Concepción Arenal
María Concepción Jesusa Petra Luisa Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820[1][2] e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893,[3] foi unha diplomada en Dereito, xornalista, precursora do feminismo,[4][5] poeta e autora dramática galega. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país.[6][7] Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.[8]
(1893) | |
Nome orixinal | (es) Concepción Arenal Ponte |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) María de la Concepción Pontevilla 31 de xaneiro de 1820 Ferrol, España |
Morte | 4 de febreiro de 1893 (73 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró (1902–) Cemiterio de Picacho (–1902) |
Visitadora de prisións | |
outubro de 1863 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereito penal |
Ocupación | escritora, novelista, xornalista, asistente social, editora literaria, poetisa |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, ensaio e teatro |
Familia | |
Fillos | Fernando García Arenal |
Descrito pola fonte | Apuntes para un diccionario de escritoras españolas del siglo XIX (1ª parte) (pt) , (p.173-174) Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Arenal (Concepción), p.22) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano.
Traxectoria
editarInfancia
editarConcepción Arenal naceu nunha modesta casa do barrio de Ferrol Vello, no número 26 (hoxe 177) da rúa Real, no barrio da Magdalena.[a][10] Era filla dun militar liberal nado na localidade cántabra de Armaño (Cillorigo de Liébana), Ángel del Arenal,[11] e de Concepción Ponte Tenreiro, que procedía da pequena nobreza galega.[12] A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas. Quedou orfa de pai aos nove anos instalándose a súa nai viúva e as tres fillas (Concepción, Antonia e Luísa) en Armaño, no val de Liébana.[13] No ano 1830 morreu Luísa, a súa irmá máis nova. En 1835 abandonaron a aldea e trasladáronse á capital de España.[13]
Formación
editarEstudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da "arte de perder o tempo". Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño, onde se trasladou coa súa nai e as súas dúas irmás tras quedar orfa de pai. Nestes primeiros anos en Madrid aprendeu nos seus estudos a comportarse en sociedade como era desexo da súa nai, coa que tiña constantes confrontacións, pero tamén aprendeu francés e italiano de forma autodidacta. En 1840 regresa a Armaño a coidar da súa avoa Jesusa cando esta enfermou.[2] Tiña vinte e un anos cando morreu a súa nai.
Asistiu á Universidade vestida de home,[14][b] ás aulas da carreira de Dereito Penal e Xurídico, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Cortou o cabelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Cando se descubriu a súa identidade, interveu o reitor. Tras un exame satisfactorio foi autorizada a asistir ás clases, cousa que fixo desde 1842 a 1845.[15]
O rito era o seguinte: acompañada por unha familiar dona Concepción presentábase na porta do claustro, onde era recollida por un bedel que a trasladaba a un cuarto no que se mantiña soa ata que o profesor da materia que ía impartirse a recollía para as clases. Sentada nun lugar diferente do dos seus aparentes compañeiros, seguía as explicacións ata que a clase concluía e de novo era recollida polo profesor, que a depositaba no devandito cuarto ata a clase seguinte.Amelia Valcárcel. Feminismo en un mundo global[16]
Familia
editarO 10 de abril de 1848 casou con Fernando García Carrasco na parroquia de San Ildefonso, no barrio de Malasaña.[17] Con el compartiu inquedanzas e traballo intelectual, amosando un modelo de igualdade na parella; asistían xuntos ós faladoiros do café Iris, ela vestida de home, segundo Antonio Cánovas del Castillo.[2][18] A parella tivo unha filla, Concepción, e dous fillos, Fernando e Ramón. A filla morreu ós 28 meses por hidrocefalia aguda.[19] Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida.[20] Quedou viúva aos trinta e sete anos[21] e o seu fillo Ramón (Madrid 1852 - A Habana 1884) tamén morreu prematuramente.[22] Ao morrer o seu marido deixou de poder publicar artigos en prensa a consecuencia dunha lei que obrigaba a asinalos.[23] A partir de 1859, froito dunha intensa actividade intelectual, comeza a ser visible o seu traballo na prensa.[24] Logo de morrer o seu home instalouse en Colloto, en Oviedo e máis tarde en Potes, na actual rúa de San Roque.[25] A súa neta Concepción García-Arenal Winter, filla de Fernando García Arenal, era tamén sobriña do enxeñeiro, pedagogo e escritor Ernesto Winter Blanco, e dona do enxeñeiro e inventor Federico Cantero Villamil.
Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1864,[2] posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega,[26] condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao parladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura.
Últimos anos
editarAs dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso escritos en castelán foron traducidos a outras linguas.
