PO-510
PO-510 | |
---|---|
Inicio da estrada en Atios, O Porriño | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 15,75 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-550 Atios |
Fin | PO-400 Oleiros |
Concellos que atravesa
|
A PO-510[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Atios (O Porriño) e Oleiros (Salvaterra de Miño); atravesa os concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Ten unha lonxitude de 15,75 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Atios (O Porriño) e finaliza nun cruzamento coa PO-400 en Oleiros (Salvaterra de Miño).
Percorrido e características
[editar | editar a fonte]A PO-510 ten a súa orixe na antiga estrada do Porriño a Salvaterra de Miño. Nos primeiros tres quilómetros segue o mesmo trazado que esta vía, atravesando unha zona industrial e o lugar de Vacaría, o que ten xerado as protestas dos veciños pola alta densidade de tráfico.[3]
A partir do quilómetro tres, segue un trazado de nova creación, tomando a antiga estrada a denominación PO-407 ou PO-399. Este trazado está completamente valado e non ten cruzamentos ao mesmo nivel coas outras vías. Remata nunha rotonda que a enlaza coas estradas PO-400 e PO-402.
En 2008 abriuse un ramal que permite acceder a autovía A-55 sentido Vigo directamente dende a PO-510 no enlace da Casilla,[4] o que permite ao tráfico procedente de Salceda de Caselas e de Salvaterra de Miño acceder a autovía sen atravesar o centro do Porriño ou o polígono industrial das Gándaras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Vecinos de A Vaquería cortan un carril de la PO-510". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "Salceda logra un enlace directo con la autovía a Vigo después de seis años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2008.