[go: up one dir, main page]


A Crise de Suez, tamén coñecida como a Guerra de Suez ou a Guerra de 1956 (en árabe أزمة السويس - العدوان الثلاثي; en hebreo מבצע קדש), foi unha guerra librada en territorio exipcio en 1956. O conflito situou a Exipto contra Israel, o Reino Unido, e Francia.

Crise de Suez
A Guerra do Sinaí

Data: Outubro de 1956 – marzo de 1957
Lugar: Exipto, (zona do Sinaí e do Canle de Suez)
Conflito: Guerra fría, conflito árabe-israelí
Resultado: Alto o fogo da ONU.
Ocupación do Sinaí pola UNEF. Desastre político para o Reino Unido.
Combatentes
Israel
Reino Unido
Francia
Exipto
Efectos
Mortes: 197 israelís
56 británicos
10 franceses
Mortes: 650
Feridos: 91 británicos
43 franceses
Feridos: 2900

Durante a época colonial británica, a Canle de Suez tiña sido importante no Oriente Medio, así como para a penetración en África e no mantemento do control sobre a India. Por esta razón os británicos consideraban importante manter a canle fora do control exipcio. Así, en 1875, Isma'il Pasha, baixo a presión da débeda externa, vendeu a súa franxa da canle ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, e a Convención de Constantinopla (1888) declarou a canle zona neutral baixo protección británica.

O Reino Unido gañou control sobre a canle co Tratado anglo-exipcio de 1936. De todos xeitos, en 1951 Exipto declarou nulo este tratado, e en 1954 o Reino Unido aceptou retiralo.

O Reino Unido obxectou fortemente a nacionalización do líder exipcio Gamal Abdel Nasser da Suez Canal Company o 26 de xullo de 1956. Nesta época, dous terzos do petróleo europeo eran importados a través da canle.

A alianza militar entre o Reino Unido, Francia e Israel era unha lonxeva alianza de conveniencia; as nacións europeas tiñan intereses económicos e comerciais na canle, mentres que Israel quería reabrir a canle para a pesca e para rematar coas incursións dos fedayin apoiados por Exipto e dos golpes relámpago.

Cando a Unión Soviética ameazou con intervir en beneficio de Exipto, o Secretario de estado de Asuntos Exteriores do Canadá Lester B. Pearson temeu unha longa guerra e propuxo un plan para separar as forzas rivais mediante o establecemento de forzas das Nacións Unidas entre elas para actuar como 'escudos humanos'.

Véxase tamén

editar