OU-122
OU-122 | |
---|---|
Antigo fito quilométrico da estrada OU-122 ao seu paso por Casaio (Carballeda de Valdeorras) | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 26,26 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-536 Sobradelo |
Fin | LE-126 Porto de Fonte da Cova |
A OU-122[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sobradelo e o Porto de Fonte da Cova; ambas no concello de Carballeda de Valdeorras. Ten unha lonxitude de 26,26 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-536 en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e finaliza nun cruzamento coa LE-126 no porto de Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) co límite provincial de Ourense e León (Castela e León).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace a uns 385 m de altitude, a carón da desembocadura do río Casaio no río Sil, e ascende até os 1765 m de altitude. Ao pouco de comezar hai un desvío á dereita cara a Robledo pola estrada OU-0802. Logo de pasar a carón do encoro de Casoio comeza a ascender. No km 5 atravesa Viladequinta, no km 8 atravesa o lugar do Trigal e pouco despois hai un desvío á esquerda cara á Portela. No km 11 hai un desvío á esquerda cara a Lardeira, e no km 16 hai un desvío á dereita cara a Casaio pola estrada OU-123. Ao chegar á Fonte da Cova continúa como estrada LE-126 co límite provincial de Ourense e León (Castela e León).
Historia
[editar | editar a fonte]A construción da estrada foi iniciada en 1938, cando un consorcio hispano-alemán comezou a explotar as minas de Valborraz, en Casaio. Por Sobradelo pasaba a estrada entre Ourense e Ponferrada (despois nomeada N-120, actual N-536), pola que se levaba o mineral extraído na mina até o porto de Vigo, onde embarcaba cara a Alemaña.[3]
A estrada está en boas condicións para a circulación, porque é utilizada decote por camións debido ás numerosas minas de lousa que hai na zona. No seu percorrido conserva dous fitos quilométricos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ García Tato, Isidro (2016). El Destacamento Penal de las minas de wolfram de Valborrás de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-10134-3.