[go: up one dir, main page]

Mundial de Fútbol de 2006

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Mundial de Fútbol Alemaña 2006»)

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2006
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
LemaA time to make friends (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MascotaGoleo VI (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónVolksparkstadion (Altona)
Estadio Olímpico de Berlín (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Traducir)
HDI-Arena (pt) Traducir (Mitte (en) Traducir)
Veltins-Arena (Gelsenkirchen-Nord (en) Traducir)
Signal Iduna Park (Dortmund)
Red Bull Arena (Leipzig)
RheinEnergieStadion (pt) Traducir (Müngersdorf)
Deutsche Bank Park (Frankfurt-Süd (en) Traducir)
Fritz-Walter-Stadion (pt) Traducir (Kaiserslautern)
Frankenstadion (pt) Traducir (Núremberg)
MHPArena (Bad Cannstatt (pt) Traducir)
Allianz Arena (Schwabing-Freimann (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo9 de xuño de 2006 – 9 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata
Número de edición18  (2006) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoItalia Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor en Wikidata
Goles147 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosMiroslav KloseAlemaña (5) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores3.359.439 Editar o valor en Wikidata
Outro
Cancelo#wm2006 Editar o valor en Wikidata

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese en Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e o Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e o Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Teamgeist™ ("espírito de equipo"). Balón oficial do campionato.

Expectativas antes do torneo

editar
 
Países participantes
 

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiana. A pesar de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que so o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a selección italiana por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experiencia, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no día 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que o 79,8% dos brasileiros cren no hexacampionato mundial.[1]

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi, [1]

Cidade Estadio Club Capacidade
Berlín Olympiastadion Hertha Berlin 76.176
Dortmund Signal Iduna Park Borussia Dortmund 66.981
Frankfurt Commerzbank-Arena Eintracht Frankfurt 48.132
Gelsenkirchen Veltins-Arena Schalke 04 53.804
Hamburgo AOL Arena Hamburger SV 51.055
Hannover AWD-Arena Hannover 96 44.652
Kaiserslautern Fritz-Walter-Stadion FC Kaiserslautern 41.170
Colonia RheinEnergieStadion FC Köln 46.120
Leipzig Zentralstadion FC Sachsen Leipzig 44.199
München Allianz-Arena Bayern Múnic 66.016
Nuremberg Frankenstadion FC Nürnberg 41.926
Stuttgart Gottlieb-Daimler-Stadion VfB Stuttgart 54.267
 

Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns apenas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohibe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para o seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

Países clasificados

editar
 
Mapa dos países classificados para o torneio.

Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

Europa (UEFA)

editar
País Participacións Clasificación
Alemaña  Alemaña 15
Croacia  Croacia 2* 8 de outubro de 2005
Francia  Francia 11 12 de outubro de 2005
Países Baixos  Países Baixos 7 8 de outubro de 2005
Inglaterra  Inglaterra 11 8 de outubro de 2005
Italia  Italia 15 8 de outubro de 2005
Polonia  Polonia 6 8 de outubro de 2005
Portugal  Portugal 3 8 de outubro de 2005
Serbia e Montenegro  Serbia e Montenegro 1* 12 de outubro de 2005
Suecia  Suecia 10 12 de outubro de 2005
Ucraína  Ucraína Estrea 3 de setembro de 2005
Suíza  Suíza 7 16 de novembro de 2005
España  España 11 16 de novembro de 2005
Chequia  República Checa Estrea** 16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) clasificáronse oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partir de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

América do Sur (CONMEBOL)

editar
País Participacións Clasificación
Arxentina  Arxentina 13 8 de xuño de 2005
Brasil  Brasil 17 (único totalista) 4 de setembro de 2005
Ecuador  Ecuador 1 8 de outubro de 2005
Paraguai  Paraguai 6 8 de outubro de 2005

América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF)

editar
País Participacións Clasificación
Estados Unidos  Estados Unidos 7
México  México 12
Trinidad e Tobago  Trinidad e Tobago Estrea
Costa Rica  Costa Rica 2
País Participacións Clasificación
Arabia Saudita  Arabia Saudita 3 8 de xuño de 2005
Corea do Sur  Corea do Sur 6 8 de xuño de 2005
Xapón  Xapón 2 8 de xuño de 2005
Irán  Irán 2 8 de xuño de 2005

