Fernando Cortés Bugía
Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874[1] e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1874 Betanzos, España |
Morte | 25 de marzo de 1948 (73 anos) A Coruña, España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) |
Actividade | |
Ocupación | escultor, mestre, debuxante, pintor, político |
Empregador | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1931–) Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1916–) |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1948) Real Academia Galega (membro correspondente) (1909–1941) Real Academia Galega de Belas Artes |
Profesores | Román Navarro e Isidoro Brocos |
Traxectoria
editarIngresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelado e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos. En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario.[3] Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.
Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.
Obras
editarÉ autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.
Notas
editar- ↑ Bugallal Marchesi, José Luis (1946-1950). "Fernando Cortés Bugía". Boletín da Real Academia Galega (289-293): 144–145. ISSN 1576-8767.
- ↑ Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
- ↑ "Fernando Cortés Bugía". Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Cortés Bugía |
Bibliografía
editar- Brais da Bouza [Ignacio Pérez Vázquez]: Artigo "CORTÉS BUGÍA, Fernando" en Gran Enciclopedia Galega.