[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

The Nature of Middle-earth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Nature of Middle-earth
Título orixinalThe Nature of Middle-earth
Autor/aJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónThe History of Middle-earth
Tema(s)Terra Media
Xénero(s)Colección de historias
Editorial HarperCollins, Mariner Books
Data de pub. 24 de xuño de 2021
FormatoTapas duras
Páxinas464
ISBNISBN 978-0358454601
EditorCarl F. Hostetter
editar datos en Wikidata ]

The Nature of Middle-earth é un libro publicado no ano 2021 que recolle material inédito do legendarium de J. R. R. Tolkien, recompilado e editado polo estudoso Carl F. Hostetter. Algúns ensaios publicáronse previamente na revista de lingüística elfica Vinyar Tengwar, onde Hostetter é editor dende hai moito tempo.[1]

Publicación

[editar | editar a fonte]

O libro foi publicado por HarperCollins e Mariner Books en 2021. Contén unha escolma de ensaios e anacos de historias de J. R. R. Tolkien, editados por Carl F. Hostetter, sobre cuestións relacionadas co funcionamento do seu mundo de fantasía, a Terra Media.[2]

O editor do libro, Carl F. Hostetter, declarou nunha entrevista antes da aparición do libro que "empezara o traballo do que se convertería en The Nature of Middle-earth hai case 25 anos, cando recibín un feixe de fotocopias ás que Christopher Tolkien se refería como "ensaios filolóxicos tardíos"."[3]

  1. Kriticos, Christian. "Book review: “The Nature of Middle-earth” enhances Tolkien’s world". winteriscoming.net. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  2. Flood, Alison (29 de novembro de 2020). "Unseen JRR Tolkien essays on Middle-earth coming in 2021". The Guardian. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  3. Casagrande, Cristina. "From Linguistics to Metaphysics: interview with Carl F. Hostetter, editor of the new book by J.R.R. Tolkien". tolkienista.com.