Enrique Peinador
Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940[1], foi un empresario e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 Pontevedra, España |
Morte | 19 de xuño de 1940 (59/60 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, filántropo |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Enrique Peinador Porrúa |
Pai | Enrique Peinador Vela |
Traxectoria
editarFillo de Sabino Enrique Peinador Vela, sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Foi Socio protector do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Membro do Partido Galeguista, en abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[2]
Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas en 1920. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo.
Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu Vocabulario dos cesteiros de Mondariz, na revista Nós (1922).
En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.
Vida persoal
editarCasou con Georgina Porrúa Moreno de Villar e foi pai de Enrique Peinador Porrúa.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 20-6-1940, p. 6.
- ↑ La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enrique Peinador |
Bibliografía
editar- Franco, Fernando; Ameneiro Bravo, María Celia (2006). Enrique Peinador Lines. Burgués, empresario, galeguista, mecenas e filántropo. Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-584-5.
- Gurriarán, Ricardo (2016). Enrique Peinador Lines e Mondariz. Empresa, turismo e país (PDF).
- González Pérez, Clodio. Artigo "PEINADOR LINES, Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Franco, Fernando: Peinador Lines Fundación Mondariz Balneario