Mundial de Fútbol de 2010
A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
Esta edición foi a primeira vez que se celebrou nunha nación africana, despois de que Suráfrica vencese a Marrocos e a Exipto no proceso de elección. Esta decisión fai que a única confederación que aínda non acolleu esta competición sexa Oceanía. O sorteo para a fase final do torneo tivo lugar en Cidade do Cabo o 4 de decembro de 2009.
España proclamouse campioa do mundo por primeira vez na historia, nunha disputada final contra os Países Baixos na que gañou 0-1 cun gol de Andrés Iniesta a cinco minutos do final da segunda parte da prórroga. A selección anfitrioa, Suráfrica, ademais dos anteriores campión e subcampión, Italia e Francia, foron eliminados na fase de grupos, sendo a primeira vez que isto ocorre. As selección de Arxentina, Brasil e Alemaña abandonaron posteriormente o torneo nas roldas eliminatorias. Cómpre destacar que a selección de Nova Zelandia foi a única selección que non perdeu ningún partido en todo o torneo, xa que conseguiu empatar nos seus tres encontros da fase de grupos.
Antecedentes e elección
editarDesde os anos 1980 comezou a medrar a idea da realización dun torneo en África en resposta ao crecemento e desenvolvemento do fútbol no devandito continente e que se reflectía no progreso das seleccións do mesmo en diversos torneos internacionais. Até a edición de 2002, disputada en Asia, Europa e América organizaran exclusivamente o torneo desde a súa creación en 1930.
Para a elección da sede da Copa Mundial de Fútbol de 1994, Marrocos estivo a tres votos de derrotar aos Estados Unidos, e posteriormente volveu presentar candidaturas para as Copas de 1998 e 2006, sen lograr resultados satisfactorios. Nesta última elección, Suráfrica presentou a súa candidatura co apoio do presidente da FIFA, Joseph Blatter, pero os esforzos foron en balde: Alemaña adxudicouse o evento nunha rifada e polémica votación por un voto de diferenza. Trala derrota surafricana, os dirixentes da FIFA decidiron establecer un criterio de "rotación continental" que permitise asegurar que o certame seguinte sería xogado en África, un dos grandes continentes que non albergara o evento. A FIFA permitiu soamente candidaturas africanas e seis países manifestaron as súas intencións.
Xunto a Suráfrica e Marrocos, candidatas en eleccións anteriores, presentáronse Exipto, Libia, Nixeria e Tunisia. Nixeria abandonou a carreira nun comezo sen presentar a súa candidatura oficialmente ante a FIFA. Libia, doutra banda, anunciou que en caso de ser elixida non permitiría que Israel puidese participar no torneo, quedando descualificada;[1] a pesar diso, persistiu coa súa candidatura até a presentación final. A FIFA desestimou a posibilidade de realizar un mundial en conxunto entre dúas nacións, polo que Tunisia, que pensaba nunha asociación cos libios, retirouse días antes da votación.[2]
Así, tres candidaturas quedaron con posibilidades reais, con todo, a pelexa era principalmente entre Suráfrica e Marrocos. Os marroquís presentábanse como unha ponte entre Occidente e o mundo musulmán, e unha alternativa próxima a Europa, mentres os surafricanos baseaban a súa postulación no seu desenvolvemento económico e experiencia en realización de eventos deportivos (como a Copa Mundial de Rugby e de crícket). O 15 de maio de 2004 realizouse a elección na cidade suíza de Zürich. Marrocos contou co apoio de Bélxica, España, Francia, Qatar, Tailandia, Turquía e os catro votos da Confederación Africana de Fútbol, mais ese dez votos foron insuficientes para contrarrestar o catorce votos dos outros representantes latinoamericanos que votaron por Suráfrica; Exipto non recibiu ningunha preferencia. A vitoria surafricana viuse selada con Nelson Mandela, principal figura da candidatura, levantando o trofeo da Copa Mundial.[3]
Resultados da votación | |
---|---|
País | Votos |
Suráfrica | 14 |
Marrocos | 10 |
Exipto | 0 |
Clasificación
editarComo país organizador, Suráfrica clasificouse automaticamente ao torneo. Con todo, participou de igual xeito nas eliminatorias para o mundial debido a que estas eliminatorias tamén serven como rolda de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2010 de Angola. Por isto, foron a primeira selección organizadora dende o Mundial de 1934 que toma parte desta fase da competición.
Ao igual que pasou na Copa do Mundo de 2006 os campións do anterior mundial non se clasificaron directamente, polo que Italia tivo que xogar a rolda previa. O sorteo para decidir as eliminatorias de clasificación para o Mundial 2010 foi realizado o 25 de novembro de 2007 en Durban, Suráfrica.
