[go: up one dir, main page]

Manuel Murguía

historiador galego

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 2 de febreiro de 1923[1], foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Modelo:BiografíaManuel Antonio Martínez Murguía

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Manuel Murguía Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Antonio Martínez y Murguía Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1833 Editar o valor en Wikidata
Arteixo, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 1923 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Presidente da Real Academia Galega
1906 – 1923 – Andrés Martínez Salazar → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Actividade
Ocupaciónescritor, historiador, Polígrafo, arquiveiro, poeta, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAsociación Regionalista Gallega
Liga Gallega Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, narrativa
Pseudónimo literarioManuel Murguía Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRosalía de Castro Editar o valor en Wikidata
FillosAlejandra (1859-1937)
Aura (1868-1942)
Gala (1871-1964)
Ovidio (1871-1900)
Amara (1873-1921)
Adriano (1875-1876)
Valentina (1877 nada morta) Editar o valor en Wikidata
NaiConcha Murguía Egaña Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Martínez Murguía (Manuel), p.261-262) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 14226 BNE: XX1721123 BUSC: murguia-manuel-1833-1923 Dialnet: 2560934 Find a Grave: 224039875 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Murguía, Rosalía e os fillos.

Manuel Murguía era fillo de Concepción Murguía Egaña e Juan Martínez de Castro. Naceu en Froxel cando a súa nai ía ao santuario da Virxe de Pastoriza. O seu pai era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois, seguramente en 1837, en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galicia influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.

 
Placa na casa na que viviu en Santiago.

A partir de 1845 comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en 1850, e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba no contorno do Liceo de la Juventud, onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro.

Murguía relacionouse en Madrid, onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer, Alejandro Chao. En 1854 Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela Desde el cielo. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como La Iberia e Las Novedades, nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".

Tamén coñeceu en Madrid a Rosalía de Castro e tamén colaborou en xornais galegos como La Oliva. Escribiu unha crítica de La Flor, o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o 10 de outubro de 1858 casaron na madrileña igrexa de Santo Ildefonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como Cantares gallegos, considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.

Algo que se pode considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.

En 1859 o matrimonio trasladouse a Santiago de Compostela, e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publicou La Primera Luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galicia. Esta obra foi reeditada en Lugo en 1868.

 
C E N A
DADA POR AMIGOS E ADEMIRADORES, VELLOS
E RAPACES, A O PETRUCIO E INSINE
HISTORIADOR

M A N U E L   M U R G U Í A
PARA FESTEXALO NA NOITE D'HOXE
Zelme de garabanzos en caldo de repolo
Revoltixo de arroz con peixes, polos e froitos da terra
Peixota á cruñesa
Lombo de terneira asado.
LAMBETADAS:
A Coruña, 2 de marzo de 1909.

En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos[2] e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. Na revolución de setembro de 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas. Desde que empeza nese arquivo, suscítanse tres conflitos graves e no último Murguía “llegaría a las manos, y originó un expediente sonado, de cuya consecuencia se originó el traslado fulminante de Murguía al Archivo General de Galicia”[3] en 1870. Será desde ese ano xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875,[4] e máis tarde, no 1879, foi director de La Ilustración Gallega y Asturiana. A súa amizade co ministro Saturnino Álvarez Bugallal é posíbel que levase a este a incluír Galicia canda os demais territorios forais tradicionais no Real Decreto de 2 de febreiro de 1880, aínda cando o dereito galego non era de carácter foral en sentido estrito, senón consuetudinario. Este feito acabou conducindo á promulgación da Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia en 1963, antecedente do actual Dereito civil galego.[5][6] Murguía publicou en 1882 El foro. Sus orígenes, su historia, sus condiciones, un estudo sobre a propiedade territorial de Galicia que resultou premiado no certame literario celebrado en Pontevedra e que foi dedicado a Álvarez Bugallal.

No ano 1885 foi nomeado Cronista Xeral do Reino á instancia da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[7] No 86 (ao ano de morrer Rosalía) publicou Los Precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega,[8] e dirixiu en Santiago de Compostela o xornal La Región Gallega. No ano 1890, Murguía dirixiu xunto con Alfredo Brañas La Patria Gallega, boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galicia. Foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.

¡O noso idioma!, o que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nós achamos a punto de non entendelo.[9]

En 1892 foi destinado á Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.[Cómpre referencia]

Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de A Cova Céltica. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata á súa morte.

Manuel Murguía finou na madrugada do 2 de febreiro de 1923, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña[10], sendo soterrado no camposanto de Santo Amaro. A revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía. Revista Galega de Historia, na súa honra.

 
Portada do primeiro número de La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879, segunda etapa da revista, con texto de Manuel Murguía e un retrato de Diego Sarmiento de Acuña.

Ensaio

editar
  • T. I (1865). Lugo: Soto Freire.
  • T. II (1866). Lugo, Soto Freire.
  • T. III (1888). A Coruña: Libr. de A. Martínez Salazar.
  • T. IV (1891). A Coruña: Libr. de E. Carré Aldao.
  • T. V (1913). A Coruña: Imprenta e fotograbado de Ferrer.
 
Historia de Galicia, T. I (PDF).
  • Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia (1871). A Coruña.
  • Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo (1876). Santiago: Est. Tip. de El Diario.
  • El foro (1882). Madrid, Libr. de Bailly Bailliere.
  • El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria (1884). Madrid, Est. Tip. de Fernando Fé.
  • Los Precursores (1886).[8] A Coruña, Latorre y Martínez Editores, Biblioteca Gallega.
 
