[go: up one dir, main page]

A tecnoloxía[2] (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di"[3]) é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento, así mesmo é a suma de técnicas, habilidades, métodos e procesos utilizados na produción de bens ou servizos ou no logro de obxectivos, como a investigación científica. A tecnoloxía pode ser o coñecemento de técnicas, procesos e similares, ou pode integrarse en máquinas para permitir o seu funcionamento sen un coñecemento detallado do seu funcionamento. Os sistemas (por exemplo, máquinas) que aplican tecnoloxía tomando unha entrada, cambiándoa de acordo con o uso do sistema e logo producindo un resultado denomínanse sistemas tecnolóxicos.[4]

Unha turbina de vapor coa caixa aberta. Estas turbinas producen a maior parte da electricidade que se utiliza na actualidade. O consumo de electricidade e os niveis de vida están altamente correlacionados.[1]
Robot Spirity en Marte, incorpora algunhas das tecnoloxías máis avanzadas para a exploración científica

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos seres humanos, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo nese mundo artificial, dende o máis simple e cotián até o máis novo e revolucionario, é tecnoloxía.

Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a:

  • As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos;
  • Un método ou proceso de construción e traballo (como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial);
  • A aplicación de recursos para a resolución de problemas;
  • O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura;
  • Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).

A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa creados polo ser humano, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.

Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.

Etimoloxía

editar

É unha palabra de orixe grega, τεχνολογία, formada por téchnē (τέχνη, arte, técnica ou artesanía), que se pode traducir como destreza) e loxía (λογία, a ciencia de algo).

Historia

editar
Artigo principal: Historia da tecnoloxía.

A historia da tecnoloxía é case tan vella como a historia da humanidade, e segue desde cando os seres humanos comezaron a usar ferramentas de caza e de protección. A historia da tecnoloxía ten consecuentemente embutida a cronoloxía do uso dos recursos naturais, porque, para seren creadas, todas as ferramentas necesitaron, antes de calquera cousa, do uso dun recurso natural adecuado. A historia da tecnoloxía segue unha progresión das ferramentas simples e das fontes de enerxía simples ás ferramentas complexas e das fontes de enerxía complexas, como segue:

As tecnoloxías máis antigas converteron recursos naturais en ferramentas simples. Os procesos máis antigos, tales como a arte rupestre e a raspaxe das pedras, e as ferramentas máis antigas, tales como a pedra lascada e a roda, son medios simples para a conversión de materiais brutos e "crús" en produtos útiles. Os antropólogos descubriron moitas cousas e ferramentas humanas feitas directamente a partir dos recursos naturais.

 
Avión de caza F-16 Falcon

As ferramentas máis sofisticadas inclúen desde máquinas simple como a panca (300 a.C.), o parafuso (400 a.C.), e a polea, ata a maquinaría complexa como o computador, os dispositivos de telecomunicacións, o motor eléctrico, o motor a inxección, entre moitos outros. As ferramentas e máquinas aumentan en complexidade na mesma proporción en que o coñecemento científico se expande.

A maior parte das novidades tecnolóxicas adoitan ser primeiramente empregadas na enxeñaría, na medicina, na informática e no ramo militar. Con iso o público doméstico acaba sendo o último a se beneficiar da alta tecnoloxía, xa que ferramentas complexas requiren unha manufacturación complexa, aumentando drasticamente o prezo final do produto.

A enerxía pode ser obtida do vento, da auga, dos hidrocarburos e da fusión nuclear. A auga fornece a enerxía co proceso da xeración do hidroenerxía. O vento fornece a enerxía usando correntes do vento que moven muíños de vento. Hai tres fontes principais dos hidrocarburos, ao lado da madeira e do seu carbón, gas natural, e petróleo. O carbón e o gas natural úsanse case exclusivamente como unha fonte de enerxía. O petróleo é amplamente usado como fonte de enerxía (gasolina e diésel) e é tamén un recurso natural usado na fabricación de plásticos e outros materiais sintéticos. Algúns dos máis recentes avances no ramo da xeración de enerxía inclúen a habilidade de usar a enerxía nuclear, derivada dos combustíbeis tales como o uranio, e a habilidade de usar o hidróxeno como fonte de enerxía limpa e barata.