Lista de participantes
editarAs seguintes 32 seleccións clasificáronse para a fase final.
|
|
|
Esta é a primeira Copa do Mundo na que non participa ningún equipo que non se teña xa clasificado para edicións anteriores, xa que as dúas novas seleccións de Eslovaquia e Serbia xa se clasificaran formando parte de Estados desaparecidos. No caso de Eslovaquia fixérao competindo como parte da selección de Checoslovaquia, e no caso de Serbia como parte de Iugoslavia e posteriormente de Serbia e Montenegro. En ámbolos casos a FIFA considera que as seleccións manteñen os rexistros das súas predecesoras.
Porén, houbo algunhas controversias na clasificación, as que envolveron aos partidos xogados entre as seleccións de Francia e de Irlanda, de Costa Rica e o Uruguai e de Exipto e Alxeria en novembro de 2009. No segundo encontro da eliminatoria entre Francia e Irlanda, o capitán da selección francesa Thierry Henry, non visto polo colexiado, golpeou o balón ilegalmente coa man dando ao seu equipo o gol da vitoria que clasificaba aos bleus ao mundial. Este incidente provocou un amplo debate sobre como ao partidos de alto nivel debían ser arbitrados. A FIFA rexeitou a petición da Federación Irlandesa de repetir o encontro,[4] así como a petición de incluír aos irlandeses como equipo número 33 do mundial.[5] No caso de América, a selección de Costa Rica queixouse polo da vitoria do Uruguai nesta eliminatoria definitiva para o mundial,[6] mentres o encontro entre Exipto e Alxeria estivo rodeado por informes sobre problemas cos seareiros.
En resposta a todos estes incidentes durante a clasificación, e como arranxo á controversia, o 2 de decembro de 2009 a FIFA convocou unha xunta xeral extraordinaria do seu Comité Executivos. Despois da reunión, a FIFA anunciou o comezo dunha investigación sobre a aplicación da tecnoloxía e novos asistentes durante os encontros, mais non falaron sobre a esperada introdución dos xuíces de gol que xa se usaran durante os encontros de Europa League, reiterando que no Mundial só haberá un arbitro principal cos seus dous asistentes e un cuarto árbitro como é habitual.[7]
Organización
editarTrala elección do país como sede, comezaron os preparativos para a organización do evento. Os principais investimentos, cubertas principalmente polo superávit impositivo, corresponden á infraestrutura tanto deportiva como de transporte e a redución das cifras de criminalidade. Así, máis de 8.400 millóns de rand (aproximadamente 1.100 millóns de dólares) foron destinados orixinalmente á remodelación e construción dos estadios, cuxas obras se iniciarían durante xaneiro de 2007 trala demolición de antigos recintos. A cifra, con todo, era equivalente a 3,5 veces o orzado durante a presentación da candidatura.[8] Adicionalmente, o goberno anunciou que a policía nacional contaría para 2010 con 10.000 efectivos máis que nesa data.
Co paso dos meses, o desenvolvemento dos preparativos foi posto en cuestión e comezaron a xurdir rumores sobre un posible traslado da sede do torneo debido aos atrasos existentes.[9] Franz Beckenbauer, presidente do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 2006 manifestou publicamente a súa preocupación polo estado de avance das obras.[10] Con todo, a FIFA ratificou que a sede non sería cambiada e que só se avaliaría aquilo ante un desastre natural de gran magnitude. Con todo, o 29 de xuño de 2008 o presidente da FIFA dixo ter un "Plan B" listo no caso de que o país africano tivese problemas na organización, aínda que ratificou a Suráfrica como sede para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[11] Días despois, especuláronse os nomes de posibles organizadores no caso de que Suráfrica non puidese ser anfitrioa do mundial do 2010, Australia, España e Estados Unidos soaron bastante forte, debido a que o Estadio Nelson Mandela Bay de Porto Elizabeth non estaría a tempo para a Copa FIFA Confederacións 2009.[12] O 17 de xullo apareceu en distintos medios de comunicación que Brasil podía adiantar a súa sede en 2014 e realizar o mundial en 2010 e Suráfrica pasaría a organizar o mundial no 2014.[13]
En calquera caso, o Mundial finalmente celebrarase en Suráfrica como estaba previsto, tal e como asegurou Joseph Blatter o 15 de decembro de 2008. Non só confirmou que o campionato se celebraría alí e que se descartou de maneira oficial calquera alternativa, senón que expresou publicamente a satisfacción que lle produce que se celebre este torneo por primeira vez en África.[14]
Sedes
editarEn 2005, os organizadores do evento anunciaron unha lista previa de trece sedes para o evento: Xohanesburgo e Pretoria presentaron dúas, mentres que Bloemfontein, Cidade do Cabo, Durban, Kimberley, Nelspruit, Orkney, Polokwane, Porto Elizabeth e Rustenburg, unha. A lista foi reducida ás dez sedes definitivas, sendo anunciada pola FIFA o 10 de marzo de 2006. Cinco estadios, incluíndo o Soccer City (sede do partido de apertura e clausura) serían remodelados, dous estadios serían demolidos e reconstruídos, mentres o tres restantes serían estadios totalmente novos.
