AC-551
AC-551 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,22 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AG-55 Polígono industrial de Morás |
Fin | AC-552 Sabón |
A AC-551[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Polígono industrial de Morás e Sabón; ambas no concello de Arteixo. Ten unha lonxitude de 1,22 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-55 no polígono industrial de Morás (Arteixo) e finaliza nun cruzamento coa AC-552 en Sabón (Arteixo).
Historia e características
[editar | editar a fonte]As primeiras obras forma parte do acceso á autoestrada de peaxe da Coruña-Carballo foron iniciados a principios de 1992[3] e inauguraron o 26 de setembro de 1993.[4][5]
En febreiro de 1996,[6][7] coa inauguración do treito Arteixo-Ligazón AP-9, a parte oriental da estrada AC-551 puxera en servizo, a autovía do Noroeste, A-6, como treito final desta mesma autovía.
Na parte occidental da estrada AC-551, rematara as obras da rotonda elevada sobre a estrada AC-552 coa mellora das comunicacións á travesía de Arteixo, ao acceso ao polígono industrial de Sabón, á travesía de Oseiro e á travesía de Vilarrodís, foi posto en servizo en decembro de 2014,[8] incluíndo a duplicación da calzada desde a rotonda elevada ata a metade da mesma estrada.
En marzo de 2020[9] foi posto en servizo, a nova ligazón do acceso ao polígono industrial de Morás, que está a uns escasos metros da autoestrada de peaxe, AG-55 e a conexión directa á autovía do Noroeste, A-6.
A AC-551 consta dun único carril por sentido da circulación sen posibilidade de realizar adiantamentos e debido ao seu carácter estratéxico, entre dous nós importantes da rede viaria galega, desde hai tempo varias administracións, públicas e privadas, reclaman o seu desdobramento para aumentar a súa capacidade e mellorar deste xeito os fluxos de tráfico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "«Cincuenta personas impiden en Freón y Loureda el comienzo de las obras de la autopista La Coruña-Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 1992.
- ↑ "«Inauguración do treito A Coruña-A Laracha da autoestrada A-55»". Consultado o 26 de setembro de 1993.
- ↑ "«Miles de personas recorrieron ayer la autopista de Carballo tras su inauguración»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 1993.
- ↑ "«Inauguración do treito da autovía do Noroeste entre a autoestrada AP-9 e Arteixo»". Consultado o 8 de febreiro de 1996.
- ↑ "«Borrell abrió el tramo de la autovía del Noroeste entre Arteixo y Montesalgueiro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de febreiro de 1996.
- ↑ "La apertura de la rotonda abre una nueva etapa en Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2014.
- ↑ "Abierta al tráfico la conexión de la A-6 con el polígono de Morás". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2020.