Prehistoria

editar
referir ao pé de foto 
Unha persoa sostendo un machada de man

As ferramentas foron desenvoltas inicialmente por homínidos mediante a observación e o ensaio e erro.[5] Fai ao rededor duns 2 millóns de anos, aprenderon a fabricar as primeiras ferramentas de pedra martelando lascas dun seixo, formando unha machada de man afiada.[6] Esta práctica perfeccionouse fai 75 mil anos coa descamación a presión, que permitia un traballo moito máis fino.[7]

O dominio do lume polos primeiros humanos foi un punto chave na evolución tecnolóxica do home, permitindo un mellor aproveitamento dos alimentos e o aproveitamento dos recursos naturais que necesitan do calor para seren útiles, o control do lume foi descrito por Charles Darwin como "posiblemente a maior fazaña xamais realizada polo home".[8] As probas arqueolóxicas, dietéticas e sociais apuntan a un "uso continuo do lume [humano]" polo menos 1,5 millóns de anos.[9] O lume, alimentado con madeira e carbón vexetal, permitiu aos primeiros humanos cociñar os seus alimentos para aumentar a súa dixestibilidade, mellorando o seu valor nutritivo e ampliando o número de alimentos que podían consumirse.[10] A hipótese da cociña propón que a capacidade de cociñar promoveu un aumento do tamaño do cerebro dos homínidos, aínda que algúns investigadores consideran que as probas non son concluíntes.[11] As evidencias arqueolóxicas das lareiras datan de 790 millóns de anos; os investigadores cren que é probable que isto intensificase a socialización humana e contribuíse á aparición da linguaxe.[12][13]

A madeira, a arxila, e a rocha (tal como a pedra calcaria), estaban entre os materiais máis adiantados a seren tratados polo lume, para facer as armas, cerámica e cemento, entre outros. As mellorías continuas tales como a fornalla, permitiron a habilidade de derreter e forxar o metal (tal como o cobre, 8000 a.C.), e eventualmente á descubrimenro das aliaxes, tales como o bronce (4000 a.C.). Os primeiros usos do ferro e do aceiro, data de 1400 a.C..

Outros avances tecnolóxicos logrados durante o Paleolítico son o vestido e a vivenda. [14] Non existe consenso sobre a época aproximada da adopción de ningunha das dúas tecnoloxías, pero os arqueólogos acharon probas arqueolóxicas de pezas de vestir de entre 90 e 120 mil anos[15] e refuxios de 450 mil anos.[14] A medida que avanzaba o Paleolítico, as vivendas fixéronse máis sofisticadas e elaboradas; xa desde fai 380 mil anos, os humanos construían cabanas temporais de madeira.[16][17] A roupa, adaptada a partir de peles e coiros de animais cazados, axudou á humanidade para expandirse cara a rexións máis frías; os humanos comezaron a migrar fose de África ao redor de 200 mil anos, desprazándose inicialmente a Eurasia.[18][19][20]

Neolítico

editar
Artigo principal: Revolución neolítica.
Foto de ferramentas neolíticas expostas 
Conxunto de artefactos neolíticos, como brazaletes, cabezas de machada, ciceis e ferramentas puidas

A revolución neolítica (ou Primeira Revolución Agrícola) supuxo unha aceleración da innovación tecnolóxica e o consecuente aumento da complexidade social.[21] A invención da machada de pedra puída foi un gran avance que permitiu a tala de bosques e a agricultura a gran escala .[22] O uso de machadas de pedra puída aumentou moito no Neolítico, pero utilizouse orixinalmente no Mesolítico anterior nalgunhas zonas como Irlanda.[23] A agricultura alimentou a poboacións máis numerosas, e a transición ao sedentarismo permitiu a crianza simultánea de máis nenos, xa que os nómades xa non tiñan que cargar cos bebés. Ademais, os nenos podían contribuír á agricultura máis facilmente que nas actividades de cazadores-recolectores. .[24][25]

