[go: up one dir, main page]

Hassan Nasrallah

político libanés secretario xeral de Hezbolá 1992-2024

Hassan Nasrallah (en árabe: حسن نصر الله, romanizado: Ḥasan Naṣr-Allāh) nado en Bourj Hammoud, un barrio de Beirut o 31 de agosto de 1960[1] e finado tamén en Beirut o 27 de setembro de 2024,[2] foi un crego xiíta e político libanés.

Modelo:BiografíaSayyid Editar o valor en Wikidata
Hassan Nasrallah

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) حسن نصر الله Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata
Bourj Hammoud (Líbano) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Haret Hreik (Líbano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ataque aéreo
asfixia Editar o valor en Wikidata
Secretario Xeral de Hezbollah
16 de febreiro de 1992 – 27 de setembro de 2024 (finado no cargo)
← Abbas al-MusawiNaïm Qassem (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónNajaf Seminary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolitical aspects of Islam (en) Traducir, militarismo e movemento político Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónulema, político, líder militar, comandante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata - 27 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoHesbulá (1982–2024)
Movemento Amal (1978–1982) Editar o valor en Wikidata
MovementoIslamist Shi'ism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMuhammad Baqir al-Sadr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoConflito no sur do Líbano
Guerra do Líbano de 2006
Guerra civil siria
Ataque do Hezbollah em outubro de 2023 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFatimah Yasin (1978–2024), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosZainab Nasrallah, Muhammad Hadi Nasrallah Editar o valor en Wikidata
ParentesHashim Safi Al Din, mother's aunt's son
Wafiq Safa, xenro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de setembro de 2024Ataque aéreo na sede do Hezbollah em 2024 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1553794 Last fm: Hassan+Nasrallah Discogs: 5118270 WikiTree: Nasrallah-8 Editar o valor en Wikidata

Dende 1992, foi o secretario xeral e guía espiritual do partido político e milicia Hezbolá, dende o asasinato en 1992 do anterior dirixente, Abbàs al-Musawí, por parte das Forzas de Defensa de Israel, e era considerado como unha das figuras máis influentes de Oriente Medio[3] que espallou a influencia de Hezbolá,[4] e tamén, é definido como un dos dirixentes de facto de Líbano.[5][6]

No Líbano, é visto como a principal cara da resistencia a Israel. Coa liberación do sur do Líbano da ocupación israelí en 2000, logo a guerra de xullo de 2006, foi considerado un heroe por algúns libaneses pero como un inimigo mortal por Israel.

Hezbolá cultivou a imaxe mediática de Nasralah como unha autoridade carismática e en medios como Al Jazeera foi comparado xunto con outros líderes árabes como Yasser Arafat e Gamal Abdel Nasser, e con revolucionarios de esquerdas como Che Guevara e Fidel Castro, e destacou a súa popularidade en Palestina.[7] Porén, esa imaxe foise debilitando posteriormente.[8]

O 28 de setembro de 2024, o exército israelí afirmou que o matou nun ataque aéreo en Beirut, como parte dunha intensificación dos bombardeos contra Hezbolá no Líbano, na denominada "Operación Espadas de Ferro",[9] e no que tamén morreron seis persoas, houbo 91 feridos e arrasou seis edificios de vivendas.[10][11] Aos poucos, o grupo libanés confirmou a morte do seu líder.[12][13][14]

Traxectoria

editar

Familia e primeiros anos

editar

Nasrallah foi o noveno dunha familia de dez fillos dunha familia xíi en Bourj Hammoud, distrito de Matn, un dos barrios pobres do leste de Beirut.[15] Proviña dunha familia humilde, seu pai era vendedor de froitas e verduras[16] e, cando apenas tiña 15 anos, o comezo da Guerra civil no Líbano, en 1975, obrigou a Nasrallah e á súa familia a volver ao sur do Líbano á casa orixinaria dos pais, onde viviran antes do nacemento do seu primoxénito Nasrallah, en Al Bazuriyah.[17]

