización de América, aberta por holandeses, franceses etc, cuxa diferenza radica no feito de non se establecer por campañas, senón por factorías de interese comercial (contrario á Monarquía Hispánica, con desexos de crear outras Castelas en tódolos sentidos, tanto xuridicamente, administrativamente etc.)
Os idiomas posteriores que se impuxeron obrigatoriamente foron o castelán e portugués nas súas respectivas zonas de influencia e a relixión católica pasou a ser oficial; xerouse unha poboación con altos niveis de mestizaxe xenética e cultural entre os pobos orixinarios, os africanos subsaharianos, e os europeos.
A principal riqueza xerada polos territorios españois e colonias portuguesas en América foi a extracción do ouro e a prata. "Nos primeiros 150 anos de conquista, 17 mil toneladas de prata e unhas 200 toneladas de ouro arribaron a España".[15]
Outra importante consecuencia da chegada dos europeos a América, foi a difusión mundial dos alimentos que foran desenvolvidos polas culturas americanas e que hoxe se estima constitúen o 75% dos alimentos consumidos pola Humanidade, entre eles o millo, a papa (ou pataca como se denomina en Galicia), a batata, a cabaza, o tomate, o chocolate, a vainilla, os pementos, a palta (ou aguacate). Outros produtos importantes desenvolvidos en América son a goma, o tabaco etc.[16]
A chegada de Colón a América causou tamén unha grande expansión da navegación e o comercio.
A partir de 1776,colonos ingleses en América remataron organizando un novo tipo de sociedade a partir de novos conceptos como independencia, constitución, federalismo e deron orixe ós Estados Unidos que, no século XX, substituiría a Gran Bretaña como potencia mundial dominante.
"Non todo foi horror: sobre as ruínas do mundo precolombiano os españois e os portugueses levantaron unha construción histórica grandiosa que, nos seus grandes trazos, aínda está en pé. Uniron moitos pobos que falaban linguas diferentes, adoraban deuses distintos, guerreaban entre eles ou descoñecíanse. Uníronos a través de leis e institucións xurídicas e políticas pero, sobre todo, pola lingua, a cultura e a relixión. Se as perdas foron enormes, as ganancias foron inmensas.
Para xulgar con equidade a obra dos españois en México hai que subliñar que sen eles -quero dicir: sen a relixión católica e a cultura que implantaron no noso país- non seriámo-lo que somos. Seriamos, probablemente, un conxunto de pobos divididos por crenzas, linguas e culturas distintas."[17]Octavio Paz, 1995
O debate terminolóxico
editarA expresión "descubrimento de América" para se referir á chegada de Colón ó continente americano foi criticada por diversos sectores, culturas e estudosos, dando lugar a un amplo e apaixonado debate. Este debate, estivo intimamente vencellado ó uso dos termos "Día da Raza", "Día da Hispanidade", "Día da Resistencia Indíxena" e outros creados para se referir ó mesmo suceso. O debate xeneralizouse en 1992, co gallo do V centenario da chegada de Colón a América.
O filósofo arxentino Santiago Kovadloff dixo a este respecto:
Aproxímase un novo 12 de outubro e aínda perduran os ecos da polémica desatada en 1992. Ó se cumpri-los cincocentos anos da chegada dos españois a América estalou a discusión, ata alí quizais menos estridente pero non menos apaixonada. Como se debía designa-lo acontecido? Descubrimento? Encontro de culturas? Usurpación? Conquista? Unha gama de posibilidades e imposibilidades interpretativas vénse despregando con fervor dende entón ata hoxe. O desacordo alentou confrontacións interminables. Se a transcendencia do acontecemento evocado resulta indiscutible, a súa caracterización, por un ou outro motivo insatisfactoria, proba a dificultade para xerar consenso onde tanta falta fai. Ao final, se cabe ós nomes, como ensina Aristóteles, enuncia-las propiedades das cousas, a desorientación para lograr converxencias nesta materia evidencia que, aínda agora, aqueles a quen a cuestión compite seguen falando de cousas distintas.[18]
No debate terminolóxico sobre a maneira de denomina-lo acontecemento acontecido o 12 de outubro de 1492 desenvolvéronse diversas posicións:
- Postura tradicional: tradicionalmente, dende fins do século XVI, primeiro na cultura occidental e logo en todo o mundo, utilizouse o termo "descubrimento de América", para se referir exclusivamente ó acto realizado por Colón o 12 de outubro de 1492, ó chegar á Illa Guanahani conducindo unha expedición española embarcada nas famosas tres carabelas. A postura tradicional ten a súa orixe no "mito do piloto orixinal", xa presente nos testemuños do pai Bartolomé de las Casas, logo modificado por Fernando Colón na biografía do seu pai "Vida do almirante" publicada en 1571 (ver O'Gorman).
