Universidade
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.
Historia
editarO precedente de todas as Universidades occidentais atópase na Academia Alexandrina, fundada no 288 a.C. No 340 fundouse a de Constantinopla. Na India hai datadas universidades no século V, como a de Nalanda, aínda que as modernas foron creadas durante a Idade Media europea. A primeira institución deste tipo que segue en funcionamento é a Universidade de Boloña, que máis tarde servirá de modelo para centros educativos similares. Por extensión utilízase para referirse noutras culturas a centros de educación superior e de reflexión, aínda que a súa creación pode ser moito anterior á Idade Media.
Inicialmente evolucionaron a partir do modelo das corporacións artesanais e como case todo na Idade Media, estaban moi vinculadas á Igrexa. Inicialmente, ensinábanse as ensinanzas inspiradas nas chamadas sete artes liberais (trivium ou trivio [1] e quadrivium [2] ou cuadrívio):
- Trivium: gramática, lóxica e retórica.
- Quadrivium: aritmética e xeometría, astronomía e música.
de onde proceden as actuais divisións entre disciplinas literarias e científicas.
Primeiras Universidadees de Europa e América
editar- Universidade de Boloña (Italia) en 1088, que recibe o título de Universidade en 1317;
- Universidade de Oxford (Inglaterra) en 1096;
- Universidade de París (Francia) en 1150, que recibe o título de Universidade en 1256;
- Universidade de Módena (Italia) en 1175;
- Universidade de Vicenza (Italia) en 1204;
- Universidade de Cambridge (Inglaterra) arredor de 1208;
- Universidade de Palencia (Castela) en 1208, precursora da Universidade de Valladolid;
- Universidade de Salamanca (Coroa de León e Galiza) en 1218; a súa orixe foron unhas Escolas da Catedral cuxa existencia pode rastrexarse até 1130, e é a primeira de Europa que recibiu título de Universidade, en 1253 polo edicto de Afonso X;
- Universidade de Padua (Italia) en 1222;
- Universidade de Nápoles Federico II (Italia) en 1224 (máis antiga Universidade estatal e laica do mundo);
- Universidade de Tolosa (Francia) en 1229;
- Universidade de Valladolid (Reino de Castela), século XIII (posíbel resultado do traslado da Universidade de Palencia por volta do 1240);
- Universidade de Murcia (Castela) en 1272;
- Universidade de Coímbra (Portugal) en 1290;
- Universidade de Lleida (Cataluña) en 1300;
- Universidade de Perugia (Italia) en 1308;
- Universidade Carolina de Praga en 1348;
- Universidade Sertoriana de Huesca, (Reino de Aragón) fundada en 1354;
- Universidade Jaguelónica de Cracovia, fundada en 1364;
- Universidade de Viena (Austria) en 1365; é a máis antiga nos estados xermánicos.
- Universidade de Heidelberg (Alemaña), en 1386; é a máis antiga de Alemaña.
- Universidade de Santiago de Compostela (reino de Galiza) en 1495.
- Universidade Complutense tamén chamada Universidade de Alcalá (histórica) ou Cisneriana (Castela) en 1499 (en 1836 é trasladada integramente a Madrid e únenlle varios colegios, cambiando de nome á Universidade Central de Madrid; posteriormente recupera o nome orixinal como Universidade Complutense de Madrid)
- Universidade de Estrasburgo (Francia), fundada en 1538.
- Universidade de Zaragoza (Aragón) fundada en 1542
- Real e Pontificia Universidade de México (Cidade de México) fundada en 1551
- Universidade Nacional Maior de San Marcos (Perú), fundada en 1551; chamada entón como Real Universidad de Lima.
- Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina), fundada en 1613.
En Galicia
editarA universidade moderna xurdiu en Europa na Idade Media. En Galicia existen hoxe en día tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidiu a creación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades. En Galicia tamén están presentes dúas universidades públicas de ensino a distancia, a Universidad Nacional de Educación a Distancia con catro centros asociados así como a Universidade Aberta portuguesa cun centro para toda Galicia, e un centro universitario privado, o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), afiliado ao University College Dublin.
Notas
editar- ↑ "Trivio". Real Academia Galega. Consultado o 24 de outubro de 2016.
- ↑ "Cuadrivio". Real Academia Galega. Consultado o 24 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade |