Consello Lexislativo Palestino
O Consello Lexislativo Palestino (ás veces referido ao Parlamento Palestino), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina, é unha unicamera con 132 membros, elixidos nos 16 distritos electorais en Cisxordania e Gaza. A sede do Consello Lexislativo Palestino está Rimal, Gaza.[1]
As primeiras eleccións ao Consello tiveron lugar en 1996 e Fatah ocupou 49 dos 88 asentos. O Consello Lexislativo Palestino aprobou unha nova lei en xuño de 2005, incrementando o número de membros de 88 a 132, dos cales a metade son elixidos mediante un sistema de Representación proporcional e a outra metade por escrutinio maioritario plurinomial. Tiveron lugar unhas novas eleccións o 25 de xaneiro de 2006.
O Consello Lexislativo Palestino non puido gobernar debido a que algúns dos seus membros están presos por Israel, o Conflito entre Hamás e Fatah e o aprazamento indefinido das eleccións por parte dos dirixentes de Fatah.[2][3]
O emblema utilizado polo Consello Lexislativo Palestino coñécese como "Aguia de Saladino."
A sede do Consello bombardeouna o exército israelí o 20 de novembro de 2012.
Composición
editarO Consello Lexislativo Palestino está formado principalmente por membros de Hamás (74) e de Fatah (45), aínda que tamén doutros partidos máis pequenos, FPLP (3), Partido do Pobo Palestino (1), FDLP (2), Iniciativa Nacional Palestina (2), Terceira Vía e 4 membros independentes.
Hamás Fatah FPLP
Notas
editar- ↑ "DFLP". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ The American Chronicle, The largest and most influential Palestinian political party, Fatah, electing new leadership http://www.carnegieendowment.org/publications/index.cfm?fa=view&id=41111 Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Consello Lexislativo Palestino (Faixa de Gaza) Arquivado 24 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en árabe)
- Consello Lexislativo Palestino (Cisxordania) (en árabe)