A influencia do ideario liberal e do krausismo é fulcral na súa obra aínda que o seu pensamento é orixinal e tivo importancia tamén na súa vida pola amizade con Manuel de la Cuesta, Salustiano Olózaga, Juana de Vega, Fernando de Castro, Francisco Giner de los Ríos e Gumersindo de Azcárate.[27]
Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.[28]
É un erro grave e dos máis prexudiciais, inculcarlle á muller que a súa misión única é a de esposa e nai [...]. O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten dereitos que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar e idea de que é cousa seria, grave, a vida e que se a toma como un xogo, ela será indefectibelmente un xoguete.Concepción Arenal. "La educación de la Mujer"
Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo e foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 ao cemiterio de Pereiró.[29] No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.
Obra
editar- Fábulas en verso originales. Madrid, Tomás Fortanet. 1851.[14]
- La beneficencia, la filantropía y la caridad. Madrid, Imprenta del Colegio de Sordo-Mudos y de Ciegos, 1861[31][28]
- Manual del visitador del pobre. Madrid, Imprenta de Tejado, 1863. Traducido ao francés, Manuel du visiteur du pauvre (París, Ambroise Bray Libraire-Editeur, 1864).
- Cartas a los delincuentes. A Coruña, Imprenta del Hospicio, 1865.
- El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte. Madrid, Establecimiento Tipográfico de Estrada, Díaz y López, 1867.
- La voz que clama en el desierto. A Coruña, Tipografía de la Casa de Misericordia, 1868.
- Examen de las bases aprobadas por las Cortes, para la reforma de las prisiones. Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1869.
- A muller do porvir. Foi publicado en 1869, e traducida ao galego en 2020 por María Alonso Seisdedos[32].[c]
- Estudios penitenciarios. Madrid, Imprenta de T. Fortanet, 1877.
- La cárcel llamada Modelo. Madrid, Imprenta de T. Fortanet, 1877.
- Las colonias penales de la Australia y la pena de deportación. Madrid, Imprenta y Librería de Eduardo Martínez, 1877.
- "La récidive en Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 6 (xuño de 1878), p. 575-586.
- Ensayo sobre el derecho de gentes. Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1879.
- "Hay Irlanda, pero no Cobden", La Ilustración Gallega y Asturiana, 34 (8 de decembro 1880), p. 418-419.
- "Mi vida. A... que me pedía con insistencia apuntes para escribir mi biografía", La Ilustración Gallega y Asturiana, 31 (8 de novembro 1880), p. 385.
- Cuadros de la guerra. Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.[2]
- La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor. Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.
- La instrucción del pueblo. Madrid, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (Tip. Guttenberg), 1881.
- "Lettre à M. Le Directeur General de L’Administration Pénitentiaire D’Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 4 (abril 1883), p. 468-475.
- La mujer de su casa. Madrid, Gras y Compañía Editores, 1883.
- "Idea del cielo", en Almanaque de las damas para 1885, Porto Rico, Imprenta y Librería de José González Font, 1884.
- "Clinique criminelle", Bulletin de la Société Générale des Prisons, nº 7 (novembro 1886), p. 857-866.
- "Psychologie comparée du délinquant", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 5 (maio 1886), p. 647-655.
- "La educación de la mujer", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XVI (1892), p. 305-312.
- El delito colectivo. Madrid, La España Moderna, 1892.
- El visitador del preso, Madrid, La España Moderna, 1894.
- Obras Completas, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1894-1913.
- "Estado actual de la mujer en España", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XIX (1895 ), p. 239-252.
- Manuel du visiteur du prisonnier, París, Au Secrétariat de l’Oeuvre des Libérées de Saint-Lazare, 1893.
- Informes presentados en los Congresos Penitenciarios de Estocolmo, Roma, San Petersburgo y Amberes. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1896.
- El pauperismo. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1897.
- "A Méndez Núñez", en Vigo y Doña Concepción Arenal. El libro de la velada (10 de setembro de 1897), Madrid, Establecimiento Tipográfico de la viuda e hijos de Manuel Tello, 1898.
- La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1898.
- "Juicio crítico de las obras de Feijoo", en Antología popular. Buenos Aires, Editorial Galicia, 1966 [31]
- Dios y libertad. Pontevedra, Deputación Provincial, 1996.