- Postura tradicional ampliada: sen abandona-la postura tradicional hai sectores que discuten o que o termo abrangue, e sosteñen que o termo debe estenderse a tódalas viaxes de Colón a América. Esta postura entende o termo "Descubrimento de América" non como un acto senón como unha etapa, a primeira da expansión colonial de Europa, acontecida logo por outras dúas etapas: A conquista e a colonización. Algúns inclúen tamén nesta etapa outras viaxes europeas de chegada a diversas zonas de América (primeira chegada ó Pacífico, Norte América etc.)
- Postura tradicional modificada: esta postura sostén que é incorrecto aplica-lo termo "descubrimento de América" a ningún dos actos realizados por Colón e os seus homes, e que dita denominación debe reservarse ó momento en que o primeiro europeo "descubriu" que Colón chegara a terras descoñecidas ata entón para as culturas europeas, africanas, asiáticas e polinésicas do século XV. Este momento tamén se discute, pero hai certo consenso en atribuílo ó italiano Amerigo Vespucci. Esta postura é a que se aplicou cando os europeos denominaron "América" a ese continente.
- Postura cronolóxica: esta postura sostén que o termo "descubrimento", a secas, ou "primeiro descubrimento", debe ser reservado para o primeiro ser humano en realizalo, e no caso en debate, para os primeiros seres humanos en poboa-lo continente americano. Esta postura é utilizada por algúns arqueólogos, antropólogos e historiadores, como por exemplo William Dancey[19] (Ohio State University). Eventualmente esta postura admitiría denominacións sucesivas como "primeiro descubrimento", "segundo descubrimento", "terceiro descubrimento", "cuarto descubrimento", de América, para se referir ás chegadas dos primeiros seres humanos, e logo dos inuit, viquingos/europeos e españois/europeos, respectivamente.
- Postura cronolóxica modificada europea vikinga: esta postura rexeitamenta a aplicación do termo "descubrimento de América" para a chegada de Colón, porque sostén que os primeiros europeos en chegar a América foron os viquingos, debendo ser aplicado o termo á chegada a América de Leif Eriksson en 985 (ca.).
- Postura cronolóxica modificada europea moderna: esta postura sostén que houbo outros europeos modernos que descubriron América antes da chegada de Colón, como a hipótese de Alonso Sánchez de Huelva.
- Postura cronolóxica modificada non europea: esta postura sostén que houbo outros pobos non europeos que chegaron a América logo dos siberianos e inuit. Os casos varían entre chineses, polinésicos, fenicios, exipcios etc.
- Postura etnolóxica: esta postura sostén que pode considerarse "descubrimento" ó realizado por cada cultura ou etnia en condicións de illamento. Deste modo tanto a chegada orixinal dos siberianos a América (e eventualmente doutras etnias), como as posteriores dos inuit, os viquingos e os españois, significaron un "descubrimiento" para cada unha desas etnias ou culturas. Neste caso, algúns estudosos propón adicionar ó termo "descubrimiento" a etnia ou cultura para a que é significativa, falando de "descubrimento de América polos viquingos" ou "descubrimento de América polos europeos medievais" etc.[20] Un exemplo desta postura é o libro The American Discovery of Europe (O descubrimento americano de Europa), de Jack D. Forbes, 2006. Esta postura abriu camiño tamén ó concepto de "Descubrimento de Europa" por parte das culturas indíxenas, cuxa existencia tamén descoñecían, concepto que utilizan algúns historiadores como Daniel Richter (Universidade de Pensilvania, en Native American Discoveries of Europe) ou o Estado de Chile que denomina ó 12 de outubro como Día do Descubrimento de Dous Mundos.
