AC-441
AC-441 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 21,13 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AC-546 A Pereira |
Fin | AC-552 Berdoias |
Concellos que atravesa
|
A AC-441[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Pereira (Santa Comba) e Berdoias (Vimianzo); atravesa os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Zas, Vimianzo e Dumbría. Ten unha lonxitude de 21,13 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-546 na Pereira (Santa Comba) e finaliza nun cruzamento coa AC-552 en Berdoias (Vimianzo).
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada comeza o seu percorrido no cruzamento da AC-400 e a AC-546 na aldea da Pereira, no concello de Santa Comba. De aí parte cara ao norte salvando o río Xallas á altura de Brandomil. En Baíñas, xa no concello de Vimianzo, crúzase coa estrada que vai de Baio a Olveira logo de ter bordeado o encoro da Fervenza. Antes de rematar, por fin, na AC-552 en Berdoias, dúas estradas permiten anticipar dita conexión co consecuente aforro de quilómetros entre Baíñas e Berdoias: a DP-9203 en dirección nordés, cara a Vimianzo, e a AC-442 en dirección suroeste, cara a Dumbría e Cee.
Descrición
[editar | editar a fonte]A AC-441 forma parte do gran corredor que constitúe xunto coa AC-546 e a AC-544, que permite comunicar a área de Santiago de Compostela e as terras da Barcala e Xallas cos concellos da Costa da Morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.