Biopsia líquida
A biposia líquida, tamén coñecida como biopsia de fluído ou biopsia en fase fluída, é unha proba análitica que se realiza nunha mostra de tecido biolóxico non sólido, principalmente sangue.[1] Ao igual que a biopsia tradicional, esta técnica úsase principalmente como unha ferramenta de diagnóstico e seguimento para enfermidades como o cancro.[2] A súa finalidade é a de buscar células cancerosas que están circulando no sangue ou en porcións de ADN das células tumorais circulantes.[3]
Vantaxes
[editar | editar a fonte]A biopsia líquida pódese utilizar para axudar a encontrar un cancro nun estadio precoz.[3] Presenta ademais a vantaxe adicional de ser en gran parte non invasiva e, polo tanto, pódese facer con máis frecuencia, o que mermite rastrexar mellor os tumores e as mutacións ao longo dun período de tempo. Así mesmo pódese usar para validar a eficacia dun medicamento para o tratamento do cancro tomando mostras múltiplas de biopsia líquida no lapso dalgunhas semanas. Esta tecnoloxía tamén pode ser beneficiosa para os deoentes despois do tratamento para controlar unha recaída.[2][3]
Porén, aínda que a biopsia líquida de células tumorais circulantes foi avalidada e aprobada pola FDA (Administración de Alimentos e Drogas dos Estados Unidos de América) como un método de prognóstico útil para varios tipos de cancro,[4] a súa aplicación clínica aínda non está moi estendida.[5]
Tipos
[editar | editar a fonte]Existen varios tipos de biopsia líquida dependendo das condicións que se estean estudando.
- En estudos de canro, de células tumorais circulantes e/ou ADN tumoral libre de células.[6][7]
- No diagnóstico de ataque cardíaco, tómanse mostras de células endoteliais circulantes.
- No diagnóstico prenatal, extráese o ADN fetal libre de células do sangue materno. O líquido amniótico tamén pode extraerse e analizar.
Pódense estudar una ampla variedade de biomarcadores para detectar outras enfermidades. Por exemplo, o illamento de protoporfirina IX a partir de mostras de sangue pode usarse como unha ferramenta de diagnóstico para a aterosclerose.[8] Cando se estuda o sistema nervioso central, pódense tomar mostras de líquido cefalorraquídeo en lugar de sangue.[9][10]
Funcionamento
[editar | editar a fonte]A diferenza das biopsias tradicionais, as biopsias líquidas eliminan a necesidade de operacións cirúrxicas e procedementos invasivos ao permitir que os profesionais médicos realicen probas para detectar signos de cancro a partir dunha simple extracción de sangue. Como resultado, estas biopsias son moito máis doadas de realizar, e conducirán a diagnósticos máis temperáns de cancros nos pacientes.[11]
As biopsias líquidas foron posíbeis grazas aos avances na secuenciación do xenoma humano, xa que os científicos e investigadores agora poden detectar mutacións xenéticas de cancros. Os investigadores descubriron que as mutacións únicas do cancro poden aparecer en fragmentos microscópicos de ADN no sangue dun paciente. As células tumorais liberan ADN, ARN ou proteínas libres en circulación relacionadas con tumores, que circulan no sangue de pacientes con cancro. Polo tanto, os ensaios que utilizan estas moléculas pódense utilizar para a detección precoz do tumor, o control ou a detección de mutacións de resistencia.[4][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crowley, Emily; Di Nicolantonio, Federica; Loupakis, Fotios; Bardelli, Alberto (9 de xullo de 2013). "Liquid biopsy: monitoring cancer-genetics in the blood". Nature Reviews Clinical Oncology 10 (8): 472–484. PMID 23836314. doi:10.1038/nrclinonc.2013.110.
- ↑ 2,0 2,1 "Understanding cancer’s unruly origins helps early diagnosis". The Economist (en inglés). Consultado o 27/07/2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Biopsia líquida Instituto Naciona de Cáncer.