África (CAF)

editar
País Participacións Clasificación
Angola  Angola Estrea 8 de outubro de 2005
Costa do Marfil  Costa do Marfil Estrea 8 de outubro de 2005
Ghana  Ghana Estrea 8 de outubro de 2005
Togo  Togo Estrea 8 de outubro de 2005
Tunisia  Tunisia 3 8 de outubro de 2005

Oceanía (OFC)

editar
País Participacións Clasificación
Australia  Australia 1 16 de novembro de 2005

Sorteo

editar

O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, España, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

  • Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campión, fica no Grupo F, para evitar un posible enfrontamento con Alemaña antes da final.
  • Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excepción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente.
  • Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais.
  • Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos."
  • Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para previr que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo.
  • Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.
Pote A Pote B Pote C Pote D

Arxentina  Arxentina
Brasil  Brasil
Inglaterra  Inglaterra
Francia  Francia
Alemaña  Alemaña
Italia  Italia
México  México
España  España

Angola  Angola
Australia  Australia
Costa do Marfil  Costa do Marfil
Ecuador  Ecuador
Ghana  Ghana
Paraguai  Paraguai
Togo  Togo
Tunisia  Tunisia

Croacia  Croacia
Chequia  República Checa
Países Baixos  Países Baixos
Polonia  Polonia
Portugal  Portugal
Suíza  Suíza
Suecia  Suecia
Ucraína  Ucraína

Costa Rica  Costa Rica
Irán  Irán
Xapón  Xapón
Corea do Sur  Corea do Sur
Arabia Saudita  Arabia Saudita
Trinidad e Tobago  Trinidad e Tobago
Estados Unidos  Estados Unidos

Pote especial

Serbia e Montenegro  Serbia e Montenegro

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos disputándose unha praza.[2][3]

Composición dos equipos

editar

Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[4].

Árbitros

editar

A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. [2] Arquivado 30 de xuño de 2006 en Wayback Machine.

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Exipto  Essam Abd El Fatah   Dramane Dante Senegal  Mamadou Ndoye
2 Paraguai  Carlos Amarilla Paraguai  Amelio Andino Paraguai  Manuel Bernal
3   Benito Archundia   José Ramírez   Hector Vergara
4 Suíza  Massimo Busacca Suíza  Francesco Buragina Suíza  Matthias Arnet
5 Benín  Coffi Codjia   Celestin Ntagungira Benín  Aboudou Aderodjou
6 Bélxica  Frank De Bleeckere Bélxica  Peter Hermans Bélxica  Walter Vromans
7 Italia  Massimo De Santis Italia  Alessandro Griselli Italia  Marco Ivaldi
8   Horacio Elizondo   Darío García   Rodolfo Otero
9   Valentin Ivanov   Nikolay Golubey   Evgueni Volnin
10   Toru Kamikawa   Yoshikazu Hiroshima   Kim Dae Young
11 Uruguai  Jorge Larrionda Uruguai  Walter Rial Uruguai  Pablo Fandino
12 Singapur  Shamsul Maidin Tailandia  Prachya Permpanich Emiratos Árabes Unidos  Eisa Ghuloum
13 España  Luis Medina Cantalejo España  Victoriano Giráldez Carrasco España  Pedro Medina Hernández
14 Alemaña  Markus Merk Alemaña  Christian Schraer Alemaña  Jan-Hendrik Salver
15 Eslovaquia  Lubos Michel Eslovaquia  Roman Slysko Eslovaquia  Martin Balko
16 Inglaterra  Graham Poll Inglaterra  Philip Sharp Inglaterra  Glenn Turner
17 Francia  Eric Poulat Francia  Lionel Dagorne Francia  Vincent Texier
18   Peter Prendergast   Anthorny Garwood   Joseph Taylor
19   Marco Rodríguez   José Luis Camargo   Leonel Leal
20 Italia  Roberto Rosetti Italia  Christiano Copelli Italia  Alessandro Stagnoli
21   Óscar Ruiz   Fernando Tamayo   José Navia
22 Australia  Mark Shield Australia  Nathan Gibson Australia  Ben Wilson
23   Carlos Simon   Aristeu Tavares   Ednilson Corona

Árbitros de apoio

editar
Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1   Khalil Al Ghamdi   Hamdi Al Kadri   Fathi Rabati
2 Chile  Carlos Chandia Chile  Christian Julio Chile  Rodrigo González
3   Jerome Damon   Enock Molefe   Justice Yeboah
4   Mohamed Guezzaz Alxeria  Brahim Djezzar   Jean Marie Endeng Zogo
5   Kevin Stott   Chris Strickland   Gregory Barkey

Táboa de partidos

editar

O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en quenda única. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partir desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.