Xohanesburgo | Durban | Cidade do Cabo | Xohanesburgo | Pretoria |
---|---|---|---|---|
Soccer City | Estadio Moses Mabhida | Cape Town Stadium | Ellis Park | Loftus Versfeld |
Capacidade: 91.141 | Capacidade: 70.000 | Capacidade: 69.070 | Capacidade: 62.567 | Capacidade: 51.760 |
Porto Elizabeth | Bloemfontein | Polokwane | Rustenburg | Nelspruit |
Estadio Nelson Mandela Bay | Estadio Free State | Estadio Peter Mokaba | Estadio Royal Bafokeng | Estadio Mbombela |
Capacidade: 48.000 | Capacidade: 48.000 | Capacidade: 46.000 | Capacidade: 44.530 | Capacidade: 43.589 |
Mapa das sedes
editarSímbolos
editarZakumi
editarZakumi é a mascota oficial deste mundial (creada o 16 de xuño de 1994). É un leopardo antropomórfico co cabelo verde, e o seu nome ven de "ZA", a abreviatura internacional para Suráfrica, e "kumi", unha palabra que significa dez en varias linguas africanas.[15] Ademais as cores da mascota reflicten as cores da camiseta de Suráfrica (amarelo e verde) e as manchas teñen a forma do clásico pentágono dos balóns de fútbol.
A data de creación de Zakumi coincidiu cun día coñecido e celebrado como o Día da Xuventude en Suráfrica e o ano 1994 marca as primeiras eleccións non raciais nacionais en Suráfrica. A mascota fixo dezaseis anos o ano da celebración do mundial. O lema oficial de Zakumi é: "O xogo de Zakumi é o Fair Play". O lema foi amosado nos carteis publicitarios dixitais durante a Copa FIFA Confederacións 2009, e tamén durante a propia Copa do Mundo.
Jabulani
editarO balón oficial con que se xogará o campionato será o modelo Jabulani, fabricado pola marca Adidas.[16] O Jabulani (que significa "celebrar" en zulú), deseñado pola Universidade de Loughborough do Reino Unido, ten once cores que representan os once xogadores de cada equipo, os once idiomas oficiais de Suráfrica e as once comunidades surafricanas que darán a benvida ao mundo do primeiro Mundial de fútbol que ten lugar en África.[17] Unha "versión dourada" deste balón, chamado Jo'bulani, será o utilizado na final da copa do mundo.[18]
Vuvuzela
editar- Artigo principal: Vuvuzela.
Unha vuvuzela é unha clase de trompeta longa utilizada sobre todo no fútbol surafricano para animar aos equipos ao longo de todo o partido. Adoita estar feita de plástico e o son que emite, moi forte, pode lembrar o dun elefante ou, se hai moitas á vez, un enxame de abellas. As vuvuzelas empezaron a ser coñecidas en calquera parte do mundo a partir da Copa Confederacións 2009, disputada en Suráfrica e, especialmente, dende o mundial de fútbol de 2010. Numerosos seareiros sopran vuvuzelas durante a integridade de todos os partidos que se disputan, un feito que provocou as queixas de xogadores, adestradores, comentaristas de radio e televisión e espectadores. Con todo, a FIFA móstrase contraria a prohibilas ao considerar que son un elemento inseparable da cultura futbolística surafricana.
Polbo Paul
editar- Artigo principal: Polbo Paul.
Unha curiosidade deste mundial foron os dotes de adiviñación que se lle atribuíron a un polbo chamado Paul. Coñéceselle por prognosticar os resultados dos partidos nos que xogou Alemaña, na Eurocopa 2008 e o Mundial de Suráfrica 2010, no que soamente se equivocou nun dos resultados. Debido ao grande interese dos medios, fixeron que Paul prognosticase o resultado da final do Mundial 2010 aínda que non xogase a selección alemá, prognosticando a derrota da laranxa mecánica ante España, e este, pois, acertou.