- ↑ 4,0 4,1 Karachaliou, N.; Mayo de Las Casas, C.; Molina-Vila, M. A.; Rosell, R. (marzo 2015). "Real-time liquid biopsies become a reality in cancer treatment.". Annals of Translational Medicine 3 (3): 36. PMC 4356857. PMID 25815297. doi:10.3978/j.issn.2305-5839.2015.01.16.
- ↑ Gingras, Isabelle; Salgado, Roberto; Ignatiadis, Michail (November 2015). "Liquid biopsy: will it be the 'magic tool' for monitoring response of solid tumors to anticancer therapies?". Current Opinion in Oncology 27 (6): 560–567. doi:10.1097/CCO.0000000000000223.
- ↑ Heitzer, E.; Ulz, P.; Geigl, J. B. (11 de novembro de 2014). "Circulating Tumor DNA as a Liquid Biopsy for Cancer". Clinical Chemistry 61 (1): 112–123. doi:10.1373/clinchem.2014.222679.
- ↑ Wan, Jonathan C. M.; Massie, Charles; Garcia-Corbacho, Javier; Mouliere, Florent; Brenton, James D.; Caldas, Carlos; Pacey, Simon; Baird, Richard; Rosenfeld, Nitzan (24 de febreiro de 2017). "Liquid biopsies come of age: towards implementation of circulating tumour DNA". Nature Reviews Cancer. doi:10.1038/nrc.2017.7.
- ↑ Nascimento da Silva, Mónica; Sicchieri, Letícia Bonfante; Rodrigues de Oliveira Silva, Flávia; Andrade, Maira Franco; Courrol, Lilia Coronato (2014). "Liquid biopsy of atherosclerosis using protoporphyrin IX as a biomarker". The Analyst 139 (6): 1383. doi:10.1039/c3an01945d.
- ↑ Pyykkö, Okko T.; Lumela, Miikka; Rummukainen, Jaana; Nerg, Ossi; Seppälä, Toni T.; Herukka, Sanna-Kaisa; Koivisto, Anne M.; Alafuzoff, Irina; Puli, Lakshman; Savolainen, Sakari; Soininen, Hilkka; Jääskeläinen, Juha E.; Hiltunen, Mikko; Zetterberg, Henrik; Leinonen, Ville; Fiandaca, Massimo S. (17 de marzo de 2014). "Cerebrospinal Fluid Biomarker and Brain Biopsy Findings in Idiopathic Normal Pressure Hydrocephalus". PLoS ONE 9 (3): e91974. doi:10.1371/journal.pone.0091974.
- ↑ "La biopsia líquida también es eficaz en el fluido cefalorraquídeo. Dos trabajos españoles prueban su valor diagnóstico en meningitis tumoral y gliomas". La Razón. 9 de abril de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 Gately, Gary."A revolutionary blood test that can detect cancer". CNBC. 11 de xaneiro de 2016. Consultada o 27 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Rafael López: «La biopsia líquida va a ser una revolución para tratar el cáncer»". ABC.Galicia. 5 de febreiro de 2017.
- Amparo Tolosa: Biopsias líquidas del humor acuoso para analizar la composición genética del retinoblastoma Genética Médica News, 26 de outubro de 2017.
- Ana Hubel: El ADN Circulante y sus aplicaciones clínicas Genética Médica Blog, 10 de xaneiro de 2018.
- Igenomix presenta una nueva técnica no invasiva para predecir la receptividad endometrial mediante una biopsia líquida de endometrio. El estudio, liderado por el Dr. Carlos Simón, y cuyo primer autor es el Dr. Felipe Vilella, confirma la utilización de la biopsia líquida como alternativa a la biopsia tradicional de endometrio para obtener un diagnóstico no invasivo e indoloro de la receptividad endometrial y otras aplicaciones como diagnosticar el microbioma endometrial. Imgemonix. San Antonio (TX, USA), 31 de outubro de 2017.
- Diseñada la primera biopsia líquida en líquido cefalorraquídeo para diagnosticar tumor cerebral Salud Ediciones, 12 de xaneiro de 2016.