[go: up one dir, main page]

Centro penitenciario

institución na que se confina a persoas privadas de liberdade
(Redirección desde «Presidio»)

Centro penitenciario, cárcere, prisión ou presidio é un lugar de internamento para os presos ou prisioneiros que a través do sistema xurídico están sentenciados a unha pena de privación de liberdade, temporal ou permanente. A diferenza cun campo de reagrupamento, campo de internamento, campo de prisioneiros, campo de retención, campo de concentración ou campo de exterminio é que conta con construcións pechadas comúns (calabozos, barracóns), e nestes obríganse ademais normalmente a realizar traballos forzados.

C. P. da Lama.

Prisións en Galicia

editar
 
CIS Carmen Avendaño Otero

Actualmente en Galicia existen cinco centros penitenciarios que funcionan como tal: o CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso, o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar), e o CP de Teixeiro (Curtis). Amais, existen dous centros de inserción social: o CSI da Coruña, que leva o nome de Carmela Arias y Díaz de Rábago, e o CIS de Vigo, que leva o nome de Carmen Avendaño.

 
Antigo cárcere de San Simón

Antigamente era frecuente que cada vila tivese un pequeno cárcere, e en tempos de guerra habilitábanse outros lugares como prisións. Cárceres galegos de sona foron o da Illa de San Simón, o Castelo de San Antón (actual Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña)[1], a prisión de Vigo (actual Museo de Arte Contemporánea de Vigo)[2], ou o cárcere da Parda (Pontevedra).

Outras prisións coñecidas

editar

As prisións na cultura

editar

En ocasións, os centros penitenciarios forman parte da ambientación de obras literarias ou cinematográficas, ben de forma secundaria, ou ben como eixo central. Así, películas como Cela 211, A grande evasión ou The Rock, e series como Prison Break ou La fuga céntranse en prisións. Aparece reflectida de forma transversal no libro O lapis do carpinteiro.

Algúns autores de sona teñen parte da súa obra relacionado co mundo das prisións. Así, Celso Emilio Ferreiro compuxo no cárcere a obra Longa noite de pedra, ao igual que fixera o Marqués de Sade coa obra Les Cent Vingt Journées de Sodome. O poeta andaluz Miguel Hernández finou na prisión de Alacant en 1942. Tamén tivo unha longa estancia en prisión o político surafricano Nelson Mandela.

Concepción Arenal coñeceu de primeira man o mundo das prisións, e falou da importancia da pedagoxía para evitar a conflitividade. Xerardo Díaz Fernández tratou sobre as prisións durante o Franquismo.

O Dilema do Prisioneiro é un problema filosófico formulado a partir dunha teórica fuga ou estancia en prisión.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar