José María Acuña López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1903 Salcedo, España |
Morte | 4 de xuño de 1991 (88 anos) Vigo, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Empregador | Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela Cerámica Celta |
Profesores | Francisco Asorey |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey.[1] Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenvolveu unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelaxe e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.
Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, coma as do Monte do Gozo e San Caetano, Santiago de Compostela.
Premiárono coa Medalla de Prata ao Mérito no Traballo en 1973[2] e a Medalla Castelao no ano 1990.[3][4] O CEIP Escultor Acuña de Coia, Vigo, centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva,[5] así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo, levan o seu nome.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mariñeiros nos xardíns do Castelo de Soutomaior.
-
Peregrino loitando contra o vento, en Pedrafita do Cebreiro.
-
Vilalba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Sporting Club Casino clausura hoy una exposición de esculturas de José María Acuña", La Voz de Galicia, 26/11/2010 (en castelán).
- ↑ Orde pola que se concede, BOE (en castelán).
- ↑ Medallas Castelao (en castelán).
- ↑ Medallas Castelao DOG
- ↑ "Relato da nosa historia" CEIP Escultor Acuña, 26/3/2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- NÚÑEZ SÁNCHEZ, Mª del Pilar (2008). Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,, ed. Peza do mes (PDF). Ourense. pp. 4 páx. ISSN 1579-9956. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2010. Consultado o 30 de abril de 2011.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Acuña López |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José María Acuña López na Colección Afundación.
- Jorge lamas (5 de abril de 2003). "La Asociación de Sordos celebra el centenario del nacimiento de Acuña". La Voz de Galicia (en castelán). Archived from the original on 25 de xullo de 2014. Consultado o 30 de abril de 2011..