PO-531
PO-531 | |
---|---|
Estrada PO-531 ao seu paso por Campañó (Pontevedra) | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 18,80 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | Pontevedra (centro) |
Fin | VG-4.7 Baión |
Concellos que atravesa
|
A PO-531[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e Baión (Vilanova de Arousa); atravesa os concellos de Pontevedra, Poio, Barro, Meis e Vilanova de Arousa. Ten unha lonxitude de 18,80 quilómetros e iníciase no centro de Pontevedra e finaliza nun cruzamento coa VG-4.7 en Baión (Vilanova de Arousa). É un tramo da antiga estrada comarcal C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Parte da ponte da Barca, pasando pola Barca e O Vao (concello de Poio), Campañó e Alba (concello de Pontevedra), antes de internarse na parroquia de Curro (concello de Barro), onde se cruza coa AP-9 e conecta coa AG-41 (cara a Sanxenxo) e coa PO-300 (cara a Cambados). Chegando á final coa VG-4.7 e a estrada N-640 ao Carril (concello de Vilagarcía de Arousa).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.