Antes de cada partido internacional da selección alemá, a Paul presentáronselle dous colectores idénticos con comida: un deles estaba marcado coa bandeira de Alemaña e o outro coa bandeira do equipo opoñente. A elección de Paul interpretábase co equipo que logrará a vitoria. Desta forma, Paul escolleu correctamente catro do seis partidos que xogou Alemaña na Eurocopa 2008 e nos primeiros seis partidos na Copa Mundial de Fútbol de 2010.Tamén predixo que España vencería a Alemaña na semifinal e acertou.[19][20] O fenómeno nos medios protagonizado por Paul fixo que moitos medios de comunicación considerasen que superou en popularidade á mascota oficial do campionato, o leopardo Zakumi.
Grupos
editarA Comisión Organizadora da FIFA aprobou o procedemento para o sorteo final o 2 de decembro de 2009. O sistema estaba baseado na décima clasificación mundial de seleccións FIFA, sendo sete selección elixidas como cabezas de serie mais Suráfrica por ser a organizadora. O comité tamén aprobou a composición dos outros grupos para o sorteo, así como o procedemento para o sorteo final. Finalmente o grupo dous para o sorteo estaba composto por equipos de Asia, Oceanía e América do Norte, o tres cos equipos de África e América do Sur e o catro cos restantes de Europa.
Grupo para o sorteo 1 | Grupo para o sorteo 2 | Grupo para o sorteo 3 | Grupo para o sorteo 4 |
---|---|---|---|
Suráfrica |
Australia |
Alxeria |
Dinamarca |
Grupo A | Grupo B | Grupo C | Grupo D |
---|---|---|---|
Suráfrica | Arxentina | Inglaterra | Alemaña |
México | Nixeria | Estados Unidos | Australia |
Uruguai | Corea do Sur | Alxeria | Serbia |
Francia | Grecia | Eslovenia | Ghana |
Grupo E | Grupo F | Grupo G | Grupo H |
---|---|---|---|
Países Baixos | Italia | Brasil | España |
Dinamarca | Paraguai | Corea do Norte | Suíza |
Xapón | Nova Zelandia | Costa do Marfil | Honduras |
Camerún | Eslovaquia | Portugal | Chile |
Resultados
editar- Os horarios corresponden á hora de Suráfrica (UTC+2)
Primeira fase
editarGrupo A
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo A.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 0 | +4 |
México | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 | +1 |
Suráfrica | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 5 | -2 |
Francia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | -3 |
Suráfrica | 1 - 1 | México | 11 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.490 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Tshabalala 55' | Informe |
Márquez 79' | |
Uruguai | 0 - 0 | Francia | 11 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 64.100 Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
Informe |
|||
Suráfrica | 0 - 3 | Uruguai | 16 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 42.658 Árbitro: Massimo Busacca (Suíza) |
Informe |
Forlán 24' 80' (pen.) Pereira 90+5' | ||
Francia | 0 - 2 | México | 17 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 35.370 Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudita) |
Informe |
Hernández 64' Blanco 79' (pen.) | ||
México | 0 - 1 | Uruguai | 22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 33.425 Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
Informe |
Suárez 43' | ||
Francia | 1 - 2 | Suráfrica | 22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 39.415 Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia) |
Malouda 70' | Informe |
Khumalo 20' Mphela 37' | |
Grupo B
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo B.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arxentina | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 7 | 1 | +6 |
Corea do Sur | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 6 | -1 |
Grecia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 5 | -3 |
Nixeria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 5 | -2 |
Corea do Sur | 2 - 0 | Grecia | 12 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 31.513 Árbitro: Michael Hester (Nova Zelandia) |
Lee Jung-Soo 7' | Informe |
||
Arxentina | 1 - 0 | Nixeria | 12 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 55.686 Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
Heinze 6' | Informe |
||
Arxentina | 4 - 1 | Corea do Sur | 17 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 82.174 Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica) |
Park Chu-Young 17' (p.m.) Higuaín 33' 76' 80' |
Informe |
Lee Chung-Yong 45+1' | |
Grecia | 2 - 1 | Nixeria | 17 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 31.593 Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia) |
Salpigidis 44' Torosidis 71' |
Informe |
Uche 16' | |
Nixeria | 2 - 2 | Corea do Sur | 22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 61.874 Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal) |
Uche 12' Yakubu 69' (pen.) |
Informe |
Lee Jung-Soo 38' Park Chu-Young 49' | |
Grecia | 0 - 2 | Arxentina | 22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 38.891 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Informe |
Demichelis 77' Palermo 89' | ||
Grupo C
