Proxecto Galicia
Proxecto Galicia | |
---|---|
Uns poucos volumes de Dereito e Economía nun andel da Biblioteca de Galicia | |
Autor/a | AAVV |
Ilustrador/a | fotografía: Julio Gil et al. |
Orixe | España |
Lingua | galego (banda azul) ou castelán (banda vermella) |
Xénero(s) | consulta (enciclopedia temática) |
Editorial | Hércules de Edicións |
Data de pub. | dende 1992 |
ISBN | ISBN 84-87244-22-X |
Editor | Francisco Rodríguez Iglesias |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao[1] que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".
Historia e características
[editar | editar a fonte]Edítase tanto en galego (os volumes levan unha banda azul celeste no lombo) como en castelán (banda vermella). As súas seccións están coordinadas por distintos persoeiros vinculados coas universidades galegas. O Proxecto Galicia consta de 64 tomos.
Colaboradores
[editar | editar a fonte]Xunto co Editor, Francisco Rodríguez Igrexas (presidente de Hércules de Edicións), e os membros do consello editorial: Xosé Filgueira Valverde, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Fernando González Laxe, Francisco Javier Río Barja, Andrés Precedo Ledo, Armando Fernández-Xesta, Xulio Correa Corredoira e Francisco Verdía Rodríguez, os colaboradores da obra segundo a sección foron Xosé Ramón Barreiro en Historia; Xosé Antón Castro Fernández en Arte; Francisco Xavier Río Barja en Xeografía; Xosé Manuel González Reboredo en Antropoloxía; Darío Villanueva Prieto en Literatura; Francisco Díaz-Fierros en Natureza; Adolfo Cordeiro Rivera en Ecoloxía; José Antonio García Caridade en Dereito; Carlos Acuña Rubio en Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria; e Fernando González Laxe en Economía.
Seccións
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Érguete, 'A Nosa Terra' y Proxecto Galicia reciben las Medallas Castelao". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "XI O libro en Galicia". A grande aventura do libro, contada por el mesmo. Deputación Provincial de Ourense. 2013. pp. 102–103. ISBN 978-84-941165-1-3.