[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

calar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego calar1
  • Pronuncia: /kaˈlaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

calar

  1. Non emitir ningún son vocal.
  2. Parar de falar.
  3. Parar de producir sons ou ruídos, como berrar, chorar, cantar, tocar un instrumento...
  4. Deixar de emitir un animal a súa voz.
  5. Absterse de manifestar o que se sente ou se sabe, non protestar, non replicar.

Verbo transitivo

calar

  1. Non dicir algo.
  2. Facer que algo non faga sons, ou alguén non fale.

Termos relacionados

Traducións

calar2
  • Pronuncia: /kaˈlaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

calar

  1. Facer que unha embarcación estea a máis ou menos profundidade.
  2. Facer somerxer na agua algo, como as redes ou aparellos de pesca.
  3. Penetrar un líquido nun corpo, quedando este completamente mollado.
  4. Introducir un instrumento axeitado en algo, furándoo, para explorar o seu interior e saber as súas características.
  5. (Figurado) Examinar con atención unha persoa para coñecer a súa forma de ser, as súas calidades ou as súas intencións.
  6. (Figurado) Comprender o motivo, razón ou significado dunha cousa.
  7. Dito dun chapeu ou similar, poñelo, axustándoo ben na cabeza.
  8. Preparar unha arma para o ataque, como a pica ou o fusil con baioneta.
  9. Sacar fíos a un tecido ou esfuracar unha tea, papel, metal ou outro material, imitando un debuxo similir ao dos encaixes.

Verbo intransitivo

calar

  1. (Mariña) Chegar a determinada profundidade a parte máis baixa dunha embarcación.
  2. (Figurado) Penetrar fondo, gravar.

Traducións

calar3
  • Pronuncia: /kaˈlaɾ/ (AFI)

Verbo pronominal

calarse

  1. Deterse de xeito brusco ou inesperado un motor (ou un vehículo) debido a que produce menos potencia da que precisa para andar.

Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo

calar

  1. Calar.