O camiño segue e segue (canción)
"O camiño segue e segue"[2] (en inglés: The Road Goes Ever On) é un título que abrangue as diferentes versións dunha canción que J. R. R. Tolkien escribiu para o seu legendarium da Terra Media. Nas historias de Tolkien, a canción orixinal foi composta por Bilbo Bulseiro e rexistrada no libro O hobbit. Existen diferentes versións que tamén aparecen no libro O Señor dos Aneis, xunto con outras cancións do camiño semellantes.
Os estudosos sinalaron que o camiño de Tolkien é un símbolo sinxelo da vida e as súas posibilidades, e que a Terra Media é "un mundo de camiños", xa que tanto O hobbit como O Señor dos Aneis comezan e rematan na porta de Vila Bulsa, o fogar de Bilbo. Tamén observaron que se "a fonda iluminada" no camiño significa morte, entón o propio camiño é a vida, e tanto a canción como as novelas pódense interpretar como un proceso de individuación psicolóxica. Esta canción dá nome ao ciclo de cancións de Donald Swann O camiño segue e segue, publicado en 1967, onde é a primeira da lista. Todas as versións da canción foron musicadas polo grupo The Tolkien Ensemble.
Versións da canción
[editar | editar a fonte]Na obra O hobbit
[editar | editar a fonte]A versión orixinal da canción é recitada por Bilbo no capítulo 19 do Hobbit, ao final da súa viaxe de volta á Comarca cando chega ao cumio dun outeiro e ve a súa casa ao lonxe.[T 1]
Na obra O Señor dos Aneis
[editar | editar a fonte]Existen tres versións da canción "O camiño segue e segue" na novela O Señor dos Aneis.
1) A primeira é na Irmandade do Anel, Libro I, capítulo 1. A canción é recitada por Bilbo cando deixa A Comarca. Deixou atrás o Anel Único, legándollo a Frodo, e prepárase para visitar Valfendido, onde espera rematar de escribir o seu libro.[T 2]
2) A segunda versión aparece no Libro 1, capítulo 3. É idéntica á anterior agás polo cambio da palabra "eager" (traducido como lixeiro en galego) por "weary" (canso na versión en galego) na quinta liña. É recitada por Frodo en voz alta, lentamente, mentres el e os seus compañeiros chegan a un camiño coñecido na súa viaxe para saír da Comarca.[T 3]
3) A terceira versión aparece no Regreso do Rei, Libro VI, capítulo 6. É recitada por Bilbo en Valfendido despois de que os hobbits regresaran da súa viaxe. Bilbo é agora un vello hobbit, que murmura o verso e logo adormece.[T 4]
O estudoso en humanidades Brian Rosebury cita a lembranza que fai Frodo aos outros hobbits dos pensamentos de Bilbo sobre 'o camiño': "Adoitaba dicir que só había un camiño; que era como un gran río: nacía en cada porta e cada carreiro era o seu afluente. É perigoso saír da porta, Frodo", adoitaba dicir. "Méteste no camiño e, se non dominas os teus pasos, non se sabe a onde te poden arrastrar". Rosebury comenta que o "simbolismo caseiro" aquí é bastante claro, que "o camiño representa" a vida, ou mellor dito as súas posibilidades, de feito probabilidades, de aventura, compromiso e perigo; polo medo a perderse e a esperanza de volver a casa".[3] Observa ademais que a Terra Media é claramente "un mundo de camiños", como se ve en "O hobbit" e "O Señor dos Aneis", que "comezan e rematan na porta de Vila Bulsa".[3]
O estudoso de Tolkien Tom Shippey contrasta as versións das cancións cantadas por Bilbo e Frodo. Bilbo segue o "camiño... con pés ansiosos", coa esperanza de chegar á paz de Valfendido, para retirarse e tranquilizarse; mentres que Frodo canta "con pés cansos", esperando dalgún xeito chegar a Mordor portando o Anel, e tentar destruílo nos lumes do Monte do Destino: destinos e obxectivos moi diferentes. Shippey sinala que "se a fonda iluminada" no camiño significa morte, entón "o camiño" debe significar vida", e o poema e a novela poderían estar falando do proceso de individuación psicolóxica.[4]
Unha canción de camiño diferente
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Canción de viaxe.
Nas dúas versións de "Canción de viaxe" vense cambios semellantes no estado de ánimo e nas palabras, mantendo a mesma métrica e de xeito similar ao comezo e ao final do Señor dos Aneis.
A primeira versión, no capítulo "Tres son compañía", é cantado polos hobbits cando están camiñando pola Comarca, xusto antes de encontrarse cunha compañía de elfos. No texto danse tres estrofas, coa primeira estrofa que comeza "No lar o lume é vermello...".[T 3]
É esta parte da canción a que se repite con palabras diferentes máis adiante no libro. Esta nova versión é cantada suavemente por Frodo mentres el e Sam camiñan pola Comarca uns anos despois de que regresaran, e mentres Frodo se prepara para reunirse a Elrond e outros para viaxar aos Portos Grises e embarcar cara ao Oeste.