Premios e recoñecementos
editar- En 1860 o seu traballo La beneficiencia, la filantropía y la caridad gañou o concurso convocado pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.[d][33] Coa revelación da súa autoría, esta obra converteuse na primeira obra escrita por unha muller premiada por esta entidade.[34]
- En 1877 gañou o primeiro premio do concurso convocado en 1875 pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en relación ás colonias penitenciarias baixo o poder de España, coa memoria Las colonias penales de Australia y la pena de deportación.[35]
- Accésit no concurso da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en 1878 co traballo La instrucción del pueblo.[36]
- O seu poema Oda a la esclavitud gaña o primeiro premio do certame literario convocado pola Sociedad Abolicionista en 1865.[37]
- En 1891, coñecido o delicado estado de saúde de Concepción Arenal, falouse o seu ingreso na Real Academia de Ciencias Morales e políticas, como reflectiu o Heraldo de Madrid. Esta candidatura foi apoiada por Rafael Altamira, Narciso Campillo, Francisco Lastres, Rafael Salillas, Luis Vidart, Montero Ríos, Ramón de Campoamor, Laureano Figuerola e Rafael de Labra.[38]A propia Emilia Pardo Bazán tamén impulsou na prensa a súa candidatura. Algúns autores califican o labor desta última como unha acción interesada, relacionada coas aspiracións de Pardo Bazán a optar a ser académica da Real Academia Española.[39][40]O certo é que pola parte de Concepción Arenal e do seu fillo non houbo ningunha adhesión ou mostras de disposición cara a candidatura.[e]
Homenaxes
editar- En 1915 a Reunión recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña iniciou unha campaña de recollida de doazóns para erixir un monumento homenaxe na Coruña. Esta iniciativa tivo un importante seguimento por parte da colectividade galega na Arxentina. O monumento foi inaugurado en 1916.[41]
- A primeira clínica-hospital fundada pola Sociedade Hijas de Galicia creada por galegas chamouse Sanatorio Concepción Arenal, en Luyano (Cuba) en 1924.[42]
- Ten dedicadas rúas e monumentos en España, Cuba e Arxentina. Por impulso da Alianza Uruguaya Pro Sufragio Femenino, con Paulina Luisi á cabeza, promoveuse o seu nome para unha rúa de Montevideo. A rúa foi inaugurada en 1926 por iniciativa da Casa de Galicia.[43]
- En 2020 celebráronse diversos actos no 200 aniversario do seu nacemento.[44][45][46] Entre eles dúas exposicións, a primeira impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de Fonseca do 24 de setembro ao 12 de decembro, baixo o título "Concepción Arenal: a conciencia da razón".[47] A segunda exposición, "Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893", realizouna a Biblioteca Nacional de España entre o 16 de decembro de 2020 e o 4 de abril de 2021.[48] O inicio do calendario conmemorativo veu marcado o 31 de xaneiro cunha actividade no cárcere da Lama onde se proxectou a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres e posterior coloquio coas persoas internas, dúas das actrices do filme (Mabel Rivera e Isabel Naveira), e a especialista Celia Pereira.
- Presentación en formato audiovisual da presentación da tradución ao galego da obra de Concepción Arenal A muller do porvir realizada polo Consello da Cultura Galega coa participación de: Rosario Álvarez Blanco, Inmaculada López Silva, Isabel Naveira, Celia Pereira, María Xosé Porteiro, Mabel Riveira.[49]
- En 2022 Correos emitiu un selo dedicado a Concepción Arenal, dentro da colección #8MTodoElAño.[50]
Outras referencias culturais a Concepción Arenal
editarUn gran número de rúas, prazas e centros de ensino por toda Galiza e resto de España levan o seu nome, así como tamén o levou un Airbus A340 de Iberia[51] e un barco en activo da SASEMAR.[52] O trofeo de fútbol do verán en Ferrol fundado en 1953 chámase Trofeo Concepción Arenal.[53]
No cinema
editar- A vida de Concepción Arenal foi representada no filme Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, de 2012, dirixido por Laura Mañá e con Blanca Portillo como protagonista.
- Mujeres en la historia-Concepción Arenal, la fuerza de un ideal. Documental da RTVE española 1995 [54]
Na Literatura
editar- El pensamiento vivo de Concepción Arenal de Clara Campoamor 1939 Arxentina, editorial Espuela Plata[55]
- Mujeres de Isabel Ruiz Ruiz. Libro ilustrado de biografías de mulleres que non recibiron suficiente recoñecemento como Concepción Arenal ou Clara Campoamor 2016. [56]
- Damas ilustres en la historia de España de Vicenta Márquez de la Plata, biografía dentro do xénero de novela histórica 2019[57]
- As malas mulleres de Marilar Aleixandre novela a súa vida como visitadora de prisións.[58]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Concepción Arenal.
-
Por Isidoro Brocos no Museo de Pontevedra.