Con este aumento da poboación e da dispoñibilidade de man de obra produciuse un incremento da especialización laboral.[26] Non se sabe de certo que foi o que desencadeou a progresión desde as primeiras aldeas neolíticas até as primeiras cidades, como Uruk, e as primeiras civilizacións, como Sumeria; con todo, crese que influíron a aparición de estruturas sociais cada vez máis xerárquicas e de man de obra especializada, do comercio e a guerra entre culturas adxacentes, e a necesidade dunha acción colectiva para superar retos medioambientais como a irrigación.[27]

Ciencia e tecnoloxía

editar
 
As cámaras dixitais son un exemplo de obxecto tecnolóxico

A ciencia e a tecnoloxía sempre estiveron moi próximas unha da outra.

Podemos falar de dous grandes campos vinculados á actividade humana, moi ligados entre si pero substancialmente diferentes: o campo da ciencia (a indagación) e o campo da técnica e da tecnoloxía (a acción).

Podemos dicir que a ciencia está asociada ao desexo de coñecer (coñecer e comprender o mundo que nos rodea), mentres que a técnica e a tecnoloxía se vinculan á vontade das persoas de facer (facer cousas para satisfacer as súas necesidades ou desexos).

No campo da ciencia, a motivación é a ansia de coñecementos, a actividade é a investigación e o produto resultante é o coñecemento científico. No campo da tecnoloxía, a motivación é a satisfacción de necesidades ou desexos, a actividade é o desenvolvemento de proxectos, o deseño e a execución, e o produto resultante son os bens e servizos, os métodos e os procesos.

É bastante corrente confundir tecnoloxía con ciencia aplicada: isto é un erro, xa que a tecnoloxía non é soamente ciencia aplicada. É certo que se basea en coñecementos científicos, pero tamén se basea na experiencia, utiliza moitas veces coñecementos empíricos e ten en conta moitos outros factores, algúns alleos á específica aplicación de determinados coñecementos científicos, como por exemplo os aspectos prácticos da construción ou da produción industrial, os modos e medios de produción, a factibilidade económica, a adaptación do produto aos costumes do usuario, a aceptación que o produto poida ou non ter no público etc. Ademais a tecnoloxía está, sobre todo, vinculada a cousas, físicas ou virtuais, que o ser humano fai, a cousas artificiais.

Como exemplo, un xeólogo aplicado pode predicir un deslizamento de terra (ciencia aplicada), mentres que un enxeñeiro, proxectando e supervisando axeitadas obras de defensa, pode chegar a evitar o deslizamento de terra (tecnoloxía).

Tecnoloxía e economía

editar

Existe un equilibrio moi tenue entre as vantaxes e as desvantaxes que o avance da tecnoloxía trae para a sociedade. A principal vantaxe reflíctese na produción industrial: a tecnoloxía torna a produción máis rápida e maior, e, aínda así, o resultado final é un produto máis barato e con maior calidade.

As desvantaxes que a tecnoloxía trae son de tal forma preocupantes que case superan as vantaxes, unha delas é a contaminación, que, se non for controlada a tempo, evoluirá para un cuadro irreversíbel. Outra desvantaxe é en canto ao desemprego xerado polo uso intensivo das máquinas na industria, na agricultura e no comercio. A este tipo de desemprego, no cal o traballo do home é substituído polo traballo das máquinas, denominamos desemprego estrutural. Un dos países que máis sofren este problema é o Xapón, sendo aparentemente un dos principais motivos para o freo do crecemento da economía deste país a partir da década dos 90: xustamente, o desemprego estrutural.