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo C.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estados Unidos | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 4 | 3 | +1 |
Inglaterra | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 2 | 1 | +1 |
Eslovenia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 |
Alxeria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 2 | -2 |
Inglaterra | 1 - 1 | Estados Unidos | 12 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 38.646 Árbitro: Carlos Simon (Brasil) |
Gerrard 4' | Informe |
Dempsey 40' | |
Alxeria | 0 - 1 | Eslovenia | 13 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 30.325 Árbitro: Carlos Batres (Guatemala) |
Informe |
Koren 79' | ||
Eslovenia | 2 - 2 | Estados Unidos | 18 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 45.573 Árbitro: Koman Coulibaly (Malí) |
Birsa 13' Ljubijankič 42' |
Informe |
Donovan 48' Bradley 82' | |
Inglaterra | 0 - 0 | Alxeria | 18 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 64.100 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Informe |
|||
Eslovenia | 0 - 1 | Inglaterra | 23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 36.893 Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
Informe |
Defoe 23' | ||
Estados Unidos | 1 - 0 | Alxeria | 23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 35.827 Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica) |
Donovan 90+1' | Informe |
||
Grupo D
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo D.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 1 | +4 |
Ghana | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
Australia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 6 | -3 |
Serbia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 3 | -1 |
Serbia | 0 - 1 | Ghana | 13 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 38.833 Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
Informe |
Gyan 85' (pen.) | ||
Alemaña | 4 - 0 | Australia | 13 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.660 Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
Podolski 8' Klose 26' Müller 68' Cacau 70' |
Informe |
||
Alemaña | 0 - 1 | Serbia | 18 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 38.294 Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España) |
Informe |
Jovanović 38' | ||
Ghana | 1 - 1 | Australia | 19 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 34.812 Árbitro: Roberto Rosetti (Italia) |
Gyan 25' (pen.) | Informe |
Holman 11' | |
Ghana | 0 - 1 | Alemaña | 23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 83.391 Árbitro: Carlos Eugênio Simon (Brasil) |
Informe |
Özil 60' | ||
Australia | 2 - 1 | Serbia | 23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 37.836 Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai) |
Cahill 69' Holman 73' |
Informe |
Pantelić 84' | |
Grupo E
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo E.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Países Baixos | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 5 | 1 | +4 |
Xapón | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 2 | +2 |
Dinamarca | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 6 | -3 |
Camerún | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 |
Países Baixos | 2 - 0 | Dinamarca | 14 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 83.465 Árbitro: Stephane Lannoy (Francia) |
Poulsen 46' (p.m.) Kuyt 85' |
Informe |
||
Xapón | 1 - 0 | Camerún | 14 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 30.620 Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal) |
Honda 39' | Informe |
||
Países Baixos | 1 - 0 | Xapón | 19 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.010 Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
Sneijder 53' | Informe |
||
Camerún | 1 - 2 | Dinamarca | 19 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 38.704 Árbitro: Jorge Larrionda (Dinamarca) |
Eto'o 10' | Informe |
Bendtner 33' Rommedahl 61' | |
Dinamarca | 1 - 3 | Xapón | 24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 27.967 Árbitro: Jerome Damon (Suráfrica) |
Tomasson 81' | Informe |
Honda 17' Endō 30' Okazaki 87' | |
Camerún | 1 - 2 | Países Baixos | 24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 63.093 Árbitro: Pablo Pozo (Chile) |
Eto'o 65' (pen.) | Informe |
van Persie 36' Huntelaar 84' | |
Grupo F
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo F.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Paraguai | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 3 | 1 | +2 |
Eslovaquia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 | -1 |
Nova Zelandia | 3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 2 | 2 | 0 |
Italia | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 | -1 |
Italia | 1 - 1 | Paraguai | 14 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 62.869 Árbitro: Benito Archundia (México) |
De Rossi 63' | Informe |
Alcaraz 39' | |
Nova Zelandia | 1 - 1 | Eslovaquia | 15 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 23.871 Árbitro: Jerome Damon (Suráfrica) |
