Selección de fútbol de Portugal
A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra. Portugal terminou o campionato en 3º lugar e Eusébio foi o mellor marcador do torneo con nove goles. As catro veces seguintes en que Portugal se calificou para un Mundial foron en 1986, en 2002, sendo eliminado na fase de grupos en ambos, en 2006, en que terminou en cuarto lugar logo de perder por 3-1 coa selección anfitrioa (Alemaña) no xogo de decisión do terceiro e cuarto lugar e en 2010, onde foi eliminado nos oitavos de final por España por un 1-0.
Portugal | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Eurocopa | |||
| |||
| |||
Asociación | Federação Portuguesa de Futebol - FPF | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | POR | ||
Alcume | A Selecção | ||
Clasificación FIFA | 7 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Fernando Santos | ||
Máis encontros | Cristiano Ronaldo (164) | ||
Máximo goleador | Cristiano Ronaldo (99) | ||
Estrea internacional España 3 − 1 Portugal Madrid, España; 18 de decembro de 1921 | |||
Maior vitoria Portugal 8 − 0 Liechtenstein Lisboa, Portugal; 18 de novembro de 1994 Portugal 8 − 0 Liechtenstein Coímbra, Portugal; 9 de xuño de 1999 Portugal 8 − 0 Kuwait Leiria, Portugal; 19 de novembro de 2003 | |||
Maior derrota Portugal 0 − 10 Inglaterra Lisboa, Portugal; 25 de maio de 1947 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1966) | ||
Mellor resultado | Terceiros (1966) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 8 (primeira en 1984) | ||
Mellor resultado | Campións (2016) |
En 2003, a Federación Portuguesa de Fútbol contratou Luiz Felipe Scolari, que fora campión coa selección brasileira de ftbol en 2002. Scolari levou Portugal á final do UEFA Euro 2004, onde foi derrotado por Grecia, e tamén á súa segunda semifinal, no Mundial da FIFA 2006. Acabaría por deixar a Selección tralo UEFA Euro 2008, sendo contratado polo Chelsea.
Carlos Queiroz foi designado como o novo seleccionador en 2008, saíndo do cargo de adestrador-adxunto do Manchester United. Tras ser acusado de ter obstruído os axentes do control antidopaxe e ser suspenso por seis meses, Queiroz foi dimitido do cargo de seleccionador o día 7 de setembro de 2010 sendo substituído por Paulo Bento no cargo. O Estadio oficial da selección portuguesa de fútbol é o Estadio Nacional do Jamor ou ás veces o Estadio Nacional localizado en Oeiras, Lisboa. Porén os seus xogos oficiais non son realizados nel debido á súa degradación.
Estatísticas
editarCopa Mundial de Fútbol
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Rolda | Posición | PJ | PG | PE | PP | GF | GC | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai 1930 | Sen participación | ||||||||
Italia 1934 | Non se clasificou | ||||||||
Francia 1938 | |||||||||
Brasil 1950 | |||||||||
Suíza 1954 | |||||||||
Suecia 1958 | |||||||||
Chile 1962 | |||||||||
Inglaterra 1966 | Terceiro lugar | 3° | 6 | 5 | 0 | 1 | 17 | 8 | |
México 1970 | Non se clasificou | ||||||||
Alemaña 1974 | |||||||||
Arxentina 1978 | |||||||||
España 1982 | |||||||||
México 1986 | Primeira fase | 17º | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | |
Italia 1990 | Non se clasificou | ||||||||
Estados Unidos 1994 | |||||||||
Francia 1998 | |||||||||
Corea do Sur Xapón 2002 | Primeira fase | 21º | 3 | 1 | 0 | 2 | 6 | 4 | |
Alemaña 2006 | Cuarto lugar | 4º | 7 | 4 | 1 | 2 | 7 | 5 | |
Suráfrica 2010 | Oitavos de final | 11º | 4 | 1 | 2 | 1 | 7 | 1 | |
Brasil 2014 | Primeira fase | 18° | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 7 | |
Rusia 2018 | Oitavos de final | 13° | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 6 | |
Qatar 2022 | Por disputarse | ||||||||
Total | 7/22 | 17° | 26 | 13 | 4 | 9 | 43 | 29 |
Eurocopa
editarAno | Resultado | Posición | PJ | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Francia 1960 | Non se clasificou | |||||||
España 1964 | ||||||||
Italia 1968 | ||||||||
Bélxica 1972 | ||||||||
Modelo:YUb Iugoslavia 1976 | ||||||||
Italia 1980 | ||||||||
Francia 1984 | Semifinals | 4° | 4 | 1 | 2 | 1 | 4 | 4 |
Alemaña 1988 | Non se clasificou | |||||||
Suecia 1992 | ||||||||
Inglaterra 1996 | Cuartos de final | 5° | 4 | 2 | 1 | 1 | 5 | 2 |
Bélxica/Países Baixos 2000 | Semifinals | 4° | 5 | 4 | 0 | 1 | 10 | 4 |
Portugal 2004 | Subcampión | 2° | 6 | 3 | 1 | 2 | 8 | 6 |
Austria/Suíza 2008 | Cuartos de final | 7º | 4 | 2 | 0 | 2 | 7 | 6 |
Polonia/Ucraína 2012 | Semifinals | 4° | 5 | 3 | 1 | 1 | 6 | 4 |
Francia 2016 | Campión | 1° | 7 | 3 | 4 | 0 | 9 | 5 |
Modelo:EUb Europa 2020 | Por definir | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Total | 7/16 | - | 35 | 18 | 9 | 8 | 49 | 31 |
Xogadores
editarMáis encontros disputados
editarActualizado o 1 de abril de 2018
# | Nome | Período | Partidos |
---|---|---|---|
1 | Cristiano Ronaldo | 2003- | 149 |
2 | Luís Figo | 1991-2006 | 127 |
3 | Fernando Couto | 1990-2004 | 110 |
4 | Rui Costa | 1994-2003 | 94 |
5 | Pauleta | 1997-2006 | 88 |
6 | Simão Sabrosa | 1998-2010 | 85 |
7 | João Vieira Pinto | 1991-2002 | 81 |
8 | Vítor Baía | 1990-2002 | 80 |
9 | Ricardo Pereira | 2001-2008 | 79 |
Nuno Gomes | 1996-2011 | 79 |
Máximos goleadores
editarActualizado o 1 de abril de 2018
# | Xogador | Período | Goles | Partidos | Media |
---|---|---|---|---|---|
3 | Cristiano Ronaldo | 2003- | 81 | 149 | 0,55 |
1 | Pauleta | 1997-2006 | 47 | 88 | 0,53 |
2 | Eusébio | 1961-1973 | 41 | 64 | 0,64 |
4 | Luís Figo | 1961-1967 | 32 | 127 | 0,25 |
5 | Nuno Gomes | 1996-2011 | 29 | 79 | 0,36 |
6 | Helder Postiga | 2003- | 27 | 54 | 0,41 |
7 | Rui Costa | 1993-2004 | 26 | 94 | 0,28 |
8 | João Vieira Pinto | 1991-2002 | 23 | 81 | 0,28 |
9 | Simão Sabrosa | 1998-2010 | 22 | 85 | 0,26 |
Tamagnini Nené | 1971-1984 | 22 | 66 | 0,33 |
Adestradores
editar- Categoría principal: Adestradores da selección de fútbol de Portugal.