[go: up one dir, main page]

Denomínase fanatismo o entusiasmo desmesurado a favor dunha crenza relixiosa ou ideoloxía política, aínda que tamén se pode dar en distintos aspectos da vida relacionados co deporte, coas estrelas musicais, ou con outras actividades promovidas pola sociedade do espectáculo. O fanatismo na relixión, por exemplo, atinxe aquelas persoas que non só cren que as súas crenzas son as únicas válidas, senón que perseguen e castigan ademais a quen non comparten esa fe.

Os fanáticos de Tánxer de Eugène Delacroix, Instituto de Arte de Minneapolis.

A psicoloxía afirma que a orixe do fanatismo xorde da necesidade de seguridade que experimentan algunhas persoas ou algúns grupos sociais. Trataríase dun mecanismo de compensación fronte ao sentimento de inferioridade.

Unha das causas das que deriva o fanatismo é o integrismo relixioso, defendido por faccións relixiosas partidarias de manter as normas e os costumes tradicionais, sen introducir cambios. Isto supón un gran perigo para o desenvolvemento das sociedades, pois se todas as comunidades se encerrasen nas súas particulares verdades, tan só lles quedaría a alternativa da destrución dos grupos que as descoñecen ou non as secundan. O fanatismo é unha actitude emocional vinculada a calquera tipo de totalitarismo.

Entre os distintos tipos de fanatismo, o relixioso é un dos tipos que máis controversia xerou ao longo da Historia provocando conflitos bélicos, holocaustos, asasinatos e actos terroristas. Un exemplo recente serían os disturbios rexistrados tras a publicación de caricaturas de Mahoma en revistas europeas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar