[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pilar Cernuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Cernuda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Interesada enTransición Española Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1094044 BUSC: cernuda-pilar-1948

Pilar García-Cernuda Lago Calleja Fernández, coñecida como Pilar Cernuda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1948[1], é unha xornalista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras finalizar os seus estudos de Xornalismo en Madrid, iniciou a súa carreira profesional en 1975 e durante anos lle correspondeu o seguimento das actividades da Casa Real. Máis adiante, trasladouse a Nova York dende onde exerceu de correspondente do xornal ABC. Nos seguintes anos traballaría en Radio Nacional de España, a Cadena COPE e Televisión Española, tanto no espazo de entrevistas Centros de poder (1994-1995), xunto a Julia Navarro, como no informativo matinal Los desayunos de TVE).

Especializada en información política, nos últimos anos seguiu colaborando en distintos medios tantos escritos coma radio e televisión. Participa na tertulia do programa Herrera en la onda de Onda Cero (cadea á que se incorporara en 1993) e nos programas de televisión Espejo público de Antena 3 e Alto y Claro e Madrid opina de Telemadrid. Ademais escribe na revista Cambio 16 e no xornal La Razón. Tamén dirixe a Axencia de novas Fax Press..

Libros publicados

[editar | editar a fonte]

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "García-Cernuda Lago, Pilar". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 251. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "A Roda, Amigos do Camiño de Santiago, Pilar Cernuda, ‘Súper Piñeiro’ e Ana Peleteiro, Medallas Castelao 2020". Nós Diario. 19 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]