[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Limpando a Comarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Limpando a Comarca"[1] (en inglés: The Scouring of the Shire) é o penúltimo capítulo da novela de fantasía O Señor dos Aneis escrita por J. R. R. Tolkien. Os hobbits da Irmandade do Anel Frodo, Sam, Merri e Pipin, regresan á Comarca para descubrir que está baixo o brutal control duns rufiáns e do seu líder "Sharkey", quen despois se descobre que é o mago Saruman. Os rufiáns saquearon a Comarca, cortando árbores e destruíndo casas vellas, así como sustituíndo o vello muíño por un meirande cheo de maquinaria que contamina o aire e a auga. Os hobbits chaman á rebelión da Comarca, liderando aos seus compañeiros hobbites na batalla de Bywater, e acabando co dominio de Saruman.

Os críticos consideran "The Scouring of the Shire" o capítulo máis importante na obra O Señor dos Aneis. Tolkien negou que ese capítulo fose unha alegoría do estado de Gran Bretaña logo da segunda guerra mundial. Porén, comentaristas e críticos vírono como aplicable a ese período, con claras referencias políticas contemporáneas, entre as que se inclúen unha sátira do socialismo, ecos do nazismo, alusións á escaseza na Gran Bretaña da posguerra e ao ambientalismo.

A idea deste capítulo foi, como afirmou Tolkien, planificada dende o comezo, como parte da estrutura formal xeral do "Señor dos Aneis", aínda que os seus detalles non se elaboraron ata moito máis tarde. O tema central da obra é emprender a viaxe física para destruír o Anel Único, mais é equilibrado por un capítulo sobre o regreso a casa na procura moral para purificar a Comarca e asumir a propia responsabilidade. Porén, e engadido de Saruman a esta parte da historia como a razón pola que a Comarca debía ser salvada chegou moito máis tarde na composición de Tolkien; considerou outras identidades para o malvado Sharkey antes de decidirse por Saruman.

O capítulo quedou fóra de todas as adaptacións cinematográficas da novela, agás na triloxía cinematográfcia de Peter Jackson, na cal aparece como un breve cando Frodo mira no espello de Galadriel como unha bóla de cristal, e pola morte de Saruman, que se nos filmes ocorre en Isengarda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]