Ted Nasmith
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Goderich, Canadá (pt) |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, pintor, músico |
Páxina web | tednasmith.com |
Ted Nasmith, nado en 1956, é un artista, illustrator e deseñador arquitectónico canadense. É máis coñecido por ser un dos ilustradores das obras de J. R. R. Tolkien, principalmente O hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende pequeno debuxou por afección, mais ao entrar no instituto inscribiuse nun programa de arte comercial. Foi tres anos despois cando leu O Señor dos Aneis por recomendación da súa irmá e dende entón centrou a súa atención nesta obra.[2] Entre as súas influencias á hora de ilustrar as obras de Tolkien, Nasmith recoñeceu aos autores románticos dos séculos XIX e XX, filmes ou arquivos pictóricos das bibliotecas públicas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoyt, Randy (1 de xaneiro de 2009). "Illustrating Tolkien: Ted Nasmith Interview". Journey to the Sea.
- ↑ "About me". Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2009. Consultado o 6 de maio de 2009.
- ↑ "Galleries inspired by J. R. R. Tolkien". Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2009. Consultado o 6 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ted Nasmith |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)