Tipos de tecnoloxía

editar

Tamén podemos clasificar a tecnoloxía de acordo cos seus campos de estudo:

Lista de tecnoloxías

editar
 

Tecnoloxías clásicas

 

Tecnoloxías avanzadas

 

Tecnoloxías de comunicación

 

Tecnoloxía eléctrica fundamental

  1. Electricity in economic growth : a report (en inglés). Washington, D.C: National Academy Press. 1986. ISBN 978-0-309-03677-1. OCLC 45734143. doi:10.17226/900. Consultado o 10 de febreiro do 2024. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tecnoloxía.
  3. Scott, Robert (1871). A lexicon. ISBN 0-19-910207-4. OCLC 4060180. Consultado o 12 de febreiro do 2024. 
  4. "Presentación". Tecnología industrial II. España: Everest Sociedad Anónima. 2014. p. 3. ISBN 9788424190538. 
  5. Schiffer, M. B. (2013). "Discovery Processes: Trial Models". The Archaeology of Science. Manuals in Archaeological Method, Theory and Technique 9. Heidelberg: Springer International Publishing. pp. 185–198. ISBN 978-3319000770. doi:10.1007/978-3-319-00077-0_13. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2022. Consultado o 15 de febreiro do 2024. 
  6. The British Museum. "Our earliest technology?". smarthistory.org. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2022. Consultado o 15 de febreiro do 2024. 
  7. Minogue, K. (28 de outubro de 2010). "Stone Age Toolmakers Surprisingly Sophisticated". science.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2022. Consultado o 15 de febreiro do 2024. 
  8. Crump, Thomas (2001). A Brief History of Science. Constable & Robinson. p. 9. ISBN 978-1841192352. 
  9. Gowlett, J. A. J.; Wrangham, R. W. (1 de marzo de 2013). "Earliest fire in Africa: towards the convergence of archaeological evidence and the cooking hypothesis". Azania: Archaeological Research in Africa 48 (1). pp. 5–30. ISSN 0067-270X. doi:10.1080/0067270X.2012.756754. 
  10. Stahl, Ann B. (1984). "Hominid dietary selection before fire". Current Anthropology 25 (2). pp. 151–68. JSTOR 2742818. doi:10.1086/203106. 
  11. Wrangham, R. (1 de agosto de 2017). "Control of Fire in the Paleolithic: Evaluating the Cooking Hypothesis". Current Anthropology 58 (S16). pp. S303–S313. ISSN 0011-3204. doi:10.1086/692113. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2022. Consultado o 15 de febreiro do 2024. 
  12. Dunbar, R. I. M.; Gamble, C.; Gowlett, J. A. J., eds. (2014). Lucy to Language: the Benchmark Papers. Oxford University Press. ISBN 978-0199652594. OCLC 1124046527. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 15 de febreiro do 2024. 
  13. Wade, Nicholas (15 de xullo de 2003). "Early Voices: The Leap to Language". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 15 de febreiro do 2024. 
  14. 14,0 14,1 Shaar, Ron; Matmon, Ari; Horwitz, Liora K.; Ebert, Yael; Chazan, Michael; Arnold, M.; Aumaître, G.; Bourlès, D.; Keddadouche, K. (1 de maio de 2021). "Magnetostratigraphy and cosmogenic dating of Wonderwerk Cave: New constraints for the chronology of the South African Earlier Stone Age". Quaternary Science Reviews 259. p. 106907. Bibcode:2021QSRv..25906907S. ISSN 0277-3791. doi:10.1016/j.quascirev.2021.106907. 
  15. Hallett, Emily Y.; Marean, Curtis W.; Steele, Teresa E.; Álvarez-Fernández, Esteban; Jacobs, Zenobia; Cerasoni, Jacopo Niccolò; Aldeias, Vera; Scerri, Eleanor M. L.; Olszewski, Deborah I.; Hajraoui, Mohamed Abdeljalil El; Dibble, Harold L. (24 de setembro de 2021). "A worked bone assemblage from 120,000–90,000 year old deposits at Contrebandiers Cave, Atlantic Coast, Morocco". iScience 24 (9). p. 102988. Bibcode:2021iSci...24j2988H. ISSN 2589-0042. PMC 8478944. PMID 34622180. doi:10.1016/j.isci.2021.102988. 
  16. O'Neil, Dennis. "Evolution of Modern Humans: Archaic Homo sapiens Culture". Palomar College. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2007. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  17. Villa, Paola (1983). Terra Amata and the Middle Pleistocene archaeological record of southern France. Berkeley: University of California Press. p. 303. ISBN 978-0520096622. 
