AC-862
AC-862 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 67,93 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | Ferrol (leste) |
Fin | LU-862 O Porto do Barqueiro |
Concellos que atravesa
|
A AC-862[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ferrol e O Porto do Barqueiro (Mañón); atravesa os concellos de Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cedeira, Ortigueira e Mañón. Ten unha lonxitude de 67,93 quilómetros e iníciase no leste de Ferrol e finaliza nun cruzamento coa LU-862 no Porto do Barqueiro (Mañón).
Percorrido
[editar | editar a fonte]No seu trazado, atravesa o núcleo urbano de Narón, o barrio de Xuvia, e os núcleos urbanos de San Sadurniño e Ortigueira, entre outros lugares. Tras superar a entrada da vila do Barqueiro, unha ponte cruza o río Sor, logo do cal comeza a provincia de Lugo, onde a estrada cambia de nomenclatura, pasando a denominarse LU-862. Xa con esta denominación, conecta con Viveiro e termina o seu percorrido nos arredores de San Cibrao, no cruzamento coa estrada N-642.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Xulgado de Paz de Narón ao pé da AC-862
-
Empresa téxtil ao pé da AC-862 no Concello de Neda
-
Cruzamento da AC-862 coa liña de tren Ferrol-Xixón en Ortigueira
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.