Primeira fase

editar
Data Localidade Seleccións Grupo Resultado²
Venres, 9 de xuño de 2006 Múnic Alemaña  Alemaña - Costa Rica  Costa Rica A 4-2 (2-1)
Venres, 9 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Polonia  Polonia - Ecuador  Ecuador A 0-2 (0-1)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Frankfurt Inglaterra  Inglaterra - Paraguai  Paraguai B 1-0 (1-0)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Dortmund Trinidad e Tobago  Trinidad e Tobago - Suecia  Suecia B 0-0
Sábado, 10 de xuño de 2006 Hamburgo Arxentina  Arxentina - Costa do Marfil  Costa do Marfil C 2-1 (2-0)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Leipzig Serbia e Montenegro  Serbia e Montenegro - Países Baixos  Países Baixos C 0-1 (0-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Nuremberg México  México - Irán  Irán D 3-1 (1-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Colonia Angola  Angola - Portugal  Portugal D 0-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Kaiserslautern Australia  Australia - Xapón  Xapón F 3-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Estados Unidos  Estados Unidos - Chequia  República Checa E 0-3 (0-2)
Luns, 12 de xuño de 2006 Hannover Italia  Italia - Ghana  Ghana E 2-0 (1-0)
Martes, 13 de xuño de 2006 Frankfurt Corea do Sur  Corea do Sur - Togo  Togo G 2-1 (0-1)
Martes, 13 de xuño de 2006 Stuttgart Francia  Francia - Suíza  Suíza G 0-0
Martes, 13 de xuño de 2006 Berlín Brasil  Brasil - Croacia  Croacia F 1-0 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Leipzig España  España - Ucraína  Ucraína H 4-0 (2-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Múnic Tunisia  Tunisia - Arabia Saudita  Arabia Saudita H 2-2 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Dortmund Alemaña  Alemaña - Polonia  Polonia A 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Hamburgo Ecuador  Ecuador - Costa Rica  Costa Rica A 3-0 (1-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Berlín Suecia  Suecia - Paraguai  Paraguai B 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Nuremberg Inglaterra  Inglaterra - Trinidad e Tobago  Trinidad e Tobago B 2-0 (0-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Arxentina  Arxentina - Serbia e Montenegro  Serbia e Montenegro C 6-0 (3-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Hannover México  México - Angola  Angola D 0-0
Venres, 16 de xuño de 2006 Stuttgart Países Baixos  Países Baixos - Costa do Marfil  Costa do Marfil C 2-1 (2-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Frankfurt Portugal  Portugal - Irán  Irán D 2-0 (0-0)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Kaiserslautern Italia  Italia - Estados Unidos  Estados Unidos E 1-1 (1-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Colonia Chequia  República Checa - Ghana  Ghana E 0-2 (0-1)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Leipzig Francia  Francia - Corea do Sur  Corea do Sur G 1-1 (1-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Múnic Brasil  Brasil - Australia  Australia F 2-0 (0-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Nuremberg Xapón  Xapón - Croacia  Croacia F 0-0
Luns, 19 de xuño de 2006 Dortmund Togo  Togo - Suíza  Suíza G 0-2 (0-1)
Luns, 19 de xuño de 2006 Hamburgo Arabia Saudita  Arabia Saudita - Ucraína  Ucraína H 0-4 (0-2)
Luns, 19 de xuño de 2006 Stuttgart España  España - Tunisia  Tunisia H 3-1 (0-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Berlín Ecuador  Ecuador - Alemaña  Alemaña A 0-3 (0-2)
Martes, 20 de xuño de 2006 Hannover Costa Rica  Costa Rica - Polonia  Polonia A 1-2 (1-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Kaiserslautern Paraguai  Paraguai - Trinidad e Tobago  Trinidad e Tobago B 2-0 (1-0)
Martes, 20 de xuño de 2006 Colonia Suecia  Suecia - Inglaterra  Inglaterra B 2-2 (0-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Frankfurt Países Baixos  Países Baixos - Arxentina  Arxentina C 0-0
Mércores, 21 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Portugal  Portugal - México  México D 2-1 (2-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Leipzig Irán  Irán - Angola  Angola D 1-1 (0-0)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Múnic Costa do Marfil  Costa do Marfil - Serbia e Montenegro  Serbia e Montenegro C 3-2 (1-2)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Dortmund Xapón  Xapón - Brasil  Brasil F 1-4 (1-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Hamburgo Chequia  República Checa - Italia  Italia E 0-2 (0-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Nuremberg Ghana  Ghana - Estados Unidos  Estados Unidos E 2-1 (2-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Stuttgart Croacia  Croacia - Australia  Australia F 2-2 (1-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Berlín Ucraína  Ucraína - Tunisia  Tunisia H 1-0 (0-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Hannover Suíza  Suíza - Corea do Sur  Corea do Sur G 2-0 (1-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Kaiserslautern Arabia Saudita  Arabia Saudita - España  España H 0-1 (0-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Colonia Togo  Togo - Francia  Francia G 0-2 (0-0)
Nota2: Entre parénteses, o resultado do partido no final do primeiro tempo.;