  18. Cordaux, Richard; Stoneking, Mark (2003). "South Asia, the Andamanese, and the Genetic Evidence for an 'Early' Human Dispersal out of Africa" (PDF). American Journal of Human Genetics 72 (6). pp. 1586–1590; author reply 1590–93. PMC 1180321. PMID 12817589. doi:10.1086/375407. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de outubro de 2009. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  19. "'Oldest remains' outside Africa reset human migration clock". phys.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  20. Harvati, Katerina; Röding, Carolin; Bosman, Abel M.; Karakostis, Fotios A.; Grün, Rainer; Stringer, Chris; Karkanas, Panagiotis; Thompson, Nicholas C.; Koutoulidis, Vassilis; Moulopoulos, Lia A.; Gorgoulis, Vassilis G.; Kouloukoussa, Mirsini (2019). "Apidima Cave fossils provide earliest evidence of Homo sapiens in Eurasia". Nature 571 (7766) (Springer Science and Business Media LLC). pp. 500–504. ISSN 0028-0836. PMID 31292546. doi:10.1038/s41586-019-1376-z. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2022. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  21. Kuijt, i., ed. (2002). Life in Neolithic Farming Communities: Social Organization, Identity, and Differentiation. Fundamental Issues in Archaeology. Springer New York. ISBN 9780306471667. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2022. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  22. Coghlan, H. H. (1943). "The Evolution of the Axe from Prehistoric to Roman Times". The Journal of the Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland 73 (1/2). pp. 27–56. ISSN 0307-3114. JSTOR 2844356. doi:10.2307/2844356. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2022. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  23. Driscoll, Killian (2006). The early prehistory in the west of Ireland: Investigations into the social archaeology of the Mesolithic, west of the Shannon, Ireland. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2017. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  24. University of Chicago Press Journals (4 de xaneiro de 2006). "The First Baby Boom: Skeletal Evidence Shows Abrupt Worldwide Increase In Birth Rate During Neolithic Period". ScienceDaily. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2016. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  25. Sussman, Robert W.; Hall, Roberta L. (abril de 1972). "Child Transport, Family Size, and Increase in Human Population During the Neolithic". Current Anthropology 13 (2). pp. 258–267. JSTOR 2740977. doi:10.1086/201274. 
  26. Ferraro, Gary P. (2006). Cultural Anthropology: An Applied Perspective. The Thomson Corporation. ISBN 978-0495030393. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 6 de marzo do 2024. 
  27. Patterson, Gordon M. (1992). The Essentials of Ancient History. Research & Education Association. ISBN 978-0878917044. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 6 de marzo do 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alemany, Carme; Tecnología y género. La reinterpretación de la tecnología desde la teoría feminista; en Barral M.J, Magallón C., Miqueo C., Sánchez M.D.; (eds.): Interacciones ciencia y género. Discursos y prácticas científicas de mujeres; Icaria Edit. S.A.; Barcelona, pp.81-99; 1999.
  • Álvarez, Charo; Reflexiones en torno a la participación de las mujeres en la ciencia y la tecnología. Artículo de referencia: Ciencia, Tecnología y Género; Marta I. González García y Eulalia Pérez Sedeño; http://www.uv.es/~reguera/etica/genero-ciencia.htm
  • Arregui Noguer, Beatriz; Sabaté Grau, Xavier (coord.) (2004) Tecnología y discapacidad visual : necesidades tecnológicas y aplicaciones en la vida diaria de las personas con ceguera y discapacidad visual. Madrid: ONCE, Consejo General. ISBN 84-484-0125-5