Los Precursores, 1886.[8]

Contos

editar
  • Un can-can de Musard (1853).
  • Un artista (1853). Madrid. Editado co título de Ignotus en Los Precursores (1886).[8]

Novelas

editar
  • Desde el cielo, (1855). Madrid: La Iberia, 1855; Vigo: Imp. de La Oliva, 1856; Madrid: Biblioteca de Escritores Gallegos, 1910
  • Luisa (1855). Madrid e A Coruña en 1862.
  • La Virgen de la Servilleta (1855). Madrid.
  • El regalo de boda 1855). Madrid: La Iberia.
  • Mi madre Antonia (1856). Vigo: La Oliva.
  • Don Diego Gelmírez (1856). Madrid: La Oliva.
  • El ángel de la muerte (1857). Madrid: La Crónica.
  • La mujer de fuego (1859). Madrid.
 
Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña, 1862.[12]

Poemas

editar
 
Necrolóxica en El Ideal Gallego.
  • "Nena d’as soledades" (27-2-1856). La Oliva.
  • "Madrigal" (8-3-1856). La Oliva.
  • "La flor y el aire" (19-3-1856). La Oliva.
  • "A una paloma" (3-5-1856). La Oliva.
  • "A las ruínas del Castillo de Altamira" (31-5-1856). La Oliva.
  • "En un Álbum" (31-5-1856). La Oliva.
  • "Al partir" (1862), Galicia (A Coruña), páx. 39.
  • "Madrigal", "Nena d’as soledades" e "Gloria", en El Álbum de la Caridad (1862). A Coruña.
  • "Sueños dorados", en García Acuña (177) e antes en El Álbum de El Miño.
  • "Ildara de Courel", en García Acuña (177-178).
  • "Soneto de Pardo de Cela", en García Acuña (179).
  • "Los versos fueron mi ilusión primera" (1903). En Naya (1950: 104).
  • "Romance da flor da auga"[13].

Escolmas

editar
  • Alonso Montero, X. (1974). Política y sociedad en Galicia. Arealonga. Madrid: Akal. 
  • Durán, J. A. (1998). Prosas recuperadas. O periodismo de Manuel Murguía. Antoloxía básica, 1853-1923. Madrid: Real Academia Galega - Fund. Caixa Galicia.  (Contén 58 artigos de Murguía).
  • Rabuñal, H. (1999). Manuel Murguia (2ª ed.). Santiago: Laiovento.  Contén "Nena d’as soledades", "A Curros", "Discurso nos Xogos Florais de Tui" e "Eduardo Pondal e a sua obra".
  • Risco, V. (1976). Manuel Murguía. Vigo: Galaxia.  Contén o Discurso nos Xogos Florais de Tui, "Eduardo Pondal e a sua obra", "A Curros", "Nena d’as soledades", pasaxes de Los Precursores ("Galicia" e "Rosalía"), "Discurso del Presidente" (na inauguración da Academia), "Orígenes y desarrollo del regionalismo en Galicia", "El regionalismo gallego" e "A Don Juan Valera".
  • Monteagudo, Teresa (introdución e notas); Alonso Girgado, Luís (2000). Manuel Murguía. Escolma. CIRP. ISBN 84-453-2776-3. 

Galería de imaxes

editar
  1. "Manuel Martínez Murguía". Real Academia Galega. 
  2. 2,0 2,1 Fortes López, Ana Belén (2000). "O Diccionario de escritores galegos". Boletín da Real Academia Galega (361): 163–176. 
  3. López Gómez, Pedro (9/8/2012) [1993]. "Murguía, funcionario y archivero". La cueva de Zaratustra (en castelán). 
  4. Alfeirán Rodríguez, Xosé, García Miraz, María del Mar e Quiroga Barro, Gabriel, ed. (2000). Murguía e o Arquivo do Reino de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. 
  5. Rodríguez Montero, Ramón P. (2006). "Sobre el proceso de formalización legislativa de las peculiaridades jurídico-civiles de Galicia. Un repaso histórico hasta la reciente Ley de Derecho Civil de Galicia de 2006" (PDF). Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (en castelán) (10): 1011–1056, en 1015. ISSN 1138-039X. 
  6. Herrero Oviedo, Margarita (2011). "De un derecho consuetudinario y especial a un derecho civil de Galicia" (PDF). Ius fugit: Revista de Estudios Histórico-Jurídicos de la Corona de Aragón (en castelán) (Zaragoza: Institución «Fernando el Católico») (16, 2009-2010): 105–118, en 108–109. ISSN 1132-8975. 
  7. Álvarez Ruiz de Ojeda 2000.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Alonso Montero, X. (1998). "Los Precursores (1885): notas de lectura". Boletín da Real Academia Galega (361): 59–72. 
  9. "24 de xuño de 1891: a primeira declaración de oficialidade do galego". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  10. Porén, nalgunhas fontes a súa data aparece como o día 1. Cf. Axeitos e Barreiros 2000.
  11. Galicia en Internet Archive.
  12. Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  13. Sondenoso (2016-06-24). "Son de noso: Romance da flor da auga". Son de noso. Consultado o 2022-08-20. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Fundación da Academia
 
  Presidente da Real Academia Galega  

1906 - 1923
Sucesor:
Andrés Martínez Salazar