Nese contexto, e aínda que a súa familia non era considerada relixiosa, segundo os estándares libaneses, asistiu á escola al-Najah e máis tarde a unha escola pública no barrio predominantemente cristián de Sin el Fil;[1][18] mais el estaba interesado nos estudos teolóxicos e, aos quince anos, comezou a estudar teoloxía e literatura islámicas e fíxose membro do Movemento Amal.[15]

  1. 1,0 1,1 Tucker & Roberts 2008, p. 727
  2. Pita, Antonio (28 de setembro de 2024). "Israel mata a Hasan Nasralá, máximo líder de Hezbolá, en un bombardeo en Beirut". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2024. 
  3. Daher, Aurélie (2019). "The Hassan Nasrallah Phenomenon: Leadership and Mobilization". _Mobilization and Power (en inglés). Oxford: Oxford University Press. pp. 151–172. ISBN 9780190495893. doi:10.1093/oso/9780190495893.003.0007. 
  4. Ferguson, Jane (13 de xuño de 2017). "What the rising power of Hezbollah means for the Middle East". pbs.org (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  5. Bar'el, Zvi (19 de setembro de 2022). "Nasrallah Reminds Lebanon Who Calls the Shots". haaretz.com (en inglés). Archived from the original on 01 de outubro de 2024. Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  6. Svetlova, Ksenia (xaneiro 2022). "Hassan Nasrallah, Master of Lebanon". jstribune.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  7. Shabi, Rachel (29 de marzo de 2008). "Palestinians see Nasrallah as new hero". aljazeera.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  8. Matar, Dina (1 de setembro de 2015). "Hassan Nasrallah: The Cultivation of Image and Language in the Making of a Charismatic Leader". Communication, Culture & Critique (en inglés) 8 (3): 433–447. ISSN 1753-9137. doi:10.1111/cccr.12089. 
  9. Calatayud, Ketty (28 de setembro de 2024). "L’exèrcit d’Israel confirma la mort del líder de Hezbollah mentre continua bombardejant Beirut". elnacional.cat (en catalán). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  10. Mccready, Alastair , Urooba Jamal, Federica Marsi and Usaid Siddiqui; Jamal, Urooba; Marsi, Federica; Siddiqui, Usaid (28 de setembro de 2024). "Israel attacks Lebanon updates: Hezbollah leader’s killing raises war fears". aljazeera.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  11. Redacción (28 de setembro de 2024). "Israel kills Hezbollah leader Hassan Nasrallah in air strike on Beirut". aljazeera.com (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  12. Europa Press (28 de setembro de 2024). "Hezbolá confirma la muerte de Nasralá y promete seguir con la "yihad" contra Israel". europapress.es (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  13. Redacción (29 de setembro de 2024). "Ataque de Israel en Líbano, resumen del 29 de septiembre: Israel ataca objetivos de los hutíes en Yemen". rtve.es (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  14. Redacción (28 de setembro de 2024). "Hezbolá confirma la muerte de su líder Hassan Nasrallah en un ataque de Israel". bbc.com (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  15. 15,0 15,1 BBC (8 de novembro de 2023). "Hassan Nasrallah: o líder do Hezbollah afiliado ao Irã que consolidou seu domínio sobre o Líbano". g1.globo.com (en portugués). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  16. Young 2010, p. 98
  17. Al-Bawaba (10 de novembro de 2003). "Biographical sketch of Sayyed Hassan Nasrallah: “The Nasrallah Enigma”" (PDF). indybay.org (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2024. 
  18. Redacción (10 de abril de 2006). "Profile: Sayed Hassan Nasrallah". aljazeera.com (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Tucker, Spencer C.; Roberts, Priscilla (2008). The Encyclopedia of the Arab-Israeli Conflict: A Political, Social, and Military History [4 volumes]: A Political, Social, and Military History (en inglés). Santa Barbara, Ca: ABC-CLIO. ISBN 978-1-85109-842-2. 
  • Young, Michael (2010). The Ghosts of Martyrs Square: An Eyewitness Account of Lebanon's Life Struggle (en inglés). Nova York: Simon and Schuster. ISBN 978-1439109458.