-
Monumento nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. O tema central é unha aguia a rachar as súas cadeas.
-
Parque del Oeste, Madrid.
Notas
editar- ↑ T. 321 do Libro de Rexistro da Propiedade de Ferrol, segundo cita Caballé 2018, p. 377
- ↑ Caballé 2018, p. 385Na nota previa que introduce o primeiro artigo de Concepción Arenal en La Iberia indícase o seguinte: "..el primero de ellos es debido a la pluma de una señora que durante muchos años ha ocultado su sexo para asistir a las cátedras públicas"
- ↑ A autora incluíu a seguinte dedicatoria: "Presento este libriño, e se te propós lelo, débesme agradecer que sexa tan breve, porque o asunto é extenso, e asegúroche que me custou moito non dicir máis sobre el. [...] Cantos se dirixen a ti adoitan ter o propósito de te atraer á súa crenza, á súa opinión; as miñas pretensións son máis modestas: non pretendo persuadirte nin convencerte; toda a miña ambición limítase a que, tras concluíres estas páxinas, dubides e digas, primeiro para ti e despois para os outros: «Non terá razón esta muller en algo do que di?".
- ↑ Esta obra asinouna co nome do seu fillo, que daquela tiña de dez anos
- ↑ Caballé 2018, p. 340"Si tuviera mi madre tiempo [...] pondría a la Pardo Bazán y a la Academia como se merecen y cada cual quedaría en su lugar" declaraba o seu fillo Fernando
- Referencias
- ↑ Caballé 2018, p. 57
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ayala Aracil, Mª Ángeles. "Biografía de Concepción Arenal - Concepción Arenal". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 4/3/2020.
- ↑ Morán Breña, Carmen (4 de setembro de 2018). "El dolor de pensar en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4/3/2020.
- ↑ "xenuinamente a pensadora ferrolá non foi unha feminista no sentido máis estrito"Carcía Rubio, María Paz (2021). "Concepción Arenal, pioneira do feminismo español". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 139–142. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ 5,0 5,1 "La madre del feminismo español, Concepción Arenal (1820-1893)". Consultado o 10/1/2020.
- ↑ Breña, Carmen Morán (2018-09-04). "El dolor de pensar en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ "El pensamiento feminista y social de Concepción Arenal | Tribuna Feminista" (en castelán). 2018-02-02. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ Martín Sacristán (2018-03-07). "Concepción Arenal, la primera gran mujer española". La Soga | Revista Cultural (en castelán). Consultado o 10/1/2020.
- ↑ "Concepción Arenal, la madre del feminismo en España" (en castelán). 2019-06-14. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ "Un historiador halla la casa natal de Concepción Arenal" (PDF). El Ideal Gallego. 15 de agosto de 1997. p. 35.
- ↑ Caballé 2018, p. 40
- ↑ Caballé 2018, p. 36
- ↑ 13,0 13,1 Chica, Miguel Ángel (23 de decembro de 2019). "Concepción Arenal, una revolucionaria feminista nacida en 1820". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4/3/2020.
- ↑ 14,0 14,1 "Concepción Arenal, la madre del feminismo español". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 10/1/2020.
- ↑ Nash, Mary; Álvaez González, Ana Isabel (2002). Seneca Falls. Un siglo y medio del Movimiento Internacional de Mujeres y la lucha por el sufragio femenino en España. Guía didáctica (en castelán). Gobierno del Principado de Asturias.
- ↑ Valcárcel, Amelia (2013). Feminismo en un mundo global. Cátedra. ISBN 9788437631929. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2016. Consultado o 18/1/2021.
- ↑ Caballé 2018, p. 128
- ↑ Caballé 2018, p. 377
- ↑ Caballé 2018, p. 134.
- ↑ "Cronología de Concepción Arenal" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- ↑ Caballé 2018, p. 140
- ↑ "Cronología de Concepción Arenal" p. 2 Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- ↑ Marcos, Ana (30/1/2020). "Concepción Arenal, la ensayista que se vistió de hombre y desafió a su época". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4/3/2020.
- ↑ Caballé 2018, p. 151
- ↑ Caballé 2018, pp. 151-152
- ↑ "Biografia-Fundación Juana de Vega". Fundación Juana de Vega (en castelán).
- ↑ "Concepción Arenal". culturagalega.gal. Consultado o 18/1/2021.
- ↑ 28,0 28,1 "Biografia de Concepción Arenal". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Alcalá Martín, Alfonso: Galicia, revista quincenal ilustrada Ano II Num. 28 (15/09/1907)
- ↑ 31,0 31,1 "Concepción Arenal Ponte 1820-1893". www.filosofia.org. Consultado o 2020-01-10.