- Postura pluralista: Esta postura acepta que para diversos grupos sociais, étnicos, lingüísticos e culturais, o termo "descubrimento de América" ten múltiples acepcións, sen tomar partido por ningunha.
- Postura indixenista/anticolonialista: Os pobos indíxenas americanos tenderon a cuestiona-lo termo "descubrimento de América" por consideralo unha denominación eurocéntrica, que ignora a presenza dos seus antepasados en América no momento da chegada dos españois, dando prioridade á idea de América como "terras" antes ca como pobos, co fin de lexitimar culturalmente a posterior dominación e colonización da que foron obxecto. Con esta postura coinciden os sectores opostos ó colonialismo e ó neocolonialismo, para quen o termo é unha expresión de colonialismo cultural. En xeral propuxeron termos alternativos como "Invasión de América", ou "Día da Resistencia", entre outros.
- Postura hispanista: esta postura rexeita como acto de "indixenismo" (no sentido pexorativo) e considera un ataque contra a Hispanidade, todo cuestionamento ó termo "descubrimento de América" que non signifique chegada dos españois a América con Colón. Para esta postura o termo e o feito que expresa está vencellado á superioridade da cultura hispana, occidental e cristiá, sobre as demais. Esta postura estivo orixinalmente vinculada á invención en 1915 do controvertido "Día da Raza" como Día da Hispanidade e da Raza Española, para o 12 de outubro, aínda que logo varios países temperaron o seu significado para relacionalo cunha suposta raza mestiza. Esta postura, co seu significado máis hispanista, foi difundida intensamente por algunhas ditaduras latinoamericanas nos anos 1970.
- Postura conciliatoria: Esta postura propón "conciliar" as posturas indixenista/anticolonialista coa hispanista, sostendo que antes que poñe-lo acento na maior ou menor violencia que puidese caracterizar a chegada dos españois a América, o que se debe destacar é o feito do encontro entre dous grupos de culturas humanas que viviran separados por milenios. Esta postura propón denominar "Encontro de Dous Mundos" ou "Encontro de Dúas Culturas", ó feito da chegada de Colón a América.
- Posturas nacionais: En varios países comezaron a aparecer posturas oficiais fronte ó 12 de outubro de 1492 e a súa denominación, en moitos casos rexeitando ou limitando a denominación "Descubrimento de América". Na Arxentina, por exemplo, para o INADI (Instituto Nacional contra a Discriminación) "a idea de descubrimento e a gabanza da conquista española" é violatoria da Convención sobre Eliminación de toda Forma de Discriminación Racial e constitúe un acto de discriminación.
Notas
editar- ↑ Goldberg, Amy; Mychajliw, Alexis M.; Hadly, Elizabeth A. (2016-04-14). "Post-invasion demography of prehistoric humans in South America". Nature 532 (7598): 232–235. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature17176. Consultado o 2017-02-18.
- ↑ Langmoen, Iver A. (2005-12). "The Norse discovery of America.". Neurosurgery 57 (6): 1076–87; discussion 1076–1087. ISSN 1524-4040. PMID 16331154.
- ↑ Moltke, Ida; Fumagalli, Matteo; Korneliussen, Thorfinn S.; Crawford, Jacob E.; Bjerregaard, Peter; Jørgensen, Marit E.; Grarup, Niels; Gulløv, Hans Christian; Linneberg, Allan; Pedersen, Oluf; Hansen, Torben; Nielsen, Rasmus; Albrechtsen, Anders (2015-01-08). "Uncovering the genetic history of the present-day Greenlandic population". American Journal of Human Genetics 96 (1): 54–69. ISSN 1537-6605. PMID 25557782. doi:10.1016/j.ajhg.2014.11.012.
- ↑ "First Encounters: Native Americans and Christians. The Pluralism Project". Consultado o 2017-02-18.
