[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

AG-53

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AG-53
Autovía Dozón - Ourense
TipoloxíaAutovía libre de peaxe
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude30,89 km
Localización
InicioAlto de Santo Domingo (Dozón) - AP-53
FinBarbantes - A-52

A Autovía libre de peaxe Dozón - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta entre Alto de Santo Domingo (Dozón) coa conexión da Autoestrada Central Galega e Barbantes co enlace á autovía A-52 e é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.

Construción

[editar | editar a fonte]
Viaduto sobre o río Miño.

O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Ministerio de Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns.

O goberno central de José María Aznar rexeita a construción do treito Dozón - Ourense por mor do escaso tráfico da AP-53. A Xunta toma a iniciativa de rematar a autoestrada ata Ourense en solitario creando, en xullo de 2003, a sociedade pública ACEOUSA, para a construción e explotación da vía e facendo un investimento de 178,9 millóns de euros. Está é a razón pola cal a autoestrada cambia de nome nese tramo. A AG-53 é construída en dous treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración
Alto de Santo Domingo (Dozón) - San Cristovo de Cea 17 Outubro 2007
San Cristovo de Cea - Barbantes (enlace A-52) 14 Abril 2009

A Xunta de Emilio Pérez Touriño libera a AG-53 de peaxe para os usuarios, establecendo unha peaxe na sombra, baixo a cal é a Xunta quen paga directamente á concesionaria (ACEOUSA). Tamén modifica a saída de Piñor creando un enlace completo no canto dun semienlace só con Ourense como se tiña proxectado.

A autoestrada ó completo ponse en servizo ó 25 de abril do 2009 sen acto inaugural, tras un comunicado da Garda Civil de tráfico de Ourense[3]. A razón de que non houbera acto político inaugural, fora o recente cambio de goberno que se produciu, e ó novo executivo non lle correspondía inaugurala. A placa de inauguración autoestrada di "O último treito da autoestrada Santiago - Ourense foi inaugurado ó 25 de abril do 2009. Sirva esta placa en lembranza ós que participaron no seu deseño e construción."[4]

O ramal ao Carballiño denominado AG-54, é un treito de autovía de 5 quilómetros que conecta Maside e a capital da comarca ca AG-53. O investimento neste ramal estaba presupostado na construción da AG-53. Inaugurouse en outubro de 2009.

O treito xestionado por ACEOUSA (Autoestrada Central Ourense SA) é sufragado pola Xunta en función dos vehículos que a utilicen. O prezo por quilómetro que a Xunta ten que pagar é o mesmo que o que pagan os usuarios na AP-53[5].

Infraestruturas destacables

[editar | editar a fonte]
  • Viaduto do Barbantiño, de 780 m de lonxitude e altura de ata 80 m.
  • Viaduto do Miño, de 440 m de lonxitude.
número de saída nome da saída estrada coa que liga
Fin da AG-53, pasa a ser AP-53  AP-53 
65 Piñor
Ourense
 N-525 
73 San Cristovo de Cea
O Carballiño
 OU-504  
 N-541 
 N-525 
78 Ramal ó Carballiño
O Carballiño
Maside
 AG-54 
79 Área de Servizo do Barbantiño (por licitar)[6]
Ourense
Benavente
Vigo
Cortegada
 A-52 
 OU-402  

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]