[go: up one dir, main page]

John Turberville Needham, nado o 10 de setembro de 1713 e finado o 30 de decembro de 1781, foi un biólogo inglés defensor da xeración espontánea.

Modelo:BiografíaJohn Needham

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJohn Turberville Needham
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1713 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1781 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Bruxelas, Bélxica Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía, natural science (en) Traducir e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneducador, filósofo, fisiólogo, naturalista, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1747–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

En 1745 John Needham realizou un experimento: ferveu caldo de carne para destruír os organismos preexistentes e colocouno nun recipiente que non estaba o debidamente selado, xa que segundo a súa teoría, necesitábase aire para que se produciran microorganimos. Ao cabo dun tempo observou colonias de microorganismos sobre a superficie e concluíu que se xeraban espontaneamente a partir da materia non viva.

En 1769, Lazzaro Spallanzani repetiu o experimento pero tapando os recipientes de maneira hermética, comprobando que deste xeito non aparecían colonias de microorganismos, o que contradicía a teoría da xeración espontánea.

Pero Needham argumentou que o aire era esencial para a vida, incluída a xeración espontánea de microorganismos, e que este aire fora excluído nos experimentos de Spallanzani; en concreto, chegou a afirmar que Spallanzani destruía o que el chamaba a "forza vexetativa". Porén, Spallanzani volveu abrir os recipientes onde supostamente destruíra esa forza vexetativa e observou que entón si aparecían os microorganismos.

Needham en 1748 publicou Observacións acerca da xeración, composición e descomposición das substancias animais e vexetais, traballo co que pretendía demostrar a teoría da xeración espontánea da vida a partir da materia inorgánica.

En 1768 foi elixido membro da Royal Society of London.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar