Blanca Jiménez Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1926 Ribadeo, España |
Morte | 5 de outubro de 2012 (86 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | Castropol |
Familia | |
Cónxuxe | Fermín Penzol (1948–) |
Premios | |
|
María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Blanca era filla de Blanca Alonso Rey, enfermeira, e de Valentín Jiménez Moro, natural da provincia de Zamora que chegara a Ribadeo para exercer como inspector municipal veterinario.[1] Blanca cursou estudos secundarios en Ribadeo e con 19 anos aprobou con brillantes cualificacións o exame de estado na Universidade de Oviedo, estudando posteriormente Maxisterio en Lugo[1].
Estivo casada con Fermín Penzol, e foi presidenta de honor da fundación Penzol de 2001 a 2008 e conselleira da editorial Galaxia.[2]
Recibiu diferentes galardóns pola súa labor de presidenta da Fundación Penzol entre eles o de Galegas Destacadas
e a medalla Castelao. Tamén formou parte do plenario do Consello da Cultura Galega ata o ano 2008.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Galega, Consello da Cultura. "Blanca Jiménez Alonso | Album de Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2024-03-28.
- ↑ "Fallece Blanca Jiménez Alonso, viuda de Penzol y presidenta de honor de su Fundación". Faro de Vigo (en castelán). 6/10/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Jiménez Alonso, María Blanca". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 207.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Cabrera Iglesias, María Dolores : Arias Chachero, Patricia : Blanca Jiménez Alonso. Publicado o 26/3/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=5010.