Reid 90+3' | Informe |
Vittek 50' | |
Eslovaquia | 0 - 2 | Paraguai | 20 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 26.643 Árbitro: Eddy Maillet (Seychelles) |
Informe |
Vera 27' Riveros 86' | ||
Italia | 1 - 1 | Nova Zelandia | 20 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 38.229 Árbitro: Carlos Batres (Guatemala) |
Iaquinta 29' (pen.) | Informe |
Smeltz 7' | |
Eslovaquia | 3 - 2 | Italia | 24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 53.412 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Vittek 25' 73' Kopúnek 89' |
Informe |
Di Natale 81' Quagliarella 90+2' | |
Paraguai | 0 - 0 | Nova Zelandia | 24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 34.850 Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
Informe |
|||
Grupo G
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo G.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brasil | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 2 | +3 |
Portugal | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 7 | 0 | +7 |
Costa do Marfil | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 3 | +1 |
Corea do Norte | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 12 | -11 |
Costa do Marfil | 0 - 0 | Portugal | 15 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 37.034 Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai) |
Informe |
|||
Brasil | 2 - 1 | Corea do Norte | 15 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 37.034 Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
Maicon 59' Elano 72' |
Informe |
Ji Yun-Nam 89' | |
Brasil | 3 - 1 | Costa do Marfil | 20 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.455 Árbitro: Stephane Lannoy (Francia) |
Luís Fabiano 25' 50' Elano 62' |
Informe |
Drogba 79' | |
Portugal | 7 - 0 | Corea do Norte | 21 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 63.644 Árbitro: Pablo Pozo (Chile) |
Meireles 29' Simão 53' Almeida 56' Tiago 60' 89' Liédson 81' Ronaldo 87' |
Informe |
||
Portugal | 0 - 0 | Brasil | 25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.712 Árbitro: Benito Archundia (México) |
Informe |
|||
Corea do Norte | 0 - 3 | Costa do Marfil | 25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 34.763 Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España) |
Informe |
Y. Touré 14' Romaric 20' Kalou 82' | ||
Grupo H
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Grupo H.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 2 | +2 |
Chile | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 3 | 2 | +1 |
Suíza | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 0 |
Honduras | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 | -3 |
Honduras | 0 - 1 | Chile | 16 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 32.664 Árbitro: Eddy Maillet (Seychelles) |
Informe |
Beausejour 34' | ||
España | 0 - 1 | Suíza | 16 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.453 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Informe |
Fernandes 52' | ||
Chile | 1 - 0 | Suíza | 21 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 34.872 Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudita) |
González 75' | Informe |
||
España | 2 - 0 | Honduras | 21 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 54.386 Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
Villa 17' 51' | Informe |
||
Chile | 1 - 2 | España | 25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 41.958 Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
Millar 47' | Informe |
Villa 24' Iniesta 37' | |
Suíza | 0 - 0 | Honduras | 25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 28.042 Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
Informe |
|||
Segunda fase
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 - Fase final.
Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
Porto Elizabeth, 26 de xuño | ||||||||||||||
Uruguai | 2 | |||||||||||||
Xohanesburgo, 2 de xullo | ||||||||||||||
Corea do Sur | 1 | |||||||||||||
Uruguai | 1(4) | |||||||||||||
Rustenburg, 26 de xuño | ||||||||||||||
Ghana | 1(2) | |||||||||||||
Estados Unidos | 1 | |||||||||||||
Cidade do Cabo, 6 de xullo | ||||||||||||||
Ghana | 2 | |||||||||||||
Uruguai | 2 | |||||||||||||
Durban, 28 de xuño | ||||||||||||||
Países Baixos | 3 | |||||||||||||
Países Baixos | 2 | |||||||||||||
Porto Elizabeth, 2 de xullo | ||||||||||||||
Eslovaquia | 1 | |||||||||||||
Países Baixos | 2 | |||||||||||||
Xohanesburgo, 28 de xuño | ||||||||||||||
Brasil Brasil | 1 | |||||||||||||
Brasil | 3 | |||||||||||||
Xohanesburgo, 11 de xullo | ||||||||||||||
Chile | 0 | |||||||||||||
Países Baixos | 0 | |||||||||||||
Xohanesburgo, 27 de xuño | ||||||||||||||
España | 1 | |||||||||||||
Arxentina | 3 | |||||||||||||
Cidade do Cabo, 3 de xullo | ||||||||||||||
México | 1 | |||||||||||||
Arxentina | 0 | |||||||||||||
Bloemfontein, 27 de xuño | ||||||||||||||
Alemaña | 4 | |||||||||||||
Alemaña | 4 | |||||||||||||
Durban, 7 de xullo | ||||||||||||||
Inglaterra | 1 | |||||||||||||
Alemaña | 0 | |||||||||||||
Pretoria, 29 de xuño | ||||||||||||||