Clasificacións

editar
Regras de clasificación na fase de grupos

1. maior número de puntos obtidos en tódolos partidos do grupo;
2. diferenza de goles en todolos partidos do grupo;
3. maior número de goles marcados en tódolos partidos do grupo;

Se dúas ou máis escuadras ficaran iguais no que respecta ós criterios anteriores, a súa clasificación será determinada da seguinte forma:
4. maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
5. diferenza de goles resultante dos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
6. maior número de goles marcados nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
7. sorteo realizado por parte do Comité Organizador do Campionato do Mundo.
—  Regras do campionato

Grupo A

editar

Co fin dos partidos da segunda rolda (15/06) do Grupo A, a selección alemá e a selección ecuatoriana garantiron o seu paso á seguinte fase. Os partidos da terceira rolda definiron as posicións das mesmas no grupo. A selección polaca e a selección costarriqueña xa non tiñan oportunidades de clasificación.

Grupo B

editar

No Grupo B, a Inglaterra tamén se garantiu a súa praza na vindeira fase. Paraguai quedou fóra da competición. A outra praza do grupo disputárona na terceira xornada Suecia e Trindade e Tobago, saíndo os suecos gañadores.

Grupo C

editar

Ó remate da segunda xornada (16 de xuño) do Grupo C, Arxentina e Holanda xa garantiran a súa praza na seguinte fase. Resta saber quen quedará co primeiro lugar, o que se definirá na terceira xornada. Consecuentemente, Costa do Marfil e Serbia e Montenegro xa esgotaron as súas opcións de clasificarse.

Grupo D

editar

No día 17 de xuño, a selección portuguesa garantiuse coma sexta clasificada para os oitavos de final, ó vencer a Irán, xá sen opcións, por 2 a 0.

Grupo E

editar

Cos partidos da segunda rolda nada se definira no grupo.

Grupo F

editar

Brasil garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Australia por 2 a 0.

Grupo H

editar

España garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Tunisia por 3 a 1.

  • Pasaron á segunda fase:
    • Alemaña
    • Arxentina
    • Australia
    • Brasil
    • Ecuador
    • España
    • Francia
    • Ghana
    • Holanda
    • Inglaterra
    • Italia
    • México
    • Portugal
    • Suecia
    • Suíza
    • Ucraína
  • Caeron eliminados na primeira fase:
    • Angola
    • Arabia Saudita
    • Corea do Sur
    • Costa do Marfil
    • Costa Rica
    • Croacia
    • Estados Unidos
    • Irán
    • Xapón
    • Paraguai
    • Polonia
    • República Checa
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
    • Trindade e Tobago
    • Tunisia
  • Gañaron tódolos encontros da primera fase:
    • Alemaña
    • Brasil
    • España
    • Portugal


