[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bagadouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bagadouro (no orixinal en inglés: Goldberry) é un personaxe presente nas obras do autor J. R. R. Tolkien. Apareceu por primeira vez no poema de 1934 The Adventures of Tom Bombadil, onde aparece como a esposa do personaxe Tom Bombadil. Tamén é coñecida como a "filla da Muller Río", e é descrita como unha muller fermosa e xuvenil de pelo dourado. É máis coñecida pola súa aparición como personaxe secundario na epopea de fantasía de Tolkien O Señor dos Aneis, publicada por primeira vez en 1954 e 1955.

Como o seu marido, a orixe e o papel de Bagadouro son enigmáticos e obxecto de debate por parte dos estudosos. Entre as súas posibles orixes, os académicos comparárona cun personaxe do conto de fadas de 1867 de George MacDonald, The Golden Key, e co personaxe epónimo no poema The Maid of the Moor. A súa caracterización foi descrita como unha mestura do doméstico e o sobrenatural, conectado dalgún xeito co río Curvimbio (Withywindle en inglés) no Bosque Vello da Terra Media. Algúns suxeriron que pode ser un ser divino na mitoloxía de Tolkien; outros, que lembra á bíblica Eva, unha mostra da creación non caída; e unha encarnación da alegría, servindo, xunto con Tom Bombadil, como modelo do sacramento do matrimonio.

Tanto Bombadil como Bagadouro foron omitidos na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, mais si foron incluídos na obra de televisión rusa de 1991 Khraniteli.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]