Fisioloxía
A fisioloxía[1] (do grego φύσις (physis) que quere dicir "natureza" ou "orixe", e -λογία (-logia) que significa "estudo de")[2] é o estudo científico das funcións e mecanismos físicos e químicos que se desenvolven dentro dun sistema vivente.[3][4] Como rama da bioloxía, céntrase no estudo dos organismos, sistemas biolóxicos, órganos, tecidos, células e biomoléculas e en como realizan as funcións químicas e físicas que existen nun sistema vivo.[5]
Para entender as funcións fisiolóxicas é fundamatal a investigación dos fenómenos biofísicos e bioquímicos fundamentais, os mecanismos coordinados de control homeostáticos e a comunicación continua entre as células.[6]
O estado fisiolóxico é a condición normal das funcións do corpo, mentres que o estado patolóxico céntrase nas anormalidades que ocorren por mor das doenzas animais, incluíndo os humanos.[7] Segundo o tipo de organismos investigados, o campo pode dividirse en fisioloxía animal (incluíndo ós humanos), fisioloxía vexetal, fisioloxía celular e fisioloxía microbiana.[5]
O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é concedido pola Real Academia das Ciencias de Suecia a aqueles que acadasen logros significativos nesta disciplina.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fisioloxía.
- ↑ "physiology". Online Etymology Dictionary.
- ↑ hvs1001@cam.ac.uk. "What is physiology? — Faculty of Biology". www.biology.cam.ac.uk (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ Prosser, C. Ladd (1991). Comparative Animal Physiology, Environmental and Metabolic Animal Physiology (4th ed.). Hoboken, NJ: Wiley-Liss. pp. 1–12. ISBN 978-0-471-85767-9.
- ↑ 5,0 5,1 Hall, John (2011). Guyton and Hall textbook of medical physiology (12th ed.). Philadelphia, Pa.: Saunders/Elsevier. p. 3. ISBN 978-1-4160-4574-8.
- ↑ Widmaier, Eric P.; Raff, Hershel; Strang, Kevin T. (2016). Vander's Human Physiology The Mechanisms of Body Function. Nova York: McGraw-Hill Education. pp. 14–15. ISBN 978-1-259-29409-9.
- ↑ Medical News Today (ed.). "What is physiology?".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fisioloxía |
Bibliografía
editar- Widmaier, E.P., Raff, H., Strang, K.T. Vander's Human Physiology. 11th Edition, McGraw-Hill, 2009.
- Marieb, E.N. Essentials of Human Anatomy and Physiology. 10th Edition, Benjamin Cummings, 2012.