[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Monstros de Tolkien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os monstros de Tolkien son todos os seres ficticios do mal, como os orcos, os troles e as arañas xigantes, os cales se opuxeron e en ocasións loitaron contra os protagonistas do legendarium da Terra Media, obra do autor inglés J. R. R. Tolkien.[1][2]

Tolkien era un experto en inglés antigo, especialmente do poema Beowulf, e varios dos seus monstros comparten aspectos cos monstros de Beowulf; os seus troles teñen puntos en común con Grendel, o nome dos orcos remóntase ás orcneas do poema, e ao dragón Smaug ten múltiples atributos do dragón de Beowulf.

A tradición medieval europea dos monstros fainos humanoides pero distorsionados ou coma bestas salvaxes, pero moi grandes e malévolos; Tolkien segue esa tradición con monstros como os orcos no primeiro tipo e cos lobos de Isengarda no segundo tipo. Algúns eruditos engaden á lista os inmensamente poderosos Señores Escuros Morgoth e Sauron de Tolkien como inimigos monstruosos no espírito e no corpo.

Os estudosos observaron que a natureza malvada dos monstros reflicte o catolicismo romano de Tolkien, unha relixión que ten unha marcada concepción do ben e do mal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]