Radiografía
A radiografía ou raiografía é unha técnica de exame de imaxe que utiliza raios X para ver un material cuxa composición non é uniforme, como acontece co corpo humano.[1] Un feixe heteroxéneo de raios X é producido por un xerador e proxectado sobre unha superficie. A densidade e a composición de cada área determina a cantidade de raios X absorbida. Os raios X que o atravesan son capturados detrás do obxecto por un detector (sexa un filme fotográfico ou detector dixital). Prodúcese pois unha representación en dúas dimensións de todas as estruturas superpostas.
A raiografía permite observar diferentes órganos e sistemas do corpo humano dun xeito non destrutivo.
Tipos de radiografías
editarSen contraste radiolóxico
editar- Dental. Pantomografía dental[2]
- Cranio, sinus paranasais
- Columna: cervical, dorsal, dorsolumbar, lumbar, lumbosacra
- Parrilla costal
- Tórax: principalmente para a valoración dos pulmóns e o corazón
- Mamografía: valoración de masas nas mamas.
- Abdome (simple)
- Extremidades superiores
- Extremidades inferiores
- Telemetría: para a valoración da escoliose
- Tomografías: non empregadas dende a introdución da tomografía computadorizada (TC)
Con contraste radiolóxico
editarRaramente utilitzadas dende a introdución da ecografía:
- Mielografía: da medula espiñal
- Urografía: do tracto urinario
- Vesícula biliar
Pouco empregadas:
- Sialografía: das glándulas salivais
- Esofagograma: para a valoración da deglutición
- Colangiografía: das vías biliares
- Flebografía: das veas, habitualmente das extremidades inferiores
- Histerografía: da cavidade uterina
- Fistulografía: para valorar un traxecto fistuloso.
Galería de imaxes
editar-
Radiografía posteroanterior de tórax
-
Radiografía con contraste: esofagograma.
-
Radiografía con contraste: colecistoprancreatografía, amosando unha colelitiase.
Notas
editar- ↑ Fisterra (ed.). "Información para pacientes sobre las Radiografías (rayos X)". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ Medline Plus (ed.). "Radiografía dental". Consultado o 9 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Radiografía. (en castelán)