[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

PO-300

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-300
Mapa
Estrada PO-300
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude9,04 km
Formato1 carril por sentido
Localización
InicioZacande
Fin VG-4.3  Cambados

A PO-300[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Zacande (Meis) e Cambados; atravesa os concellos de Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Cambados. Ten unha lonxitude de 9,04 quilómetros e iníciase en Zacande (Meis) e finaliza nun cruzamento coa VG-4.3 en Cambados.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

A estrada é un tramo do camiño entre Pontevedra e Cambados. Sae desde Zacande, no concello de Meis, iniciado desde o tramo urbano. Despois de entrar no concello de Ribadumia cruza Portarís (Lois), Abelenda e A Costa (Leiro) até chegar a Ponte Arnelas.

Cruza o río Umia pola ponte de Santa Marta (antigamente pola ponte dos Padriños) e entra no concello de Vilanova de Arousa. Despois chega ao concello de Cambados por Oubiña, cruza o polígono industrial do Salnés e tras pasar Sameiro e Cacabelos chega a unha rotonda na que remata. Alí conecta coa VG-4.2 e a VG-4.3, e está prolongada pola estrada PO-550, que segue até A Lanzada.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.