David Beckham
David Robert Joseph Beckham, nado en Leytonstone (Londres) o 2 de maio de 1975, é un exfutbolista inglés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección inglesa. Estivo en clubs como o Manchester United ou o Real Madrid.
Traxectoria
editarManchester United FC
editarEn 1991 asina un contrato co Manchester United para as categorías inferiores. En 1995 debuta na Premier League. Cando na tempada 1995-1996 Eric Cantona foi suspendido por agredir a un espectador, Beckham converteuse no novo fenómeno dos medios e do club, co que conquistou o título da Premier League e a Copa FA.
Na temporada 1998–1999 conseguiu a Premier League, a copa FA e a Liga de Campións da UEFA co Manchester, un logro sen precedentes no fútbol inglés. Na temporada 2002–2003 deterióranse as relacións co adestrador, Alex Ferguson, polo baixo rendemento do xogador.
En total, Beckham marcou 86 goles en 397 partidos co Manchester United.
Real Madrid
editarO 17 de xuño de 2003 Beckham asinou un contrato co Real Madrid por catro anos por 35 millóns de euros.