[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Beleriand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Beleriand.

Beleriand é un lugar ficticio pertencente ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien, e que aparece na súa novela O Silmarillion. Neste libro, cóntase a historia das primeiras idades da Terra Media nun estilo semellante ó dos contos heroicos da literatura nórdica.[1] Era un sub continente situado no oeste[2] da Terra Media durante a Primeira Idade do Sol. Orixinalmente, o nome pertenceu só á área arredor da baía de Balar, pero co tempo o nome aplicouse á rexión enteira.

O nome Beleriand na lingua élfica sindarin tradúcese como ‘grandes terras’ (bele = ‘amplo’, ‘ancho’, ‘grande’; and = ‘terra’). Beleriand tamén aparece no The Book of Lost Tales.[3]

  1. The New York Times Book Review, The Silmarillion, The World of Tolkien by John Gardner, 23 de outubro de 1977
  2. "Artígo no que se explica detalladamente onde se atopaba exactamente Beleriand". 
  3. Tritel, Barbara (24 de maio de 1984). "Language and Prehistory of the Elves". The New York Times. Consultado o 7 de xaneiro de 2008.