[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

AG-51

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AG-51
Acceso á PLISAN
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude4,5 (2,36 en servizo) km
Localización
Inicio A-52  (saída 291 Lira)
FinPLISAN
Circulación
Velocidade máxima80 km/h

A AG-51 é unha autovía autonómica proxectada para dar acceso á PLISAN desde a A-52. A obra foi adxudicada en febreiro de 2010 a Dragados SA e OCASA por un importe de 18 millóns de euros. A lonxitude total é de 4,5 quilómetros cunha velocidade limitada a 80 km/h.[1]

A súa posta en servizo foi adiada en diversas ocasións: primeiramente estaba prevista para 2009, logo 2012 e logo 2013[2], porén non estaría -parcialmente- en funcionamento até febreiro de 2015 para dar servizo, cun tramo de 2,36 km[3], a dúas parroquias de Salvaterra.[4]

No Plan MOVE recóllese unha ampliación cara Portugal mediante unha nova ponte internacional no horizonte 2020.

Futuros enlaces

[editar | editar a fonte]
número de saída nome da saída estrada coa que liga
Vigo
Ourense
 A-52 
Enlace de Vales  PO-402  
PLISAN
  1. "A Xunta adxudica a autovía de enlace da Plisan e a A-52". Galicia Hoxe. 04.02.2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-16. 
  2. Ángel Paniagua (2009-08-18). "La Xunta prometió hacer el acceso al Puerto Seco en 24 meses y tardará 40". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-16. 
  3. "Rede Autonómica de Estradas de Pontevedra" (PDF). Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2019. Consultado o 16.08.2017.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  4. Gabino Porto (10.02.2015). "La Xunta abre la autovía de la Plisan para dar servicio a dos parroquias de Salvaterra". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2017-08-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]