[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Manuel Remuñán Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Remuñán Ferro
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , político Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 920319

Manuel Remuñán Ferro, nado en Santiago de Compostela o 17 de novembro de 1921 e finado na mesma vila o 1 de febreiro de 2014, foi profesor Doutor de Dereito Público e Privado e de Relacións Internacionais na Universidade de Santiago de Compostela durante máis de 40 anos, até que se xubilou.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na Casa da Concha, actual sede do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, na rúa da Conga. Foi xerente da empresa Fraga durante 25 anos, cargo que herdou do seu pai, profesor de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, que xestionaba o Teatro Principal e o Salón Teatro en Santiago. Adicouse, de xeito altruísta, a defensa do patrimonio histórico compostelán ao longo de máis de 50 anos polo que foi membro do comité español do ICOMOS, da Comisión de Defensa do Patrimonio Histórico Artístico de Santiago de Compostela e da Comisión Asesora da Cidade Histórica do Concello e asesor cultural da Xunta de Galicia na Comisión do Patrimonio Histórico da Cidade.

Tras as eleccións municipais de 1977 en Galicia foi elixido concelleiro en Santiago de Compostela pola lista de Unión de Centro Democrático, na que concorría como independente. Tivo un papel destacado nas medidas de rehabilitación para acadar que Santiago de Compostela fose declarada pola UNESCO coma Patrimonio da Humanidade, xunto con Xerardo Estévez, daquela alcalde de Santiago.

O 11 de decembro de 1983 ingresou como académico correspondente da Real Academia Galega.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]