  • Perderon tódolos encontros da primeira fase:
    • Costa Rica
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
  • Non encaixou ningún gol en toda a Copa:
    • Suíza (Levou 3 nos penaltis contra Ucraína)


  • Non fixo gol na copa:
    • Trindade e Tobago

Clasificacións dos grupos

editar
Selección Pt X V E D GF GC SG
Alemaña  Alemaña 9 3 2 0 0 8 2 6
Ecuador  Ecuador 6 3 2 0 1 5 3 2
Polonia  Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2
Costa Rica  Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6
Selección Pt X V E D GF GC SG
Inglaterra  Inglaterra 7 3 2 1 0 5 2 3
Suecia  Suecia 5 3 1 2 0 3 2 1
Paraguai  Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0
Trinidad e Tobago  Trinidad e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
Arxentina  Arxentina 7 3 2 1 0 8 1 7
Países Baixos  Países Baixos 7 3 2 1 0 3 1 2
Costa do Marfil  Costa do Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1
Serbia e Montenegro  Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8
Selección Pt X V E D GF GC SG
Portugal  Portugal 9 3 3 0 0 5 1 4
México  México 4 3 1 1 1 4 3 1
Angola  Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1
Irán  Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
Italia  Italia 7 3 2 1 0 5 1 4
Ghana  Ghana 6 3 2 0 1 4 3 1
Chequia  República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1
Estados Unidos  Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
Brasil  Brasil 9 3 3 0 0 7 1 6
Australia  Australia 4 3 1 1 1 5 5 0
Croacia  Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1
Xapón  Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5
Selección Pt X V E D GF GC SG
Suíza  Suíza 7 3 2 1 0 4 0 4
Francia  Francia 5 3 1 2 0 3 1 1
Corea do Sur  Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1
Togo  Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5
Selección Pt X V E D GF GC SG
España  España 9 3 3 0 0 8 1 7
Ucraína  Ucraína 6 3 2 0 1 5 4 1
Tunisia  Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3
Arabia Saudita  Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5

Fases seguintes

editar
Segunda Ronda Cuartos de finais Semifinais Final
                           
24 xuño - Múnic            
 Alemaña  Alemaña  2
30 xuño- Berlín
 Suecia  Suecia  0  
 Alemaña  Alemaña (pen.)  1(4)
24 xuño - Leipzig
   Arxentina  Arxentina  1(2)  
 Arxentina  Arxentina (pro.)  2
4 xullo - Dortmund
 México  México  1  
 Alemaña  Alemaña  0
26 xuño - Kaiserslautern
   Italia  Italia (pro.)  2  
 Italia  Italia  1
30 xuño- Hamburgo
 Australia  Australia  0  
 Italia  Italia  3
26 xuño - Colonia
   Ucraína  Ucraína  0  
 Suíza  Suíza  0(0)
9 xullo - Berlín
 Ucraína  Ucraína (pen.)  0(3)  
 Italia  Italia (pen.)  1(5)
25 xuño - Stuttgart
   Francia  Francia  1(3)
 Inglaterra  Inglaterra  1
1º xullo - Gelsenkirchen
 Ecuador  Ecuador  0  
 Inglaterra  Inglaterra  0(1)
25 xuño - Nuremberg
   Portugal  Portugal (pen.)  0(3)  
 Portugal  Portugal  1
5 xullo - Múnic
 Países Baixos  Países Baixos  0  
 Portugal  Portugal  0
27 xuño - Dortmund
   Francia  Francia  1   Terceiro posto
 Brasil  Brasil  3
1º xullo - Frankfurt 8 xullo - Stuttgart
 Ghana  Ghana  0  
 Brasil  Brasil  0  Alemaña  Alemaña  3
27 xuño - Hannover
   Francia  Francia  1    Portugal  Portugal  1
 España  España  1
 Francia  Francia  3  

* Despois da prórroga.
**Despois da quenda de penaltis.
Entre parénteses: resultado no fin do primeiro tempo.

Goles marcados

editar

No final da copa, o artilleiro recibirá a "Chuteira de Ouro" Adidas (Golden Shoe Award)[5]. O xogador brasileiro Ronaldo foi o último vencedor do premio na Copa de 2002, con 8 goles marcados, e é o único vencedor que continua xogando. Ronaldo é o maior artilleiro de todas as Copas, con 15 goles. Xa Just Fontaine é o maior artilleiro dunha única edición do torneo con 13 goles anotados na Copa de 1958.

