[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

LU-021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LU-021
Ronda Leste de Lugo
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude2,4 km
Localización
Inicio N-640 
Fin LU-530 
Circulación
Velocidade máxima100 km/h

A LU-021 ou Rolda Leste de Lugo, é unha autovía da Xunta de Galicia, circunvala a cidade polo leste, seguindo un trazado case paralelo ao da A-6.

Está subdivida en 2 tramos (N-640 - LU-530, e LU-530 - LU-11) e, a data de decembro do 2009, só o primeiro tramo estaba aberto para a circulación[1].

Nun futuro continuarase desde o cruzamento coa LU-530 até A Tolda, onde tamén conflúe a LU-11, chegando a acadar os 6 km de lonxitude.

A súa limitación de velocidade é de 100 km/h.

En novembro de 2011 a Deputación Provincial de Lugo esixía á Xunta de Galicia a inmediata apertura desta Ronda Leste.[2]

  1. Enrique G. Souto (2009-12-19). "La Xunta prevé contratar la segunda fase de la ronda este en el 2011". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-11. 
  2. "A Deputación esixe á Xunta a apertura da Ronda Leste logo de que se quintuplicase o tráfico no paseo do Rato". www.deputacionlugo.org. Arquivado dende o orixinal o 22-12-2011. Consultado o 11-5-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]