Conflito israelí-palestino de 2023
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
O 7 de outubro de 2023[1] estalou un conflito armado israelí-palestino entre grupos militantes palestinos[2] liderados por Hamas e as forzas militares israelís. O conflito comezou cun ataque de Hamas ao sur de Israel,[3] ao cal as forzas militares israelís responderon con amplos ataques na Franxa de Gaza de Palestina[4] e cunha invasión de Gaza.[5] A finais de outubro, máis de 1.500 israelís[6] e máis de 8.000 palestinos foron asasinados, incluíndo máis de 3.000 nenos, ao tempo que uns 230 israelís e estranxeiros seguían en cativeiro ou tomados como reféns por Hamas.[7]
O ataque de Hamas comezou na maña do 7 de outubro cun lanzamento de máis de 5.000 foguetes dende a Franxa de Gaza contra Israel,[8] mentres uns 3.000 militantes palestinos atravesaron a barreira entre Gaza e Israel, asesinando civís en máis dunha ducia de masacres e incendiando as súas vivendas, así como atacando as bases militares das Forzas de Defensa de Israel preto da Franxa de Gaza.[9] Cando menos uns 44 países, a maioría deles occidentais, cualificaron a incursión sorpresa como un ataque terrorista.[10] Hamas declarou que o seu ataque era unha resposta á "profanación da Mesquita de Al-Aqsa", o bloqueo da Franxa de Gaza, os asentamentos israelís e a violencia dos colonos israelís.[11][12][13]
A actual guerra, a máis violenta dende a guerra do Yom Kippur, é a quinta guerra na Franxa de Gaza, e forma parte do conflito israelí-palestino.[14] En 2023, antes do comezo da ofensiva, un aumento na violencia entre israelís e palestinos causou a morte de cando menos 247 palestinos, 32 israelís e dous estranxeiros.[15][16][17]
Notas
editar- ↑ Beauchamp, Zack. "Why did Hamas invade Israel?". Vox. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2023. Consultado o 7 de outubro de 2023.
- ↑ Simpson, John (11 de outubro de 2023). "Why BBC doesn't call Hamas militants 'terrorists' – John Simpson" (en inglés). BBC. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ Ganeyeh, Mustafa Abu; Benassatto, Leonardo (31 de outubro de 2023). "'I was reborn' on Oct. 7 says survivor of Hamas attack on Israeli festival" (en inglés). Reuters. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ George, Susannah; Dadouch, Sarah; Parker, Claire; Rubin, Shira (9 de outubro de 2023). "Israel formally declares war against Hamas as more than 1,000 killed on both sides". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ Kingsley, Patrick; Bergman, Ronen (30 de outubro de 2023). "Under Shroud of Secrecy, Israel Invasion of Gaza Has Begun". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Over 1,538 Israelis killed in Gaza war since Oct. 7: Report". aa.com.tr. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Gaza has become a graveyard for thousands of children" (en inglés). UNICEF. 31 de outubro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023.
Our gravest fears about the reported numbers of children killed becoming dozens, then hundreds, and ultimately thousands were realized in just a fortnight. The numbers are appalling; reportedly more than 3,450 children killed; staggeringly this rises significantly every day.
- ↑ "Around 1,000 dead in Israel-Hamas war, as Lebanon's Hezbollah also launches strikes". South China Morning Post. 8 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "Hamas Leaves Trail of Terror in Israel". The New York Times (en inglés). 10 de outubro de 2023. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ Waldo, Cleary; Epstein, Gabriel; Hilbush, Sydney (11 de outubro de 2023). "International Reactions to the Hamas Attack on Israel". PolicyWatch 3793. The Washington Institute. Consultado o 13 de outubro de 2023.
- ↑ McKernan, Bethan; Michaelson, Ruth; Graham-Harrison, Emma; Kierszenbaum, Quique; Balousha, Hazem; Taha, Sufian; Sherwood, Harriet; Beaumont, Peter (14 de outubro de 2023). "Seven days of terror that shook the world and changed the Middle East". The Observer. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Hamas leader says operation 'heroic epic' in response to aggression against Al-Aqsa". Anadolu Agency. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ Pacchiani, Luca (7 de outubro de 2023). "Hamas deputy chief anticipates hostages will be swapped for Palestinian prisoners". The Times of Israel (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ "What is Hamas? The group that rules the Gaza Strip has fought several rounds of war with Israel" (en inglés). Associated Press. 9 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2023. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ Bergman, Ronen; Kingsley, Patrick (11 de outubro de 2023). "How Israel's Feared Security Services Failed to Stop Hamas's Attack". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2023. Consultado o 13 de outubro de 2023.
- ↑ Shaath, Azzam (13 de xuño de 2023). "Hamas: From Resistance to Restraint?". Carnegie Endowment. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2023. Consultado o 13 de outubro de 2023.
- ↑ "Israel pounds Gaza as PM Netanyahu warns of 'long and difficult war'". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023.
Before Saturday, the violence this year had killed at least 247 Palestinians, 32 Israelis and two foreigners, including combatants and civilians, according to Israeli and Palestinian officials.