  • Ashton, T. S.; La Revolución Industrial: 1760-1830; Fondo de Cultura Económica; México; 1950.
  • Bernal, John D.; Historia social de la ciencia 1. La ciencia en la historia; Ediciones Península; Barcelona (España); 1967.
  • Bernal, John D.; Historia social de la ciencia 2. La ciencia en nuestro tiempo; Ediciones Península; Barcelona (España); 1967.
  • Buch, Tomás; Sistemas tecnológicos; Editorial Aique; Buenos Aires (Argentina); 1999.
  • Crónica de la Técnica, Plaza & Janes Editores, Barcelona (España), 1989.
  • Camp, Sprague de; The ancient engineers. Technology and invention from the earliest times to the Renaissance; Dorset Press; Nueva York (Estados Unidos); 1960. ISBN 9780880294560
  • Childe, V. Gordon; Los orígenes de la civilización; Fondo de Cultura Económica; México; 1971. OCLC 651284709
  • Ciapuscio, Héctor; Nosotros & la tecnología; Edit. Edit. Agora; Buenos Aires (Argentina); 1999; ISBN 9789879623558.
  • Derry T. K. - Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 1. Desde la antigüedad hasta 1750; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1977. ISBN 9788432302824
  • Derry T. K. - Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 2. 1750 hasta 1900; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1977. OCLC 689543600
  • Derry T. K. - Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 3. 1750 hasta 1900; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1977. ISBN 9788432302817
  • Ducassé, Pierre; Historia de las técnicas; Editorial Universitaria de Buenos Aires; Buenos Aires (Argentina); 1961.
  • Freedom Club, La sociedad industrial y su futuro, Ediciones Isumatag, 2011. ISBN 978-84-615-0761-0.
  • Enguix Grau, Begonya; Seminari A. 1 Gèneres i contemporaneïtats; FUOC: PID_00176383; Barcelona; 2014.
  • Ferraro, Ricardo A. - Carlos Lerch, ¿Qué es qué en tecnología?, Granica, cop. 1997; Buenos Aires. ISBN 9789506412463
  • González García, Marta I.; Pérez Sedeño, Eulalia; Ciencia, Tecnología y Género; Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología, Sociedad e Innovación; Número 2 / enero - abril de 2002 Artículos; ISSN 1681-5645. http://www.oei.es/revistactsi/numero2/varios2.htm
  • Jacomy, Bruno; Historia de las técnicas; Editorial Losada; Buenos Aires (Argentina); 1991.
  • Leroi-Gourhan, André; El hombre y la materia. Evolución y técnica I; Edit. Taurus; Madrid (España); 1988. ISBN 9788430660070
  • Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura; Ciencia, tecnología y género : Informe internacional; UNESCO; 2007; http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/SC/pdf/sc_stg_executive_summary-es.pdf
  • Pounds, Norman J. G.; La vida cotidiana: historia de la cultura material; Editorial Crítica; Barcelona (España); 1989. ISBN 9788474235395
  • Sabanes Plou, D; Género y tecnología. Capacitación para el activismo de las mujeres; Revista Icono14; 2011, Año 9 Vol. 1, pp. 110-128; ISSN 1697-8293. Madrid (España); http://www.icono14.net/ojs/index.php/icono14/article/view/221/98
  • Shanker, R; Culture and development. International Development Information Centre; Development Express; Canada Communication Group; 1998.
  • Simon, Herbert; Las ciencias de lo artificial; Edit. A. T. E.; España; 1973. ISBN 9788485047109
  • Solivérez, Carlos E.; Ciencia, Técnica y Sociedad; Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales; Buenos Aires (Argentina); 1992.
  • Toffler, Alvin; Future shock; Daily Press; Londres (Gran Bretaña); 1970.
  • Toffler, Alvin; La tercera ola; Plaza y Janés; 1980. ISBN 9788401370663
  • Westby, C. & Atencio, D.J.; Computers, culture, and learning; Top Land Disord, 22; (4), 70-87; 2002.
  • Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 4. Desde 1900 hasta 1950; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1982 y 1987. ISBN 9788432306136
  • Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 5. Desde 1900 hasta 1950; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1987. ISBN 9788432302824

Outros artigos

editar