España | 1 | Terceiro posto | ||||||||||||
Paraguai | 0(5) | |||||||||||||
Xohanesburgo, 3 de xullo | Porto Elizabeth, 10 de xullo | |||||||||||||
Xapón | 0(3) | |||||||||||||
Paraguai | 0 | Uruguai | 2 | |||||||||||
Cidade do Cabo, 29 de xuño | ||||||||||||||
España | 1 | Alemaña | 3 | |||||||||||
España | 1 | |||||||||||||
Portugal | 0 | |||||||||||||
Oitavos de final
editarUruguai | 2 - 1 | Corea do Sur | 26 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 30.597 Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
Suárez 8' 80' | Informe |
Lee C-Y 68' | |
Estados Unidos | 1 - 2 | Ghana | 26 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 34.976 Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
Donovan 62' (pen.) | Informe |
K. Boateng 5' Gyan 93' | |
Alemaña | 4 - 1 | Inglaterra | 27 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 32.652 Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai) |
Klose 20' Podolski 32' Müller 67' 70' |
Informe |
Upson 37' | |
Arxentina | 3 - 1 | México | 27 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.377 Árbitro: Roberto Rosetti (Italia) |
Tévez 26' 52' Higuaín 33' |
Informe |
Hernández 71' | |
Países Baixos | 2 - 1 | Eslovaquia | 28 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 61.962 Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España) |
Robben 18' Sneijder 84' |
Informe |
Vittek 90+4' (pen.) | |
Brasil | 3 - 0 | Chile | 28 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 54.096 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Juan 34' Luís Fabiano 38' Robinho 59' |
Informe |
||
Paraguai | 0 - 0 (Penaltis 5 - 3) |
Xapón | 29 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 36.742 Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica) |
Barreto Barrios Riveros Valdez Cardozo |
Informe |
Endō Hasebe Komano Honda | |
España | 1 - 0 | Portugal | 29 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 62.955 Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
Villa 63' | Informe |
||
Cuartos de final
editarPaíses Baixos | 2 - 1 | Brasil | 2 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 40.186 Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
Melo 53' (p.m.) Sneijder 68' |
Informe |
Robinho 10' | |
Uruguai | 1 - 1 (Penaltis 4 - 2) |
Ghana | 2 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.017 Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal) |
Forlán 55' Forlán Victorino Scotti Pereira Abreu |
Informe |
Muntari 45+2' Gyan Appiah Mensah Adiyiah | |
Arxentina | 0 - 4 | Alemaña | 3 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 64.100 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Informe |
Müller 3' Klose 68' 89' Friedrich 74' | ||
Paraguai | 0 - 1 | España | 3 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 55.359 Árbitro: Carlos Batres (Guatemala) |
Informe |
Villa 83' | ||
Semifinais
editarUruguai | 2 - 3 | Países Baixos | 6 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 62.479 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Forlán 41' M. Pereira 90+2' |
Informe |
Van Bronckhorst 18' Sneijder 70' Robben 73' | |
Alemaña | 0 - 1 | España | 7 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 60.960 Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
Informe |
Puyol 73' | ||
Terceiro posto
editarUruguai | 2 - 3 | Alemaña | 10 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth Asistencia: 36.254 Árbitro: Benito Archundia (México) |
Cavani 28' Forlán 51' |
Informe |
Müller 19' Jansen 56' Khedira 82' | |
Final
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol de 2010 - Final.
A Final do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010 disputouse o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu infrecuente número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[21]
Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de Campión do Mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.
Países Baixos | 0 - 1 | España | 11 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.490 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Informe |
Iniesta 116' | ||
Premios e recoñecementos
editarBota de Ouro
editarPara a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[22].
Xogador | Selección | GF | AST | MIN |
---|---|---|---|---|
Thomas Müller | Alemaña | 5 | 3 | 473' |
David Villa | España | 5 | 1 | 635' |
Wesley Sneijder | Países Baixos | 5 | 1 | 652' |
Diego Forlán | Uruguai | 5 | 1 | 654' |
Gonzalo Higuaín | Arxentina | 4 | 0 | 341' |
Róbert Vittek | Eslovaquia | 4 | 0 | 353' |
Miroslav Klose | Alemaña | 4 | 0 | 357' |
Luis Suárez | Uruguai | 3 | 2 | 543' |
Landon Donovan | Estados Unidos | 3 | 0 | 390' |
Luís Fabiano | Brasil | 3 | 0 | 418' |
Asamoah Gyan | Ghana | 3 | 0 | 501' |
Balón de Ouro
editarO Balón de Ouro, que distingue ao mellor xogador de cada Copa Mundial, foille outorgado ao dianteiro uruguaio Diego Forlán, quen marcou cinco goles no torneo. Recibiu 23,4% dos votos das persoas acreditadas para este mundial, deixando atrás ao centrocampista neerlandés Wesley Sneijder e ao español David Villa.
