[go: up one dir, main page]

Operación Uvas da Ira

Operación Uvas da Ira
Parte de Conflito de Líbano do Sur (1982-2000)
Data 11 de abril de 199627 de abril de 1996
Lugar Líbano, norte de Israel
Resultado Alto o fogo contra obxectivos civís; moitas infraestruturas libanesas destruídas.
Belixerantes
Israel
Exército do Líbano do Sur
Hezbolá
Baixas
3 mortos. [1] 14 mortos. [2]

A Operación Uvas da Ira (en lingua hebrea: מבצע ענבי זעם) é o nome dado polas Forzas de Defensa Israelís a unha ofensiva militar de dezaseis días contra o Líbano en 1996, nun intento de rematar cos bombardeos de Hezbolá sobre o norte de Israel. Hezbolá chamouna April War. Israel levou a cabo máis de 1.100 ataques aéreos e un bombardeo intensivo (unhas 25.132 bombas). Unha instalación da ONU foi tamén alcanzada polos bombardeos israelís causando a morte de 118 civís libaneses. Hezbolá fixo en total 639 ataques con foguetes a obxectivos do norte de Israel, particularmente ao pobo de Kiryat Shemona. As forzas de Hezbolá tamén participaron en numerosos enfrontamentos con forzas israelís e do Exército do Líbano do Sur. O conflito rematou o 27 de abril por un acordo de cesamento do fogo que prohibiu os ataques a civís.

Contexto histórico

editar
Artigo principal: Conflito libanés-israelí.

Logo de continuos ataques dende o sur do Líbano traspasando as fronteiras de Israel, o exército israelí invadiu o Líbano por segunda vez en 1982, dando comezo á Guerra do Líbano de 1982. Logo de tres meses ocupou a capital, Beirut. Ao longo dos seguintes tres anos, o exército israelí foi retirándose pouco a pouco, até estabelecer en 1985 o que chamou "Zona de Seguridade" en Líbano do Sur. A resistencia armada contra a ocupación israelí non rematou e en 1993 Israel respondeu cun ataque masivo contra o Líbano (Operación Responsabilidade) para interromper as accións de Hezbolá, a maior forza da resistencia. A campaña militar non tivo éxito e Hezbolá continuou a atacar obxectivos tanto no Líbano como no norte de Israel, incluíndo ás forzas armadas israelís, ao Exército de Líbano do Sur e áreas civís.[1] O exército israelí bombardeou obxectivos a miúdo moi achegados a áreas civís, causando a miúdo a morte de moitos civís.[2] En abril de 1996, Israel decidiu volver a tentar rematar con Hezbolá, e comezou a operación Uvas da Ira.

Casus Belli

editar

O 30 de marzo, dous homes morreron por un mísil das Forzas de Defensa de Israel mentres traballaban nunha torre de auga en Yater, Líbano. Hezbolá respondeu co lanzamento de 20 mísiles ao norte de Israel e as autoridades militares israelís recoñeceron que o ataque fora un erro. O estoupido dunha bomba na beira dunha estrada que provocou a morte dun rapaz libanés de 14 anos e que feriu a outros tres na vila de Barashit foi a razón empregada por Hezbolá para disparar 30 mísiles a Israel o 9 de abril. As autoridades israelís anunciaron a operación Uvas da Ira o 11 de abril como unha serie de accións preventivas contra os bombardeos de Hezbolá, que feriran a seis civís israelís (Amnistía Internacional, 1996).

Alto o fogo

editar

As hostilidades cesaron logo de acadar un acordo de alto o fogo líbano-israelí - un acordo escrito informal - baixo auspicio diplomático americano. O acordo foi anunciado ás 18:00 do 26 de abril de 1996, e pasou a ser efectivo ás 04:00 do 27 de abril.