- ↑ Todorov, Tzvetan (2002), El descubrimiento de América: el problema del otro, Chile, ISBN 3-598-71873-X
- ↑ 6,0 6,1 Callaway, Ewen. "Collapse of Aztec society linked to catastrophic salmonella outbreak". Nature News. doi:10.1038/nature.2017.21485. Consultado o 2017-02-18.
- ↑ 7,0 7,1 Transcrición completa da Real provisión, dada a Diego Rodríguez Prieto e outros veciños de Palos. Arquivado 06 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. En castelán antigo.
- ↑ Comisión al contino Juan de Peñalosa, para que haga cumplir en la villa de Moguer, una cédula de SS. AA., ordenando se entreguen a Cristovo Colón, donde y cuando las pidiese, tres carabelas armadas y equipadas. Arquivo Xeral de Simancas. Signatura: RGS,149206,1
- ↑ Keegan, William F. (1992). The People Who Discovered Columbus: The Prehistory of the Bahamas. Gainesville: University Press of Florida. ISBN 978-0-8130-1137-0.
- ↑ Arciniegas, Germán (1989). América en Europa. Bogotá: Planeta; pag. 104-108. ISBN 958-614-307-4.
- ↑ Cristovo, Michel de Cúneo e outros (1982). Cronistas de Indias: antología, Bos Aires. "Ediciones del Pensamiento Nacional" ISBN 950-581-020-2.
Mientras estaba en la barca, hice cautiva a una hermosísima mujer caribe, que el susodicho Almirante me regaló, y después que la hube llevado a mi camarote, y estando ella desnuda según es su costumbre, sentí deseos de holgar con ella. Quise cumplir mi deseo pero ella no lo consintió y me dió tal trato con sus uñas que hubiera preferido no haber empezado nunca. Pero al ver esto (y para contártelo todo hasta el final), tomé una cuerda y le di de azotes, después de los cuales echó grandes gritos, tales que no hubieras podido creer tus oídos. Finalmente llegamos a estar tan de acuerdo que puedo decirte que parecía haber sido criada en una escuela de putas.Michel de Cúneo.
- ↑ Cruxent, J. M. (1972), VI Conferencia Geológica del Caribe. Noticias de Cubagua., Margarita, Venezuela
- ↑ Diarios de Colón. Estudo realizado pola Biblioteca Cervantes, arquivo[Ligazón morta]
- ↑ Soler Pascual, Emilio ({{{Ano}}}), Exploradores, cronistas o historiadores españoles o al servicio de España por los territorios del Nuevo Mundo y el Pacífico: Cristovo Colón., Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes [14 de outubro de 2007]
- ↑ Veksler, Bernardo (2006); Una visión crítica de la conquista. Argenpress.
- ↑ Thomas Mann (2006). 1491. Madrid: Taurus
- ↑ Paz, Octavio (1995). Vislumbres da India, Barcelona: Seix Barral, p. 116
- ↑ Kovadloff, Santiago (2006), El día del descubrimiento del otro, La Nación [1 de outubro de 2006]
- ↑ Dancey, William S., Editor. The First Discovery of America: Archaeological Evidence of the Early Inhabitants of the Ohio Area. Columbus: The Ohio Archaeological Council, 1994
- ↑ Segundo o historiador Xullo Esquerdo:
...descubrir non é só chegar, é tomar posesión, gravar nomes, deixar constancia de que se chegou, facer que un escribán levante acta do acontecemento, saber con maior ou menor exactitude a onde se chegou, medir, cartografar, e, sobre todo, informar a reis, cosmógrafos, cronistas, mariños, por citar algúns oficios, e público en xeral, de tal maneira que as terras ás que se chegou se incorporen ó xeral coñecemento da cultura, da civilización que envía esa expedición. Iso é descubrir.
ESQUERDO LABRADO, Xullo, "El descubrimiento del Brasil por Vicente Yáñez Pinzón: el Cabo de Santo Agostinho", en Huelva en su Historia X - D.L.: S-122-1997; I.S.S.N.: 1136-6877, Volume: 1 Páxinas, inicial:71 - final: 94. Universidade de Huelva, 2005.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Descubrimento de América |