The Quest of Erebor
"The Quest of Erebor" é unha obra de ficción e fantasía escrita por J. R. R. Tolkien que foi publicada postumamente polo seu fillo Christopher Tolkien como parte do libro Unfinished Tales (1980). Esta obra explica como e o motivo polo cal Gandalf organizou a recuperación da Montaña Solitaria (Erebor en sindarin), unha aventura relatada dende a perspectiva do hobbit Bilbo Bulseiro, moitos anos antes, na obra de Tolkien O hobbit.
Historia
[editar | editar a fonte]"The Quest of Erebor" foi escrita orixinalmente na década de 1950 para ser un apéndice da obra O Señor dos Aneis, mais Tolkien decidiu non incluíla por mor das limitacións de espazono, e só apareceu unha versión abreviada do conto no apéndice A, III "Durin's Folk". Aínda que ningún dos manuscritos orixinais tiña data, pódese deducir que a historia foi escrita antes do 29 de setembro de 1953, data na que Tolkien recibiu por primeira vez as probas das páxinas da obra A Irmandade do Anel. Unha nota no borrador máis antigo coñecido facía referencia a un número de páxina na "Irmandade".
Existen varios manuscritos da obra. A primeira forma publicada da historia apareceu en "Unfinished Tales" (1980), compilada polo fillo de Tolkien, Christopher. Ao final desta versión, Christopher incluíu extractos dun manuscrito anterior e máis longo, que máis tarde foi publicado na súa totalidade en The Hobbit Annotated. O borrador máis antigo coñecido atopouse e publicouse máis tarde en The Peoples of Middle-earth (1996) como parte da historia do desenvolvemento do apéndice A.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tolkien, J. R. R.; Douglas A. Anderson (2002). The Annotated Hobbit: Revised and Expanded Edition. Nova York: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-13470-0.