Xogador | Selección | Votos |
---|---|---|
Diego Forlán | Uruguai | 23,4% |
Wesley Sneijder | Países Baixos | 21,8% |
David Villa | España | 16,9% |
Asamoah Gyan | Ghana | |
Andrés Iniesta | España | |
Lionel Messi | Arxentina | |
Mesut Özil | Alemaña | |
Arjen Robben | Países Baixos | |
Bastian Schweinsteiger | Alemaña | |
Xavi Hernández | España |
Equipo das estrelas
editarA FIFA divulgou o equipo ideal do torneo, o cal foi escollido mediante votación polos membros do club en FIFA.com.[23]
Porteiros | Defensas | Centrocampistas | Dianteiros |
---|---|---|---|
Wesley Sneijder |
Outros premios
editar- Premio luva de ouro ao mellor porteiro: Iker Casillas
- Premio ao mellor xogador do partido final: Andrés Iniesta
- Mellor xogador menor de vinte e un anos: Thomas Müller
- Premio ao xogo limpo: España
Estatísticas
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif | Rend | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | España | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 8 | 2 | 6 | 85,7% |
2 | Países Baixos | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 12 | 6 | 6 | 85,7% |
3 | Alemaña | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 16 | 5 | 11 | 71,4% |
4 | Uruguai | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 11 | 8 | 3 | 52,4% |
5 | Arxentina | 12 | 5 | 4 | 0 | 1 | 10 | 6 | 4 | 80,0% |
6 | Brasil | 10 | 5 | 3 | 1 | 1 | 9 | 4 | 5 | 66,7% |
7 | Ghana | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 5 | 4 | 1 | 53,3% |
8 | Paraguai | 6 | 5 | 1 | 3 | 1 | 3 | 2 | 1 | 40,0% |
9 | Xapón | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 4 | 2 | 2 | 58,3% |
10 | Chile | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 3 | 5 | -2 | 50,0% |
11 | Portugal | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 7 | 1 | 6 | 41,7% |
12 | Estados Unidos | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 5 | 0 | 41,7% |
13 | Inglaterra | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 3 | 5 | -2 | 41,7% |
14 | México | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 4 | 5 | -1 | 33,3% |
15 | Corea do Sur | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 6 | 8 | -2 | 33,3% |
16 | Eslovaquia | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 7 | -2 | 33,3% |
17 | Costa do Marfil | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 3 | 1 | 44,4% |
18 | Eslovenia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 | 44,4% |
19 | Suíza | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 0 | 44,4% |
20 | Suráfrica | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 5 | -2 | 44,4% |
21 | Australia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 6 | -3 | 44,4% |
22 | Nova Zelandia | 3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 2 | 2 | 0 | 33,3% |
23 | Serbia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 3 | -1 | 33,3% |
24 | Dinamarca | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 6 | -3 | 33,3% |
25 | Grecia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 5 | -3 | 33,3% |
26 | Italia | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 | -1 | 22,2% |
27 | Nixeria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 5 | -2 | 11,1% |
28 | Alxeria | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 2 | -2 | 11,1% |
29 | Francia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | -3 | 11,1% |
30 | Honduras | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 | -3 | 11,1% |
31 | Camerún | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 | 0,0% |
32 | Corea do Norte | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 12 | -11 | 0,0% |
Notas
editar- ↑ "Libya: Israel not welcome". Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 09-06-2010.
- ↑ "Suráfrica e Marrocos disputan sede mundial 2010". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2010.
- ↑ Suráfrica albergará o Mundial de fútbol 2010
- ↑ "FIFA statement on FAI request". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2009. Consultado o 09 de xuño de 2010.
- ↑ "Blatter apologises over comments". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2009.
- ↑ "Blatter: we need goal line officials at World Cup". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2009. Consultado o 09 de xuño de 2010.
- ↑ FIFA reject extra referees proposal
- ↑ "SA faces R8.4bn stadium bill". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2006. Consultado o 09 de xuño de 2010.
- ↑ Doubt over South Africa 2010
- ↑ Beckenbauer issues 2010 warning
- ↑ A FIFA ten un "Plan B" para Suráfrica 2010[Ligazón morta]
- ↑ Australia pode relevar a Suráfrica
- ↑ "SA will host 2010 World Cup, says Blatter". www.iol.co.za (en inglés). Consultado o 2020-04-04.
- ↑ Suráfrica será a sede do Mundial, non hai plan B
- ↑ A nova mascota do mundial
- ↑ "Jabulani", presentado en sociedade
- ↑ Adidas "Jabulani" Official Match Ball of the 2010 FIFA World Cup
- ↑ O Jo'bulani será o balón da final do Mundial
- ↑ Mundial Suráfrica 2010: 10 cousas que non sabías do polbo Paul
- ↑ "Paul predicts Germany loss against Spain". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010.
- ↑ Spain lauded, Dutch castigated for 'brutal' World Cup final
- ↑ "Resultados da Bota de Ouro". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010.
- ↑ "O once ideal dos usuarios". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mundial de Fútbol de 2010 |
Outros artigos
editar- Suráfrica
- Copa do Mundo de Fútbol
- Mundial de Fútbol de 2010 - Fase final
- Mundial de Fútbol de 2010 - Final
- 2010 FIFA World Cup South Africa (videoxogo)
Ligazóns externas
editar- Páxina web sobre o mundial en da FIFA.com Arquivado 19 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Regulamento oficial da Copa do Mundo de Fútbol Suráfrica 2010 Arquivado 23 de novembro de 2009 en Wayback Machine.