Rafael López López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Vilamartín de Valdeorras, España |
Cargos Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | |
Datos persoais | |
Residencia | España |
Formación profesional | Medicina |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Oncólogo |
Empregador | SERGAS |
Membro de | |
Premios | |
| |
Rafael López López, nado en Vilamartín de Valdeorras en 1959, é un médico galego, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).[1]
Ademais, lidera o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET), do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).[2][3]
É un destacado especialista en medicina traslacional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina na Universidade Autónoma de Madrid, e fixo a súa especialidade no Hospital General de Oviedo. Traballou como médico especialista en distintos hospitais de España, e exerceu durante dous anos como médico investigador no Departamento de Oncoloxía do Free University Hospital de Ámsterdam.[1][2]
Ademais do gran número de ensaios clínicos nos que participa, o doutor Lópz López publicou numerosos artigos en revistas científicas de prestixio, como o Journal of Clinical Oncology, Lancet Oncology, Oncogene, Carcinogenesis ou Molecular Cancer Therapeutics, entre outras. Lidera varios proxectos nacionais e internacionais, fundamentalmente centrados no proceso de diseminación tumoral.[2]
É ademais inventor de catro patentes e socio fundador da empresa Nasasbiotech.[2]
Desde o ano 2007 dirixe o Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS.[2]
A unidade que dirixe Rafael López López no CHUS participou recentemente nos ensaios clínicos que fixeron posíbel que a Comisión Europea aprobara o uso de palbociclib, un medicamento para o tratamento de cancro de mama avanzado ou metastático con receptores hormonais positivos e receptor 2 do factor de crecemento epidérmico humano negativo. O fármaco recibiu a aprobación para esta indicación en combinación cun inhibidor da aromatase ou en combinación con fulvestrant en mulleres que recibiran previamente terapia endócrina. Palbociclib convértese así no primeiro inhibidor das quinases dependente de ciclinas 4 e 6 aprobado en Europa. Tamén é o primeiro novo tratamento de primeira liña aprobado para o cancro de mama metastásico RE+/HER2- en case dez anos.[4]
Así mesmo lidera unha campaña pioneira de micromecenado para afondar na investigación da biopsia líquida, que permite saber en 24 horas e cun análise de sangue o estado no que se encontra o tumor. O seu grupo Oncomet aspira a reunir medio millón de euros involucrando á sociedade galega no financiamento colaborativo. Unha iniciativa coa que Rafael López López e o seu equipo buscan situar a Galicia como referente nacional e europeo neste campo.[5]
Entre os anos 2000 e 2018 o doutor Rafael López publicou uns 20 artigos en revistas científicas (a maioría en Clinical & translational oncology) e dirixiu 10 teses de doutoramento.[3]
Desde o 19 de setembro de 2014 Rafael López López é académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, día en que leu o seu discurso "El camino de la oncología de precisión",[6] corporación na que ocupa o a cadeira de Oncoloxía.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2023 recibiu a Medalla Castelao.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Rafael López López: «En España, combatir el cáncer todavía no es una gran prioridad»". El Correo Gallego. 9 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rafael López López. Responsable del Grupo de Oncología Médica Traslacional en ONCOMET.
- ↑ 3,0 3,1 Rafael López López en Dialnet.
- ↑ Sociedad Española de senología y patología mamaria.
- ↑ "Rafael López: «La biopsia líquida va a ser una revolución para tratar el cáncer»". ABC.Galicia. 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Rafael López López: "El camino de la oncología de precisión". Discurso para la presentación pública del académico electo Ilmo. Sr. D. Rafael López López y contestación del académico numerario Ilmo. Sr. D. Manuel Noya García: A Coruña, 19 de septiembre de 2014. Biblioteca Nacional de España.
- ↑ López Lopez, Rafael Arquivado 26 de xullo de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ "Rueda avanza as Medallas Castelao 2023: estas son as persoas premiadas". Nós Diario. 22 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grupo ONCOMET en Nanomed. Plataforma Española de Nanomedicina (en castelán).