A liña final do verso é unha variante da frase "ó oeste da lúa, ó leste do sol", e úsase en contos de fadas como Østenfor sol og vestenfor måne para referirse ao outro mundo, o cal é fantasticamente difícil de alcanzar. Neste caso refírese a Aman, ao que só se pode chegar polo camiño recto.[1]
Arranxos musicais
[editar | editar a fonte]Música clásica
[editar | editar a fonte]A canción principal e varias outras foron musicadas por Donald Swann como parte do libro e da gravación O camiño segue e segue, que reciben o nome desta canción.[T 5] Todo o ciclo de cancións foi musicado en 1984 polo compositor Johan de Meij; outro escenario do ciclo foi musicado polo compositor estadounidense Craig Russell en 1995.[5] Todas as cancións foron musicadas por The Tolkien Ensemble nos seus catro álbums de Tolkien, comezando por An Evening in Rivendell, como parte do proxecto xa rematado de ambientar musicalmente todos os poemas da obra O Señor dos Aneis.[6] O UC Berkeley Alumni Chorus encargou á compositora estadounidense Gwyneth Walker a música do poema en 2006, o cal fixo de varias maneiras non relacionadas musicalmente.[7]
Cinema, radio e teatro musical
[editar | editar a fonte]Unha versión musical dalgunhas seccións desta canción de Glenn Yarbrough pódese escoitar no filme animado de Rankin/Bass de 1977 The Hobbit. Unha canción completa, Roads, foi escrita para o filme; pódese escoitar na banda sonora e LP. A mesma melodía utilizouse na versión animada de The Return of the King.[8] A canción pódese escoitar na versión de radio da BBC de 1981, cantada por Bilbo (John Le Mesurier) cunha melodía de Stephen Oliver.[9]
Unha versión musical dalgunhas seccións da canción pódese escoitar no filme de 2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring, composta por Howard Shore. É cantada por Gandalf (Ian McKellen) na escena inicial, e tamén por Bilbo (Ian Holm) cando sae de Vila Bulsa. O canto de Gandalf pódese escoitar na canción "Bag End" en Complete Recordings of The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring, e o de Bilbo en "Keep It Secret, Keep It Safe".[10]
Grandes partes da canción foron incluídas en "The Last Goodbye" de Billy Boyd na banda sonora e nos créditos de The Hobbit: The Battle of the Five Armies.[11][12]
Unha canción sen relación, composta por Shore e chamada "The Road Goes Ever On..." ("Pt. 1"[13] e "Pt. 2"[14]) é o trixésimo quinto e o trixésimo sétimo tema de Complete Recordings. É unha versión do tema "The Breaking of the Fellowship"[15] da banda sonora de 2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring: Original Motion Picture Soundtrack e presenta a canción "In Dreams" cantada por Edward Ross e James Wilson. Aparece debilmente durante os créditos finais, despois de "May It Be".
O musical de 2006 Lord of the Rings inclúe unha canción, "The Road Goes On", cuxa letra está baseada libremente neste poema.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O hobbit, cáp. 19 "The Last Stage"
- ↑ A Irmandade do Anel, Libro 1, cáp. 1 "Unha reunión moi esperada"
- ↑ 3,0 3,1 A Irmandade do Anel, Libro 1, cáp. 3 "Tres son compañía"
- ↑ O Regreso do Rei, Libro 6, cáp. 6 "Moitas despedidas"
- ↑ Tolkien & Swann 2002
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Shippey 2005, pp. 324–328.
- ↑ O señor dos aneis I. A irmandade do anel. Traducido por Moisés Barcia Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2001. ISBN 84-8302-683-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ 3,0 3,1 Rosebury, Brian (2016). Tolkien: a Critical Assessment. Londres: Palgrave Macmillan. p. 25. ISBN 978-1-349-22133-2. OCLC 1083467593.
- ↑ Shippey 2005, pp. 210–211.
- ↑ Buja, Maureen (16 de xaneiro de 2019). "The Inspiration of Imagination – Frodo & Bilbo". Interlude. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020.
- ↑ The Tolkien Ensemble (1997). An Evening in Rivendell (CD). Classico.
- ↑ Walker, Gwyneth (2006). "The Road Goes Ever On". Gwyneth Walker. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ diPaolo, Marc (2018). Fire and Snow: Climate Fiction from The Inklings to Game of Thrones. Albany: State University of New York Press. p. 36. ISBN 978-1-4384-7045-0. OCLC 1045630002.
- ↑ Oliver, Stephen (compositor), Clarke, Oz; James, David; Vine, Jeremy (voces) (1981). Music From The BBC Radio Dramatisation Of J. R. R. Tolkien's The Lord Of The Rings (Vinyl). Londres: BBC Records. REH 415.
- ↑ McKellen, Ian; Holm, Ian (voces), Shore, Howard (música) (2005). The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring: The Complete Recordings (CD). Reprise.
- ↑ "The Hobbit: The Battle Of The Five Armies - The Last Goodbye - Billy Boyd (Official Music Video)" (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Our final trip to Middle-earth to finish with ‘The Last Goodbye’ sung by Billy Boyd" (en inglés). 2014-10-20. Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "The Road Goes Ever On... , Pt. 1" (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "The Road Goes Ever On... , Pt. 2 / "In Dreams" (feat. Edward Ross)" (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "The Breaking of the Fellowship (feat. "In Dreams")" (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "The Road Goes On Lyrics - Lord of the Rings musical". www.allmusicals.com (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Shippey, Tom (2005) [1982]. The Road to Middle-Earth (Terceira ed.). HarperCollins. ISBN 978-0261102750.
- Tolkien, J. R. R. (2002) [1937]. Douglas A. Anderson, ed. The Annotated Hobbit. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-618-13470-0.
- Tolkien, J. R. R. (1954a). The Fellowship of the Ring. The Lord of the Rings. Boston: Houghton Mifflin. OCLC 9552942.
- Tolkien, J. R. R. (1955). The Return of the King. The Lord of the Rings. Boston: Houghton Mifflin. OCLC 519647821.
- Tolkien, J. R. R.; Swann, Donald (2002) [1968]. The Road Goes Ever On (3ª edición). Londres: HarperCollins. ISBN 978-0-00-713655-1.