- ↑ "A muller do porvir". Consello da Cultura Galega.
- ↑ Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 168. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 209. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 168–169. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 170. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 209. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ Lacalzada de Mateo, María José. Real Academia de la Historia, ed. "Concepción Arenal Ponte". dbe.rah.es. Consultado o 12/2/2021.
- ↑ Caballé 2018, p. 341
- ↑ Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 176. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ Cagiao Vila, Pilar (2021). "Sobre Concepción Arenal e América". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 139–142. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ "Emigrantes de Viveiro y Ribadeo presidieron Hijas de Galicia en Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). 8/3/2020. Consultado o 31/3/2020.
- ↑ Cagiao Vila, Pilar (2021). "Sobre Concepción Arenal e América". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 143. ISBN 978-84-18445-09-5.
- ↑ ""Para unha persoa que busque a transformación social como Concepción Arenal, o traballo intelectual non é suficiente"". Praza Pública. 9/2/2020. Consultado o 27/2/2020.
- ↑ "O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado". Praza Pública. 20/10/2020. Consultado o 21/10/2020.
- ↑ Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Ano Concepción Arenal (1820-2020)". www.usc.gal. Consultado o 30/1/2021.
- ↑ Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Inauguración de 'Concepción Arenal. A conciencia da razón'". www.usc.gal. Consultado o 30/1/2021.
- ↑ Biblioteca Nacional de España, ed. (6/3/2020). "Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893". www.bne.es (en castelán). Consultado o 31/1/2020.
- ↑ "A muller do porvir". Consello da Cultura Galega. Consultado o 31/3/2020.
- ↑ "Correos emite un sello dedicado a Concepción Arenal, dentro de la colección #8MTodoElAño". Correos (en castelán). Consultado o 2022-07-19.
- ↑ "Iberia Flota de A340 (Almacenado)". www.airfleets.es. Consultado o 31/1/2021.
- ↑ "Anuncio de formalización de contratos de: Dirección de la Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima. Objeto: Servicio de mantenimiento a realizar en los motores principales de las guardamares Polimnia, Concepción Arenal, Talía, Calíope y Salvamar Saiph. Expediente: EM19-574". Boletín Oficial del Estado (96): 21761 a 21763. 22 de abril de 2019. BOE-B-2019-17575.
- ↑ "Trofeo Concepción Arenal". Racing Club de Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18/07/2019. Consultado o 31/1/2021.
- ↑ "Mujeres en la historia - Concepción Arenal, la fuerza de un ideal - RTVE.es" (en castelán). 2010-07-08. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ "El Pensamiento Vivo De Concepción Arenal (Biblioteca de Historia)" (en castelán). Consultado o 12/2/2021.
- ↑ "Mujeres | Isabel Ruiz Ruiz". Mujeres | Isabel Ruiz Ruiz. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ "Damas ilustres en la Historia de España | Vicenta Márquez de la Plata". Damas ilustres en la Historia de España | Vicenta Márquez de la Plata. Consultado o 10/1/2020.
- ↑ "As malas mulleres". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-11-23.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concepción Arenal |
A Galicitas posúe citas sobre: Concepción Arenal |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Concepción Arenal na súa lingua orixinal |
Bibliografía
editar- "Arenal Ponte, Concepción". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Concepción Arenal : A Conciencia da razón. María Paz García Rubio, José Francisco Méndez García, coords. Santiago de Compostela: USC, Servizo de Publicacións. 2021. ISBN 978-84-18445-09-5.
- Caballé, Anna (2018). Concepción Arenal. La caminante y su sombra. Españoles eminentes. Barcelona: Taurus. ISBN 978-84-306-1928-3.
- Castro, Brais do, ed. (2007). Galegas (1a. ed.). A Coruña: Novos Vieiros/Gran Enciclopedia Galega. ISBN 978-84-934925-40-. OCLC 433335287.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 82.
- López Souto, África (2004). Concepción Arenal. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-58-3.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 33–36. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Pereira Porto, Celia (1997). Aportación de Concepción Arenal no marco do estado do liberal español. A Coruña: Deputación Provincial. ISBN 84-89652-32-5.
- Sabatés, Sandra; Juan, Ana (2018). Pelea como una chica. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-19623-5.
- Valle Moreno, Alejandra (2014). Una lectura sociológica de la obra de Concepción Arenal : un enfoque precursor de la Sociología del género (Tese).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pereira Porto, Celia (2007). "Concepción Arenal". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Mujeres en la historia Documental de RTVE. 1995 (en castelán).
- 201 Aniversario Concepción Arenal Concello de Ferrol.