Goles en contra

Clasificación final

editar

A Clasificación final das seleccións leva en conta a fase á que a selección chegou e despois a súa puntuación así como outros criterios de desempate. Por exemplo: Ucraína cun total de 7 puntos ficou diante da España que obtivo un total de 9 puntos. Iso debido a que España foi eliminada nos oitavos de final, mentres que Ucraína saíu na fase de cuartos de final.

Finalistas

editar

Premiados

editar
Vencedor
Itália 
Italia
Tetracampioa


Premio FIFA Chuteira de Ouro (goleador): Premio FIFA Balón de Ouro (mellor xogador): Premio FIFA Yashin (mellor porteiro) Premio FIFA Mellor Xogador novo: Trofeo FIFA Fair Play (equipo máis limpo): Equipo máis entretido:
Alemaña 
Miroslav Klose
 
Francia 
Zinedine Zidane
 
Italia 
Gianluigi Buffon
Alemaña 
Lukas Podolski
Brasil  Brasil
España  España
Portugal  Portugal

Selección do Mundial

Ó final da competición un grupo da FIFA seleccionou a selección da copa, que é composta polos 23 mellores xogadores do torneo.

Porteiro Defensores Mediocampistas Dianteiros

Italia  Gianluigi Buffon
Alemaña  Jens Lehmann
Portugal  Ricardo Pereira

  Roberto Ayala
Inglaterra  John Terry
Francia  Lilian Thuram
Alemaña  Philipp Lahm
Italia  Fabio Cannavaro
Italia  Gianluca Zambrotta
Portugal  Ricardo Carvalho

  Zé Roberto
Francia  Patrick Vieira
Francia  Zinedine Zidane
Alemaña  Michael Ballack
Italia  Andrea Pirlo
Italia  Gennaro Gattuso
Italia  Francesco Totti
Portugal  Luís Figo
Portugal  Maniche

  Hernan Crespo
Francia  Thierry Henry
Alemaña  Miroslav Klose
Italia  Luca Toni

Estatísticas

editar
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
1   Italia 17 7 5 2 0 12 2 +10 80,9%
2   Francia 15 7 4 3 0 9 3 +6 71,4%
3   Alemaña 16 7 5 1 1 14 6 +8 76,2%
4   Portugal 13 7 4 1 2 7 5 +2 62,0%
5   Brasil 12 5 4 0 1 10 2 +8 80,0%
6   Arxentina 11 5 3 2 0 11 3 +8 73,3%
7   Inglaterra 11 5 3 2 0 6 2 +4 73,3%
8   Ucraína 7 5 2 1 2 5 7 -2 46,6%
9   España 9 4 3 0 1 9 4 +5 75,0%
10     Suíza 8 4 2 2 0 4 0 +4 66,6%
11   Holanda 7 4 2 1 1 3 2 +1 58,3%
12   Ecuador 6 4 2 0 2 5 4 +1 50,0%
13   Ghana 6 4 2 0 2 4 6 -2 50,0%
14   Suecia 5 4 1 2 1 3 4 -1 41,6%
15   México 4 4 1 1 2 5 5 0 33,3%
16   Australia 4 4 1 1 2 5 6 -1 33,3%
17   Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1 44,4%
18   Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0 33,3%
19   República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1 33,3%
20   Costa do Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1 33,3%
21   Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2 33,3%
22   Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1 22,2%
23   Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1 22,2%
24   Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3 11,1%
25   Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
26   Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
27   Trindade e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4 11,1%
28   Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
29   Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
30   Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5 0,0%
31   Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6 0,0%
32   Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8 0,0%
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2008. Consultado o 09 de xullo de 2006. 
  2. (en inglés) Artigo do xornal The Guardian sobre o 'Grupo da Morte'
  3. (en inglés) Artigo da FOX Sports sobre o 'Grupo da Morte' Arquivado 16 de maio de 2006 en Wayback Machine.
  4. (en inglés) http://eur.i1.yimg.com/eur.yimg.com/i/eu/fifa/regen.pdf Arquivado 01 de xuño de 2006 en Wayback Machine. Regras oficiais FIFA (PDF)
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2006. Consultado o 09 de xullo de 2006. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar