Rede de estradas de Galicia
Aparencia
A Rede de estradas de Galicia ou, na súa denominación pola Xunta de Galicia, Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) comprende o conxunto de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Está formada polas estradas cuxo itinerario discorre integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan de titularidade do estado español ou doutros organismos como concellos ou deputacións.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]As estradas da rede reciben unha nomenclatura de acordo coas súas calidades:
Termos | Descrición |
---|---|
AG-XX | Son as vías que entran na definición de autoestrada e de autovía. Sinalízanse coa cor azul. A velocidade máxima é de 120 km/h. |
CG-X.x | Corredores. Cumpren moitas das condicións das AG, agás por que só dispoñen dunha calzada. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h. Non teñen cruzamentos a nivel. Moitos pensáronse para converteren en autovía nun futuro. |
VG-X.x | Corredores curtos que dispoñen dunha calzada. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h, pero pode ser menor, xa que poden ter rotondas no seu percorrido. |
AC-XXX LU-XXX OU-XXX PO-XXX |
Estradas convencionais, ás que se lles asigna unha función segundo como vertebren o territorio. Identifícanse coas cores laranxa, verde e amarelo. A velocidade máxima é de 90 km/h. |
Mapa de estradas
[editar | editar a fonte]O mapa da Rede Autonómica de Estrada de Galicia recolle as estradas de titularidade da Comunidade Autónoma, pintadas en diferentes cores segundo o tipo de rede á que pertencen.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |